Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Didi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDidi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Campos dos Goytacazes, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza infecciosa Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPríncep Etíop
Monsieur Football Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso68 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1946–1946 Americano Futebol Clube
1946–1948 Clube Atlético Lençoense/Bariri
1948–1949 Madureira Esporte Clube 32(8)
1949–1956 Fluminense Football Club 150(51)
1957–1959 Botafogo de Futebol e Regatas 64(40)
1959–1960   Real Madrid CF 19(6)
1960–1962 Botafogo de Futebol e Regatas 44(19)
1963–1963 Sporting Cristal (32, 4)
1964–1965 Botafogo de Futebol e Regatas 11(1)
1965–1966 Tiburones Rojos 29(4)
1966–1966 São Paulo Futebol Clube 4(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1962   Brasil 68(20)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1962–1964 Sporting Cristal
1967–1969 Sporting Cristal
1969–1970   Perú
1970–1971   CA River Plate
1972–1975 Fenerbahçe
1975–1975 Fluminense Football Club
1977–1977 Cruzeiro Esporte Clube
1977–1981 Al-Ahli (pt) Traducir
1981–1981 Botafogo de Futebol e Regatas
1981–1981 Cruzeiro Esporte Clube
1982–1985 Al Shabab Football Club (pt) Traducir
1985–1985 Fortaleza Esporte Clube
1986–1986 São Paulo Futebol Clube
1986–1986 Alianza Lima
1989–1990 Bangu Atlético Clube (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
xuño de 1958Mundial de Fútbol Suecia 1958
1954Mundial de Fútbol Suíza 1954
1953Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1953 (pt) Traducir
1952Xogos Olímpicos de 1952 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63855 Editar o valor en Wikidata

Waldir Pereira, máis coñecido como Didi, nado en Campos dos Goytacazes (Río de Xaneiro) o 8 de outubro de 1928 e finado no Río de Xaneiro o 12 de maio de 2001, foi un futbolista brasileiro, que xogaba como centrocampista e dianteiro. Considerado un dos mellores centrocampistas de todos os tempos e un dos mellores futbolistas da historia do seu país, participou en tres Copas do Mundo coa selección brasileira (1954, 1958 e 1962), proclamándose campión nas dúas últimas, e foi ídolo para os seareiros tanto do Fluminense como do Botafogo.

Cun estilo elegante e moi técnico, destacou pola súa ampla visión e lectura do xogo, polos seus medidos pases en longo e pola súa condución do balón. Era tamén un especialista nos lanzamentos de faltas e está considerado como o inventor da chamada "folha seca", unha técnica de golpeo na que o balón baixa de súpeto e que máis tarde utilizaron outros destacados lanzadores de faltas como Juninho Pernambucano ou Cristiano Ronaldo.[1] Tamén se lle atribúe ser o primeiro en usar a técnica da paradinha nos lanzamentos de penalti.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Nacido nunha familia pobre da cidade de Campos dos Goytacazes, durante a súa infancia vendía cacahuetes para axudar á súa familia, ao tempo que comezaba a xogar ao fútbol nas rúas.[3] Aos 14 anos estivo a piques de perder unha perna, debido a unha grave infección dunha ferida do seu xeonllo, pero tras uns meses nunha cadeira de rodas, recuperouse e puido emprender unha carreira como futbolista.[1]

Pasou polas canteiras de varios clubs do seu estado, como o São Cristóvão da súa cidade natal, o Industrial, o Rio Branco, o Goytacaz e o Americano.[3] Despois de pasar polo Madureira, fichou en 1949 por un dos catro grandes do fútbol carioca, o Fluminense.[1] Axiña comezou a destacar e en xuño de 1950 foi o autor do primeiro gol da historia no célebre estádio do Maracanã, construído para a Copa do Mundo dese ano, nun partido inaugural entre as seleccións xuvenís do Río de Xaneiro e de São Paulo.[4]

En 1951 conquistou o seu primeiro Campionato Carioca, ás ordes de Zezé Moreira e cun equipo que contaba con xogadores como Castilho, Pinheiro, Telê Santana, Orlando Pingo de Ouro ou Carlyle.[5] Ao ano seguinte gañou a Copa Internacional de Río, marcando un dos goles na final ante o Corinthians.

Ese mesmo ano liderou a selección brasileira na súa conquista da primeira edición do Campionato Panamericano, celebrado en Santiago de Chile, e onde tivo como compañeiros entre outros a Djalma Santos, Waldo, Altair ou os seus compañeiros do Fluminense Castilho, Telê Santana, Orlando Pingo de Ouro e Pinheiro.

