Pazo de Sensat
Pazo de Sensat | |
---|---|
Concello | Alcabre, Vigo |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°13′21″N 8°45′47″O / 42.222388888889, -8.7630833333333 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (século XIX, aínda que houbo un edificio anterior non conservado) |
Estilo actual | (século XX remodelado para uso hostaleiro) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo de Sensat é un pazo situado na Avenida da Atlántida, na parroquia de Alcabre, no concello de Vigo á beira da praia de Carril. O edificio actual data dos anos 40 do século XX, aínda que unha parte data de comezos do século XIX, e onde houbo un pazo anterior do que practicamente non se conservan restos. No entanto, o edificio actual aínda mantén elementos característicos dos pazos galegos, supondo o seu maior atractivo, a colección de 101 brasóns heráldicos espallados polos xardíns e muros ameados, a maior escolma de escudos nobiliarios existente en Galiza. Á beira do pazo está a nova igrexa de Santa Baia, finalizada no ano 1999. O pazo, malia ser relativamente novo, constitúe arquitectonicamente, unha obra senlleira[1].
Dende o ano 2005 o edificio acolle un hotel de cinco estrelas que leva o nome de Pazo Los Escudos.[2] O establecemento consta de 54 cuartos distribuídos en tres edificios, un deles o antigo pazo de principios do século XIX[3].
O edificio principal
[editar | editar a fonte]Conforman o corpo principal do pazo unha edificación en granito, de planta rectangular e dous andares contigua a unha torre en tres alturas e planta cadrada. A fachada atópase profusamente enfeitada con gran cantidade de baixorrelevos representando escenas relixiosas e cunchas de vieira.
O interior caracterízase por unha grande escaleira central feita en madeira e a ampla lareira en pedra. Conserva, ademais, restos do antigo pozo, cortes e unha mesa de pedra baixo o soportal porticado do xardín.
O xardín
[editar | editar a fonte]Arrodeado cun muro ameado, conta con diferentes fontes, pequenos conxuntos escultóricos e un pombal granítico de planta circular que mantén a mesma decoración que a fachada do edificio principal, cun tellado rematado cunha esfera de granito.
Os escudos
[editar | editar a fonte]Entre a numerosa colección, con algúns escudos do século XV, existente salientan:
- Arco heráldico: conxunto pétreo formado por un arco de medio punto cuxas setes doelas conteñen os escudos de armas das familias nobre galegas: García, Ribeira, Lousada, Ozores, Ribadeneira, Quiroga, Valcárcel, Bolaño, Sarmiento, Lemos, Soutomaior, Saavedra e Somoza.
- Vila de Padrón: labra que amosa a lenda do traslado do corpo do apóstolo Santiago a Compostela. Aos lados atópanse dous leóns en baixorrelevo, un reloxo de sol e unha fonte co cano de pedra e rostro humano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Información sobre Alcabre na Web do Concello de Vigo - http://hoxe.vigo.org/conecenos/pr_alcabre.php?lang=cas
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2014. Consultado o 07 de abril de 2014.
- ↑ Nova sobre a apertura do hotel en 2005 en La Voz de Galicia - http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/28/3504566.shtml Arquivado 09 de abril de 2014 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.pazolosescudos.com/ Web do establecemento hostaleiro