Florencia
Firenze (it) | |||||
Alcume | Florence | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Toscana | ||||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Florença (pt) | ||||
Capital de | Toscana Signoria de Florença (pt) República de Florencia (1115–1532) Ducado de Florencia (1532–1569) Gran Ducado de Toscana (1569–1860) Reino de Etruria (1801–1807) Arno (en) (1808–1814) Reino de Italia (1865–1871) Provincia de Florencia (–2014) Cidade metropolitana de Florença (pt) (2015–) | ||||
Contén a división administrativa | Quartiere 1 - Centro Histórico de Florença (pt) borough 2 (en) borough 3 (en) borough 4 (en) borough 5 (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 360.930 (2023) (3.527,46 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 102,32 km² | ||||
Bañado por | Río Arno | ||||
Altitude | 50 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Xoán o Bautista | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | municipal executive board of Florence (en) | ||||
• Alcalde | Dario Nardella (pt) (2014–) | ||||
Órgano lexislativo | Florence City Council (en) Circunscrición: sen valor, (Escano: 36) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50100 e 50121–50145 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 055 | ||||
Código NUTS | ITE14 | ||||
Identificador ISTAT | 048017 | ||||
Código catastral italiano | D612 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.fi.it | ||||
Florencia[1] (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 360.364 habitantes,[2] e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.
Na Idade Media foi un centro artístico, cultural, comercial, político, económico e financeiro moi importante;[3] na idade moderna ocupou o papel de capital do Gran Ducado de Toscana desde 1569 ata 1859 que, co goberno das familias Medici e Lorena, converteuse nun dos estados máis ricos e modernos de Italia. As diversas vicisitudes políticas, o poder financeiro e mercantil e as influencias en todos os campos da cultura fixeron da cidade un cruce fundamental da historia italiana e europea. En 1865, Florencia foi proclamada capital do Reino de Italia, mantendo esta condición ata 1871, ano que marca o final do Risorgimento e o paso da capital a Roma.
O centro universitario (Patrimonio da Humanidade da UNESCO, o centro histórico, desde 1982), é considerado o lugar de orixe do Renacemento. En 1986 foi nomeada Capital Europea da Cultura.
É universalmente recoñecida como unha das capitais mundiais da arte e da arquitectura, así como un destino turístico internacional moi visitado, grazas aos seus numerosos monumentos e museos. De inestimable valor son os legados artísticos, literarios e científicos dalgúns dos seus ilustres cidadáns, como Dante, Petrarca ou Boccaccio no ámbito literario; Giotto, Brunelleschi, Donatello, Botticelli, Leonardo da Vinci e Miguel Anxo nas artes figurativas; Lourenzo de Medici e Maquiavelo en ciencia política; Amerigo Vespucci e Galileo Galilei nas ciencias xeográficas, astronómicas e físicas.
Predecesor: Atenas |
Capital Europea da cultura 1986 |
Sucesor: Ámsterdan |
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para florentino.
- ↑ "Saldo demográfico mensual do ano 2023". demo.istat.it. Consultado o 2023.
- ↑ "Economy of Renaissance Florence, Richard A. Goldthwaite, Book – Barnes & Noble". barnesandnoble.com. Arquivado dende o orixinal o 2010. Consultado o 2009.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Florencia |