Michael Alram
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1956 Viena, Austria |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade de Viena |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Membro de | |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Michael Alram, nado o 18 de abril de 1956 en Viena, é un numismático austríaco especializado na moeda da Antigüidade.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1974 comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, de Numismática Ántiga e de Historia Antiga na Universidade de Viena, onde acadou o doutoramento en 1982,[2] baixo a dirección de Robert Göbl e Manfred Mayrhofer, coa tese titulada Materialgrundlagen zu den iranischen Personennamen auf antiken Münzen: achaimenidische Satrapen, Persis, Sakas und Pahlavas ("Fundamentos materiais dos nomes de persoa iranianos en moedas antigas: sátrapas, aqueménidas, Persis, Sakas e Pahlavas").[3]
Entre 1977 e 1982 actuou como colaborador da comisión iraniana da Academia Austríaca das Ciencias no proxecto de investigación Iranische Personennamen auf antiken Münzen ("Nomes de persoa iranianos en moedas antigas") no marco do Iranischen Personennamenbuch ("Libro dos nomes de persoa iranianos"). Desde 1982 é colaborador da comisión numismática da Academia Austríaca das Ciencias.[2][3]
Tamén en 1982, accedeu ao posto de lector no Instituto de Numismática da Universidade de Viena, onde en 1987 obtivo a habilitación como docente universitario de Numismática e Historia Monetaria.[2][3]
En 1987 foi nomeado conservador do gabinete numismático (Münzkabinett) do Kunsthistorisches Museum de Viena, onde se encargou das moedas bizantinas, medievais e orientais. En 2001 accedeu ao posto de subdirector do gabinete e en 2008 foi nomeado director.[2][3][4]
Desde 1998 é membro correspondente e desde 2003 membro efectivo da Clase Filosófico-Histórica da Academia Austríaca das Ciencias, e o 19 de abril de 2013 foi elixido vicepresidente da Academia por un período de catro anos.[1][2][3] En abril de 2017 foi confirmado por un novo período, ata o 30 de xuño de 2022.[5]
Alram é, desde 2015, o presidente do Consello Internacional de Numismática.[3][6] Con anteriordidade xa ocupara o cargo de secretario desta institución durante o período 2009-2015.[2]
Tamén forma parte do consello editorial da Sociedade Suíza de Numismática, que edita, entre outras publicacións, a prestixosa revista Schweizerische Numismatische Rundschau.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2004): Premio Roman Ghirshman, da Academie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París.[1][2]
- (2005): Premio Gilljam, da Royal Numismatic Society, de Londres.[8]
- (2010): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique.[9]
- (2013): Medalla da Royal Numismatic Society.[10]
- (2014): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional.[11]
- (2016): Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[12][13][14]
- (2017): Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca.[15]
- (2019): Medalla Wolfgang Hahn, da Universidade de Viena.[16]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das publicacións numismáticas máis salientables de Michael Alram ao longo da súa traxectoria académica:[1][17]
- (1986). "Nomina Propria Iranica in Nummis. Materialgrundlagen zu den iranischen Personennamen auf antiken Münzen". En Iranisches Personennamenbuch. Vol. IV. ÖAW, Viena.
- (1989). "Die Münzprägung des Kaisers Maximinus I. Thrax (235-238)". En Moneta Imperii Romani. 27. ÖAW, Viena.
- (2003): Sylloge nummorum Sasanidarum. Ardashir I. - Shapur I con (Gyselen, R.). ÖAW, Viena. ISBN 978-3700132240
- (2004). "Der numismatische Anteil des Schatzfundes von Fuchsenhof" (con H. Emmerig et al.). En Prokisch, B. et al. Der Schatzfund von Fuchsenhof. Oberösterreichisches Landesmuseum Linz. Linz. Páxinas 43-93.
- (2004). "Katalog der numismatischen Objekte" (con H. Emmerig et al.). En Prokisch, B. et al. Der Schatzfund von Fuchsenhof. Oberösterreichisches Landesmuseum Linz. Linz. Páxinas 133-229.
- (2006). "A new coin type of the Khalaj?". En Journal of Inner Asian Art and Archaeology. 1. Páxinas 133-139.
- (2007). "Shapur, king of kings of Iranians and non-Iranians". En Gyselen, R. (ed.). Des Indo-Grecs aux Sassanides : données pour l'histoire et la géographie historique. Groupe pour l'Étude de la Civilisatio. Páxinas 11-40.
- (2007). "Ardashir’s eastern campaign and the numismatic evidence". En Cribb, J. et al. After Alexander: Central Asia before Islam. Oxford University Press. Páxinas 227-242.
- (2008). "Early Sasanian Coinage". En Curtis, S. et al. The Sasanian era. Tauris, Londres. Páxina 17-30.
- (2008). "Ein Schatzfund Hephthalitischer Drachmen aus Baktrien". En Numismatische Zeitschrift. Páxinas 253-268.
- (2009). "Huns and western Turks in Central Asia and Northwest India". En A survey of numismatic research, 2002-2007. International Numismatic Commission, Glasgow. Páxinas 516-519.
- (2010). Coins, Art and Chronology II. The First Millennium C.E. in the Indo-Iranian Borderlands (con D. E. Klimburg-Salter et al.). Viena.
- (2012). "The Coinage of the Persian Empire". En Metcalf, W. E. (ed.) The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage. Nova York. Páxinas 61-87.
- (2012). Sylloge Nummorum Sasanidarum. Paris-Berlin-Wien. 2. Ohrmad I - Ohrmad II (con G. Rika). ÖAW, Viena. ISBN 978-3700169932
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Michael Alram". Österreichischen Akademie der Wissenschaften.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Michael Alram. Curriculum Vitae Arquivado 15 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Alram, Michael". En Coins Weekly. 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Curatorial staff". Kunst Historisches Museum Wien.
- ↑ "Newes präsidium der ÖAW Gewählt". Österreichische Akademie der Wissenschaften. 10 de abril de 2017.
- ↑ "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web do CIN.
- ↑ "Editorial Board Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Dr. Michael Alram Received Huntington Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Michael Alram to receive distinguished Huntington Award". Coins Weekly. 3 de marzo de 2016.
- ↑ "Die Eckhel Medaille". Sitio web da OENG.
- ↑ "Wolfgang-Hahn-Medaille". Institut für Numismatik und Geldgeschichte. Univarsität Wien.
- ↑ "Alram, Michael 1956- Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1956
- Nados en Viena
- Numismáticos de Austria
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional
- Galardoados coa medalla Eckhel
- Membros da Academia Austríaca de Ciencias
- Alumnos da Universidade de Viena
- Profesores da Universidade de Viena