Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Reino de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Borgoña

Localización
Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua latina Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

O reino de Borgoña (Regnum Burgundi), tamén coñecido por segundo reino de Borgoña, foi un estado formado na alta Idade Media polo pobo xermánico dos burgundios (despois borgoñóns) na conca do Ródano, que tivo uns límites variábeis pero sempre no leste e sueste da Francia moderna, ocupando tamén gran parte da actual Suíza.

Foi un dos reinos constituíntes da monarquía dos reis merovinxios.

Establecido en 561 polo nobre franco Gontrán, desapareceu definitivamente en 687 tras a batalla de Tetry, gañada por Pipino de Heristal. [1]

Historia de Borgoña

[editar | editar a fonte]

O primeiro reino de Borgoña

[editar | editar a fonte]
O reino de Borgoña (en vermello) contra 481, na repartición territorial da Galia despois da caída do Imperio romano (476).

Un primeiro reino de Borgoña, tamén chamado reino dos burgundios, foi creado polo pobo burgundio no século V, despois da súa instalación nos bordos do lago Léman, e na conca do Ródano, na Sapaudia, que tivo uns límites variábeis pero sempre no leste e sueste da moderna Francia, ocupando tamén parte da actual Suíza. O seu soberano máis glorioso, Gundebaldo, gobernaba daquela un territorio que se estendía de Langres a Marsella, e desde o Rin até o Loira.

Á caída do Imperio romano en 476, a provincia da Galia quedou dividida entre o reino de Siagrio, xeneral romano que se independizara do Rómulo Augústulo, e os reinos francos. Pola súa parte, a provincia da Provenza foi repartida en tres dominios: o dos visigodos, o dos burgundios e o dos ostrogodos.

Despois da derrota e morte do líder burgundio Gundahario ou Gundicario (411-436) en Worms a mans de Atila, o seu sucesor, Gundioc (435-463), conduciu ao seu pobo que, baixo a forma de foedus, obtivo de Aecio a Saupadia (Savoia), con capital en Xenebra. Pouco a pouco os burgundios fóronse estendendo polos cursos do Saona e o Ródano, con dominio efectivo do Delfinado e do norte da Provenza, dominando a Occitania oriental.

As sucesivas Borgoñas

[editar | editar a fonte]

Durante os seis séculos seguintes á instalación dos burgundios na rexión, no curso da historia apareceron sucesivamente diferentes entidades xeopolíticas cuns límites territoriais sempre cambiantes que tomaron o nome de Borgoña. O tratado de Verdun de 843 dividiu a Borgoña en dúas grandes entidades territoriais: unha Burgoña franca ao oeste (futuro ducado, do que deriva a actual rexión de Borgoña), e unha Borgoña imperial ao leste, na que se encontraba sobre todo o futuro condado de Borgoña ou Franco Condado.

No século IX, na Borgoña imperial xorden dous reinos:

  • o primeiro, ao sur, que chagaba até á costa mediterránea, que tomou o nome de Borgoña-Provenza, tamén chamado reino de Arlés e Arelato;
  • o segundo, chamado "reino de Borgoña", situado na Borgoña Transxurana (máis alá da cordilleira do Jura), integrado rapidamente noutros dominios, entre eles as terras da diocese de Besançon.

Contra 933, baixo o reinado de Rodolfo II, rei da Borgoña transxurana, os reinos de Borgoña e de Arlés únense. O reino así formado toma o nome de "reino de Borgoña e de Arlés, e se sitúa baixo a suzeranía do Sacro Imperio.

O reino de Borgoña na época merovinxia

[editar | editar a fonte]

Os burgundios e os francos (532-561)

[editar | editar a fonte]

No ano 532, o reino dos burgundios foi atacado polos reis francos Clotario I e Childeberto I, sentenciando o destino do reino burgundio na batalla de Autun (532).

En 534 os francos, finalmente, derrotaron ao rei Gundomar e os reis Clotario, Childeberto e Teodeberto I repartíronse o reino burgundio.[2]

Clotario I, que reunira todos os reinos francos, faleceu en 561, e o reino de Borgoña converteuse nun dos tres reinos merovinxios, xunto con Austrasia e Neustria.

