Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Liiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SM-liiga»)
Modelo:Competición deportivaLiiga
Imaxe
Tipoprofessional sports league (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorMestis e I-divisioona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1975 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadasetembroabril Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialliiga.fi Editar o valor en Wikidata
Facebook: smliiga Twitter: smliiga Instagram: liiga.fi Editar o valor en Wikidata

A Liiga (anteriormente denominada Suomen Mestaruus Liiga ou SM-liiga en finés) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa, sendo catalogada pola IIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente por detrás da Svenska hockeyligan (SHL), e a cuarta mellor do mundo por detrás das ligas internacionais National Hockey League (NHL) e Kontinental Hockey League (KHL).[a][1]

Creada en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga substituíu o campionato de afeccionados (na práctica, semiprofesional), a SM-sarja, e na súa tempada inaugural competiron dez equipos, número que foi progresivamente aumentando ata os 15 que a conforman dende a tempada 2015-16. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.

O equipo campión recibe a Kanada-malja (Copa Canadá). Dende a súa creación, a liga estivo dominada principalmente por tres equipos: Tappara (10 títulos e 9 subcampionatos), TPS (10 títulos e 7 subcampionatos) e Kärpät (8 títulos e 2 subcampionatos), que suman un total de 28 títulos ao inicio da tempada 2019-20.

Inicios do hóckey sobre xeo en Finlandia

[editar | editar a fonte]
Completado en xaneiro de 1965, o Tampereen jäähalli foi o primeiro pavillón cuberto de hóckey sobre xeo de Finlandia e acolleu o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965, a primeira cita mundialista desta modalidade celebrada no país nórdico.

A pesar da popularidade da que goza actualmente no país,[2] o hóckey sobre xeo chegou a Finlandia a finais da década de 1920, de feito o país non se converteu en membro da Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (coñecida polas súas siglas en inglés IIHF) ata 1928, cando creou a súa propia federación.[3]

Non foi ata a década de 1950 cando o hóckey sobre xeo comezou a mellorar as súas condicións e iniciou a súa modernización, coa construción depistas primeiro en Tampere (1956) e logo en Helsinqui (1958). Un factor decisivo na modernización da modalidade foi a súa conversión nun deporte interior a partir da década de 1960, e que finalizaría en 1973 coa cobertura da pista de Kupittaa en Turku. A conversión en deporte interior producir un incremento no número de partidos do campionato, pasando de sete encontros na tempada 1949-50 a 32 nos primeiros anos da década de 1970, feito que sumado á mellora nas condicións de visualización provocou un aumento nos ingresos, se ben o deporte continuou a ser semiprofesional nestes anos.[3]

Outro feito importante no desenvolvemento do hóckey sobre xeo finlandés tivo lugar en 1965, cando o país foi sede do Campionato do Mundo. Se ben inicialmente o torneo se ía disputar en Helsinqui, as dificultades para ter finalizado o pavillón para a data de inicio da competición levaron a que esta se disputara en Tampere.[3]

Creación da SM-liiga

[editar | editar a fonte]

Malia os avances na modernización do hóckey sobre xeo finlandés que se levaron a cabo a principios da década de 1970, a súa organización non se topaba ao mesmo nivel. O sistema de toma de decisións dentro da Suomen jääkiekkoliitto (a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo), que daquela organizaba todas as competicións do país, e outros aspectos como a volatilidade da toma de decisións ou os horarios, motivaron o descontento dos clubs máis fortes, daquela xa organizados na súa propia organización, a Sarjaseurat ry., que non tiña poder nas reunións federativas.[4]

Kalervo Kummola foi o primeiro presidente da SM-liiga en 1975, permanecendo no cargo ata 1987.

Deste xeito, en 1974, o daquela presidente da federación finlandesa Harry Lindblad creou un comité liderado por Markku Mäenpää para considerar unha mudanza organizativa. Este comité propuxo a separación da SM-liiga (a máxima categoría) do outras actividades da federación. Finalmente o día 24 de maio de 1975 a Sarjaseurat ry. fundou a SM-liiga na súa reunión anual celebrada en Tampere.Se ben producíronse mudanzas organizativas importantes, a creación da SM-liiga foi o maior logro, xa que os clubs gañaron independencia, unha independencia enfatizada polo feito de que a súa sede estaba en Tampere, mentres que a federación a tiña en Helsinqui.[4]

Organizativamente a liga contaba cun presidente, un representante de cada club e un representante da federación. Kalervo Kummola foi votado como o primeiro máximo responsable do organismo, posto que ocupou ata 1987 co alcume de "Rautakansleri" (en galego "Chanceler de ferro").[4]

Nun principio, a liga comezou con 10 equipos en setembro dese mesmo ano, dos cales os 4 mellores xogarían os playoffs, e había un sistema de promoción entre os peor clasificados da SM-Liiga e os mellores da I-divisioona (a que daquela era a segunda categoría), que promovía os trocos de clubs na clasificación. Os dez equipos que participaron na primeira edición foron os oito mellor clasificados da derradeira edición da SM-sarja, que foron acompañados polos dous mellores equipos da I-divisioona, Sport e FoPS, que ascenderon á máxima categoría.[4][5][6]

O primeiro gol da nova SM-liiga anotouno Raimo Brax no partido inaugural de Sport fronte a HIFK. Nesta primeira tempada os dous últimos clasificados xogaron unha ligniña de permanencia fronte aos dous mellores equipos da segunda categoría, a I Divisioona, na que Sport perdeu a categoría en favor do Kiekkoreipas de Lahti, mentres que FoPS conseguiu a permanencia.[7]

Aínda que se pensaba que a primeira tempada da nova competición se disputara sobre a base da antiga SM-sarja, decidiuse que esta adoptara de xeito inmediato un sistema de play-offs a semellanza das ligas norteamericadas, aínda que por motivos de calendario as eliminatorias disputáronse ao mellor de tres encontros. Ao finalizar esta primeira tempada o TPS de Turku proclamouse campión grazas a un gol de Seppo Repo a falta de 21 segundos para o final do segundo partido da final disputada fronte a Tappara.[7]

A primeira expansión

[editar | editar a fonte]

A liga profesional tivo éxito entre a afección, sumado aos éxitos da selección nacional de hóckey sobre xeo, e o número de clubs aumentouse a 12 na tempada 1988-89, materializando a decisión que a liga tomara xa en marzo de 1986. Deste xeito HPK e SaiPa pasaron a disputar a máxima categoría ao ser os dous mellores equipos da I-divisioona, mentres que o peor equipo da SM-liiga ese ano, o KooKoo de Kouvola, tivo que disputar unha eliminatoria fronte ao terceiro mellor equipo da segunda categoría, o Kiekkoreipas de Lahti, ao cal derrotou en cinco partidos (3-2).[8][9]

Na tempada 1994-95 a SM-liiga viu a chegada de 16 xogadores da National Hockey League (NHL), con Teemu Selänne e Jari Kurri (Jokerit), Christian Ruuttu e Esa Tikkanen (HIFK), Michael Nylander (JYP HT), ou Theo Fleury (Tappara) entre outros. Isto produciuse polo bloqueo da liga norteamericana, o que motivou que os xogadores das franquías da NHL procuraran outras competicións en Europa. Este feito supuxo un aumento na asistencia aos partidos e unha motivación para os xogadores dos equipos finlandeses, que cada noite se medían aos xogadores da NHL.[10]

Na década dos '90 a afluencia de público nos estadios chegou a 1.8 millóns de espectadores, polo que se iniciou o camiño á profesionalización total: a mediados dos '90 tódolos xogadores tiñan contrato a tempo completo, e no 2000 permitiuse o troco de estatuto dos clubs a sociedade limitada.

Dende a tempada 2000-01 e en base á profesionalización total das sociedades deportivas eliminouse o sistema de promoción, pechando a liga, polo que ningún equipo podería ascender dende a Mestis sen a aprobación da SM-liiga.[11] Ese mesmo ano ascendeu á liga Kärpät, que conseguiu o ascenso na tempada anterior no play-out fronte a Pelicans, que mantiveron a súa praza na liga grazas ao aumento do número de equipos, que na tempada 2000-01 pasouse de doce a trece equipos na liga.[12]

Na tempada 2003-04 o sistema de play-offs aumentouse aos 10 mellores clasificados ao final da liga regular, xogando os equipos clasificados do posto 7 ao 10 unhas series eliminatorias previas para decidir que dous equipos acompañan aos seis mellores. En 2005 foi admitido na liga o KalPa de Kuopio,[13] aumentando o número de equipos ata os 14 clubs.[8] Na tempada 2008-09 recuperouse o sistema de promoción, polo que o equipo campión da Mestis pode acceder á máxima categoría se derrota nos play-out ao equipo peor clasificado da SM-liiga ao finalizar a liga regular,[14] se ben na primeira tempada que se restableceu o sistema de promoción os catro peores clasificados xogaron unhas series eliminatorias das cales o perdedor xogouse a promoción contra o campión da Mestis.[15][16]

O Olympiastadion durante o Talviklassikko de 2011.

Na tempada 2010-11 introduciuse o Talviklassikko (en galego Clásico de Inverno), un partido xogado ao aire libre no Estadio Olímpico de Helsinqui no que se enfrontan os dous equipos da cidade, o HIFK e o Jokerit. Na primeira edición o HIFK derrotou ao Jokerit por 4 goles a 3.[17] O éxito do derbi da capital levou a reeditar os duelos ao aire libre entre os dous principais equipos da cidade de Tampere, o Tappara e o Ilves, que o 9 de abril de 2013 se enfrontaron no Estadio de Tampere, no que foi a primeira edición do Open Ice Winter Classic Tampere,[18] con todo, o partido ao aire libre entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés non volveu disputarse nas tempadas seguintes.

Unha nova denominación: nace a Liiga

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2013-14 a competición mudou o seu nome e imaxe, pasando a denominarse simplemente Liiga, ademais a principios desa mesma tempada anunciouse que o Jokerit deixaría a competición para pasar a xogar na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.[19][20] O equipo de Helsinqui foi substituído na tempada 2014-15 polo Sport de Vaasa logo de ter sido aceptado pola Liiga.[21] A principios desa mesma tempada, a competición anunciou unha nova incorporación á liga logo de admitir ao KooKoo de Kouvola a partir da tempada 2015-16, pasando dunha liga de 14 equipos a unha de 15.[22] A expansión da liga continuou na tempada seguinte, cando se incorporou o Jukurit de Mikkeli,[23] que substituíu os Espoo Blues, que cesaron as súas operacións ao declararse en bancarrota logo da tempada 2015-16.[24]

Durante a tempada 2019-20, por primeira vez na súa historia, a Liiga non decidiu ningún campión, xa que o día 13 de marzo de 2020 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación.[25][26] Con todo, a Liiga entregou o Harry Lindbladin muistopalkinto a Kärpät, que xa tiñan asegurado o trofeo antes da suspensión da tempada.[27]

Nova ampliación e liga aberta

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2024-25 produciuse unha nova expansión da liga coa entrada do Kiekko-Espoo.[28] Ese mesmo ano a liga volveu converterse nunha competición aberta, polo que volveu existir a posibilidade de que houbera ascensos e descensos de categoría, un feito que non se producía dende a tempada tempada 2012-13. Deste xeito, o equipo máis feble da Liiga pasou a disputar unha serie clasificatoria fronte o campión da Mestis. Na mesma asemblea na que se aprobou abrir a competición, fixouse como número máximo de equipos en 16 a partir da tempada 2025-26, e estableceuse que se un equipo abandona a liga a súa praza non será ocupada por outro.[29]

Dende a tempada 2015-16 a SM-liiga está formada por quince equipos de 15 cidades distintas, sendo Tampere a única cidade que conta na actualidade con máis dun equipo, logo de que Jokerit abandonara a SM-liiga para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir de 2014. Por rexións, 13 das 19 rexións de Finlandia están presentes na actualidade: Carelia do Sur, Finlandia Central, Finlandia Propia, Kymenlaakso, Ostrobotnia, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Savonia do Sur, Pirkanmaa, Päijänne Tavastia, Satakunta, Tavastia Propia e Uusimaa, se ben só as rexións de Satakunta, Pirkanmaa e Uusimaa contan con máis dun equipo (Lukko e Ässät, Ilves e Tappara, e K-Espoo e HIFK respectivamente). Dos dez equipos fundadores da liga en 1975, so seis deles continúan na tempada 2018-19 xogando na SM-liiga, e deles só catro, HIFK, Ilves, Tappara e TPS participaron en todas as edicións, mentres que Lukko e Ässät descenderon unha vez e xogaron un ano na segunda categoría.

Nome Nome completo Cidade Estadio Capacidade Fundación Último ascenso Posición[b] Títulos[c] Total[d]
HIFK Oy HIFK Hockey Ab Helsinqui Helsingin jäähalli 8 100 1945 1975 4 7
HPK HPK Liiga Oy Hämeenlinna Ritari-areena 5 360 1929 1988 14º 2 2
Ilves Ilves-Hockey Oy Tampere Nokia Arena 13 455 1931 1975 1 16
Jukurit Jukurit HC Oy Mikkeli Ikioma Areena 4 200 1970 2016 0 0
JYP JYP Jyväskylä Oy Jyväskylä LähiTapiola Areena 4 618 1977 1985 13º 2 2
KalPa KalPa Hockey Oy Kuopio Niiralan Monttu 5 225 1929 2005 0 0
K-Espoo Kiekko-Espoo Oy Espoo Espoo Metro Areena 6 982 1984 2024 3º (Mestis) 0 0
KooKoo KooKoo Hockey Oy Kouvola Lumon Areena 6 000 1946 2000 12º 0 0
Kärpät Oulun Kärpät Oy Oulu Oulun Energia Areena 6 614 1965 2015 8 8
Lukko Rauman Lukko Oy Rauma Kivikylän Areena 5 400 1936 1984 1 2
Pelicans Lahden Pelicans Oy Lahti Isku Areena 5 098 1992 1999 0 0
SaiPa Liiga-SaiPa Oy Lappeenranta Kisapuiston jäähalli 4 847 1948 1996 15º 0 0
Sport Hockey-Team Vaasan Sport Oy Vaasa Vaasa Sähkö Arena 3 800 1939 2014 10º 0 0
Tappara Tamhockey Oy Tampere Nokia Arena 13 455 1955 1975 13 20
TPS HC TPS Turku Oy Turku Gatorade Center 11 820 1929 1975 10 11
Ässät HC Ässät Pori Oy Pori Isomäki Areena 6 500 1967 1990 11º 2 3

Antigos participantes

[editar | editar a fonte]
Equipos descendidos
Trocos de nome
  • JyP HT é denominado actualmente JYP.[34]
  • Lahden Reipas, Kiekkoreipas, Hockey-Reipas, Reipas Lahti nomes anteriores dos Pelicans.[35]
  • Kiekko-Espoo pasou a denominarse Espoo Blues en 1996, en 2016 cesou as súas operacións.[36] Regresou á comepteición en 2024 coa súa denominación orixinal.
Equipos que pasaron a competir noutras ligas

Historial de equipos

[editar | editar a fonte]
1970 1980 1990 2000 2010
75
76
76
77
77
78
78
79
79
80
80
81
81
82
82
83
83
84
84
85
85
86
86
87
87
88
88
89
89
90
90
91
91
92
92
93
93
94
94
95
95
96
96
97
97
98
98
99
99
00
00
01
01
02
02
03
03
04
04
05
05
06
06
07
07
08
08
09
09
10
10
11
11
12
12
13
13
14
14
15
15
16
16
17
17
18
18
19
19
20
HIFK
Ilves
Tappara
TPS
Ässät
Jokerit
Lukko
KOOVEE
Sport
FoPS
Kiekkoreipas Hockey-Reipas Reipas Lahti Pelicans
Kärpät
SaiPa
HPK
JyP HT JYP
KalPa
KooKoo
JoKP
K-Espoo Blues
TuTo
Jukurit

Xogadores participantes

[editar | editar a fonte]

Fonte: www.eurohockey.com[39]

País Tempada
(200506)
% Tempada
(200607)
% Tempada
(200708)
% Tempada
(200809)
% Tempada
(200910)
% Tempada
(201011)
% Tempada
(201112)
% Tempada
(201213)
%
Alemaña 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Austria 1 0.2 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Canadá 22 4.8 27 5.8 23 4.9 12 2.3 11 2.6 23 4.9 21 4.47 36 6.77
Croacia 1 0.2 1 0.2
Dinamarca 1 0.2 3 0.6 7 1.3
Eslovaquia 1 0.2 3 0.6 2 0.4 1 0.2 1 0.2 7 1.5 7 1.5 4 0.75
Eslovenia 1 0.2
Estados Unidos 13 2.8 4 0.85 20 4.3 14 2.7 4 1.0 14 3.0 9 1.9 23 4.3
Estonia 1 0.2 1 0.2
Finlandia 396 85.9 400 85.5 404 86.3 476 92.8 393 94.0 390 83.2 390 83.2 428 80.45
Francia Francia 2 0.43 2 0.43 2 0.38
Hungría 1 0.2
Italia 1 0.2 2 0.43
Letonia 2 0.4 3 0.6 1 0.2 3 0.64 1 0.2 1 0.2
Lituania 1 0.2 1 0.2
Noruega 1 0.2 1 0.2 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Países Baixos 1 0.2
República Checa 15 3.3 15 3.2 8 1.7 4 0.8 5 1.2 13 2.8 14 3.0 11 2.1
Rusia 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Ucraína 1 0.2
Suecia 7 1.5 11 2.35 7 1.5 4 0.8 2 0.5 13 2.8 14 3.0 16 3.0
Suíza 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Total 461 100.0 468 100.0 468 100.0 513 100.0 418 100.0 469 100.0 469 100.0 532 100.0

Estrutura da tempada

[editar | editar a fonte]
Encontro entre Ilves e SaiPa

A SM-Liiga posúe unha tempada regular e playoff polo título. A tempada regular comeza a mediados de setembro e remata a mediados de marzo. Hai paróns ao longo do ano dependendo dos compromisos internacionais de Finlandia e un parón polo Nadal de 2 semanas. Os playoff comezan inmediatamente logo do fin da tempada regular e a competición remata a mediados de abril.

Tempada regular

[editar | editar a fonte]

Na tempada regular tódolos equipos disputan 60 encontros nos que cada equipo xoga 4 partidos contra calquera outro máis outros 2 con rivais definidos, xeralmente próximos entre eles. Cada partido dura 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos e, en caso de prórroga, xógase un tempo extra con morte súbita de 5 minutos. No caso de que o empate persista, o gañador decídese tras unha rolda de penaltis.

O sistema da liga regular baséase en torno a unha clasificación na que só vale a vitoria para puntuar. O sistema de puntuación está determinado por como concluíu o partido: se o equipo vence no tempo regulamentario gaña 3 puntos, se vence na prórroga 2 e se vence nos penaltis 1. Se un equipo está empatado a puntos con outro na táboa, o equipo que teña unha meirande diferenza de goles estará nun posto máis alto na clasificación, e se se chegara ao extremo de que houbese tamén un empate, a diferenza será polo número de goles anotados.

Ao final da tempada regular, os 6 equipos mellor clasificados na liga regular pasan directamente aos cuartos de final, mentres os equipos entre a sétima e décima posición xogan uns playoff preliminares ao mellor de 3 partidos, nos que os 2 vencedores encherán as 2 posicións vacantes.

Dende a tempada 2007-08 tódalas roldas son ao mellor de 7 partidos e os equipos son colocados segundo a súa posición na liga regular, de tal xeito que o primeiro clasificado xogaría contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, e así sucesivamente, sendo o primeiro campo no que se disputa o partido o do mellor equipo na fase regular. O gañador dos playoff gaña a Kanada-malja (Copa Canadá) mentres que os perdedores da semifinal xogan un partido pola "medalla de bronce".

A diferenza da Liga regular, nos playoff o tempo de prórroga dura 20 minutos a morte súbita.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Celebración do título conseguido por TPS en 2010.
Artigo principal: Kanada-malja.

A seguinte táboa amosa os campións da Kanada-malja, é dicir, os campións nos play-offs. Os campións da liga regular reciben tamén un trofeo, o Harry Lindbladin muistopalkinto, aínda que é menos prestixioso que a medalla de bronce nos playoff, esta relación entre títulos é similar á que existe na NHL americana entre a Stanley Cup e o Presidents' Trophy.

Tempada Campión[40] Resultado[40] Finalista[40] 1º da liga regular[41]
2023-24 Tampere Tappara 4 - 1 Lahti Pelicans - Tampere Tappara
2022-23 Tampere Tappara 4 - 1 Lahti Pelicans - Tampere Tappara
2021-22 Tampere Tappara 4 - 1 Turku TPS - Tampere Tappara
2020-21 Rauma Lukko 3 - 1 Turku TPS - Rauma Lukko
2019-20 Tempada cancelada - Oulu Kärpät
2018-19 Hämeenlinna HPK 4 - 3 Oulu Kärpät - Oulu Kärpät
2017-18 Oulu Kärpät 4 - 2 Tampere Tappara - Oulu Kärpät
2016-17 Tampere Tappara 4 - 2 Kuopio KalPa - Tampere Tappara
2015-16 Tampere Tappara 4 - 2 Helsinqui HIFK - Helsinqui HIFK
2014-15 Oulu Kärpät 4 - 3 Tampere Tappara - Oulu Kärpät
2013-14 Oulu Kärpät 4 - 3 Tampere Tappara - Oulu Kärpät
2012-13 Pori Ässät 4 - 2 Tampere Tappara - Helsinqui Jokerit
2011-12 Jyväskylä JYP 4 - 1 Lahti Pelicans - Kuopio KalPa
2010-11 Helsinqui HIFK 4 - 0 Espoo Blues - Jyväskylä JYP
2009-10 Turku TPS 4 - 1 Hämeenlinna HPK - Jyväskylä JYP
2008-09 Jyväskylä JYP 4 - 0 Oulu Kärpät - Jyväskylä JYP
2007-08 Oulu Kärpät 4 - 1 Espoo Blues - Oulu Kärpät
2006-07 Oulu Kärpät 3 - 0 Helsinqui Jokerit - Oulu Kärpät
2005-06 Hämeenlinna HPK 3 - 1 Pori Ässät - Oulu Kärpät
2004-05 Oulu Kärpät 3 - 1 Helsinqui Jokerit - Oulu Kärpät
2003-04 Oulu Kärpät 3 - 1 Turku TPS - Turku TPS
2002-03 Tampere Tappara 3 - 0 Oulu Kärpät - Hämeenlinna HPK
2001-02 Helsinqui Jokerit 3 - 1 Tampere Tappara - Tampere Tappara
2000-01 Turku TPS 3 - 1 Tampere Tappara - Helsinqui Jokerit
1999-00 Turku TPS 3 - 1 Helsinqui Jokerit - Turku TPS
1998-99 Turku TPS 3 - 1 Helsinqui HIFK - Turku TPS
1997-98 Helsinqui HIFK 3 - 0 Tampere Ilves - Turku TPS
1996-97 Helsinqui Jokerit 3 - 0 Turku TPS - Helsinqui Jokerit
1995-96 Helsinqui Jokerit 3 - 1 Turku TPS - Helsinqui Jokerit
1994-95 Turku TPS 3 - 2 Helsinqui Jokerit - Helsinqui Jokerit
1993-94 Helsinqui Jokerit 3 - 1 Turku TPS - Turku TPS
1992-93 Turku TPS 3 - 1 Hämeenlinna HPK - Turku TPS
1991-92 Helsinqui Jokerit 4 - 1 Jyväskylä JYP - Jyväskylä JYP
1990-91 Turku TPS 4 - 1 Kuopio KalPa - Turku TPS
1989-90 Turku TPS 4 - 2 Tampere Ilves - Turku TPS
1988-89 Turku TPS 4 - 1 Jyväskylä JYP - Turku TPS
1987-88 Tampere Tappara 4 - 1 Rauma Lukko - Tampere Ilves
1986-87 Tampere Tappara 4 - 1 Oulu Kärpät - Oulu Kärpät
1985-86 Tampere Tappara 4 - 1 Helsinqui HIFK - Tampere Tappara
1984-85 Tampere Ilves 3 - 2 Turku TPS - Turku TPS
1983-84 Tampere Tappara 3 - 1 Pori Ässät - Tampere Tappara
1982-83 Helsinqui HIFK 3 - 2 Helsinqui Jokerit - Helsinqui Jokerit
1981-82 Tampere Tappara 3 - 1 Turku TPS - Turku TPS
1980-81 Oulu Kärpät 3 - 2 Tampere Tappara - Tampere Tappara
1979-80 Helsinqui HIFK 3 - 0 Pori Ässät - Turku TPS
1978-79 Tampere Tappara 3 - 2 Pori Ässät - Pori Ässät
1977-78 Pori Ässät 3 - 1 Tampere Tappara - Tampere Tappara
1976-77 Tampere Tappara 3 - 0 Turku TPS - Tampere Tappara
1975-76 Turku TPS 2 - 0 Tampere Tappara - Turku TPS

Antes da creación da SM-liiga, en Finlandia existía outro campionato nacional de hóckey sobre xeo creado en 1928 denominado SM-sarja, que pasou por varios formatos de competición, dende eliminatorias directas, a liga única sen eliminatorias, a varios grupos de liguiña etc. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende 1928 até 1975:[42]

Encontro Ilves-HJK da tempada 1949-50.

