Aleksandr Pushkin
(1827) | |
Nome orixinal | (ru) Александр Сергеевич Пушкин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de maio de 1799 (Xuliano) Moscova, Rusia |
Morte | 29 de xaneiro de 1837 (Xuliano) (37 anos) San Petersburgo, Rusia |
Causa da morte | homicidio duelo, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Svyatogorsky Monastery (en) |
Member of Filiki Etería (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Bolshoye Boldino (en) (1833 (Xuliano)–) Yazykov Estate Park, Yazykovo (en) (1833 (Xuliano)–1833 (Xuliano)) Oremburgo (pt) (1833 (Xuliano)–) Ulianovsk (1833 (Xuliano)–1833 (Xuliano)) Kazán (–1833 (Xuliano)) Moscova (1833 (Xuliano)–1833 (Xuliano)) Moscova (–1829 (Xuliano)) Odesa (1823–1824) Simferópol (1820–1820) Chișinău (1820–1823) Penza (pt) Saratov Ulianovsk Ulianovsk San Petersburgo Yaropolets (en) Yazykov Estate Park, Yazykovo (en) Nizhnii Novgorod Layış (pt) San Petersburgo |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Liceo de Tsarskoye Selo (1811–1817) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencia histórica, dramaturxia, tradución e crítica |
Ocupación | poeta, escritor, xornalista de opinión, coleccionador de livros (pt) , escritor de literatura infantil, ensaísta, dramaturgo, duelista, libretista, historiador, prosista, novelista, dramaturgo, tradutor, crítico literario, autor |
Período de actividade | 1814 - 1837 |
Membro de | |
Xénero artístico | poesía, teatro, novela |
Movemento | Romanticismo |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Александр НКШП P., Ст. Арз. (Старый Арзамасец) Феофилакт Косичкин Иван Петрович Белкин А. Б. |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Natalia Pushkina |
Fillos | Maria Pushkina, Alexander Alexandrovich Pushkin, Grigory Aleksandrovich Pushkin, Natália Alexandrovna Pushkina |
Pais | Sergey Pushkin e Nadezhda Pushkina |
Irmáns | Olga Pavlischeva Lev Sergeyevich Pushkin |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:21 : Проба — Ременсы, sec:Пушкин Александр Сергеевич, p.246-250) Concise Literary Encyclopedia (en) , (vol:6, sec:Пушкин А.) Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , (vol:9, sec:Пушкин А. С.), |
|
Aleksandr Sergeevich Pushkin, (en ruso: Александр Сергеевич Пушкин), coñecido como Aleksandr Pushkin (ás veces transcrito ao galego como Alexander ou Alexandre Puxquin), nado en Moscova o 26 de maio de 1799 e finado en San Petersburgo o 29 de xaneiro de 1837, foi un poeta, dramaturgo e novelista ruso,da era do romanticismo[1] É considerado por moitos como o máis grande poeta ruso[2][3][4] e o fundador da literatura rusa moderna.[5][6]
Pushkin naceu na nobreza rusa en Moscova.[7] O seu pai, Serguéi Lvovich Pushkin, pertencía a unha antiga familia nobre. O seu bisavó materno era o xeneral de división Abram Petrovich Gannibal, un nobre de orixe africana que foi secuestrado da súa patria polos otománs. Foi liberado polo Emperador ruso e criado na casa da corte do Emperador como o seu afillado.
Publicou o seu primeiro poema á idade de 15 anos, e xa era amplamente recoñecido pola clase literaria cando se graduó no Liceo de Tsárskoye Selo. Ao graduarse no liceo, Pushkin recitou o seu polémico poema "Oda á liberdade", un dos varios que lle levaron ao exilio polo emperador Alexandre I. Mentres se atopaba baixo a estrita vixilancia da policía política do emperador e non podía publicar, Pushkin escribiu a súa obra de teatro máis famosa, Borís Godunov. A súa novela en verso Eugenio Oneguin publicouse por entregas entre 1825 e 1832. Pushkin foi ferido mortalmente nun duelo co suposto amante da súa esposa e marido da irmá desta, Georges-Charles de Heeckeren d'Anthès, tamén coñecido como Dantes-Gekkern, oficial francés ao servizo do rexemento da garda de cabaleiros.
Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e sátira, que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como Gogol, Dostoievski, Tolstoi, e Tiútchev, así como nos compositores rusos Chaikovskii e Musorgskii.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ascendencia
[editar | editar a fonte]Era fillo de Sergei Pushkin, descendente dunha das máis antigas familias da aristocracia rusa, cuxa historia se remonta ao século XII.[8] A nai de Pushkin, Nadezhda (Nadya) Ossipovna Gannibal (1775-1836), descendía a través da súa avoa paterna da nobreza alemá e da escandinava.[9][10] Era filla de Ossip Abramovich Gannibal (1744-1807) e da súa esposa, Maria Alekseyevna Pushkina (1745-1818).
