Roger Bland
Roger Bland en 2010 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1955 |
Chair of the Treasure Valuation Committee (en) | |
11 de agosto de 2020 – | |
34º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
2018 – ← Andrew Burnett | |
30º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
2012 – 2016 ← Robin John Eaglen (en) – Kevin Clancy → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | King's College Universidade de Londres |
Q89547790 | - Estudo e publicación de achados numismáticos. - Estudos de Moeda da Antiga Roma. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | conservador, autor, numismático, profesor universitario |
Empregador | Museo Británico |
Obra | |
Doutorando | Philippa Walton (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Lucilla Mary Burn (1987) |
Premios | |
- 1979: Premio Barclay Head. - 1983 e 1989: Premio Gillijam, da RNS. - 2011: Premio Allier de Hauteroche. - 2012: Jeton de Vermeil, da SFN - 2014: Medalla da RNS. - 2016: Medalla Presidencial da Academia Británica. - 2017: Medalla Huntington da ANS. | |
Lista
|
Roger Farrant Bland, nado en Londres o 3 de abril de 1955, é un numismático e museólogo británico vinculado ao Museo Británico.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Roger Bland é fillo de David Ferrant Bland e Mary Elmore Bland, e casou en 1987 con Lucilla Mary Burn.[1]
Bland realizou os seus estudos universitarios no King's College da Universidade de Londres, onde se graduou en Estudos Clásicos en 1978. Na mesma universidade acadou o grao de doutor en 1991 cunha tese titulada The Coinage of Gordian III from the mints of Antioch and Caesarea.[2]
O ano seguinte á súa graduación, en 1979, ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ao que estivo vinculado ata 2005. A partir dese ano pasou a ocupar o posto de conservador en diversos departamentos do museo: Departamento de Antigüidades Portátiles e Tesouro (2005-2012), Departamento de Prehistoria e Europa (2012-2013) e Departamento de Gran Bretaña, Europa e Prehistoria (2013-2015).[1][2]
A partir de 2015, exerceu tamén como profesor visitante da Universidade de Leicester e membro do Instituto McDonald para a Investigación Arqueolóxica, da Universidade de Cambridge.[1]
Ao longo da súa vida académica exerceu ademais diversos cargos directivos en varias entidades numismáticas e arqueolóxicas, como membro do consello da Sociedade de Anticuarios de Londres, vicepresidente da Real Sociedade de Numismática ou presidente da Sociedade Británica de Numismática.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1979: Premio Barcclay Head de Numismática Antiga, da Universidade de Oxford.[2]
- 1983 e 1989: Premio Gilljam, da Royal Numismatic Society.[2][3]
- 1993: Académico da Sociedade de Anticuarios de Londres.[4]
- 2008: Oficial da Orde do Imperio Británico.[2][5]
- 2011: Premio Allier de Hauteroche, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.[2]
- 2012: Jeton de Vermeil, da Société Française de Numismatique.[2][6]
- 2014: Medalla da Royal Numismatic Society.[7]
- 2016: Medalla Presidencial da Academia Británica.[8]
- 2017: Medalla Huntington da American Numismatic Society.[9][10][11]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- (1982): Coin hoards from Roman Britain: The Blackmoor hoard. Con R. Carson. British Museum. ISBN 978-0861590339
- (1983). The Cunetio treasure: Roman coinage of the third century A.D. Con E. Besly. British Museum. ISBN 978-0-7141-0857-5.
- (1988): The Normanby Hoard and Other Roman Coin Hoards. Con A. Burnett. British Museum. ISBN 9780714108704
- (1992): The Chalfont hoard and other Roman coin hoards. British Museum. ISBN 9780714108759
- (1993): The Hoxne Treasure: An Illustrated Introduction. Con C. Johns. British Museum. ISBN 978-0-7141-2301-1.
- (2010). The Frome Hoard. Con S. Moorhead; A. Booth. British Museum. ISBN 978-0-7141-2334-9
- (2010). Roman and Early Byzantine Gold Coins Found in Britain and Ireland: With an Appendix of New Finds from Gaul. Con X. Loriot. Royal Numismatic Society. Special Publications, 46. ISBN 978-0-901405-59-3.
- (2014). The Staffordshire Hoard. Con K. Leahy. British Museum. ISBN 978-0-7141-2342-4.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Bland, Dr Roger Farrant". En Who's Who & Who Was Who.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Currículo de Roger Bland. En Academia.
- ↑ "The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Fellows Directory: Bland". Society of Antiquaries of London.
- ↑ "Nº. 58729". The London Gazette (suplemento). 14 de xuño de 2008. Páxinas 8-9.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "British Academy announces 2016 prizes and medal winners". The British Academy.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Dr. Bland Receives 2017 Huntington Award". American Numismatic Society.
- ↑ "2017 Archer M. Huntington Award for Roger Bland". Coins Weekly. 28 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roger Bland |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Andrew Burnett |
Presidente da Royal Numismatic Society Desde 2018 |
Sucesor: No cargo. |
- Nados en 1955
- Numismáticos do Reino Unido
- Presidentes da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Persoas relacionadas co Museo Británico
- Alumnos do King's College de Londres
- Profesores da Universidade de Cambridge
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres
- Historiadores do Reino Unido
- Escritores do Reino Unido