Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Walt Whitman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalt Whitman

(1887) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Walter Whitman Editar o valor en Wikidata
31 de maio de 1819 Editar o valor en Wikidata
West Hills, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1892 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Camden, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHarleigh Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaWalt Whitman House (en) Traducir (–1892)
99 Ryerson Street (en) Traducir (1855–1856)
Walt Whitman Birthplace State Historic Site (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónDeísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, enfermeiro, mestre, xornalista, poeta, impresor, editor, ensaísta, escritor, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1842 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorBrooklyn Eagle (en) Traducir
Brooklyn Times-Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiWalter Whitman, Sr. Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorge Washington Whitman Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de abril de 1861-9 de abril de 1865Guerra civil estadounidense Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уитмен Уолт)
Enciclopedia soviética armenia Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1578667 IBDB: 11227
BNE: XX1720680 iTunes: 7368683 Musicbrainz: 9c0c81d0-aeba-4e57-9f96-1b73743e8e8e Discogs: 350136 IMSLP: Category:Whitman,_Walt WikiTree: Whitman-6 Find a Grave: 1098 Editar o valor en Wikidata


Walt Whitman, nado en West Hills, condado de Suffolk (Nova York) o 31 de maio de 1819 e finado en Camden (Nova Jersey) o 26 de marzo de 1892, foi un poeta norteamericano, considerado un dos maiores da súa nacionalidade.

Foi o primeiro poeta que experimentou as posibilidades do verso libre, servíndose dunha linguaxe sinxela e moi achegada á prosa, á vez que creaba unha nova mitoloxía para a nova nación estadounidense, segundo os postulados do americanismo emerxente. O individualismo, os relatos das súas propias experiencias, un tratamento revolucionario do impulso erótico e a crenza nos valores universais da democracia son os trazos novidosos da súa poética; na liña co romanticismo do momento. Propuxo na súa poesía unha comuñón entre os homes e a natureza de signo achegado ao panteísmo. Tanto polos seus temas como pola forma, a poesía de Whitman arredábase de todo canto se entendía habitualmente por poético, aínda que soubo crear cos novos materiais momentos de fondo lirismo.

A súa obra, concentrada nas sucesivas edicións de Follas de herba, é referencia indispensable en gran parte dos poetas modernos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de nai holandesa e pai británico, foi o segundo dos nove fillos dunha familia con escasos recursos económicos. Tivo un breve paso pola escola e dende moi novo viuse na obriga de traballar, primeiro como mestre itinerante, a pesar do seu escaso coñecemento académico, e máis tarde nunha imprenta.

Foi alí onde espertou a súa afección polo xornalismo, interese que lle levou a traballar en varios diarios e revistas de Nova York. Nomeado director do "Brooklyn Eagle" en 1846, permaneceu no cargo só dous anos debido a súa desconformidade coa liña abertamente proesclavista defendida polo xornal. A súa afección pola ópera (xénero que influíu en boa medida na súa obra poética) permitiulle coincidir nunha noite de estrea cun dirixente do xornal Nueva Orleans Crescent, quen o convenceu para que deixase Nova York e aceptase unha oferta para traballar no diario.

Durante a viaxe ao sur, que emprendeu en 1848, tivo a oportunidade de contemplar unha realidade, a de provincias, para el totalmente descoñecida e que, en definitiva, sería decisiva para a súa carreira futura. Por todo este conxunto de experiencias, cando regresou a Nova York, uns meses despois, abandonou o xornalismo e entregouse por enteiro á escritura.

A primeira edición da súa grande obra, pese a todo, non saíu do prelo ata 1855. Esta primeira edición de Follas de Herba (Leaves of grass) (habería outras oito en vida do poeta) constaba de doce poemas, todos eles sen título, e foi o propio Whitman quen se encargou de editalos e de levalos á imprenta. Dos mil exemplares da tirada, Whitman vendeu poucos e regalou a maioría, un deles a Ralph Waldo Emerson, importante figura da escena literaria estadounidense e o seu primeiro admirador. A súa crítica, moi positiva, motivou a Whitman para seguir escribindo, a pesar da súa ruinosa situación económica e da nula repercusión que, polo xeral, tiveran os seus poemas.

Ao ano seguinte apareceu a segunda edición e, catro anos máis tarde, a terceira, que ampliou cun poema de presentación e outro de despedida. A noticia de que o seu irmán George fora ferido ao comezo da Guerra Civil, impulsou a Whitman a abandonar Nova York e acudir a Fredericksburg para poder miralo. Máis tarde trasladaríase a Washington, D.C. onde, apesarado polo sufrimento dos soldados feridos, traballou voluntariamente como axudante de enfermería. Tralo fin da contenda estableceuse en Washington, onde traballou para a Administración. Alí publicou varios ensaios de contido político, nos cales defendía os ideais democráticos, pero rexeitaba o materialismo que, ao seu parecer, impregnaba a vida e as aspiracións da sociedade estadounidense.

No 1873, gravemente enfermo viuse na obriga de abandonar Washington e trasladarse a Camden, en Nova Jersey, onde permaneceu ata a súa morte. Adicou os últimos anos da súa vida a revisar a súa obra poética, e a escribir novos poemas que foi incluíndo nas sucesivas edicións de Follas de herba.

Walt Whitman fotografiado en 1869.
Walt Whitman fotografiado en 1869.

A obra de Whitman racha cos límites da poesía, aproximándose moito á prosa.[1] O seu característico estilo afástase da tradición establecida na súa época, e inclúe "un tratamento idiosincrático do corpo e da alma, así como do eu e dos outros".[2] Tamén empregou unha imaxinería e simboloxía infrecuentes, como follas podres ou cascotes.[3] Whitman escribiu abertamente sobre a morte e mais a sexualidade, incluíndo a prostitución.[4] Moitos o etiquetan como o pai do verso libre, aínda que non foi o seu inventor.[1]

Concepción da poesía

[editar | editar a fonte]

No seu prefacio á edición de Leaves of Grass de 1855, escribiu: "O que distingue a un poeta é que o seu país o absorbe do mesmo xeito que el absorbeu o seu país". Xa que logo, para el existe unha relación simbiótica entre o poeta e a sociedade.[5] Esta conexión enfatizouse no poema "Canto de min mesmo" a través dunha voz omnipotente en primeira persoa.[6] Considerada unha epopea estadounidense, Leaves of Grass desvíase da noción de heroe para asumir a identidade da xente do común, respondendo ao impacto da rápida urbanización dos Estados Unidos nas clases baixas.[7][8]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Follas de herba (Leaves of Grass), obra que modificou ó longo da súa vida.
  1. 1,0 1,1 Reynolds, 314.
  2. Kirmizi, Busra; Kopacik, Martin (2016-12-27). "The Affinity between the Body, The Self and Nature in Whitman's 'Song of Myself'". Academic Research of SSaH 2016 (en inglés). Czech Technical University in Prague. ISBN 978-80-906231-8-7. 
  3. Kaplan, 233.
  4. Loving, 314.
  5. Reynolds, 5.
  6. Reynolds, 324
  7. Reynolds, 332.
  8. Miller, 78.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kaplan, Justin. Walt Whitman: A Life. New York: Simon & Schuster, 1979. ISBN 0-671-22542-1
  • Loving, Jerome. Walt Whitman: The Song of Himself. University of California Press, 1999. ISBN 0-520-22687-9
  • Miller, James E. Walt Whitman. New York: Twayne Publishers, Inc. 1962. ISBN 9780805707922
  • Reynolds, David S. Walt Whitman's America: A Cultural Biography. New York: Vintage Books, 1995. ISBN 0-679-76709-6
  • Oda a Walt Withman. Poeta en Nueva York, Federico García Lorca.
  • Canto de min mesmo. Walt Whitman. Tradución de Xosé Manuel Freire, publicado no 2001 en Edicións Positivas.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]