O pai de Ossip Abramovich Gannibal, bisavó de Pushkin, era Abram Petrovich Gannibal (1696-1781), un paxe africano secuestrado en Constantinopla como agasallo para o sultán otomán e trasladado posteriormente a Rusia como obsequio para Pedro o Grande. Abram escribiu nunha carta á emperatriz Isabel, filla de Pedro o Grande, que Gannibal era da cidade de "Lagon". Baseándose en gran parte nunha biografía mítica do xenro de Gannibal, Rotkirkh, algúns historiadores chegaron á conclusión de que Gannibal nacera nun pobo chamado Geza-Lamza na provincia Seraye do reino Mdre Bahri na actual Eritrea.[11]
Vladimir Nabokov, ao investigar a novela Yevgueni Oneguin, puxo seriamente en dúbida esta teoría da orixe. As investigacións posteriores dos eruditos Dieudonné Gnammankou e Hugh Barnes acabaron por establecer de forma concluínte que Gannibal naceu en África Central, nunha zona ribeirega do lago Chad, no actual Camerún.[11][12] Tras formarse en Francia como enxeñeiro militar, Gannibal chegou a ser gobernador de Reval e finalmente xénéral en xefe (o terceiro rango máis alto do exército) a cargo da construción de fortes marítimos e canles en Rusia.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nado en Moscova, Pushkin foi confiado a aias e titores franceses, e falou principalmente francés ata os dez anos. Familiarizouse coa lingua rusa a través da comunicación cos servos da casa e da súa aia, Arina Rodionovna, á que quería moito e á que estaba máis unido que á súa propia nai.
A súa avoa materna inculcoulle dende pequeno o seu amor polos contos e a poesía popular rusa, en contraste co feito de que, como era habitual na aristocracia rusa, o idioma de uso cotián na súa familia era o francés. En consonancia, recibiu tamén dende moi novo unha ampla educación literaria baseada na literatura e lingua francesas. Lector incansable desde temperá idade, causaba asombro a súa facilidade para improvisar imitacións dos seus mestres, os franceses Molière, Voltaire e Evariste Parny, e os ingleses Byron e Shakespeare.
Xa no ano 1814 conseguiu publicar un texto na revista Le Messager de l’Europe, a epístola K drugu stijotvortzu (Ao amigo poeta). Esta gran paixón pola literatura fixo que se desleixase un pouco dos estudos, centrándose na lectura compulsiva da biblioteca de seu pai, de máis de 3000 exemplares.
Ao mesmo tempo, a casa paterna era escenario de faladoiros literarios, aos que acudían autores como Karamzin, Batiushkov ou Dmitriev, ao igual que o seu tío, o poeta Vasilii Lvovich Pushkin, que sería un dos grandes apoios de Aleksandr ao longo da súa carreira literaria.
Realizou os seus estudos entre 1811 e 1817 no Liceo Imperial de Tsarskoe Selo, preto de San Petersburgo, que co tempo pasaría a chamarse Liceo Pushkin na súa honra. Nesta época comezou a escribir o seu primeiro poema longo, Ruslán e Liudmila, publicado en 1820, co que rompeu coa liña poética oficial botando por terra os canons poéticos do neoclasicismo, desconcertando aos poetas oficiais e obtendo un gran triunfo entre os lectores. Un por un os poetas veteranos foron declarando a súa admiración: Derzhavin, Zhukovski...
Activismo social e político
[editar | editar a fonte]Tras rematar a súa formación académica instalouse na capital, San Petersburgo, entrando a formar parte da vibrante e áspera cultura da mocidade intelectual da capital, onde o seu talento xa era amplamente recoñecido. En 1820 entrou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores, onde pouco a pouco se foi involucrando nos movementos de reforma social, escribindo algúns poemas sediciosos como a Oda á liberdade, que estivo a piques de custarlle o desterro a Siberia. En troques, acabou desterrado en Ekaterinoslav (actual Dnipro) ao servizo do xeneral Inzov.
Na cidade ucraína enfermou de febres, polo que foi acollido pola familia do xeneral Nikolai Raevskii, coa que viaxou entre 1820 e 1821 polo Cáucaso e Crimea. As paisaxes e xentes do Cáucaso impresionaron ao poeta; alí compuxo o poema romántico Kavkazskiy plennik (O prisioneiro do Cáucaso, entre 1820 e 1821. Este último ano, e sempre ao servizo de Ínzov, trasladouse a Chișinău, capital de Besarabia, permanecendo alí de 1820 a 1823; alí escribiu os poemas Gavriiliada (A saga de Gabriel), 1821, Bratya razboyniki (Os irmáns bandoleiros), 1822, inspirado en Schiller, Bakhchisaraysky fontan (A fonte de Bajchi Sarai), 1823, ambientado no último Khanato de Crimea, e as poesías A daga, A guerra e Eleutheria. Tamén neses lugares iniciou, en maio de 1823, a súa obra cume, a novela en verso Yevgeny Onegin. En Chişinăou ingresou na loxa masónica Ovidio, pero a súa vida disoluta, as esmorgas, correrías, amoríos, a paixón polos naipes e o xogo, dous duelos e a súa convivencia durante dous meses cunha tribo de xitanos esgotaron a paciencia de Ínzov e Pushkin foi enviado a Odesa ás ordes do xeneral Mijaíl Vorontsov.
