Montederramo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Montederramo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 688 (2023) (5,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 135,57 km² | ||||
Altitude | 904 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Óscar Diéguez González (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Montederramo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32049 | ||||
Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 722 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,08%.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 722 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 15 (2.08 %) |
Entre 15 e 64 anos | 382 (52.91 %) |
Maiores de 65 anos | 325 (45.01 %) |
Evolución da poboación de Montederramo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.076 | 3.795 | 3.443 | 2.047 | 1.130 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]Na parroquia de Santa María atópase o mosteiro de Santa María de Montederramo. Trátase dun mosteiro medieval posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social durante moitos anos en Galicia. Na actualidade o seu templo é un dos mellores exemplos do estilo arquitectónico herreriano.
Montederramo na cultura popular
[editar | editar a fonte]Conta a lenda que San Mamede era un ermitán que vivía no alto da serra que, co tempo, tomaría o seu nome. Alí levantou unha ermida. hoxe derruída, utilizando para traer a pedra un carro no que xunguía dous corzos que tiña amestrados. Pero o caso é que dunha volta veu un lobo e comeulle un dos corzos. Como castigo, San Mamede xunguiu o lobo co outro corzo e tivo que turrar do carro ata rematar a construción da capela [1].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Montederramo.
-
Ponte romana en Vilariño Frío.
-
Claustro reglar do Mosteiro.
-
Claustro da portería do Mosteiro.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares de Montederramo
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Montederramo vexa: Lugares de Montederramo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montederramo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |