Zelmira
Zelmira | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Andrea Leone Tottola |
Fontes literarias | Zelmire, de Dormont de Belloy |
Estrea | 16 de febreiro de 1822 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Conservatoire de París |
Personaxes | |
Zelmira é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola baseado na traxedia en cinco actos Zelmire, de Dormont de Belloy e posta en escena en 1762 en Aviñón. Foi estreada o 16 de febreiro de 1822 no Teatro San Carlo de Nápoles.
Historia
[editar | editar a fonte]Zelmira é a última das óperas napolitanas. A súa primeira representación tivo lugar no Teatro San Carlo da cidade italiana o 16 de febreiro de 1822. Á estrea seguiulle un grande éxito na súa estrea en Viena o 13 de abril de 1822, como parte dun Festival Rossini de tres meses de duración para a cal Rossini escribiu música adicional. Seguíronlle representacións en varias cidades italianas, e o 24 de xaneiro de 1824 tivo lugar a estrea en Londres baixo a dirección do propio Rossini e coa daquela muller do compositor, Isabella Colbran, no papel principal. En 1826 foi representada en París. Contra o ano 1835 tivo lugar unha representación na cidade estadounidense de Nova Orleáns.[1]
Pasaron máis de 100 anos antes de que a ópera fora representada novamente en Nápoles en 1965, mais "non moi aplaudida".[1] Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só unha representación entre 2005 e 2010.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 16 de febreiro de 1822 (Director: Nicola Festa) |
---|---|---|
Polidoro, rei de Lesbos | baixo | Antonio Ambrosi |
Zelmira, súa filla | soprano | Isabella Colbran |
Emma, súa confidente | contralto | Anna Maria Cecconi |
Ilo, príncipe de Troia e esposo de Zelmira | tenor | Giovanni David |
Antenore, un usurpador de Mitilene | tenor | Andrea Nozzari |
Leucippo, súa confidente, un xeneral | baixo-barítono | Michele Benedetti |
Eacide, un seguidor do príncipe Ilo | tenor | Gaetano Chizzola |
Gran Sacerdote di Giove | baixo | Massimo Orlandini |
Sacerdotes, pobo, exército de Mitilene, seguidores de Ilo, fillo xove de Zelmira (papel mudo) |
Estrutura
[editar | editar a fonte]Acto I
[editar | editar a fonte]- 1 Introduzione e cavatina Oh sciagura! - Che vidi, oh amici! (Antenore)
- 2 Cavatina Ah, già trascorse il dì (Polidoro)
- 3 Terzetto Soave conforto (Polidoro, Zelmira, Emma)
- 4 Coro e cavatina S'intessano gli allori - Terra amica (Ilo)
- 5 Duetto A che quei tronchi accenti? (Ilo, Zelmira)
- 6 Cavatina Mentre qual fera ingorda (Antenore)
- 7 Duettino Perché mi guardi e piangi (Zelmira, Emma)
- 8 Finale Sì fausto momento (Antenore, Leucippo, Gran Sacerdote, Ilo, Zelmira, Emma)
Acto II
[editar | editar a fonte]- 8bis Coro e cavatina Pian piano inoltrisi - Ciel pietoso, ciel clemente (Emma)
- 9 Duetto In estasi di gioia (Ilo, Polidoro)
- 10 Quintetto Ne' lacci miei cadesti (Antenore, Zelmira, Polidoro, Leucippo, Emma)
- 11 Rondò Riedi al soglio (Zelmira)
Arias célebres
[editar | editar a fonte]- Terra amica (cavatina de Ilo)
- Mentre qual fera ingorda (cavatina de Antenore)
- Perché mi guardi e piangi (duettino de Zelmira e Emma)
- La sorpresa, lo stupor (cantabile concertato do finale do primeiro acto)
- Fiume che gli argini rompe, sorpassa (stretta final do primeiro acto)
- Ciel pietoso, ciel clemente (preghiera de Emma, segundo acto, a partir da edición de Viena)
- Riedi al soglio (aria final de Zelmira)
Gravacións
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco: Zelmira, Ilo, Emma, Antenore, Polidoro |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo [3] |
---|---|---|---|
1965 | Virginia Zeani, Nicola Tagger, Gastone Limarilli, Paolo Washington, Anna Rota |
Carlo Franci, Orquestra e coro do Teatro San Carlo (Gravación dunha representación en Nápoles o 10 de abril) |
CD de son: Great Opera Performances Cat: G.O.P. 780; Opera d'Oro Cat: OPD 1455 |
1989 | Cecilia Gasdia, William Matteuzzi, Bernarda Fink, Chris Merritt, Jose Garcia |
Claudio Scimone, I Solisti Veneti |
CD de son: Erato Cat: 45419 |
2003 | Elizabeth Futral, Antonino Siragusa, Manuela Custer, Bruce Ford, Marco Vinco |
Maurizio Benini, Scottish Chamber Orchestra |
CD de son: Opera Rara Cat: ORC 27 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Osborne, C. p. 108
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2013.
- ↑ Gravacións de Zelmira en operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |