Portal:Segunda Guerra Mundial
Segunda Guerra Mundial
editar A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.
Artigo destacado
A batalla de Iwo Jima, denominada en clave «Operación Detachment», é o nome que recibe un dos combates máis sanguentos da Segunda Guerra Mundial, librado na illa de Iwo Jima entre as forzas do exército estadounidense e as do Imperio do Xapón de febreiro a marzo de 1945, durante a Guerra do Pacífico (1937-1945).
Ao final dos combates, os estadounidenses lograron conquistar a illa e controlar os seus importantes campos de aviación, aínda que, durante a cruenta batalla, atopáronse cunha resistencia extrema dos xaponeses, resistencia que supuxo a morte da maioría dos seus combatentes. No cumio do monte Suribachi da illa, aos poucos días do inicio dos combates, o xornalista Joe Rosenthal tomou unha das imaxes máis difundidas da Segunda Guerra Mundial, titulada Raising the Flag on Iwo Jima, galardoada co premio Pulitzer, na que se observa a varios soldados poñendo o mastro co que erixiron a bandeira estadounidense naquel lugar. Imaxe destacada
Muller traballando nunha fábrica en Fort Worth, Texas. Durante o conflito foi unha constante entre os aliados a incorporación de mulleres ás fábricas, en substitución dos homes que loitaban na guerra. Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (7) Artigos bos (4) Personalidade destacada
George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel (California) o 11 de novembro de 1885 e finado en Heidelberg (Alemaña) o 21 de decembro de 1945, coñecido tamén como o Xeneral Patton, foi un oficial do exército dos Estados Unidos. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións de Europa e do Mediterráneo durante a Segunda Guerra Mundial, aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en Francia e Alemaña trala invasión de Normandía por parte dos Aliados en xuño de 1944.
Sabías que...
Categorías
Contido relacionado
|