lince
Aparencia
Grafías semellantes: Lince |
Galego
- Etimoloxía: do latín lynx, lyncis, e este do grego antigo λύγξ, λύγκός, lince (animal).
- Pronuncia: /ˈlinθe/ (AFI)
lince (sg: lince; pl: linces)
- (Zooloxía) Nome dos mamíferos carnívoros da familia dos félidos (Felidae) pertencentes ao xénero Lynx, que comprende catro especies caracterizadas polo seu tamaño medio, fortes patas, longas orellas, cola curta e pelo máis ou menos manchado.
- (Figurado) Persoa de moi boa visión.
- (Figurado) Persoa moi astuta ou sagaz, ou de moita intelixencia.
Galería
-
Lince ibérico (Lynx pardina)
-
Lince europeo (Lynx lynx)
-
Lince roxo (Lynx rufus)
Termos relacionados
Traducións
Para a 1ª acepción, de zooloxía.
- Alemán: Luchse (de).
- Castelán: lince (es).
- Catalán: linx (ca).
- Cheién: móhkave (chy).
- Danés: los (da).
- Francés: lynx (fr).
- Inglés: lynx (en), bobcat (en) (a especie Lynx rufus)
- Italiano: lince (it).
- Neerlandés: lynx (nl).
- Polaco: riṥ (pl).
- Portugués: lince (pt).
- Romanés: râsul (ro).
- Sueco: lodjur (sv).