O segundo reino de Borgoña

[editar | editar a fonte]

Gontrán I (561-592) converteuse no novo rei de Borgoña, establecéndose en Chalon-sur-Saône. Na década de 570 tivo que conter as incursións de longobardos e saxóns.[3] Pero, finalmente, viuse inmerso na guerra civil entre Austrasia e Neustria. Como os seus fillos faleceran estableceu unha alianza con Austrasia no tratado de Andelot (587), para que o sucedera o seu sobriño Childeberto II, como así foi en 592.

En 595 faleceu Childeberto, e sucedérono os seus fillos Teoderico II en Borgoña e Teodeberto II en Austrasia, que entraron en conflito bélico. O rei de Borgoña venceu ao de Austrasia, pero faleceu antes de atacar a Clotario II de Neustria. Sucédelle o seu fillo Sixeberto II, un menor que quedou baixo a rexencia da súa bisavoa Brunexilda, que intentou levar a cabo unha política de centralización, pero a nobreza conspirou contra ela e ofreceu a coroa a Clotario II de Neustria. Brunexilda e Sixeberto foron facilmente derrotados e executados, e Clotario II reuniu aos tres reinos francos, mantendo un goberno particular para cada un deles dirixido por un mordomo de palacio.[4] En Borgoña, Clotario II tivo que aceptar o cargo vitalicio de Warnacario como mordomo de palacio,[5] e cando faleceu en 626, os nobres rexeitaron un novo mordomo.[6] Os nobres de Borgoña acudiron desde entón ao palacio de Neustria.[7] Porén, máis que a presenza dun mordomo de palacio, á nobreza borgoñoa preocupáballe máis o mantemento das súas leis.[8]

Clotario faleceu en 628, e o seu fillo Dagoberto I tivo que facer unha campaña en Borgoña para someter as exaccións da nobreza e impartir xustiza.[7][9][10] Dagoberto, xa rei dos tres reinos, estableceuse en Neustria, o que motivou que a nobreza de Austrasia reclamara ao rei Dagoberto un rei propio,[11] que sería o seu fillo Sixeberto III. Cando morreu Dagoberto en 639, sucedeuno o seu outro fillo Clodoveo II nos reinos de Neustria e Borgoña, que xa compartirían o mesmo monarca desde entón. E, por outro lado, a menoridade dos reis asegurou a preponderancia do poder político dos mordomos de palacio.[12]

En 641, faleceu Aega, o mordomo de palacio de Neustria. Sucedeulle Erquinoaldo e este, xunto coa raíña nai, Nantilde, decidiron restaurar o cargo de mordomo de palacio de Borgoña, para contrarrestar aos nobres borgoñóns, os burgundofarones. En 642, Flaochad foi recoñecido como mordomo de palacio de Borgoña. Porén estalou a guerra contra o patricio Willebad, que se saldou coa morte de ambos os dous o ano seguiente.[13][14] Non volveu a elixirse outro mordomo de palacio para Borgoña, e a nobreza borgoñoa volveu a asistir ás mesmas reunións que a de Neustria.[15]

Á morte de Erquinoaldo, Ebroino, o novo mordomo de palacio de Neustria, levou a cabo unha política de centralización do poder monárquico que o enfrontou á aristocracia terratenente,[16] polo que buscou a supremacía de Neustria sobre Austrasia, desprazou ás aristocracias laica e eclesiástica dos centros de poder,[17] recuperou terras do fisco das que se apropiaran os nobres, prohibiu os cargos hereditarios,[18] e prohibiu á aristocracia borgoñoa aparecer perante a corte de Neustria.[19][20] A guerra acabou coa vitoria da facción aristocrática encabezada polos arnúlfidas de Pipino de Heristal na batalla de Tertry (687).

Pipino de Heristal estableceuse en Austrasia, desde onde controlaba o poder. En Borgoña dividiu o territorio en dous ducados: un a norte, gobernado polo seu fillo Drogo, e outro no sur, mentres que os bispos organizaban os seus propios principados territoriaus.[21]

Os territorios do reino de Borgoña con posterioridade

[editar | editar a fonte]

Reino da Provenza

[editar | editar a fonte]
Borgoña contra o ano 900:
En verde: Reino da Alta Borgoña (inclúe o posterior condado de Borgoña e a Borgoña Transxurana),
En beixe: Reino da Baixa Borgoña (inclúe a Borgoña Cisxurana e a Provenza
En marrón: O ducado de Borgoña de Ricardo o Xusticeiro.

No imperio de Carlomagno, a gran Borgoña compoñíase da Baixa Borgoña (Basse-Bourgogne), ao oeste do río Saona, a Alta Borgoña, ao norte do Jura, a Borgoña transxurana ao sur do Jura (na Suíza actual), e a Borgoña cisxurana, que comprendía as terras de Lión, Vienne, Savoia e o Delfinado).

Polo tratado de Verdún 843 repartiuse o conxunto: a Baixa Borgoña integrouse na Francia de Carlos II o Calvo, e o resto foi englobado no legado de Lotario I, o fillo de Ludovico Pío.

Cando o emperador carolinxio Lotario I abdicou antes de morrer en Prüm, en 855, o seu reino dividiuse entre os seus tres fillos varóns: a Alta Borgoña e a Borgoña Transxurana formaron parte do legado de Lotario II; a Borgoña Cisxurana e a Provenza pasaron a Carlos da Provenza, e Lois II o Mozo, recibiu Italia e o título de emperador.

Á morte de Carlos en 863, o reino da Provenza pasou a Lois. E cando este último morreu en 875, Carlos II o Calvo apoderouse dos dous reinos de Italia e a Provenza.

Bosón da Provenza, cuñado de Carlos o Calvo, foi elixido rei da Provenza e de Borgoña o 15 de outubro de 879, converténdose así no primeiro rei non carolinxio dos Estados francos.

Rodolfo I de Borgoña fíxose elixir, á súa vez, rei da Alta Borgoña ou Borgoña transxurana en 888.

Hugo de Arlés, que gobernou o reino da Provenza, cedeuna en 934 a Rodolfo II de Borgoña, rei da Borgoña transxurana. A nova entidade foi o segundo reino de Borgoña-Provenza, tamén chamado reino de Arlés. Subsistiu até o ano 1032.

Condado e ducado de Borgoña

[editar | editar a fonte]

En 1016, o último rei de Borgoña, Rodolfo III, ao non ter herdeiros, recoñeceu ao seu sobriño, da casa dos otónidas, o emperador alemán Henrique II como soberano protector e herdou do seu reino, que a nova organización feudal carolinxia transformara de reino en ducado de Borgoña e condado de Borgoña e outros condados e señoríos.

Os condes de Borgoña, vasalos de Otón Guillerme, e outros señores do reino organizaron unha revolta militar contra o seu novo soberano alemán sen éxito (Sucesión de Borgoña (1032-1034)). O condado de Borgoña foi despois absorbido polo Sacro Imperio Romano e permaneceu baixo soberanía xermánica até 1678, cando Lois XIV logrou recuperalo para Francia.

Os duques de Borgoña intentaran restablecer a Lotarinxia no século XV, pero a morte de Carlos ''o Temerario'' sen lexítimos herdeiros directos varóns, seis anos despois da declaración de independencia, puxo fin a esa ambición.

Reis de Borgoña

[editar | editar a fonte]

En 534, o reino dos burgundios foi conquistado polos fillos de Clodoveo I e repartido entre:

Reis de Borgoña
Reis de Austrasia, Neustria e Borgoña
Reis de Neustria e Borgoña
Reis de Austrasia, Neustria e Borgoña
Reis en Borgoña (durante o período carolinxio)

Co debilitamento dos reis carolinxios, varios nobres proclamáronse reis de Borgoña, ou reis sobre as terras do antigo reino de Borgoña, que formarían o Arelato.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]