Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Casa do concello de Pontevedra

1992

CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Por XOSE FERNANDEZ FERNANDEZ Historiador e Crítico da Arte Profesor da E. T .S.A. da Coruña Álzase a actual Casa Consistorial de Pontevedra no mesmo terreo que ocupou desde o século XVI o antigo edificio municipal da cidade, construcción que aproveitou para a súa fábrica a parte baixa dunha das torres da muralla que rodeou a poboación ata o ano 1855, a chamada «Bastida Grande», torreón ameado de planta cadrada que se abría próximo á Porta de Santo Domingo (1). Utilizou o primitivo Concello do Lérez do bastión defensivo os tres arcos góticos do seu frontis, non sendo posible no seu momento recuperala totalidade daquela arquitectura militar polo estado de ruína e degradación que presentaba esta como consecuencia das loitas feudais do século XV. Poucos son os datos certeiros de como eran as pezas do Concello con anterioridade á súa construcción no século XIX con motivo da nova obra, polo que os planos firmados o 1 de febreiro de 1877 polo mestre de obras Alejandro Rodríguez-Sesmero, proxectista da edificación decimonónica, adquiren extraordinaria importancia, máxime cando o único debuxo conservado da primeira Casa Consistorial pontevedresa pertencente á Sociedade Arqueolóxica non informa da distribución interior de locais do inmoble, se ben é de gran utilidade para coñece-lo aspecto da súa fachada principal, coroada por sinxela espadana con campá desde o século XVIII. Observando os debuxos de Rodríguez-Sesmero enténdese sen dificultade a necesidade sentida polos edís pontevedreses en 1879 de contar cun novo edificio consistorial. As estreitas e incapaces dependencias municipais eran certamente insuficientes para atende-la crecente complexidade da vida administrativa e política da cidade. CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA (Dibuxo: Arquivo Fotográfico Xosé Fernández). 58 Os reducidos locais administrativos distribuíanse ó redor dun patio interior con desigual fortuna nas dúas plantas de que dispuña o edificio. O nivel inferior era ocupado no seu tercio esquerdo pola alhóndiga municipal, dependencia abovedada e independente do resto da construcción con accesos pola fachada principal por medio de oco oxival e polo costado máis próximo á porta de Santo Domingo pola sinxela porta alintelada (información esta que curiosamente non proporcionan os planos de Rodríguez-Sesmero). A portería e a escaleira completaban o espacio dispoñible na planta baixa da Casa Consistorial. Sobre esta e encima do celeiro situábase o salón de sesións, limitada estancia iluminada por dúas ventás de aberturas diferentes. Minúsculas oficinas, unha secretaría e un arquivo compartían igualmente con estreiteces o piso principal do antigo Consistorio pontevedrés. Unha galería de decorativos cristais cerraba o patio a este nivel. En apenas cen metros cadrados (se excluimo-Ia alhóndiga e o salón de plenos) debían os funcionarios locais xestionar e goberna-Ios asuntos da cidade. Tan miserentós locais, impropios dunha poboación que viña aumentando en casarío e habitantes desde que entre os anos 1852 e 1855 un expedente gobernativo sentenciara a derruba e demolición da cerca da vila levantada no século XIII, eran anoxo constante desde mediados do dezanove dos diversos alcaldes de Pontevedra. Non obstante estes, ó non conseguir arbitrar durante os seus mandatos os medios económicos suficientes para proceder á súa derruba e sustitución, houberon de continuar a ocupa-lo inmoble aínda a disgusto. Será en 1875 cando o pensamento de construir unha casa cómoda e monumental para o Concello renaza con forza e novas posibilidades, ó incluir a autoridade local no programa de obras que pretendía levar adiante nos anos seguintes a desexada edificación consistorial. Un novo cemiterio, diversas reformas de rúas e vías públicas e a mellora do campo da feira eran as outras empresas que o Concello propúñase executar, servíndose para isto inicialmente dos fondos aforrados en exercicios económicos anteriores e que ascendían a 25.000 pesetas (2). A principios de xuño mandou a Alcaldía con carácter de urxencia ó arquitecto municipal Justino Flórez Llamas debuxa-Ios planos necesarios para inicia-los oportunos expedientes, sen reparar no excesivo da tarefa. A importancia dos cometidos asignados obrigou ó facultativo un 21 de xuño a solicitar dos edís locais un criterio de xerarquía para atender ÓS distintos traballos «pois sendo os proxectos de Casa-Concello e cemiterio da cidade de certa importancia e que requiren polo mesmo certos detalles que han de ocupar algún tempo é necesario saber a que encargos haberá de darse preferencia de inmediato» (3). A Corporación apoiándose en argumentos de hixiene pública preferiu naquel momento privilexia-Ia obra do camposanto, retrasando ata decembro de 1876 a decisión de construi-Io edificio municipal. O 5 de decembro acordaron os munícipes que se edificase a nova Casa Consistorial no mesmo sitio que o antigo «cos ensanches que foran precisos para a comodidade e o ornato» (4), e que este se levantase de acordo cos planos rubricados tan só catro días antes polo mestre de obras da cidade Alejandro Rodríguez-Sesmero González. O proxecto de Rodríguez-Sesmero, menos monumental que o firmado polo seu competidor o arquitecto Flórez Llamas, tiña fronte a este non obstante unha enorme vantaxe que era o seu custo relativamente aceptable para a prudente facenda pontevedresa. O apoiar un edificio consistorial excesivamente gravoso para as arcas da cidade, suporía á Alcaldía hipoteca-la política de renovación urbana que desexaba favorecer, e que xiraba en torno á mellora da calidade e o aspecto das rúas da poboación, e á construcción de diversos equipamentos públicos. Non parece probable que a sustitución no emprego de arquitecto municipal da cidade o 19 de setembro de 1876 de Justino Flórez por Alejandro Rodríguez-Sesmero por dimisión voluntaria CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA EN OBRAS (Foto: La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879). 59 do primeiro, pesara na decisión tomada polos edís do Lérez. O Consistorio tiña grato recordo dos anos de traballo de Justino Flórez ó fronte das obras do Municipio e nada tiña que reprocharlle. A súa decisión de abandona-lo cargo de facultativo da poboación para ocupar similar praza en Vigo, fora entendida no seu día, e non podía ser en xustiza recriminada. Por outra parte o apoio dado pala Corporación ós planos de Rodríguez-Sesmero non pode entenderse como premio á dedicación e actividade de que puidera ter feito gala o mestre de obras no desempeño do seu emprego, pois este a penas levaba tres meses ó servicio do Concello. As importantes difrencias entre os presupostos presentados polos dous facultativos servíu á autoridade local de xustificación para decidi-Io seu apoio a favor do pensamento rubricado polo vallisoletano RodríguezSesmero. O proxecto do ex-arquitecto da cidade sería así rexeitado «en atención a que polo seu carácter demasiado monumental as obras ocasionarían moitos gastos á Corporación, que non estaría en situación de soportalos» (5). Aínda cando os proxectos presentados para a sanción dos munícipes eran ben diferentes tanto no tocante a ornamentación e estilo como a volume edificado e distribución interior, a disposición de fachadas de ambos traballos era similar, tendo os arquitectos colocada a entrada principal do inmoble enfrontada coa alameda da cidade. Este feito nada intrascendente é enormemente signifi- PRIMITIVA ESCALEIRA DA CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA (Foto: La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880). 60 cativo dunha nova situación, e viña a testifica-la enorme importancia económica e humana que estaban a ter na dinámica urbana da poboación os novas barrios crecidos fóra do outrora recinto amurallado. Malia que a construcción consistorial conservaba nos dous pensamentos deliñados o emprazamento da antiga Casa do Concelia, a nova arquitectura local tomaba unha posición diferente fronte á cidade ofrecendo a fachada principal á urbe extramuros, a diferencia do edificio existente que situaba imafronte na chamada praza da vila e daba a súa traseira, un sinxelo entrepano perforado por oito ocas sen especial tratamento, ó fermoso xardín que ca tempo se convertería no grande espacio público de Pontevedra e ande se levantarán importantes edificios administrativos (Deputación, Escala Normal e de Artes e Oficios, Instituto e Grupo Escolar). A alameda pontevedresa, chamada con anterioridade Campo da Verdade ou Campo das Rodas e desde sempre centro cívico do barrio mariñeiro da Moureira, coa nova disposición da Casa Consistorial e coas posteriores obras administrativas alí edificadas, reforzará a súa importancia simbólica como lugar de encontro e de reunión da cidadanía, pasando a ser desde finais do dezanove o espacio burgués por excelencia da poboación (6). Tomada a decisión de construi-Ia nova Casa do Concello cos planos de Rodríguez-Sesmero e antes de proceder a convocar en pública poxa as diferentes obras, tivo a Municipalidade que solu- cionar un problema que por provisional e perecedoiro non era menos importante: atopar acomodo transitorio e suficiente ás oficinas consistoriais. A determinación de demole-la Casa-Concello do XVI e de utiliza-lo predio para ergui-Ia fábrica proposta, obrigaba necesariamente ós edís pontevedreses a servirse doutro edificio mentres durasen os distintos traballos de construcción e amoblamento interior. A tal fin nomeou o alcalde Nicolás María Feijóo en decembro de 1876 unha comisión encargada da búsqueda dalgunha arquitectura digna onde dispor con desafogo os locais da cidade. Formaban o citado comité os concelleiros Juan Piñeiro, Venancio Piqué, Ramón Rodríguez Corral, Antonio Varela Campa e Juan Varela Ramos (7). Non tardaron estes en recibir distintas proposicións de particulares e entidades de Pontevedra. O día 28 coñeceu a comisión o ofrecemento da Xunta do LiceoCasino de cesión das dependencias da planta baixa do edificio social da praza de San Bartolomé polo arrendo anual de 1.000 pesetas (8). A utilización destes locais sería non obstante pasaxeira, pois rematadas as obras que a sociedade recreativa tiña en marcha desde decembro de 1875 para dotar dun terceiro andar á súa sede (9), os munícipes deberían ocupa-la nova planta e desaloxa-Ia parte baixa do inmoble. Trataban con esta iniciativa os dirixentes do Liceo-Casino de facer fronte ós cuantiosos gastos que con levaba a ampliación proxectada polo arquitecto Justino Flórez e o custe do cal era próximo ás 75.000 pesetas (10). A incomodidade que suporía para o Concello muda-las súas oficinas ó remate dos traballos de ensanche da casa propiedade do Liceo-Casino previstos para 1878, indispuxeron desde un principio ós edís en favor desta oferta. Maior sorte tiveron outros dous pensamentos apoiados desde a comisión e que ó final acabaron enfrontando ós seus membros. A posibilidade de optar por ubicar temporalmente o Concello na residencia do acomodado industrial Arias Teijeiro ou de servirse do antigo hospital municipal da rúa de don Gonzalo (11) para domicilio consistorial terminará en molesta disputa dentro da Corporación, discusión que foi resolta por votación de 31 de xaneiro de 1877. Nesta data e por sete votos contra seis a proposta defendida con entusiasmo por Ramón Vázquez Garza de acubilla-Ios locais do Municipio no número 9 da rúa de don Gonzalo foi rexeitada, optando a Alcaldía polo inmoble de Arias Teijeiro, casa pola que houbo que pagar ata 1880 (ano da inauguración do novo edificio) seis reais diarios. Solucionado o contratempo de alugar un edificio ínterim non dispuxese o Concello de casa propia, estudiaron os munícipes pontevedreses as condicións económicas da poxa que habería de celebrarse para encontra-Io contratista que se fixera cargo dos traballos de fábrica da Casa Consistorial proxectada o 1 de decembro de 1876 polo mestre de obras da cidade Rodríguez-Sesmero (12). Aquel que se comprometese a levar adiante él construcción tería como prazo máximo para a finalización da obra dous anos. Celebrada a oportuna poxa pública en xaneiro de 1877 resultou se-la oferta máis vantaxosa a de don Manuel Codes de Torres, empresario que iniciou os primeiros labores de edificación se ben máis tarde e por acordo privado cedería os seus dereitos ó vigués José González Bernárdez, quen remataría finalmente a Casa Consistorial en xuño de 1879. Pero adxudicada a importante empresa, creu necesario a Corporación nomear o 18 de marzo unha comisión de concelleiros encargada de vixia-Io estricto cumprimento das condicións económicas e facultativas aprobadas no seu día polo alcaide e demais membros do goberno local. Estaba presidida a mesma por Ramón Vázquez García e integrábana os señores Pedro Barros, Angel Casal de Rey, Cándido Durán, Antonio Justo, Angel Losada, Juan Valentín Pazos, Juan Piñeiro, Venancio Piqué, José María Rey e Francisco Veiga (13). O 2 de outubro queixábase o citado comité de non terse iniciadas aínda as obras «a pesar de ter transcorredo en exceso o tempo fixado nas condicións de poxa para que así ocorrese» (14), esixindo ó contratista dese principio antes de oito días ó~ traballos de demolición do torreón utilizado ata a data como local municipal .e da casa anexa a este e antiga propiedade do presbítero Juan Moraña e única edificación que se permitíu se construira lindante á Casa do Concello (15). Tal mandato foi cumprido pois o día 10 tiña lugar a colocación da primeira pedra do edificio. A derradeira o sería o 25 de xuño de 1879 (16). As obras axustáronse sempre ó proxecto por Rodríguez-Sesmero, non introducíndose durante a súa execución outros cambios que o da sustitución da cuberta de tella con que inicialmente se dispuxera cubri-Io edificio por outra de cinc «en atención ás grandes vantaxes da modificación» (17). Custou á facenda pontevedresa a nova arquitectura municipal a cantidade de 245.500,66 pesetas (18). A primeira noticia que se coñece da marcha dos traballos de construcción da Casa Consistorial do Lérez proporciónaa La /lustración Gallega y Asturiana no seu número nove correspondente ó 30 de marzo de 1879. Di a fonte: «As obras adiantan con satisfacción e aplauso de todos e están terminadas ata os Iinteis das ventás que ostentan talladas en pedra as armas da cidade» -(19). Engade ademáis o periódico: «O resultado é dun efecto sorprendente e vai revelando o mérito arquitectónico do edificio» (20). O citado semanario volverá a facerse eco en posteriores informacións do estado das obras da Casa Consistorial pontevedresa. E así o 10 de xuño nun extenso solto correspondente ás páxinas de Galicia un anónimo cronista describre o edificio con inusual minuciosidade deste xeito: «O novo Consistorio está chamando a atención de tódalas persoas intelixentes e será sempre un edificio que honrará a Pontevedra e ós que concebiron e levaron a cabo tal pensamento. O señor Sesmero empregou na súa construcción tal riqueza de adornos e de detalles, que pode competir con calquera dos primeiros da súa clase. O Zócolo atópase labrado en forma de almofadado horizontal, e os entrepanos e ocos da fachada que comprende a planta baixa ata o primeiro cornixamento están adornados por un corpo central decorado con catro columnas de orde xónico estriadas con capiteis que, sen sairse das proporcións da arquitectura á que pertencen, ostentan debuxos tan agradables e caprichosos que presentan un conxunto de todo mérito. Dispón o edificio nos seus ángulos de pilastras almofadadas. A arquivolta ou arco que constitúe a porta central ten esculpido o emblema da Forza co arbusto que a caracteriza, e que serve á par de adorno. O andar principal presenta un corpo nobre pertencente ó orde corintio. Para el proxectouse un capitel que sen separarse moito daquel xénero non é igual. Aumentou o arquitecto o tamaño do segundo orde de follas de acanto e suprimíu o terceiro para que, á altura en que se atopan colocadas, faga efecto a talla da pedra. As columnas deste corpo do edificio son tamén estriadas. No oco central e formando parte das doelas da arquivolta encóntranse esculpidos os arbustos que representan a Paz e a Victoria: a palma e o loureiro. Traballado na clave está o escudo nacional, dunha soa peza e de todo o groso da fachada, e no que sustituíu no cuartel do centro o emblema da dinastía polo de Pontevedra. Nos linteis dos ocos do andar principal atópanse os escudos da cidade e nas fachadas laterais o mesmo escudo sen as armas, pero con escamas e conchas de mellor gusto. A fachada posterior á principal do corpo central encóntrase almofadada. O seu balcón está decorado con catro pilastras de orde xónico e a arquivolta do oco do centro ten o escudo oficial da cidade» (21). En agosto de 1879 reproducíu La Ilustración un gravado firmado por J.H.A. da fachada principal da Casa Consistorial do Lérez. A estampa, de gran calidade e mérito, mostraba a Casa Municipal de Pontevedra terminada no tocante á fábrica, na teitume inda que coa primeira andamiaxe para a súa construcción, falta de carpinterías e cos distintos ocos do imafronte cerrados por sinxelas táboas de obra (22). A penas dous meses antes de aparecer este debuxo no periódico propiedade de Alejandro Chao e dirixido por Manuel Murguía, colocara o arquitecto a derradeira pedra do edificio con gran publicidade nun acto solemne e oficial. Debaixo daquela última pedra dispuxo a Alcaldía un pergamiño coidadosamente traballado en recordo dos individuos