Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Arte contemporánea

arte da actualidade comezando con Arte Pop e Arte Conceptual

A arte contemporánea refírese tanto ás artes visuais practicadas hoxe en día como á arte feita dende os anos 60 ata o Século XXI. A Arte Contemporánea pode verse como unha Arte posmoderna ou arte que está en contra do Modernismo. Aínda así, o termo posmodernismo pode referirse ó tempo comprendido dende os anos 60 ata hoxe e á arte feita hoxe en día, debido a que moitos artistas seguen a traballar no eido do Modernismo. Nestas últimas décadas, o “contemporáneo” converteuse no termo preferido, sendo no século XXI as Galerías de Arte Contemporánea as que traballan a prol das novas artes.[1]

Características

editar

O termo arte contemporánea engloba unha grande diversidade de estilos e enfoques. Inclúe prácticas como o arte conceptual o minimalismo e moitos outros. Os artistas contemporáneos exploran unha ampla gama de temas e medios, incluíndo novas tecnoloxías e formatos. Tamén se caracteriza pola súa relación coa sociedade actual e os temas culturais, políticos etc., moitas veces tratados con humor e ironía.[2][3]

  1. Donald Kuspit (2004). The End of Art. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-83252-6. 
  2. Art in theory, 1900-2000 : an anthology of changing ideas. Malden, MA : Blackwell Pub. 2003. ISBN 978-0-631-22707-6. 
  3. Tate. "Contemporary art". Tate (en inglés). Consultado o 2024-08-29. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar