Brita Malmer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1925 Malmö, Suecia |
Morte | 8 de maio de 2013 Lindigö. Estocolmo |
Lugar de sepultura | Lidingö kyrkogård (en) , 1 1 UN 158 |
País de nacionalidade | Sueca. |
Educación | Universidade de Lund |
Q89547790 | Estudos de numismática viquinga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Lugar de traballo | Estocolmo |
Ocupación | profesora universitaria, numismático, arqueóloga |
Empregador | Universidade de Estocolmo, profesora |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Kenneth Jonsson |
Familia | |
Cónxuxe | Mats P. Malmer |
Premios | |
- (1986) Medalla da Royal Numismatic Society. - (1988): Medalla Huntington, da ANS - (2002): Medalla Gunnar Holst. | |
Descrito pola fonte | Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) |
Lista
|
Brita Ingrid Maria Malmer, nada en Malmö, Escania, o 1 de xuño de 1925 e finada en Lidingö, Estocolmo, o 8 de maio de 2013, foi unha numismática sueca especializada nas cuñaxes do pobo viquingo. Foi a primeira persoa que exerceu como profesora de numismática en Suecia.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malmer naceu en Malmö, onde o seu pai, Svante Alenstam, estaba destinado como mestre de escola. Logo de concluír a educación secundaria en 1945, cursou estudos superiores de historia, arqueoloxía, estudos clásicos, historia da arte, pedagoxía e Antigüidade nórdica na Universidade de Lund, onde se graduou en 1953. Entre ese ano e 1966 exerceu nesta mesma universidade como profesora asociada en tanto que cursaba o doutoramento, ao que acceden en 1966 cunha tese sobre as primitivas moedas do asentamento comercial de Hedeby na era viquinga, titulada Nordiska mynt före år 1000 ("Moedas nórdicas antes do ano 1000").[3][1]
En 1959, Brita Malmer instalouse en Estocolmo e comezou a traballar no Gabinete Numismático Real, onde se dedicou por igual á organización de exposicións e á investigación. Implicouse especialmente no proxecto Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, un catálogo de todas as moedas da era viquinga atopadas en territorio sueco, que dirixiu durante vinte anos.[4] Malmer comezou no Gabinete a media xornada e en 1962 pasou a estar contratada a tempo completo. Posteriormente, en 1971, foi ascendidda a xerente do Gabinete Numismático Real, posto que ocupou ata 1979, cando foi nomeada profesora de Numismática e Historia do Diñeiro. Brita Malmer xubilouse en 1992.[1]
En 1972, Malmer foi a encargada de pronunciar a conferencia en memoria de Dorothea Coke, para a Sociedade Viquinga para as Investigacións do Norte, con sede en Londres, co título "As cuñaxes do rei Canuto nos países do norte".[5]
Brita Malmer estaba casada co profesor de Arqueoloxía Mats P. Malmer. A filla de ambos, Elin Malmer, é unha recoñecida historiadora. Brita faleceu en 2013 e o seu corpo foi soterrado, xunto co do seu marido, no cemiterio de Lidingö.[1][6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1977: Medalla Gustav VI Adolf da Sociedade Numismática de Suecia.[7]
- 1981: Membro da Real Academia Sueca das Letras, a Historia e as Antigüidades.[1]
- 1986: Membro da Academia Norueguesa de Ciencia e Letras.[1]
- 1986: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[8]
- 1988: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[9]
- 1995: Membro de honra da Sociedade Numismática de Suecia.[10]
- 1998: Membro Honorario da Royal Numismatic Society.[11][12]
- 2002: Medalla Gunnar Holst, de Gotemburgo, Suecia.[13]
Ao longo da súa traxectoria, Brita Malmer exerceu tamén a presidencia de diversas entidades e fundacións, entre elas a Fundación para a Numismática Sven Svensson (1971-1979 e 1988-1993), a Sociedade Arqueolóxica Sueca (1974-1976), a Sociedade Numismática Sueca (1974-1976) e a Fundación Gunnar Ekström para a Investigación Numismática (1974-1979).[1]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- (1966): Nordiska mynt före år 1000. Acta Archaeologica Lundesina. S. 8º. Nº 4. Gleerup. Lund.
- (1968): Mynt och människor. Vikingatidens silverskatter berättar. Rabén & Sjögren. Estocolmo.
- (1974): King Canute's oinage in the Northern Countries. Viking Society for Northern Research for the College. Londres. ISBN 978-0-903521-03-1
- (1980): Den Senmedeltida penningen i Sverige = late medieval pennies in Sweden. Almqvist & Wiksell. Estocolmo. ISBN 978-91-7402-097-7
- (1982). Myntfynd från Östergötland (con Ian Wiséhn). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171925145
- (1989 ): The Sigtuna coinage c.995-1005. Commentationes de nummis saeculorum IX-XI in Suecia repertis , Nova ser. 4. Kungliga Vitterhets Historie och Antikvitetsakademien u. a. Estocolmo. ISBN 91-7192-766-2
- (1993). Myntfynd från Ångermanland (con Ian Wiséhn). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171925497
- (1997 ): The Anglo-Scandinavian Coinage C. 995-1020 . Commentationes de nummis saeculorum IX–XI in Suecia repertis. Nova Ser. 9). Kungl. Vitterhetsakademien. Estocolmo. ISBN 978-91-7402-271-1
Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt
[editar | editar a fonte]- Participación na obra colectiva (1975-2010): Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt. Almqvist & Wiksell International. Estocolmo
- (1975): Gotland (1): Akebäck-Atlingbo. ISBN 9789174020007
- (1977): Gotland (2): Bäl-Buttle. ISBN 9789174020687
- (1979): Dalarna: Falun-Rättvik. ISBN 9789174020830
- (1982): Gotland (3): Dalhem-Etelhem. ISBN 9789174021400
- (1982): Gotland (4): Fardhem-Fröjel. ISBN 9789171925404
- (1983): Östergötland: Älvestad-Viby. ISBN 9789171925848
- (1985): Skåne (1): Åhus-Grönby. ISBN 9789171926395
- (1987): Skåne (2): Maglarp-Ystad. ISBN 9789171926784
- (2010): Blekinge: Bräkne-Hoby - Sölvesborg. ISBN 9789174023930
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Myrberg Burström, N. "Brita Ingrid Maria Malmer". Svenskt kvinnobiografiskt lexikon.
- ↑ "Brita Ingrid Maria Malmer Arquivado 22 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Kungl. Vitterhetsakademien.
- ↑ Véxase (1966) en "Bibliografía".
- ↑ "About CNS". Department of Archaeology and Classical Studies. Stockholm University
- ↑ Véxase (1974) en "Bibliografía".
- ↑ "Brita Ingrid Maria Malmer". FinnGraven.es
- ↑ "SNF:s Gustav VI Adolf-medalj för framstående numismatisk forskning". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". No sitio web da American Numismatic Society.
- ↑ "SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "Honorary Fellows of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 158. Páxina xi.
- ↑ "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Gunnar Holsts pris år 2002". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Novembro de 2002. Páxina 165.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jonsson, K. (2013). "Brita Malmer (1925-2013)". En Compte Rendu 60. International Numismatic Council. Páxinas 38-42