goma
Aparencia
Grafías semellantes: Goma |
Galego
- Pronuncia: /ˈɡoma/ (AFI)
goma (sg: goma; pl: gomas)
- (Bioquímica) Calquera das substancias glicídicas exsudadas polas plantas, que dan coa auga solucións coloidais empregadas para pegar ou colar. Moitas delas empréganse tamén en farmacia e na industria de colas e vernices.
- Calquera dos materiais elásticos obtidos dalgunha destas substancias ou fabricado sinteticamente, e empregados para diversos usos.
Termos relacionados
- goma arábiga
- goma de mascar
- goma de borrar
- goma elástica
- goma escuma
- goma esterculia
- goma explosiva
- goma guar
- goma guta
- goma laca