The Ex
The Ex | |
---|---|
En directo en Weikersheim en xuño de 2004. | |
Orixe | Ámsterdan, Países Baixos |
Período | 1979 - presente |
Xénero(s) | punk, anarcopunk |
Selo(s) discográfico(s) | Southern Records |
Membros | Terrie Ex, G.W. Sok, Katherina Ex e Andy Moor |
Antigos membros | Luc e Rozemarie |
Artistas relacionados | Dog Faced Hermans, Instant Composers Pool, Chumbawamba, Getatchew Mekurya, Zea |
Na rede | |
Páxina oficial | |
The Ex é unha banda musical anarquista dos Países Baixos. Formáronse en 1979 no momento da explosión punk orixinal e dende entón publicaron máis de vinte álbums de longa duración.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A música do grupo sufriu unha notable evolución a través dos anos, comezando como unha simple banda anarcopunk "lo-fi". Debutaron coa canción "Stupid Amercians" no mini-álbum recompilatorio Uterg Punx, publicado por Rock Against Records en Rotterdam no verán de 1980. Pouco despois chegou a publicación do seu primeiro 7" All Corpses Smell The Same. Ao longo das décadas foron desenvolvendo gradualmente a súa actual obra, altamente intricada, experimental, de inspiración punk, post punk e new wave.
Irrompendo dende os confíns relativamente estreitos do punk rock, The Ex incorporaron un amplo abanico de influencias, a miúdo procedentes de fontes non occidentais e alleas ao rock. Estes inclúen a música folk húngara e turca e, máis recentemente; a música de Etiopía, República Democrática do Congo e Eritrea (do que a canción da independencia é versioneada pola banda no álbum Tum). Outros exemplos de ramificación estilística atópanse no dobre álbum de música improvisada Instant e nunha publicación editada baixo o alcume Ex Orkest, unha big band de 20 pezas reunida para realizar actuacións nun festival nos Países Baixos.
A banda realizou con éxito colaboracións con artistas moi diversos, como a banda anarquista británica Chumbawamba (ás veces utilizando o nome Antidote), os Dog Faced Hermans (un antigo membro desta banda, Andy Moor, é actualmente parte de The Ex), e co defunto violoncellista de avant-garde, Tom Cora a comezos dos anos 1990, colaboración esta última que deu como froitos o álbum Scrabbling At the Lock en 1991 e o subseguinte And the Weathermen Shrug Their Shoulders en 1993. Tamén colaboraron con membros de Sonic Youth, a orquestra holandesa de improvisación ICP, e publicaron un mini-álbum en colaboración co grupo de Chicago Tortoise.
O baixista Luc deixou a banda en 2003, substituído por Rozemoire (dobre baixo)[1]. En 2005, Rozemarie deixou a banda.[2].
The Ex protagonizan o documental Building a Broken Mousetrap (2006), dirixido por Jem Cohen[3].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Disturbing Domestic Peace (1980)
- History is What's Happening (1982)
- Tumult (1983)
- Blueprints for a Blackout (1984)
- Support the Miners' Strike (1985)
- Pay no More than 6 Fr. (1985)
- Pokkeherrie (1985)
- Too Many Cowboys (1987)
- Antidote Live in Wroclaw (1987)
- Aural Guerilla (1988)
- Joggers and Smoggers (1989)
- Treat (1990)
- Scrabbling at the Lock (1991)
- And the Weathermen Shrug Their Shoulders (1993)
- Instant (1995)
- Mudbird Shivers (1995)
- Starters Alternators (1998)
- Dizzy Spells (2001)
- Een Rondje Holland (2001)
- Turn (2004)
- Moa Anbessa (2006)
Mini-álbums e sinxelos
[editar | editar a fonte]- All Corpses Smell the Same (1980)
- New Horizons in Retailing (1980)
- Live-Skive (1980)
- Weapons for El Salvador (1981)
- Villa Zuid Moet Blijven (1981)
- Dignity of Labour (1983)
- Gonna Rob the Spermbank (1983)
- The Red Dance Package (1983)
- Enough is Enough (1984)
- 1936 - The Spanish Revolution (1984)
- Destroy Fascism! (1987)
- Rara Rap/Contempt (1988)
- Stonestampers Song/Lied Der Steinklopfer (1990)
- Dead Fish (1990)
- Keep on Hoppin'/Crap Rap (1990)
- 6.1 Slimy Toad/Jake's Cake (1991)
- 6.2 Ceme Ryne/Millitan (1991)
- 6.3 Hidegen Fujnak A Szelek/She Said (1991)
- 6.4 Bimhuis 290691 (1991)
- 6.5 This Song is in English (1991)
- 6.6 Euroconfusion/Bird in the Hand (1992)
- In the Fishtank 5 (1999, xunto con Tortoise)
- In the Fishtank 9 (2002)
Aparicións en compilacións
[editar | editar a fonte]- Utregpunx (1980)
- Viva Umkhonto! (1987)
- Hands Up! You're Free (1988)
- Ample (1991)
- Singles. Period. The Vinyl Years 1980–1990 (2005)
Vídeos/DVDs
[editar | editar a fonte]- Live at the Bimhuis (1992)
- Beautiful Frenzy (2001)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Newsletter 12". The Ex homepage. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ "Newsletter 14". The Ex homepage. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ "List of Works". Jem Cohen Films. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.