Alí entrou de novo en conflito co goberno. A disciplina militar non se avenía co carácter do poeta e empezou a galantear á filla do xeneral. Parece que a ela non lle desagradaba, pero un maxistral epigrama sobre o carácter do xeneral Voronstov motivou o desterro e arresto domiciliario de Pushkin na leira do seu pai, Mijáilovskoye, provincia de Pskov, de 1824 a 1826. Despediuse de Odesa co seu poema Ao mar, de 1824.
En Mijáilovskoye, aldea do Óblast de Pskov, tras a reprimenda paterna e acollido pola súa amada aia, Arina Rodiónovna, Pushkin compuxo seis capítulos de Yevgeny Onegin, o drama histórico Borís Godunov 1825 sobre a traxedia do tsar Boris Godunov, o poema Graf Nulin (O conde Nulin), publicado en 1825 e o poema Tsygany (Os xitanos), publicado en 1827.
Entón estalou a rebelión dos decembristas, e o duro castigo inflixido aos seus membros, case todos poetas e amigos de Pushkin, afectoulle profundamente. Estes eran os chamados poetas decembristas ou pléiade decembrista, un grupo de poetas románticos xurdidos á sombra da sublevación do 14 de decembro de 1825, instigada pola ilegal Sociedade do Norte constituída en San Petersburgo entre 1821 e 1825; de orixe aristocrática, partícipes ou simpatizantes do movemento dos decembristas, a maioría sufriron traballos forzados ou deportación a Siberia; foron vates das liberdades individuais e cívicas na poesía rusa do Romanticismo, como Kondrati Ryléyev, Wilhelm Küchelbecker, Aleksandr Odóyevski, Vladímir Rayevski, Aleksandr Bestúzhev, etcétera.
Con todo, permitíuselle visitar o tsar Nicolao I para expoñer unha petición de liberación, que conseguiu e, aínda que aparentemente Pushkin non participara na rebelión de decembro de 1825 en San Petersburgo, algúns dos insurxentes tiñan entre os seus papeis os seus primeiros poemas políticos, polo que pronto se viu baixo un estrito control por parte dos censores do goberno e impedíuselle viaxar e publicar libremente. A obra que se convertería na máis famosa da súa carreira, o drama Borís Godunov, escrita mentres residía na facenda materna, non obtivo o permiso de publicación ata cinco anos despois.
Madurez
[editar | editar a fonte]Á morte do tsar Alexandre I sucédelle Nicolao I, que toma baixo a súa protección ao escritor permitíndolle regresar a Moscova. En 1826 regresou a Moscova e en 1829 foi recibido polo tsar Nicolao I, quen decidiu persoalmente ser o censor das obras de Pushkin. Para entón os seus escritos editábanse en tiradas enormes e o poeta cobraba uns honorarios moi substanciosos, chegándoselle a pagar 10 rublos por cada estrofa de Yevgueni Oneguin, suma realmente fabulosa. En 1829 regresou ao seu querido Cáucaso e recolleu as súas impresións en Puteshestvie v Arzrum (Viaxe a Arzerum) 1835. Desa época data Poltava (1828-1829), poema dedicado a enxalzar a gloria de Pedro o Grande na batalla de Poltava. Escribe entón Os relatos de Belkin (Повести покойного Ивана Петровича Белкина - Póvesty pokóynogo Ivana Petróvicha Bélkina) (1830) que describen a vida rusa.
Ao volver a Moscova en 1830 coñeceu a Natalia Goncharova, unha das mulleres máis belas da súa época. Retirouse á leira paterna en Bóldino, provincia de Nizhnii Novgorod. Bóldino foi un período máxico na súa obra —durante o outono de Bóldino escribiu a Istoriya sela Goryuhina (Historia da aldea Goriújino), precedente da sátira de Saltykov-Shchedrín, e As pequenas traxedias— Mozart e Salieri, O cabaleiro avaro, O convidado de pedra (versión do tema de Don Juan), Banquete durante a peste e A casiña en Kolomna en prosa. Outros oito capítulos de Yevgueni Oneguin e numerosas poesías líricas. casou con Natalia Goncharova en 1831 tras ser rexeitado unha primeira vez, en 1830. Ingresa o mesmo ano da súa voda, 1831, na Chancilería de Asuntos Exteriores cun soldo especial de 5000 rublos.
En 1831 coñece a Nikolái Gógol con quen establecerá unha boa amizade establecéndose entre ambos unha relación de mutuo apoio. As historias cómicas de Gógol exerceron gran influencia na prosa de Pushkin, quen, tras ler os volumes de historias curtas Vecherá na jútore bliz Dikanki (Veladas nun caserío de Dikanka) publicados en 1831-32 apoiaríao críticamente e máis tarde, en 1836, tras lanzar a súa revista Sovreménnik ("O Contemporáneo") publicaría nela algunhas das narracións curtas máis famosas de Gógol.
