Pepe Torres
Pepe Torres | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Torres Mourelle | ||
Nacemento | 8 de outubro de 1901 | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Falecemento | valor descoñecido | ||
Lugar de falecemento | valor descoñecido | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1919 | Real Club Coruña | ||
1922–1923 | Racing de Ferrol | ||
Olimpia | |||
Iberia | |||
1928 | Lugo Sporting | ||
1928–1934 | Deportivo da Coruña | 87 | (10) |
Selección nacional | |||
1927 | Cuba | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José "Pepe" Torres Mourelle, nado en Ourense o 8 de outubro de 1901, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou no Real Club Coruña ata 1919, ano no que o club desapareceu.[1] Na tempada 1922/23 pasou polo Racing de Ferrol, co que xa disputara algúns partidos amigábeis na campaña anterior. Foi convocado coa selección galega, aínda que non chegou a xogar.[2]
Emigrou a Cuba durante un tempo, e alí xogou no Olimpia Sporting Club, co que conseguiu un título do Campionato Nacional cubano,[3] e no Real Iberia da Habana, xunto a outros galegos como Manuel Bergés, os irmáns Gonzalo, Edelmiro e O'Donell Lorenzo, ou o exdeportivista Cachán.[4] Co Iberia gañou os campionatos de 1926 e 1928, e chegou a formar parte da selección cubana.[5]
Volveu á Coruña en 1928, e en agosto xogou co Deportivo da Coruña en Riazor un partido amigábel fronte ao Celta de Vigo.[6] Un mes despois fichou polo Sporting Lugo, do que o seu irmán Antonio era dianteiro centro e membro da directiva.[7] Pouco despois foi contratado polo Deportivo co que disputou a tempada 1928–29, cun soldo de 400 pesetas ao mes. Foi un dos futbolistas titulares que xogaron o histórico primeiro partido do Deportivo en liga nacional fronte ao Alavés en Mendizorrotza.[8] En 1932 xogou coa selección galega no Inferniño un partido contra o Racing de Ferrol en homenaxe a Manuel Rivera.[9]
Exerceu como adestrador do Deportivo durante a tempada 1948-49.[10]
En 1954 converteuse en presidente do Fabril. Foi ademais propietario da cafetería Marineda e logo do bar Astoria, en cuxo primeiro piso se atopaba a sede do Fabril.[11][12]
Persoal
[editar | editar a fonte]O seu fillo Carlos Torres tamén foi futbolista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Real Club Coruña vence al Real Club Fortuna por 4 goals a 2". El Ideal Gallego (en castelán) (639). 25 de febreiro de 1919. p. 4. Consultado o 20 de decembro de 2021.
- ↑ Miranda, Carlos (18 de maio de 2016). "La otra Selección Galega, el equipo que se le resistió al Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ Parada, César (6 de xullo de 1928). ""Pepe" Torres y Santos Nosti Pelón". Diario de la Marina.
- ↑ Pobes, José (1 de xullo de 2010). "Españoles en el fútbol cubano" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ "Selección Cubana que se enfrentará al equipo de Chile los días 11, 18 y 25". Diario de la Marina (en castelán). 4 de xaneiro de 1927. p. 18. Consultado o 20 de decembro de 2021.
- ↑ "En Riazor - El partido de esta tarde". El Orzán (en castelán). 14 de agosto de 1928.
- ↑ "De fútbol. Varias noticias". El Progreso (en castelán). 20 de setembro de 1928.
- ↑ "Se cumplen 90 años del primer partido del Deportivo en el Campeonato Nacional de Liga" (en castelán). 17 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ "Homenaje a Rivera" (en castelán). 23 de agosto de 1932. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Adestradores do Deportivo". Web oficial do Deportivo (en castelán). Consultado o https://www.rcdeportivo.es/rcdeportivo/protagonistas/entrenadores.
- ↑ "Historia do Fabril". Rafael Vacas (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ Guillín, Pepe. "Pepe Torres Mourelle,un gran extremo". canaldeportivo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Ourense
- Futbolistas de Ourense
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Nados en 1901
- Xogadores do Iberia
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Lugo Sporting
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores da selección de fútbol de Cuba
- Xogadores do Real Club Coruña