Caelum
Aparencia
Caelum | |
---|---|
Nome latino | Caelum |
Abreviatura | Cae |
Xenitivo | Caeli |
Simboloxía | O cicel |
Ascensión recta | 5 h |
Declinación | −40° |
Área | 125 graos cadrados
Rango 81º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Cae
(magnitude ap. 4.45) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +40° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xaneiro | |
Caelum ou Buril[1] é unha constelación menor do hemisferio sur, introducida por Nicolas Louis de Lacaille que se atopa entre Columba e Eridanus. Representa un cicel, instrumento para traballar metais, pedra e outros materiais.
Caelum é unha constelación de pouca relevancia, sen ningunha estrela por riba da cuarta magnitude. É a oitava constelación máis pequena do firmamento, cunha área lixeiramente inferior á da Corona Australis. Ten pouco que ofrecer para o astrónomo afeccionado, pódese destacar γ Caeli, binaria óptica que se pode ver cun pequeno telescopio.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Caeli, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,44 é unha estrela binaria formada por unha estrela branco-amarela e unha feble anana vermella de magnitude 12,5. Ambas compoñentes están separadas 6 segundos de arco.
- β Caeli, estrela branco-amarela de magnitude 5,04 de características moi similares á compoñente máis brillante de α Caeli.
- γ Caeli, denominación compartida por dúas estrelas distintas. γ1 Caeli, de magnitude 4,55 e é a segunda estrela máis brillante da constelación, e tamén é unha xigante laranxa a 185 anos luz. γ2 Caeli, tamén chamada X Caeli, é unha estrela variable Delta Scuti que se atopa a 334 anos luz.
- RV Caeli, xigante vermella e variable irregular cun brillo que oscila entre magnitude 6,44 e 6,56.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 1679. AR: 04h 50m 00.0s Dec: -31°59'00" (Época 2000). Galaxia espiral, dous graos ó sur de ζ Caeli.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caelum |