Per Alström
Nome orixinal | (sv) Per Johan Alström |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de abril de 1961 (63 anos) Suecia |
Educación | Universidade de Uppsala - Doutor en filosofía |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía, sistemática e evolución |
Ocupación | biólogo evolutivo, ornitólogo, profesor universitario |
Empregador | Academia Chinesa de Ciencias, visiting professor (en) (2012–2014) Universidade de Ciências Agrárias da Suécia (pt) |
Páxina web | slu.se… |
Per Johan Alström, nado o 9 de abril de 1961 é un zoólogo e profesor sueco dedicado ás investigacións en sistemática evolutiva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Per Alström estudou medicina e bioloxía na Universidade de Gotemburgo. En 2002 acadou o seu título de doutor cunha tese sobre a sistemática dalgúns paseriformes na Universidade de Uppsala.
Alström traballou no Museo Sueco de Historia Natural, e foi profesor visitante na Academia Chinesa de Ciencias. Actualmente traballa na Universidade de Uppsala, no departamento de ecoloxía e evolución (ecoloxía animal), ao tempo que desempeña tamén o seu labor no banco de datos (Artdatabanken) na Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas.
As súas investigacións en taxonomía, sistemática e evolución constitúen un traballo, a tempo parcial, con paxaros de Asia.
Alström é o presidente da Comisión sueca para os nomes de animais, e membro sueco da Global Taxonomy Initiative.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Alström emprégase para recoñecer a Per Alström como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alström, P.; Mild, K. & Zetterström, B. (2003): Pipits and Wagtails of Europe, Asia and North America. Londres: Christopher Helm/A&C Black.
- Alström, Per, Colston, Peter & Lewington, I. (1991): Field Guide to the Rare Birds of Britain and Europe. Londres: Harper/Collins. ISBN 978-0-0021-9917-9.
- Per Alström en Artdatabanken (en sueco).