Balea cincenta
Balea cincenta Eschrichtius robustus Rango fósil: plistoceno tardío – actualidade[1] | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Balea cincenta nunha lagoa litoral da Baixa California Sur | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[2] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Eschrichtius robustus (Lilljeborg, 1861) | |||||||||||||||||||||||||
Área de distribución da balea cincenta
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A balea cincenta,[3] tamén coñecida como balea cinsenta do Pacífico,[4] cientificamente Eschrichtius robustus, é unha especie de mamífero da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos, a única representante da familia dos escrictíidos (Eschrichtiidae).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1951 polos zoólogos J. R. Ellerman e T. C. S. Morrison-Scott.[5][6][7], en Checklist of Palearctic Indian Mammals: 713.[6]
Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero describírao en 1864 o naturalista británico John Edward Gray,[8][9] en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 3, 14: 350.[8]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie fora descrita en 1861 polo zoólogo sueco Wilhelm Lilljeborg,[10], baixo o nome de Balaenoptera robusta.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O nome actual do xénero, Eschrichtius é unha homenaxe ao zoólogo danés Daniel Frederik Eschricht, que se lle fixo un ano dspois da súa morte, acontecida en 1863. E o nome da familia fomouse, como é norma, engadíndolle á raíz do seu xénero tipo (e neste caso único), Eschrichti-, o sufixo do latín científico -ĭdae, empregado para construír os nomes das familias de animais. (De aí que este nome sexa proparoxitono).
Especie
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, robustus, é a primeira persoa do singular do adxectivo latino rōbustus, -a, -um, 'robusto', 'vigoroso', 'forte'.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]- Rhachianectidae Weber, 1904.[6]
Xénero
[editar | editar a fonte]- Cyphonotus Rafinesque, 1815
- Cyphonotus Gray, 1850
- Rhachianectes Cope, 1869.[8]
Especie
[editar | editar a fonte]- Eschrichtius gibbosus (Erxleben, 1777)
- Eschrichtius glaucus (Cope, 1868).[10]
- Balaenoptera robusta Lilljeborg, 1861 (epónimo)
Nomes vulgares
[editar | editar a fonte]Ademais do nome balea cincenta coa que adoita denominarse en galego (e en portugués), noutros idiomas europeos coñécese como balea gris (cos adaptacións pertientes de cada lingua), de acordo co seu nome inglés, gray whale.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, esta especie é a única do seu xénero, e da súa familia:
Familia Eschrichtiidae Ellerman & Morrison-Scott, 1951
- Xénero Eschrichtius Gray, 1864
- Eschrichtius robustus (Lilljeborg, 1861)
Características
[editar | editar a fonte]Ao igual que Caperea marginata, a balea anana, trátase dunha especie de características intermedias entre as das familias dos balénidos (as baleas verdadeiras) e dos balenoptéridos (os rorcuais).
É ben coñecida polos seus hábitos migratorios que a levaban a reproducirse no inverno nas costas de California para desprazarse logo ás áreas de verán, no estreito de Bering, nunha longa viaxe de até 20 000 km ao longo da costa norteamericana.
Carece de aleta dorsal e, no seu lugar, mostra unha corcova baixa, situada moi posteriormente, seguida de 6 a 12 vultos ou nós lineais até a aleta caudal.
A cabeza está arqueada, entre os espiráculos e o fociño, e mostra numerosas calosidades formadas por colonias de crustáceos que se fixan á pel. Baixo a boca posúe dous sucos curtos, paralelos ou en forma de V, ocasionalmente entre 3 e 7.
As súas barbas son máis curtas, anchas e en menor número que no resto dos misticetos, característica relacionada cos seus hábitos alimenticios: come moi preto do fondo e inxire lama, area e pedras coa auga.