A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende 1928. En letra grosa o títulos de SM-liiga, é dicir, os acadados dende 1976:

NºTítulos Equipo Campionatos
17 Tampere Tappara[e] 1959, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003, 2016, 2017, 2022, 2023, 2024 (Equipo mais laureado da SM-liiga)
16 Tampere Ilves 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972, 1985
11 Turku TPS 1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001, 2010
8 Oulu Kärpät 1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014, 2015, 2018
7 Helsinqui HIFK 1969, 1970, 1974, 1980, 1983, 1998, 2011
6 Helsinqui Jokerit[f] 1973, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002
3 Pori Ässät[g] 1971, 1978, 2013
3 Tampere TBK 1953, 1954, 1955
3 Helsinqui KIF 1939, 1941, 1943
3 Helsinqui HJK 1929, 1932, 1935
2 Jyväskylä JYP 2009, 2012
2 Hämeenlinna Tarmo 1948, 1949
2 Helsinqui HSK 1933, 1934
2 Rauma Lukko 1963, 2021
2 Hämeenlinna HPK 2006, 2019
1 Tampere KooVee 1968
1 Pori RU-38[g] 1967
1 Pori Karhut[g] 1965
1 Tampere TaPa 1931
1 Vyborg Viipurin Reipas 1928

Como ocorre con moitas outras ligas de hóckey sobre xeo, a SM-liiga entrega cada ano distintos trofeos a equipos e persoas que destacaron en cada tempada, tanto xogadores, como adestradores ou árbitros. Tamén existen trofeos entregados pola Asociación de Xogadores. A meirande parte dos galardóns posúen nomes de xogadores fineses históricos.

Trofeos a equipos

[editar | editar a fonte]
A Kanada Malja, trofeo entregado ao equipo campión da liga finesa.

Trofeos individuais

[editar | editar a fonte]
O Trofeo Lasse Oksanen, entregado ao mellor xogador da liga regular.
Trofeos da Liiga
Trofeos da Asociación de Xogadores
O Kultainen kypärä (casco dourado) é entregado ao mellor xogador por votación da Asociación de Xogadores.
  • Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Dende a súa creación os xogadores do TPS teñen conseguido máis veces a distinción que os de ningún outro equipo, cun total de sete. Tan só dous xogadores na historia do galardón conseguiron máis dunha vez o casco dourado, foron os finlandeses Juha Riihijärvi e Kimmo Rintanen, ambos con dous galardóns, o primeiro vestindo as cores de JYP e Lukko, e o segundo consegindo ambos xogando para TPS.[50]
  • Kultainen Pilli (chifre de ouro): outorgado cada ano dende 1987 ao mellor árbitro da SM-liiga por votación dos xogadores. O árbitro que máis veces ten conseguido o galardón é Jari Levonen, cun total de 15, todas elas consecutivas.[50]
  • Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. O primeiro xogador en recibilo foi Anssi Salmela, xogando para Tappara, mentres que o xogador que máis veces recibiu o galardón foi Markus Seikola, quen o conquistou dous anos consecutivos vestindo a camisola dos Ilves (2009 e 2010) e outros dous anos a dos Pelicans (2012 e 2013).[50]

Dereitos de emisión

[editar | editar a fonte]
Retransmisión dun partido en Oulu.

Dende a tempada 2007-08 os dereitos de emisión en Finlandia pertencen á canle en aberto privada Nelonen. Canal+ Suomi ofrece tamén varios partidos en modalidade de PPV.

Actualmente a liga finlandesa non pode verse noutros países, aínda que Canal+ Suomi ofreceu partidos on-line por PPV tanto para Finlandia como para o resto de países.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Datos de asistencia

[editar | editar a fonte]
Seareiros celebrando un gol do Ilves en 2007.

Na tempada 2018-19 a SM-liiga foi a sexta liga europea en termos de asistencia cun total de 4.232 espectadores de media. O equipo da liga cunha mellor media ese ano foi o HIFK de Helsinqui, que cunha media de 7.100 espectadores foi o 20º equipo en canto a media de asistencia en Europa.[51][h]

Ano Asistencia media
2002 5.231
2003 5.148
2004 5.101
2005 5.143
2006 5.032
2007 4.984
2008 5.101
2009 4.933
2010 4.976
2011 4.850
2012 5.108
2013 5.213[52]
2014 4.974[53]
2015 4.336[54]
2016 4.249[55]
2017 4.326[56]
2018 4.254[57]
2019 4.232[51]

Rexistros dos equipos

[editar | editar a fonte]
  • Tan só en cinco ocasións o equipo campión da SM-liiga non perdeu ningún partido nos play-offs. Na tempada inaugural TPS conseguiu gañar os seus catro partidos (dous en cada rolda); en 1977, na segunda tempada da liga Tappara conseguiu gañar os seus seis partidos, marcando un rexistro récord de 48 goles a favor e tan só 9 en contra; Jokerit conseguiu en 1997 un rexistro de 9–0 para alzarse coa Kanada-malja; os mesmos números conseguiu HIFK en 1998; e finalmente Kärpät conquistou o campionato de 2007 cun rexitro de 10–0.[58]