Foi convocado polo seleccionador Zezé Moreira para o Mundial de 1954, celebrado en Suíza. Marcou un gol ante México e outro ante Iugoslavia, pero o seu equipo caeu eliminado nos cuartos de final contra Hungría, no partido coñecido como a "Batalla de Berna".[6]

Tralo Mundial continuou dous anos máis no Flu, acadando os 298 partidos e 91 goles. En 1956 asinou por un dos máximos rivales históricos do club tricolor, o Botafogo.[1] No equipo branco e negro coincidiu con lendas do fútbol brasileiro como Nilton Santos e Garrincha e en 1957 gañou o seu segundo Campionato Carioca, despois dunha histórica goleada na final contra o seu ex equipo, o Fluminense.[7]

Xa como unha das maiores estrelas do fútbol brasileiro, en 1958 disputou en Suecia a súa segunda Copa do Mundo, ás ordes do novo seleccionador Vicente Feola. Cunha histórica dianteira formada polo propio Didi, Garrincha, Zagallo, Vavá e Pelé, e liderada por este último, a selección brasileira conseguiu o seu primeiro título mundial, despois de esmagar na final ao equipo anfitrión por 5-2.[8]

En 1959 deixou o seu país para dar o salto ao fútbol europeo, fichando polo Real Madrid. Foi titular en todos os partidos da primeira volta da tempada 1959/60, pero o seu rendemento foi moi inferior ao esperado. Ao longo dos anos especulouse cun posible boicot por parte da grande estrela do equipo, Alfredo Di Stéfano, e tamén con problemas de adaptación ao clima.[9] De calquera xeito, o brasileiro acabou por desaparecer das aliñacións de Manuel Fleitas Solich e só reapareceu para a derradeira xornada ante a UD Las Palmas. Pechou a súa única campaña na Primeira División española cun total de 19 encontros e 6 goles.[9]

A continuación regresou ao Botafogo, onde formou parte dun dos mellores cadros de xogadores da historia do fútbol brasileiro, compartindo equipo cos afamados Garrincha, Nilton Santos, Zagallo, Amarildo, Quarentinha e as novas promesas Manga, Gérson, Rildo e Jairzinho. Por aquel entón, o Botafogo era o único club do país capaz de competir con éxito co Santos de Pelé. Conquistou os Campionatos Cariocas de 1961 e 1962, así como o Torneo Río-São Paulo de 1962. A continuación xogou dous anos no Perú, nas filas do Sporting Cristal (onde exerceu como xogador-adestrador), regresando ao Botafogo en 1964 para unha terceira e última etapa no club. O seu balance final no Botafogo foi de 313 partidos e 114 goles.

Por último pasou polo Veracruz mexicano e polo São Paulo, onde pechou a súa carreira en 1966, aos 38 anos de idade.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada dedicouse á labor de adestrador e tras dirixir novamente o Sporting Cristal, foi elixido para adestrar a selección do Perú. Fíxoo con éxito, conseguindo a clasificación para o Mundial de 1970, tras 40 anos de ausencia, e eliminando no camiño á Arxentina, que quedou fóra dunha Copa do Mundo por primeira e única vez na súa historia.[10] Cun talentoso grupo de xogadores entre os que destacaban estrelas como Teófilo Cubillas ou Héctor Chumpitaz, o equipo peruano derrotou a Bulgaria e Marrocos para acadar unha histórica clasificación aos cuartos de final, onde finalmente caeu eliminada a mans do Brasil adestrado polo seu antigo compañeiro Zagallo.[11]

Tralo Mundial adestrou o River Plate arxentino antes de se converter no novo técnico do Fenerbahçe, co que gañou dúas ligas turcas, nas tempadas 1973/74 e 1974/75. Posteriormente dirixiu preto dunha decena de equipos máis, a maioría deles no Brasil (Fluminense, Cruzeiro, Botafogo, Fortaleza, São Paulo e Bangu), aínda que tamén tivo pasaxes polos bancos de Arabia Saudita (Al-Ahli e Al Shabab) e de novo o Perú (Alianza Lima).

Faleceu no Río de Xaneiro o 12 de maio de 2001 por unha pneumonía causada por complicacións derivadas dun cancro colorrectal.[12]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Futbolista

[editar | editar a fonte]
Fluminense
Botafogo
Real Madrid
Selección brasileira
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Giner, Jorge (8 de outubro de 2020). "Didí, el ídolo de Pelé". Panenka (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  2. Grijelmo, Álex (1 de xuño de 2024). "La ‘paradinha’ locutiva". El País (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Didi". The Telegraph (en inglés). 15 de maio de 2001. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  4. "70 Anos da Inauguração do Maracanã" (en portugués). 16 de xuño de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  5. "Com gols de Telê, Fluminense venceu Bangu e garantiu primeiro título no Maracanã" (en portugués). 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  6. Giner, Jorge (24 de xuño de 2019). "En Berna no solo ocurren milagros". Panenka (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  7. "1957: o Deus de Carlito, a promessa de Didi e Nilton Santos, lendas urbanas e 6×2 do Botafogo no Pó de Arroz" (en portugués). 9 de xuño de 2024. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  8. "Garrincha y Pelé, héroes de la primera estrella". FIFA (en castelán). 27 de xuño de 2024. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  9. 9,0 9,1 Cuesta Fernández, Fernando (1 de setembro de 2024). "Didí, un fiasco inexplicable". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (167). ISSN 1989-6379. 
  10. "El día que Perú enmudeció a la Bombonera" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  11. "La generación de Perú que jugó el Mundial 70 hace 50 años marcó a fuego al fútbol nacional" (en castelán). 31 de maio de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2024. 
  12. "Didi". The Guardian (en inglés). 15 de maio de 2001. Consultado o 26 de setembro de 2024.