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]As baleas cincentas son pouco frecuentes en relación ás outras baleas grandes. Aliméntanse principalmente no fondo e, polo tanto, a súa diustribución está restrinxida ás augas pouco profundas da plataforma continental para a súa alimentación. Son, por tanto, en gran parte costeiras, aínda que se encontran tamén a maiores distancias da costa na plataforma continental pouco profunda dos mares de Bering e de Chukchi.[11]
Distribúense polas rexións costeiras do Canadá, a China, os Estados Unidos, Federación Rusa, México e o Xapón. Están probabelmente extinguidas en ambas as Coreas e Islandia, a súa presenza é incerta en Vietnam, e están extinguidas no Reino Unido.[2]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntanse principalmente de cardumes de mísidos (crustáceos da superclase dos peracáridos), anfípodos que habitan en tubos e vermes poliquetos tubícolas, nas partes máis norteñas da súa área de distribución, pero se sabe que tamén toman cangrexos, carnada e outros alimentos (larvas de cangrexos, anfípodos móbiles, ovos e larvas de arenques, e de cefalópodos, larvas de Megalops (peixes osteíctios da orde dos elopiformes) de maneira oportunista ou fóra das principais áreas de alimentación.[12] Nunha das súas áreas de alimentación principais no mar de Chukchi, as densidades de balenas cincentas son maiores en zons con alta abundancia de anfípodos bentónicos.[13] A alimentación das baleas cincentas pode ter un efecto negativo considerábel nas comunidades de invertebrados bentónicos.[14]
Depredadores
[editar | editar a fonte]As baleas cincentas moitas veces son cazadas polas candorcas.[15][16]
Ameazas
[editar | editar a fonte]As baleas cincentas foron obxecto de caza desde tempos prehistóricos, e eran particularmente vulnerábeis aos baleeiros modernos debido á súa escasa velocidade de natación e á súa distribución costeira. A poboación do Atlántico Norte extinguiuse a principios do século XVIII, aínda que no está claro se isto se debeu principalmente á caza.[17] Estas baleas foron cazadas en tempos prehistóricos en ambos os lados do Pacífico Norte, pero as capturas dos aborixes diminuíeron a nivies relativamente baixos a principios do século XX debido en gran parte ao esgotamento das poboacións pola caza comercial.[18]
Pensábase que a sobreexplotación provocara a extinción da poboación reprodutora do Pacífico noroccidental na década de 1970,[19] pero a súa probábel existencia continuada de alguna forma sinala que medra. A poboación reprodutora do Pacífico nororiental alcanzara un número tan baixo ao final do século XIX que cesou a caza comercial de baleas, pero agora recuperou case a súa capacidade de carga, e a súa abundancia mostra certa flutuación en resposta ás condicións ambientais.
Pero ademais, as baleas cincentas están suxeitas a ameazas antropoxénicas, como os enredos nos aparellos de pesca e as folgas de barcos. Scordino et al. (2017) estimaron aproximadamente 10 mortes por ano no Pacífico nororiental oriental e no mar de Bering como resultado de incidentes coñecidos durante 2010-2015, dos cales aproximadamente o 80 % involucraron enredos en artes de pesca e aproximadamente o 20 % das folgas de barcos.[20] A ameaza parece pequena en relación co tamaño da poboación, estimda entre os 25 000 e os 30 000 espécimes, pero existen pescarías con pouca cobertura de observadores, como as pescerías con redes de enmalle de Alasca, de modo que as taxas de mortalidade total poden seren máis altas.[21]
Encontráronse restos de plástico nos estómagos de baleas cincentas mortas, pero non parece ser isto un factor significativo na morte dos individuos afectados.[2]
Status
[editar | editar a fonte]O tamaño estimado da poboación da balea cincenta está por riba do limiar para calquera categoría de ameazada da Lista vermella da UICN, e esta poboación aumentou nas últimas tres xeracións, con algunhas flutuacións. A única poboación reprodutora definitivamente sobrevivente está no leste do Pacífico Norte. A poboación reprodutora do Atlántico Norte está extinta, e a poboación reprodutora do Pacífico noroccidental posibelmente estea extinta. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boessenecker, Robert (2007). "New records of fossil fur seals and walruses (Carnivora : Pinnipedia) from the late Neogene of Northern California". Journal of Vertebrate Paleontology 27: 50A.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Cooke, J. G. (2018): Eschrichtius robustus na Lista vermella da UICN.