da Corporación que iniciaran e levaran adiante o proxecto e en homenaxe «ó intelixente e laborioso director de tan monumental edificio, o señor Alejandro Sesmero, que con tanto acerto e gusto artístico soubo realizala empresa» (23). Eran as 12,30 da mañá do día 25 de xuño cando se cerraba o oco da espadana onde habería de dispoñerse o reloxio municipal, dándose así por rematada a obra exterior de canteiría do novo edificio consistorial pontevedrés. Un inmenso xentío estaba presente. A fachada da Casa do Concello estaba graciosamente decorada. A banda de música do Hospicio alegraba o acto, mentres multitude de foguetes facían explosión (24). O termina-lo día Alejandro Rodríguez-Sesmero invitaba a canteiros, albaneis e operarios que traballaran nas obras do edificio municipal, segun61 do La Ilustración, «a unha ben servida e abundante cea de cerca de cen cubertos durante a cal dúas bandas de música executaron de 9 a 11,30 da noite brillantes pezas, ó tempo que eran lanzadas ó espacio nos intermedios multitude de bombas, voadores e cubos e a Casa Consistorial era iluminada con luces de bengala» (25). A finalización das obras de cantería do edificio municipal animou ó comité organizador da Exposición Rexional de Pontevedra a iniciar conversacións coa Alcaldía para conseguir desta a utilización do inmoble como sede do Certame comercial e industrial que ía celebrarse na cidade do 5 ó 20 de agosto de 1880 (26). O 29 de febreiro o alcalde pontevedrés Alejandro Mon y Landa accederá á petición, subvencionando ademáis a iniciativa con 2.500 pesetas da facenda local. A necesidade de atender a este compromiso obrigará á Municipalidade a urxir ó contratista unha rápida conclusión dos traballos de cubrición da Casa Consistorial, que de acordo co dictame aprobado pola Corporación o 9 de decembro de 1879 debía ter cuberta de cinc. No mes de abril Rodríguez-Sesmero informará á Comisión de Policía Urbana que a nova Casa do Concello estaba xa cuberta e que a falta dalgunhas obras menores como o enlousado das rúas circundantes, o edificio podía albergar a satisfacción a feira industrial e comercial organizada pola Xunta Provincial de Agricultura e Industria. Non obstante e a pesar do xúbilo expresado polo mestre de obras, era moito o que faltaba por acabar no interior do edificio consistorial. A mediados de xuño a escaleira principal aínda non fora construida (27) e importantes traballos de carpintería estaban por iniciarse. Da primitiva escaleira da Casa do Concello máis modesta e de apariencia menos monumental que a actual, de dobre rampla inicial, con relanzo e un único tramo de subida e toda ela de ferro e madeira, queda testemuño gráfico gracias a un gravado publicado por La Ilustración Gallega y Asturiana no seu número vintesete de data 28 de setembro de 1880 (28). O tempo que preparaba Rodríguez-Sesmero os diferentes 10cais do novo Consistorio para acolle-los diversos productos que haberían de exhibirse na Exposición Rexional, houbo este de atender a outro encargo da Alcaldía relativo tamén ó Certame: a construcción dun pavillón cuberto con destino ós gandos que aH concorresen no mes de agosto. En sesión de 18 de abril os munícipes concederán o necesario permiso para instalar no Campo de San Xosé o mencionado pavillón, toda vez que encontraron aceptable no económico o proxecto debuxado polo mestre de obras: unha sinxela cruxía de madeira sen especial tratamento. Era intención do Municipio unha vez terminada a Exposición dedica-lo sollado a diferentes servicios locais «e Ó que a Corporación crese máis conveniente para os seus intereses» (29). Custou construilo a cantidade de 36.000 reais (30). O día 5 de agosto tería lugar no recén construido edificio consistorial pontevedrés a inauguración oficial da Exposición Rexional coa fanfarra usual daquela. A penas 48 horas antes as obras do moderno consistorio foran recibidas pola Corporación Municipal (31). Dos contidos que albergou a Casa Consistorial dá detallada información o xornalista Nicanor Rey, cronista que foi da Exposición por encargo de La Ilustración Gallega y Asturiana. Nun extenso artigo publicado por esta o 8 de setembro o escritor describe minuciosamente os diversos departamentos que compuñan a importante Mostra, dedicando especial atención ós locais reservados ás belas artes. Inda que numerosa a representación artística, a calidade que tiña o aH exposto non era moi elevada. Únicamente o traballo escultórico de Isidro Brocos houbo de merecer cálidos eloxios por parte do xornalista, quen xulgou con palabras igualmente favorables os debuxos presentados por Alejandro Rodríguez-Sesmero á sección de arquitectura representando un palacio ideal. Como digno de especial mención calificou Nicanor Rey o proxecto do mestre de obras, ó que definíu sen titubeos como hábil arquitecto e como persoa moi respetada polos entendidos e peritos (32). DETALLE DA CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA (Foto: Arquivo Fotográfico Xosé Fernández). 