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]
Na liga regular[59]
Janne Ojanen, o xogador con máis puntos e asistencias na historia da liga.
Récord Nome Rexistro
Puntos Finlandia Janne Ojanen 799
Goles Finlandia Arto Javanainen 464
Asistencias Finlandia Janne Ojanen 516
Partidos xogados Finlandia Jan Latvala 1.049
Plus/minus Finlandia Marko Tuulola +232
Penalty minutes Finlandia Markus Kankaanperä 1.456
Nos play-offs
Kari Jalonen, o máximo goleador, asistente e o xogador con máis puntos dos play-offs.
Récord Nome Rexistro
Puntos Finlandia Kari Jalonen 128
Goles Finlandia Kari Jalonen 42
Asistencias Finlandia Kari Jalonen 86
Partidos xogados Finlandia Ilkka Mikkola 151
Plus/minus República Checa Otakar Janecky +51
Penalty minutes Finlandia Jussi Pesonen 156
No play-out
Récord Nome Rexistro
Puntos Finlandia Jori Lehterä 9
Goles Finlandia Sakari Salminen
Finlandia Masi Marjamäki
Finlandia Jori Lehterä
4
Asistencias Finlandia Jarkko A. Immonen
Mike York
Finlandia Jori Lehterä
Finlandia Jussi Halme
5
Partidos xogados Finlandia Erik Riska
Finlandia Eetu Heikkinen
Finlandia Markus Piispanen
9
Plus/minus Finlandia Jyri Marttinen +10
Penalty minutes Finlandia Mikko Palomäki
Finlandia Teemu Kesä
37

Porteiros

[editar | editar a fonte]
Na liga regular
Jussi Markkanen é o porteiro con máis minutos disputados na liga.
Récord Nome Rexistro
Partidos Finlandia Ari-Pekka Siekkinen 894
Minutos Finlandia Jussi Markkanen 14.952
Promedio Finlandia Aku Limnell 13,43
Porcentaxe Finlandia Tommi Niemelä
Finlandia Jan-Erik Kaisla
Finlandia Petri Engman
Finlandia Mikko Koskinen
Finlandia Joonas Korpisalo
1,000
Shotouts Finlandia Iiro Tarkki 24
Asistencias Finlandia Jukka Tammi 23
Penalty minutes Finlandia Kimmo Kapanen 182
Nos play-offs
Vesa Toskala é o porteiro con máis minutos disputados nos play-offs.
Récord Nome Rexistro
Partidos Finlandia Ari-Pekka Siekkinen 113
Minutos Finlandia Vesa Toskala 1.681
Promedio Finlandia Pasi Häkkinen 16,07
Porcentaxe Finlandia Mika Lehto
Finlandia Pekka Rinne
1,000
Shotouts Finlandia Iiro Tarkki 6
Asistencias Austria Bernd Brückler 5
Penalty minutes Finlandia Juuso Riksman 24
Nos play-out
Récord Nome Rexistro
Partidos Finlandia Jukka Tammi
Finlandia Petri Vehanen
Finlandia Matti Viitakoski
7
Minutos Finlandia Niko Hovinen 248
Promedio República Checa Tomas Duba 7,00
Porcentaxe Finlandia Vesa Toskala 0,965
Shotouts Finlandia Niko Hovinen 2
Penalty minutes Finlandia Jukka Tammi 4
  1. A NHL está formada por equipos dos Estados Unidos de América e do Canadá, mentres que na KHL participan equipos maioritariamente rusos, así como de Belarús, Casaquistán, China, Finlandia e Letonia.
  2. As posicións corresponden só ao final da fase regular da tempada 2023-24, xa que non se disputaron os play-offs pola Kanada-malja.
  3. Títulos conseguidos dende a profesionalización da liga en 1975.
  4. Todos os títulos conseguidos, incluíndo aqueles anteriores á profesionalización da liga en 1975.
  5. Non se contabilizan os tres campionatos do TBK.
  6. Jokerit deixou a competición despois da tempada 2013-14 para competir na Kontinental Hockey League (KHL).[37]
  7. 7,0 7,1 7,2 Karhut e RU-38 fusionáronse en 1967 para converterse nos Ässät.[43]
  8. Cun rexistro medio de 8.768 persoas, o equipo con mayor media de asistencia en Finlandia é o Jokerit de Helsinqui, que compite na KHL rusa e ocupa o 10º posto en asistencia dos clubs europeos.[51]
Referencias
  1. The Hockey Writers, ed. (7 de xaneiro de 2019). "Top 10 Best Ice Hockey Leagues" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2019. 
  2. "FINLANDIA: A LA CABEZA EN ACTIVIDADES FÍSICAS Y DEPORTE" (en castelán). Ministerio de Asuntos Exteriores de Finlandia. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kauhala, Hannu (5 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 1: Jääkiekkoilu modernisoitui ennen SM-liigaa" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Kauhala, Hannu (12 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 2: Askeleet Jääkiekon SM-liigan perustamiseksi" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  5. Championnat de Finlande 1975/76
  6. Jääkiekkokirja 1975-76 Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en finés)
  7. 7,0 7,1 Kauhala, Hannu (19 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 3: Avauskausi päättyi TPS:n juhliin" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Finland SM-liiga history and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  9. Seppänen, Antti (11 de xaneiro de 2017). "Perinnesarja, osa 15: Tapparan valtakauden huipennus 1988" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  10. Hoffren, Sami (20 de febreiro de 2015). "SM-liigan klassikkohetket: ”J***lauta - Jari Kurri!”". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  11. John Nauright; Charles Parrish (eds.). Sports around the world (en inglés) 1. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. p. 347. ISBN 978-1-59884-300-2. 
  12. "Championnat de Finlande 1999/2000" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  13. "KalPan historia" (en finés). KalPa.fi. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  14. R. Todd Jewel (ed.). Violence and Aggression in Sporting Contests: Economics, History and Policy (en inglés). Nova York: Springer. pp. 51–52. ISBN 978-1-4419-6629-2. 
  15. "SM-liiga 2008/2009. Play Out" (en inglés). flashscore.com. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  16. "SM-liiga 2008/2009. Relegation" (en inglés). flashscore.com. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  17. "Helsinki Winter Classic, na International Ice Hockey Federation". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  18. aamulehti.fi, ed. (9 de abril de 2013). "Joulukuussa se on vihdoin totta, Ilves ja Tappara ottavat yhteen Ratinassa" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  19. SM-Liiga changes name en www.eurohockey.com (en inglés)
  20. Liiga preview en www.eurohockey.com (en inglés)
  21. liiga.fi, ed. (28 de febreiro de 2014). "Vaasan Sport Liigaan" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 7 de abril de 2014. 
  22. Ilta Sanomat, ed. (30 de setembro de 2014). "Nyt se on varmaa: SM-liiga laajenee ja KooKoo nousee" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 11 de maio de 2015. 
  23. "Mikkelin Jukurit nousee Liigaan!" (en finés). liiga.fi. 10 de setembro de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  24. Mason, Emma (30 de xuño de 2016). "Skating Towards the Future: Kasper Bjorkqvist" (en inglés). thehockeywriters.com. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  25. "Liiga kausi päättyy välittömästi" (en finés). Liiga.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  26. "Jääkiekon SM-liigakausi päättyy välittömästi – Suomen mestaruutta ei jaeta". Iltalehti (en finés). 13 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  27. Seppänen, Antti (18 de marzo de 2020). "Lindblad-palkinto Kärpille – jo kymmenes titteli" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  28. "Kiekko-Espoon nousu SM-liigaan sai sinettinsä – hinta 2,2 miljoonaa". Ilta-Sanomat (en finés). 2 de maio de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  29. Sippola, Joen; Halonen, Mika (12 de outubro de 2023). "SM-liiga aukeaa, liigakarsinnat palaavat – Yle Urheilu seurasi tiedotustilaisuutta". Yle (en finés). Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  30. "FoPS Forssa Statistics and History [SM-liiga]" (en inglés). HockeyDB.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  31. "JoKP Joensuu Statistics and History [SM-liiga]" (en inglés). HockeyDB.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  32. "KooVee Tampere Statistics and History [SM-liiga]" (en inglés). HockeyDB.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  33. "TuTo Turku Statistics and History [SM-liiga]" (en inglés). HockeyDB.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  34. Kivinen, Anna (7 de abril de 2011). "Muistatko nämäkin JYP-kasvot?". Keskisuomalainen (en finés). Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  35. "Historiaa" (en finés). pelicans.fi. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  36. "Nyt se tapahtui: Blues meni konkurssiin!". Iltalehti  (en finés). 21 de marzo de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  37. 37,0 37,1 "Jokerit to join KHL in 2014" (en inglés). IIHF.com. 28 de xuño de 2013. Archived from the original on 09 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  38. "13 joukkuetta sai lisenssin Mestikseen – Jokereiden paluulle sinetti" (en finés). Leijonat.fi. 3 de maio de 2023. Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  39. Datos da SM-liiga
  40. 40,0 40,1 40,2 "Finland SM-liiga history and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  41. "Kärpille Lindblad-palkinto kahdeksannen kerran" (en finés). liiga.fi. 10 de marzo de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  42. 42,00 42,01 42,02 42,03 42,04 42,05 42,06 42,07 42,08 42,09 42,10 42,11 42,12 42,13 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  43. "Ässät juhlistaa RU-38:n mestaruutta lauantaina" (en finés). liiga.fi. 25 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  44. "Tapparalle Harry Lindbladin muistopalkinto ja kotivoitto". jatkoaika.com (en finés). 13 de marzo de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  45. "Tapparalle Lindblad-palkinto 15 vuoden tauon jälkeen". liiga.fi (en finés). 13 de marzo de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  46. "Harry Lindbladin" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  47. "Kärpät vei Aaro Kivilinnan muistopalkinnon". Yle (en finés). 13 de abril de 2008. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  48. "A to Z Encyclopedia of Ice Hockey: Aa". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  49. "Blues juhli jälleen Kivilinna-palkintoa". liiga.fi (en finés). 4 de maio de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  50. 50,0 50,1 50,2 "Kultainen Kypärä Julius Junttilalle" (en finés). Liiga.fi. 2 de maio de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  51. 51,0 51,1 51,2 Merk, Martin. "European attendance ranking" (en inglés). IIHF.com. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  52. Jääkiekon SM-liiga, ed. (21.3.2013). "SM-liigakaudella 2012-13 uusi yleisöennätys". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013. 
  53. "Swiss fans flock to arenas" (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  54. "Swiss stay top" (en inglés). IIHF. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  55. "SC Bern stays firt" (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  56. "Swiss lead attendance study" (en inglés). IIHF.com. 13 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  57. "Swiss lead again" (en inglés). IIHF.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  58. Kauhala, Hannu (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  59. All-time Statistics SM-liiga en www.eurohockey.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]