Félix Gila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1895 (129 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de fútbol, masaxista |
Deporte | fútbol |
Félix Gila Esteban, nado en Donostia o 20 de novembro de 1895, foi un masaxista e adestrador de fútbol español. Foi un dos primeiros adestradores do Deportivo da Coruña, ao que dirixiu en catro etapas, gañando tres Campionatos de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de traballar como masaxista no Betis trasladouse á Coruña en 1926, para ser o novo masaxista e adestrador do Deportivo da Coruña.[1] O club coruñés reforzouse para esa tempada 1926/27 do Campionato de Galicia con varios xogadores. Chegou Fernando Fariña do Eiriña, Ramón Rey e Redondela do Pontevedra Athletic, e Chaco da Cultural Leonesa.[2] Gañou 12 dos 16 partidos e proclamouse por primeira vez na súa historia campión de Galicia, logrando o título a falta de dúas xornadas, despois de vencer nun derbi contra o Celta de Vigo con dous goles de Ramón González e Joaquín Vázquez.[3]
Deixou o equipo ao remate da tempada, regresando brevemente en 1928. En 1930 comezou a súa terceira etapa no club, que durou tres anos e na que conquistou dous títulos máis do campionato galego (1930/31 e 1932/33). Continuou como masaxista no club ata xaneiro de 1934, cando presentou a súa dimisión.[4] Volveu en decembro do mesmo ano, adestrando o equipo durante uns meses.
En decembro de 1935 converteuse en adestrador do Stadium Avilesino, ao que dirixiu durante unha tempada.[5]
Traballou tamén como crítico deportivo para La Voz de Galicia.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
- Campionato de Galicia (3): 1926/27, 1930/31, 1932/33.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Notas de fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1926. p. 2.
- ↑ "El Dépor recuerda el primer título de la entidad" (en castelán). 6 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Ayer, en Riazor, se proclamó el Deportivo campeón gallego". El Balón (en castelán). 7 de febreiro de 1927. pp. 9–12. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Otra baja de un sueldo en el Deportivo". La Zarpa (en castelán). 19 de xaneiro de 1934. p. 6. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Gila entrenador del Avilés". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de decembro de 1935. p. 9.
- ↑ "España bate por segunda vez a Hungría". El Noroeste (en castelán). 21 de decembro de 1926. Consultado o 4 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).