62 Terminada a Exposición de Pontevedra coa caída de agosto e desmantelado o edificio consistorial do que non lIe era propio, estaba a construcción de Rodríguez-Sesmero definitivamente en condicións de acubUla-las dependencias municipais. O 14 de setembro designou a autoridade local unha comisión formada por catro concelleiros con fin de que procedese a habilitar axeitadamente os modernos locais para escritorios e despachos, dándolle tamén atribucións para resolver todo o relativo á compra de moblaxe e ademáis aparellos e equipamentos de necesidade para o normal funcionamento da vida administrativa do Municipio. Era desexo do alcalde Mon y Landa poder utiliza-lo novo edificio a finais do mes de outubro (33). Tivo lugar o traslado das oficinas municipais da casa de Arias Teijeiro, inmoble que servira provisionalmente de sede ó Concello, á singular obra proxectada polo mestre de obras da cidade a comezos de novembro (34). E inda que efectuado o cambio tardou a Municipalidade en ~ alfaiar convenientemente o limpo edificio consistorial. Os elevados gastos a que obrigou a construcción resentiran a discreta facenda local. Se inicialmente o custe das obras se estimara en 75.000 pesetas, ó final o prezo do feito superaba as 240.000 pesetas. Unha ausencia significativa tratou de ser resolta de inmediato. A inexistencia de reloxio municipal animou a vontade dos edís pontevedreses desde ben cedo, inda que estes non haberán de acordar formalmente a súa colocación na fachada da Casa Consistorial ata xuño de 1881 (35). Vendido o 6 de novembro de 1879 o antigo reloxio propiedade do Concello por 1.500 reais (36) por ser vello e impropio do moderno edificio; houbo de iniciar xestións a Alcaldía ~o­ para comprar un novo que viñera na súa sustitución. Quedo~ misionado o reloxeiro municipal Manuel Constenla para adquln-Io que crera máis conveniente e axeitado sempre que o seu prezo non superara as 2.500 pesetas. En febreiro de 1886 chegaba a Pontevedra desde París a modernísima maquinaria horaria comprada na capital francesa por Constenla (37). Acompañaba a este reloxio outro de destino incerto que inicialmente pensou en .colocarse na torre do Hospital, no número 9 da rúa de don Gonzalo, e que finalmente mudou o seu destino e terminou instalado nun dos campanarios da igrexa da Peregrina (38). A comezos do mes de marzo o reloxio municipal estaba xa en funcionamento (39). O tempo que os munícipes se interesaban polas negociacións levadas por Manuel Constenla en París para dar hora ó Concello, outras necesidades entretiveron a actividade dos concelleiros no tocante a ultima-lo acabado dos interiores da Casa Consistorial. A obra en ferro (columnas de fundición, enreixados, remates e adornos decorativos, etcétera) foi contratada a empresa viguesa de Antonio Sanjurjo Badía. Este afamado industrial natural de Sada (A Coruña) que fundara en 1860, con capitais conseguidos durante a súa emigración en Cuba, a casa chamada «La Industriosa», proporcionou a totalidade do ferro decorativo que necesitou o Conce110 pontevedrés. A súa empresa débense igualmente boa parte das galerías domésticas de ferro da poboación. A colaboración entre Rodríguez-Sesmero e Sanjurjo acabará definindo toda unha etapa arquitectónica da cidade do Lérez e a súa paisaxe urbana durante moitos anos. Ademáis de atender a singulares traballos en ferro como o enreixado do estrado do salón de sesións (40), tivo a Alcaldía que supervisar outros proxectos como o de decoración do seu despacho. En xullo de 1884 e «aproveitando a boa conxuntura de encontrarse na cidade o pintor Nicolás Soto» (41), encomendouse a este o labor baixo a supervisión do concelleiro Buceta Solla. Curiosamente as últimas obras de acondicionamento e amoblamento interior do edificio municipal pontevedrés, virían a coincidir no tempo co