Estilo artístico
Un movemento artístico ou estilo artístico é unha tendencia ou estilo referente á arte cunha filosofía ou meta específica en común, seguida por un grupo de artistas repercutores durante un período de tempo (como o movemento dadaísta ou o pop-art); ou característico dun período máis extenso da Historia da arte (coma o renacemento ou o barroco); ou restrinxido a un lugar determinado, co que se fala entón dunha escola artística (por exemplo a escola sienesa, a escola florentina ou a escola sevillana); ou limitado a un grupo de artistas nun lugar e intre concreto. Coa palabra estilo tamén se alude particularmente ás características que unifican ou distinguen unha obra artística doutra e a un autor doutro (o estilo persoal ou a vontade de estilo,[1] que se fai máis marcada nos xenios da arte e na personalidade dos artistas burgueses, sometidos ao mercado de arte, sobre todo a partir do romanticismo); ou, menos usualmente, á kunstwollen (vontade da arte ou vontade artística, en expresión de Alois Riegl).
Cada movemento ou estilo artístico reflicte a arte con certos trazos semellantes durante unha etapa de tempo, sendo un fenómeno de expresión artística que manifesta as características propias da época na que xorde. Os movementos ou estilos artísticos clasifícanse polos historiadores da arte ou da literatura atendendo a distintos criterios de periodización (por exemplo, a xeración) e proxéctanse nas diferentes áreas da literatura e a arte ou belas artes: música, artes visuais (pintura, escultura e arquitectura). De tal xeito que, por exemplo, para as creacións culturais da civilización occidental do século XVII á primeira metade do XVIII, acuñouse o termo barroco e, aínda que os produtos artísticos das distintas artes non tiñan unha conexión inmediatamente evidente entre si, desígnanse habitualmente como arquitectura barroca, pintura barroca, música barroca ou literatura barroca.
O materialismo histórico interpreta os movementos ou estilos artísticos como parte da superestructura, e por tanto, só entendibles a partir da formación económico social onde xorden ou se desenvolven, e da que serían expresión ideolóxica (xunto coa relixión ou o dereito).[2] Outras interpretacións da Historia da arte[3] exponse máis ben o estudo das variacións ou semellanzas formais (formalismo), do seu contido iconográfico,[4] da personalidade ou psicoloxía dos artistas (incluso a aplicación do psicanálise) etc.
Movementos en cada unha das artes
[editar | editar a fonte]- Movemento literario
- Movemento pictórico
- Movemento escultórico
- Movemento arquitectónico
- Movemento musical
Artistas en cada unha das artes
[editar | editar a fonte]Algúns movementos artísticos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Expresión que aplica ao campo do ensaio Juan Marichal A vontade de estilo: teoría e historia do ensaísmo hispánico.
- ↑ Arnold Hauser Historia social da literatura e a arte (1951) e outras obras (véxase bibliografía dese autor).
- ↑ Véxase tamén Estudo da Historia da arte.
- ↑ Erwin Panofsky El significado en las artes visuales (1955). Trad.: Madrid, Alianza, 2008., e outras obras (véxase bibliografía dese autor).