Na década dos trinta compuxo Skazka o pope i o rabotnike ego Balbe (O conto do pope e o seu braceiro Baldá), 1830, os contos O tsar Saltán, 1831; Skazka o rybake y rybke (O conto do pescantín e o peixiño), 1833; Skazka o mertvoi tsarevne (O conto da princesa morta), 1833; Skazka o zolotom petushke (O conto do galiño de ouro), 1834... En 1832 inicia a súa novela en prosa Dubrovski, cuxo argumento discorre nun ambiente de pequenos terratenentes de provincias; Historia da revolta de Pugachov, 1834, acertada incursión na investigación histórica; a novela en prosa Kapitanskaya dochka (A filla do capitán), 1836, onde se describe tamén noveladamente o motín campesiño acaudillado por Pugachov, o poema Medny vsadnik(O cabaleiro de bronce), de 1833, dedicado á figura do tsar Pedro I, etcétera. Xa en 1833 é elixido membro da Academia Rusa.
Morte
[editar | editar a fonte]No outono de 1836, Pushkin estaba cada vez máis endebedado e enfrontábase a rumores escandalosos de que a súa esposa tiña unha aventura amorosa. O 4 de novembro, enviou un desafío a duelo a Georges d'Anthès, tamén coñecido como Dantes-Gekkern. Jacob van Heeckeren, pai adoptivo de d'Anthès, pediu que o duelo se atrasase dúas semanas. Grazas aos esforzos dos amigos do poeta, o duelo foi cancelado.
O 17 de novembro, d'Anthès declárase a Ekaterina, irmá de Natalia Goncharova. O matrimonio non resolveu o conflito. D'Anthès seguiu perseguindo a Natalia Goncharova en público, e circularon rumores de que d'Anthès casou coa irmá de Natalia só para salvar a súa reputación.
O 26 de xaneiro (7 de febreiro no calendario gregoriano) de 1837, Pushkin enviou unha "carta altamente insultante" a Gekkern. A única resposta a esa carta podía ser un desafío a duelo, como Pushkin sabía. Pushkin recibiu o desafío formal a un duelo a través da súa cuñada, Ekaterina Gekkerna, aprobado por d'Anthès, o mesmo día a través do agregado da embaixada francesa, o vizconde d'Archiac.
Pushkin pediu a Arthur Magenis, entón agregado ao Consulado Xeral Británico en San Petersburgo, que fose o seu segundo. Magenis non aceptou formalmente, pero o 26 de xaneiro (7 de febreiro) dirixiuse ao vizconde d'Archiac para tentar unha reconciliación; con todo, d'Archiac negouse a falar con el, xa que aínda non era oficialmente o segundo de Pushkin. Magenis, incapaz de atopar a Pushkin pola noite, envioulle unha carta a través dun mensaxeiro ás 2 da mañá, declinando ser o seu segundo, xa que a posibilidade dun acordo pacífico xa fora anulada, e a primeira tarefa tradicional do segundo era tentar unha reconciliación.[13][14]
O duelo a pistola con d'Anthès tivo lugar o 27 de xaneiro (8 de febreiro) no río Negro, sen a presenza dun segundo para Pushkin. O duelo que libraron foi do tipo coñecido como duelo de barreira.[n. 1] As regras deste tipo ditaban que os duelistas comezaban a unha distancia acordada. Tras o sinal de comezo, dirixíanse o un cara ao outro, acurtando a distancia. Podían disparar cando quixesen, pero o duelista que disparaba primeiro debía quedar quieto e esperar a que o outro lle devolvese o disparo cando quixese.[15]
D'Anthès disparou primeiro, ferindo gravemente a Pushkin; a bala entrou pola súa cadeira e penetrou no seu abdome. D'Anthès só foi ferido levemente o brazo dereito polo disparo de Pushkin. Dous días despois, o 29 de xaneiro (10 de febreiro) ás 14:45, Pushkin morreu de peritonite.
A pedimento da esposa de Pushkin, foi introducido no cadaleito en traxe de gala e non en uniforme de cadete de cámara, o uniforme proporcionado polo emperador. O servizo fúnebre foi asignado inicialmente á catedral de San Isaac, pero trasladouse á igrexa Konyushennaya. Asistiu moita xente. Tras o funeral, o féretro foi baixado ao soto, onde permaneceu ata o 3 de febreiro, cando foi trasladado á provincia de Pskov. Pushkin foi enterrado xunto á súa nai nos terreos do mosteiro de Svyatogorsky, na actual Pushkinskiye Gory, preto de Pskov. A súa última morada é agora un museo.
Descendentes
[editar | editar a fonte]Pushkin tivo catro fillos do seu matrimonio con Natalia: Maria (nada en 1832), Alexander (nado en 1833), Grigory (nado en 1835) e Natalia (nada en 1836), a última das cales casou morgánicamente co príncipe Nicolas Guillaume de Nassau da Casa de Nassau-Weilburg e concedéuselle o título de condesa de Merenberg. A súa filla Sophie casou co Gran Duque Michael Mikhailovich Románov, neto do emperador Nicholas I.