abandono do emprego de mestre de obras da cidade por Rodríguez-Sesmero, quen con inusual constancia demostrara durante os anos que durou a construcción da Casa Consistorial do Lérez, especialísimo cariño e atención pola importante empresa que lIe tocou en sorte dirixir, indo en todo momento na súa dedicación máis alá do que estaba obrigado polo seu cargo, o que habería de perxudicalo seriamente no desempeño liberal da súa profesión, ó non poder atender distintos encargos de particulares. Este feito moveu o seu ánimo en abril de 1878 para solicitar a Tesourería local un aumento das retribucións que percibía en concepto de soldo e en atención «a se-la obra da Casa Concel/o duradeira e moitos e graves os trabal/os que proceden para o bo orde da empresa e importante a vixilancia que ha de facerse e que non permite atender como sería de necesidade a outros asuntos» (42). A iniciativa que despertou opinións contrarias acabou finalmente arquivada ó non haber acordo entre os concelleiros da Corporación. Mentres algúns edís propuñan como premio «por ver adoito ó arquitecto dirixindo persoalmente os distintos trabal/os e por confeccionar el mesmo os patróns» (43) un sobresoldo de 75 pesetas mensuais, edís como Celestino Requena e Sebastián Mariño fixeron ouvi-Ias súas voces en contra argumentando que «se o facultativo facía os patróns era porque el se impuxera esa obrigación» (44). Crían ademáis que de haber algunha gratificación esta debería ser acordada únicamente pola comisión encargada de vixia-Ia construcción da Casa Consistorial e en todo caso ó remata-las obras. Que o aumento de soldo pedido no seu día por RodríguezSesmero non prosperara non significaba en absoluto que os munícipes estiveran descontentos co trabal lo deste. Pola contra era unánime o aprecio e a consideración que o mestre de obras tiña dentro da Corporación polo menos ata daquela. Así o demostra unha proposta firmada pola totalidade dos concelleiros o 24 de xuño de 1879 e redactada polo alcalde Ramón Vázquez Garza na que se pedía ó Estado que concedese ó facultativo algunha das medallas anuais ás belas artes en recoñecemento ós importantes servicios prestados por este ó Municipio. Dicía o escrito: «Os concel/eiros do Concel/o de Pontevedra tendo en conta os grandes trabal/os que veñen pesando sobre o arquitecto municipal desde a súa toma de posesión empezando polo levantamento do plano da Casa Concel/o, o do cemiterio, as diferentes obras de rúas e demáis que foron levadas a cabo, os trabal/os extraordinarios que l/e foron encomendados cando a vinda de S.M. EI-Rei a este pobo, a redobrada vixilancia e o valor artístico despregado nas dúas monumentais obras que se encontran en construcción e que honran a este funcionario e o plano e memoria descriptiva do proxecto de nova feira que acaba de presentar, entenden que é digno dito funcionario dunha recompensa en analoxía coa laboriosidade e mérito da súa obra. Mais como a precaria situación do Municipio non permite premiar dignamente ditos servicios por agora consideran os expoñentes que pode concedérselle unha mención honorífica das destinadas a recompensar servicios artísticos e laboriosidade e constancia no traballo» (45). En resposta a esta petición o Ministerio de Fomento concedeu por Real Decreto de data 27 de novembro de 1880 a Cruz da Real e Distinguida Orde de Carlos 111 a Rodríguez-Sesmero. Coñecida a noticia a Corporación que se consideraba en débeda co mestre de obras «ó non ter podido concederlle as recompensas de que era acredor por non permitilo o pouco satisfactorio estado da facenda local» (46), decidíu custea-Ios gastos correspondentes de obtención da medalla e diploma acreditativos de tan elevada distinción e que foron estimados en 3.000 reais (47). Ninguén suporía daquela que tan só sete anos despois as cordiais relacións entre Rodríguez-Sesmero e o Concello desaparecerían. O desexo municipal de contratar para o posto de director das obras do Conce110 a un arquitecto titulado terminou por provoca-la dimisión do vallisoletano logo de once anos de bo exercicio profesional ó servicio dos intereses materiais de Pontevedra (48). O edificio consistorial de Pontevedra de elegante e refinado eclecticismo con detalles ocasionais rococó, e no que o profesor Navascués víu un lonxano influxo francés, perceptible especialmente no deseño dos ordes, e nos elementos colgantes case Luis XV que penden