- ↑ "Eubalaena. Publicación da Sección Científica da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. Historia ambiental antiga das baleas do Atlántico Norte. Alfredo López Fernández. 2014." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2017.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309.
- ↑ Ellerman, J. R. & Morrison-Scott, T. C. S. (1951): "Checklist of Palaearctic and Indian Mammals 1758 to 1946". British Museum (Natural History), pp. 1–810.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Eschrichtiidae Ellerman and Morrison-Scott, 1951 en MSW
- ↑ Eschrichtiidae Ellerman and Morrison-Scott, 1951 no ITIS.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Eschrichtius Gray, 1864 en MSW.
- ↑ Eschrichtius Gray, 1864 no ITIS.
- ↑ 10,0 10,1 Eschrichtius robustus Lilljeborg, 1861 en MSW].
- ↑ Rice, D. W. and Wolman, A. A. (1971): "The life history and ecology of the gray whale (Eschrichtius robustus)". American Society of Mammalogists, Special Publication '3: 142 pp.
- ↑ Nerini, M. (1984): "A review of gray whale feeding ecology". En: M. L. Jones, S. L. Swartz and S. Leatherwood (eds), The gray whale Eschrichtius robustus. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-0809-2372-7, pp.423-450.
- ↑ Brower, A. A., Ferguson, M. C., Schonberg, S. V., Jewett, S. C. and Clarke, J. T. (2016): "Gray whale distribution relative to benthic invertebrate biomass and abundance: Northeastern Chukchi Sea 2009–2012". Deep Sea Research Part II: Topical Studies in Oceanography 144: 156-174.
- ↑ Oliver, J. S. and Slattery, P. N. (1985): "Destruction and opportunity on the sea floor: effects of gray whale feeding!. Ecology, 66 (6): 1965-1975.
- ↑ Lowry, L. F., Nelson, R. R. and Frost, K. J. (1987): "Observations of killer whales, Orcinus orca, in western Alaska: sightings, strandings, and predation on other marine mammals". Canadian Field-Naturalist 101: 6-12.
- ↑ Matkin, C. O., Barrett-Lennard, L. G., Yurk, H., Ellifrit, D. and Trites, A. W. (2007): "Ecotypic variation and predatory behavior among killer whales (Orcinus orca) off the eastern Aleutian Islands, Alaska". Fishery Bulletin 105 (1): 74-88.
- ↑ Mead, J. G. and Mitchell, E. D. (1984): "Atlantic gray whales". En: M. L. Jones, S. L. Swartz, and S. Leatherwood (eds), The Gray Whale Eschrichtius robustus. Orlando, Florida: Academic Press, pp. 33–53.
- ↑ Mitchell, E. (1979): "Comments on the magnitude of the early catch of east Pacific gray whale (Eschrichtius robustus)". Report of the International Whaling Commission. 29: 307-314.
- ↑ Bowen, S. L. (1974): "Probable extinction of the Korean stock of the gray whale (Eschrichtius robustus)". Journal of Mammalogy 55: 208-209.
- ↑ Scordino, J.; Carretta, J.; Cottrell, P.; Greenman J.; Savage, K. & Wilkinson K. (2017): "Ship strikes and entanglements of gray whales in the North Pacific Ocean, 1924-2015". International Whaling Commission Scientific Committee doc. SC/67a/HIM06.
- ↑ Carretta, J. V., Forney, K. A., Oleson, E. M., Weller, D. W., Lang, A. R., Baker, J., Muto, M. M., Hanson B., Orr, A. J., Huber, H., Lowry, M. S., Barlow, J., Moore, J. E., Lynch, D., Carswell, L. and Brownell, R. L. Jr. (2017): "U.S. Pacific Marine Mammal Stock Assessments: 2016". National Oceanic and Atmospheric Administration Technical Memorandum NMFS-SWFSC-577.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Balea cincenta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balea cincenta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eschrichtius robustus. Gray whale na ADW.
- Gray whale (Eschrichtius robustus) en ARKive.
- Eschrichtius robustus Van Beneden e Gervais 1868 (gray whale) Arquivado 23 de decembro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.