Só quedan as liñas de Alejandro e Natalia. A neta de Natalia, Nadejda, casou coa extensa familia real británica, o seu marido era tío do príncipe Filipe, duque de Edimburgo, e é a avoa do actual Marqués de Milford Haven.[16] Descendentes do poeta viven agora en todo o mundo, no Reino Unido, na República Checa, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo e os Estados Unidos.
Legado
[editar | editar a fonte]O 6 de xuño de 2009, Google celebrou o aniversario de Alexander Pushkin cun garabato.[17][18]
Literario
[editar | editar a fonte]A crítica considera moitas das súas obras obras mestras, como o poema Medny vsadnik (Медный всадник) (O xinete de bronce) e o drama Kamenny gost (Каменный гость) (O convidado de pedra), unha historia sobre a caída de Don Juan. O seu breve drama poético Motsart i Salyeri (Моцарт и Сальери) (Mozart e Salieri)) (do mesmo xeito que O convidado de pedra, unha das chamadas catro Pequenas traxedias, caracterización colectiva do propio Pushkin en carta de 1830 a Pyotr Pletnyov[19]) inspirouse na obra de Peter Shaffer Amadeus así como no libreto (case literal) da ópera de Rimsky-Korsakov Mozart e Salieri.
Pushkin tamén é coñecido polos seus relatos curtos. En particular, o seu ciclo Os contos do defunto Iván Petróvich Belkin, que inclúe "O disparo" (Выстрел) , tivo unha gran acollida. Segundo o teórico literario Kornelije Kvas,
"a lóxica narrativa e a verosimilitude do narrado, xunto coa precisión, concisión - economía da presentación da realidade - todo iso lógrase en Contos de Belkin, especialmente, e sobre todo no conto O xefe de estación. Pushkin é o proxenitor do longo e frutífero desenvolvemento da literatura realista rusa, pois logra alcanzar o ideal realista dunha presentación concisa da realidade".[20]
O propio Pushkin prefería a súa novela en verso Eugenio Oneguin, que escribiu ao longo da súa vida e que, iniciando unha tradición de grandes novelas rusas, segue a uns poucos personaxes centrais pero varía amplamente en ton e enfoque.
Onegin é unha obra de tal complexidade que, aínda que só ten un centenar de páxinas, o tradutor Vladimir Nabokov necesitou dous volumes completos de material para plasmar plenamente o seu significado en inglés. Debido a esta dificultade de tradución, os versos de Pushkin seguen sendo en gran medida descoñecidos para os lectores ingleses. Aínda así, Pushkin influíu profundamente en escritores occidentais como Henry James.[21] Pushkin escribiu "A raíña de picas" (en ruso: «Пиковая дама», Pikovaya dama), un relato curto frecuentemente antologado en tradución inglesa.
Música
[editar | editar a fonte]As obras de Pushkin tamén proporcionaron un terreo fértil aos compositores rusos. A ópera de Glinka Ruslan e Lyudmila de Glinka é a primeira ópera importante inspirada en Pushkin, e un fito na tradición da música rusa. As óperas de Chaikovskii Eugene Onegin] (1879) e A raiña de picas (Pikovaya Dama, 1890) foron quizais máis coñecidas fóra de Rusia que as obras homónimas de Pushkin.
A monumental Boris Godunov de Musorgskii (dúas versións, 1868–9 e 1871–2) sitúase como unha das óperas rusas máis fermosas e orixinais. Outras óperas rusas baseadas en Pushkin inclúen Rusalka e Kámenny gost (O convidado de pedra) de Dargomyzhski; Mozart e Salieri de Rimski-Korsakov, O conto do tsar Saltan, O galo de ouro e O prisioneiro do Cáucaso de Cui, Festa en tempos da peste, A filla do capitán e Mazeppa de Chaikovskii; as óperas en un acto de Rakhmáninov, Aleko (baseada en Os xitanos) e O cabaleiro avaro, Mavra de Stravinskii e Dubrovsky de Nápravník .
Ademais, compuxéronse ballets e cantatas, así como innumerables cancións, con versos de Pushkin (mesmo os seus poemas en francés "Caprice étrange", no ciclo de cancións de Isabelle Aboulker).. Tamén Suppé, Leoncavallo e Malipiero basearon óperas nas súas obras.[22] As compositoras Iudif Grigorevna Rozhavskaya, Galina Konstantinovna Smirnova, Ievgania Iosifovna Iakhina, Maria Semyonovna Zavalishina, Zinaida Petrovna Ziberova compuxeron cancións populares utilizando textos de Pushkin.[23]
O desexo de gloria, dedicado a Elizaveta Vorontsova, foi musicado por David Tukhmanov.
- (Vitold Petrovsky - El deseo de gloria no YouTube), así como Gárdame, talismán meu - de Alexander Barykin
- (Alexander Barykin - Keep Me, Mine Talisman no YouTube) e máis tarde por Tukhmanov.