dos capiteis (49), servirá de referente próximo para dúas obras importantes levantadas na provincia a finais do XIX: a Casa Consistorial de Vilagarcía de Arousa proxectada en 1886 por Domingo Rodríguez Sesmero, pai do autor do edificio consistorial do Lérez, e o teatro Rosalía de Castro de Vigo debuxado por este e por Alejandro Rodríguez-Sesmero, e construido entre os anos 1881 e 1890. As referencias formais e compositivas cercanas destes dous edificios co Consistorio pontevedrés evidencian o éxito da solución defendida por Rodríguez-Sesmero en 1876, toda vez que como arquitecturas públicas que son asimilan con igual facilidade a serie de recu rsos-reclamos de caracterización usados polo mestre de obras en Pontevedra co fin de imprimir severidade burocrático-representativa a un contenedor destinado a actuar de fito urbano importante e de forte contido simbólico-político. 63 NOTAS: (1) GARCíA ALEN, C.: «Arquitectura civil de Pontevedra» en Museo de Pontevedra, n. o 10. Pontevedra, 1956, pp. 98-99. (2) A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 30 maio 1875. (3) Ibidem, sesión 22 xuño 1875. (4) Ibidem, sesión 5 decembro 1876. (5) Ibidem. (6) Vid. SA BRAVO, H. de: «Las palmeras y la alameda» en Estampas pontevedresas. Pontevedra, 1990, pp. 173-177. (7) A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 19 decembro 1876. (8) Ibidem, sesión 28 decembro 1876. (9) El Telegrama, 4 decembro 1875. (10) ÁLVAREZ BLANQUEZ, J. M.: La ciudad y los días. Vigo, 1960, p. 15. (11) Sobre este edificio desaparecido en 1894. Vid. GARCíA ALEN, C.: Art. cit., pp. 101-103. (12) Vid. nota 7. (13) A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 18 marzo 1877. (14) Ibidem, sesión 2 outubro 1877. (15) Foron taxados polos munícipes pontevedreses os materiais da torre ameada chamada «Bastida Grande» e os da casa do presbítero Moraña o 31 de xaneiro de 1877 en 17.000 reais. (16) A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 25 xuño 1879. (17) Ibidem, sesión 9 setembro 1879. (18) Ibidem, sesión 17 febreiro 1881. (19) La Ilustración Gallega y Asturiana, 30 marzo 1879. (20) Ibidem. (21) Ibidem, 10 xuño 1879. (22) Ibidem, 10 agosto 1879. En novembro deste ano Rodríguez-Sesmero obsequiou ó alcalde pontevedrés Alejandro Mon y Landa con dúas fotografías da Casa Consistorial feitas durante a construcción da obra nas que podía verse o edificio sen terminar. Serían estas de enorme interese documental de terse conservado. (A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 2 novembro 1879). (23) A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 25 xuño 1879. (24) La Ilustración Gallega y Asturiana, 10 xullo 1879. (25) (26) (27) (28) (29) (30) (31) (32) (33) (34) (35) (36) (37) (38) (39) (40) (41) (42) (43) (44) (45) (46) (47) (48) (49) Ibidem. Ibidem. 8 xaneiro 1880. Ibidem. 8 xuño 1880. Era autor do gravado o colaborador artístico de La Ilustración Gallega y Asturiana, Federico Guisasola. A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 18 abril 1880. La Ilustración Gallega y Asturiana, 8 maio 1880. A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 3 agosto 1880. La Ilustración Gallega y Asturiana: 8 setembro 1880. A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 14 setembro 1880. Ibidem, sesión 31 outubro 1880. Ibidem, sesión 7 xuño 1881. La Ilustración Gallega y Asturiana, 10 novembro 1879. El Telegrama, 15 febreiro 1886. Con data de 3 de xaneiro procedíase ó envío (La Voz de Galicia, 3 xaneiro 1886). Ibidem, 23 febreiro 1886. Ibidem, 3 marzo 1886. A.H.M.PO. Actas Municipais, sesión 2 abril 1884. Ibidem, sesión 23 xullo 1884. Ibidem, sesión 25 abril 1878. Ibidem. Ibidem. Ibidem, sesión 24 xuño 1879. Ibidem, sesión 26 decembro 1880. Ibidem, sesión 20 febreiro 1881. Ibidem, sesións 10 e 24 xullo 1887. Vid. tamén Crónica de Pontevedra, 15 xullo 1887. NAVASCUÉS PALACIO, P.: La arquitectura gallega del siglo XIX. A Coruña, 1984, p. 16. Este tipo de orde será utilizado novamente por Alejandro Rodríguez-Sesmero, en 1882, cando en compañía do seu pai, proxecte a Deputación Provincial de Pontevedra. Naquela primeira proposta, que finalmente non chegará a realizarse, utilizará o municipal de Pontevedra, na fachada posterior do edificio, unha solución de orde idéntica, e que denominará «xónica florida». CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA (Foto Arquivo Fotográfico Xosé Fernández). 64