Romanticismo
[editar | editar a fonte]Pushkin é considerado por moitos como o representante central do Romanticismo na literatura rusa, aínda que non foi coñecido inequivocamente como un romántico. Os críticos rusos argumentarón tradicionalmente que as súas obras representan un camiño desde o Neoclasicismo a través do Romanticismo até o Realismo. Unha valoración alternativa suxire que "tiña unha capacidade para entreter contrariedades que poden parecer románticas na súa orixe, pero que en última instancia son subversivas de todos os puntos de vista fixos, de todas as perspectivas únicas, incluída a romántica" e que "é simultaneamente romántico e non romántico".[1]
Literatura rusa
[editar | editar a fonte]A Pushkin adoita atribuírselle o desenvolvemento da literatura rusa. Considérase que orixinou o nivel de linguaxe moi matizado que caracteriza a literatura rusa despois del, e tamén se lle atribúe que aumentou substancialmente o léxico ruso. Sempre que atopaba lagoas no vocabulario ruso, ideaba calcos. O seu rico vocabulario e o seu estilo altamente sensible son a base da literatura rusa moderna. Os seus logros estableceron novas marcas no desenvolvemento da lingua e cultura rusas. Converteuse no pai da literatura rusa no século XIX, marcando os logros máis altos do século XVIII e o comezo do proceso literario do século XIX. Introduciu en Rusia todos os xéneros literarios europeos, así como a un gran número de escritores da Europa occidental. Achegou a fala natural e as influencias estranxeiras para crear a moderna poética rusa. Aínda que a súa vida foi breve, deixou exemplos de case todos os xéneros literarios da súa época: a poesía lírica, a poesía narrativa, a novela, o conto, o drama, o ensaio crítico e mesmo a carta persoal.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- 1820: Ruslan i Lyudmila (Руслан и Людмила). Tradución ao galego: Ruslán e Ludmila.
- 1820-1821: Kavkazskiy plennik (Кавказский пленник). Tradución ao galego: O prisioneiro do Cáucaso.
- 1821: Gavriiliada (Гавриилиада). Tradución ao galego: A saga de Gabriel.
- 1921-1822: Bratya razboyniki (Братья разбойники). Tradución ao galego: Os irmáns ladróns.
- 1923: Bakhchisaraysky fontan (Бахчисарайский фонтан). Tradución ao galego: A fonte de Bajchi Sarai.
- 1824: Tsygany (Цыганы). Tradución ao galego: Os xitanos.
- 1825: Graf Nulin (Граф Нулин). Tradución ao galego: O conde Nulin.
- 1829: Poltava (Полтава). Tradución ao galego: Poltava
- 1830: Domik v Kolomne (Домик в Коломне). Tradución ao galego: A casiña en Kolomna.
- 1833: Andjelo (Анджело).
- 1833: Medny vsadnik (Медный всадник). Tradución ao galego: O xinete de bronce
Novela en verso
[editar | editar a fonte]Drama
[editar | editar a fonte]- 1825: Boris Godunov (Борис Годунов). Tradución ao galego: Boris Godunov
- 1830: Malenkie tragedii (Маленькие трагедии). Tradución ao galego: Pequenas traxedias
- Kamenny gost (Каменный гость). Tradución ao galego: O convidado de pedra
- Motsart i Salyeri (Моцарт и Сальери). Tradución ao galego: Mozart e Salieri
- Skupoy rytsar (Скупой рыцарь). Tradución ao galego: O cabaleiro avarento
- Pir vo vremya chumy (Пир во время чумы). Tradución ao galego: O festín durante a peste
Prosa
[editar | editar a fonte]- 1828: Arap Petra Velikogo (Арап Петра Великого). Tradución ao galego: O mouro de Pedro o Grande
- 1831: Povesti pokoynogo Ivana Petrovicha Belkina (Повести покойного Ивана Петровича Белкина). Tradución ao galego: Relatos do defunto Iván Petrovich Belkin
- Vystrel (Выстрел). Tradución ao galego: O disparo
- Metel (Метель). Tradución ao galego: A xistra
- Grobovschik (Гробовщик). Tradución ao galego: O fabricante de cadaleitos
- Stanzionny smotritel (Станционный смотритель). Tradución ao galego: O revisor da estación
- Baryshnya-krestyanka (Барышня-крестьянка). Tradución ao galego: A labrega señorita
- 1834: Pikovaya dama (Пиковая дама). Tradución ao galego: A dama de picas
- 1834: Kirdzhali (Кирджали).
- 1834: Istoriya Pugacheva (История Пугачева). Tradución ao galego: A historia de Pugachev
- 1836: Kapitanskaya dochka (Капитанская дочка). Tradución ao galego: A filliña do capitán
- 1836: Puteshestvie v Arzrum (Путешествие в Арзрум). Tradución ao galego: Viaxe a Arzrum
- 1836: Roslavlev (Рославлев).
- 1837: Istoriya sela Goryuhina (История села Горюхина). Tradución ao galego: Historia da aldea de Goriukhino
- 1837: Yegipetskie nochi (Египетские ночи). Tradución ao galego: Noites exipcias
- 1841: Dubrovskii (Дубровский).
Contos en verso
[editar | editar a fonte]- 1825: Zhenikh (Жених). Tradución ao galego: A noiva
- 1830: Skazka o pope i o rabotnike ego Balbe (Сказка о попе и о работнике его Балде). Tradución ao galego: O conto do pope e o seu Balda
- 1830: Skazka o medvedikhe (Сказка о медведихе). Tradución ao galego: O conto da osa
- 1831: Skazka o tsare Saltane (Сказка о царе Салтане). Tradución ao galego: O conto do tsar Saltán
- 1833: Skazka o rybake y rybke (Сказка о рыбаке и рыбке). Tradución ao galego: O conto do pescantín e o peixiño
- 1833: Skazka o mertvoi tsarevne (Сказка о мертвой царевне). Tradución ao galego: O conto da princesa morta
- 1834: Skazka o zolotom petushke (Сказка о золотом петушке). Tradución ao galego: O conto do galiño de ouro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Casualmente, tratábase da mesma forma de duelo que a representada en Eugene Onegin, véxase Hopton (2011)
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Basker, Michael. Pushkin and Romanticism. In Ferber, Michael, ed., A Companion to European Romanticism. Oxford: Blackwell, 2005.
- ↑ Allan Reid, "Russia's Greatest Poet/Scoundrel". Consultado o 30 de xullo do 2023.
- ↑ "Pushkin fever sweeps Russia". BBC News, 5 de xuño de 1999. Consultado o 30 de xullo do 2023..
- ↑ "Biographer wins rich book price". BBC News, 10 June 2003. Consultado o 30 de xullo do 2023.
- ↑ Biography of Pushkin at the Russian Literary Institute "Pushkin House". Consultado o 30 de xullo do 2023.
- ↑ Maxim Gorky, "Pushkin, An Appraisal". Consultado o 30 de xullo do 2023.
- ↑ "Alexander Sergeevich Pushkin - Russian famous poet. Biography and interesting facts about his life". 7 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2023.
- ↑ Н.К. Телетова [N.K. Teletova] (2007).
- ↑ Лихауг [Lihaug], Э.Г. [E.G.] (novembro de 2006). "Предки А.С. Пушкина в Германии и Скандинавии: происхождение Христины Регины Шёберг (Ганнибал) от Клауса фон Грабо из Грабо [Ancestors of A.S. Pushkin in Germany and Scandinavia: Descent of Christina Regina Siöberg (Hannibal) from Claus von Grabow zu Grabow]". Генеалогический вестник [Genealogical Herald].–Санкт-Петербург [Saint Petersburg] 27. pp. 31–38.
- ↑ Lihaug, Elin Galtung (2007). "Aus Brandenburg nach Skandinavien, dem Baltikum und Rußland. Eine Abstammungslinie von Claus von Grabow bis Alexander Sergejewitsch Puschkin 1581–1837". Archiv für Familiengeschichtsforschung 11. pp. 32–46.
- ↑ 11,0 11,1 New Statesman. New Statesman Limited. 2005. p. 36. Consultado o 30 dexullo do 2023.
- ↑ Catharine Theimer Nepomnyashchy; Nicole Svobodny; Ludmilla A. Trigos, eds. (2006). Under the Sky of My Africa: Alexander Pushkin and Blackness. Northwestern University Press. p. 31. ISBN 0810119714. Consultado o 30 de xullo do 2023.
- ↑ Simmons, Ernest J. (1922). "Pushkin". p. 412. Consultado o 31 de xullo do 2023.
- ↑ Binyon, T. J. (2007). Pushkin: A Biography (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. pp. 593–594. ISBN 978-0-307-42737-3. Consultado o 31 de xullo do 2023.
- ↑ Hopton, Richard (1 de xaneiro de 2011). Pistols at Dawn: A History of Duelling. Little, Brown Book Group Limited. pp. 85–87. ISBN 978-0-7499-2996-1.
- ↑ Pushkin Genealogy. PBS.
- ↑ Alexander Pushkin's Birthday (en inglés). Consultado o 2023-06-05.
- ↑ Desk, OV Digital (2023-06-05). "6 June: Remembering Alexander Pushkin on Birthday". Observer Voice (en inglés). Consultado o 6 de agosto do 2023.
- ↑ Anderson, Nancy K. (trans. & ed.) (2000). The Little Tragedies by Alexander Pushkin. New Haven: Yale University Press. pp. 1 & 213 n.1. ISBN 0300080255..
- ↑ Kvas, Kornelije (2020). The Boundaries of Realism in World Literature. Lanham, Boulder, New York, London: Lexington Books. pp. 26. ISBN 978-1-7936-0910-6.
- ↑ Joseph S. O'Leary, ”Pushkin in 'The Aspern Papers'”. The Henry James E-Journal Number 2, March 2000 Arquivado 5 October 2018 en Wayback Machine.. Retrieved 24 November 2006.
- ↑ Taruskin R. Pushkin in The New Grove Dictionary of Opera. London & New York, Macmillan, 1997.
- ↑ Cohen, Aaron I. (1987). International encyclopedia of women composers (Second edition, revised and enlarged ed.). Nova York. ISBN 0-9617485-2-4. OCLC 16714846.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Binyon, T.J. (2002) Pushkin: A Biography. Londres: HarperCollins ISBN 0-00-215084-0; US edition: New York: Knopf, 2003 ISBN 1-4000-4110-4
- Yuri Druzhnikov (2008) Prisoner of Russia: Alexander Pushkin and the Political Uses of Nationalism, Transaction Publishers ISBN 1-56000-390-1
- Dunning, Chester, Emerson, Caryl, Fomichev, Sergei, Lotman, Lidiia, Wood, Antony (Translator) (2006) The Uncensored Boris Godunov: The Case for Pushkin's Original Comedy University of Wisconsin Press ISBN 0-299-20760-9
- Feinstein, Elaine (ed.) (1999) After Pushkin: versions of the poems of Alexander Sergeevich Pushkin by contemporary poets. Manchester: Carcanet Press; Londres: Folio Society ISBN 1-85754-444-7
- Morfill, William Richard (1911). "Pushkin, Alexander". En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica 22 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). pp. 668–669.
- Pogadaev, Victor (2003) Penyair Agung Rusia Pushkin dan Dunia Timur (The Great Russian Poet Pushkin and the Oriental World). Monograph Series. Centre For Civilisational Dialogue. University Malaya. 2003, ISBN 983-3070-06-X
- Vitale, Serena (1998) Pushkin's button; transl. from the Italian by Ann Goldstein. New York: Farrar, Straus & Giroux ISBN 1-85702-937-2
- DuVernet, M.A. (2014) Pushkin's Ode to Liberty. US edition: Xlibris ISBN 978-1-4990-5294-7
- Телетова, Н.К. (Teletova, N.K.) (2007) Забытые родственные связи А.С. Пушкина (The forgotten family connections of A.S. Pushkin). Saint Petersburg: Dorn OCLC 214284063
- Wolfe, Markus (1998) Freemasonry in life and literature. Munich: Otto Sagner ltd. ISBN 3-87690-692-X
- Wachtel, Michael. "Pushkin and the Wikipedia" Pushkin Review 12–13: 163–66, 2009–2010
- Jakowlew, Valentin. "Pushkin's Farewell Dinner in Paris" (Text in Russian) Koblenz (Germany): Fölbach, 2006, ISBN 3-934795-38-2.
- Galgano Andrea (2014). The affective dynamics in the work and thought of Alexandr Pushkin, Conference Proceedings, 17th World Congress of the World Association for Dynamic Psychiatry. Multidisciplinary Approach to and Treatment of Mental Disorders: Myth or Reality?, St. Petersburg, 14–17 de maio de 2014, In Dynamische Psychiatrie. Internationale Zeitschrift für Psychotherapie, Psychoanalyse und Psychiatrie – International Journal for Psychoanalysis, Psychotherapy, and Psychiatry, Berlin: Pinel Verlag GmbH, 1–3, Nr. 266–68, 2015, pp. 176–91.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich. RELATOS DEL DIFUNTO IVAN PETROVICH BELKIN. ALIANZA EDITORIAL 2009. ISBN 978-84-206-5967-1.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich. EL CUENTO DEL GALLO DE ORO. GADIR 2008. 56 p. ISBN 978-84-96974-11-1.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich. POEMAS. GREDOS 2005. 216 p. ISBN 978-84-249-2762-2.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich. EL JINETE DE BRONCE (ED. BILINGÜE). EDICIONES HIPERION, S.L. 2001. 104 p. ISBN 978-84-7517-673-4.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich. NARRACIONES COMPLETAS. ALBA EDITORIAL S.L. 2003. 570 p. ISBN 978-84-89846-66-1.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. La dama de los tres naipes y otros cuentos. — Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1952. — 146 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. Dubrovskiy; La campesina señorita. — Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1953. — 146 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. El disparo. — Buenos Aires: Emecé, 1942. — 99 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. Eugenio Oniegin.— 2. ed. — Madrid: Aguilar, 1955. — 496 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. La Hija del capitán y La Nevasca. — Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1940. — 175 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. Teatro completo. — Buenos Aires: Sudamericana, 1958. — 246 p.
- Grandes escritores rusos: Pushkin, Gógol, Lermontov.— 4. ed. — Buenos Aires: W. M. Jackson, 1956. — 495 p.
- Mi Pushkin; Pushkin y Pugachov / Marina Tsvietáieva; tradución de Selma Ancira. - Barcelona: Destino, 1995. - 152 p.; 20 cm. - (Áncora y delfín: 743)
- Pushkin, Maldenstam, Pasternak, Brodsky, La mariposa en la estrella, Buenos Aires, Leviatán, 2001.
- Ver: Discurso sobre Pushkin, contenido en "LA MANSA. DISCURSO SOBRE PUSHKIN", Fiodor Dostoievski. Buenos Aires: Terramar, 2005.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Pushkin |