Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Herta Müller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHerta Müller

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Nițchidorf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerlín Editar o valor en Wikidata
EducaciónWest University of Timișoara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, tradutora, novelista, poetisa, lingüista, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Libre de Berlín
Nikolaus Lenau High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRichard Wagner (1984–1989)
Harry Merkle Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.372–374) >>>:Müller, Herta Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2361801 BNE: XX1010306 Bitraga: 1050 Musicbrainz: 2d084f0c-30c7-4504-907a-c8a316120561 Editar o valor en Wikidata

Herta Müller, nada en Nițchidorf (Timișoara, Romanía) o 17 de agosto de 1953, é unha escritora alemá de orixe romanesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Herta Müller é filla de granxeiros suabos de fala alemá. Estudou xermanística e literatura romanesa na Universidade do Oeste de Timișoara. Formou parte do Aktionsgruppe Banat, un parladoiro de escritores idealistas romanés-alemáns. En 1976 empezou a traballar como tradutora para unha compañía de enxeñería, pero deixou o emprego en 1979 para non cooperar coa Securitatea Statului, a policía secreta do réxime comunista romanés. Estivo empregada nun xardín de infancia e impartindo clases de alemán. O seu primeiro libro foi publicado en 1982 en Romanía e apareceu só en versión censurada, como moitas outras obras dese tempo. Pouco despois prohibíronlle seguir publicando no seu país, aínda que os seus libros triunfaban en Alemaña e Austria.

En 1987 marchou a Alemaña co seu home, o novelista Richard Wagner. Fixo algúns lectorados en universidades alemás nos anos seguintes e fixou a súa residencia en Berlín.

Destaca polos seus relatos acerca das durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceaușescu. Foi galardoada co Premio Nobel de Literatura en 2009 pola súa capacidade para describir "a paisaxe dos desposuídos".[1]

  • Niederungen, 1982.
  • Drückender Tango, 1984.
  • O home é un grande faisán no mundo, 1986 (Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt, traducido ao galego por Frank Meyer en 2001).
  • Barfüßiger Februar, 1987.
  • Reisende auf einem Bein, 1989.
  • Wie Wahrnehmung sich erfindet, 1990.
  • Der Teufel sitzt im Spiegel, 1991.
  • Der Fuchs war damals schon der Jäger, 1992.
  • Eine warme Kartoffel ist ein warmes Bett, 1992.
  • Der Wächter nimmt seinen Kamm, 1993.
  • Angekommen wie nicht da, Lichtenfels (1994)
  • Herztier, Reinbek bei Hamburg (1994)
  • Hunger und Seide, 1995.
  • In der Falle, 1996.
  • Heute wär ich mir lieber nicht begegnet, 1997.
  • Der fremde Blick oder Das Leben ist ein Furz in der Laterne, 1999.
  • Im Haarknoten wohnt eine Dame, 2000.
  • Heimat ist das, was gesprochen wird, 2001.
  • Der König verneigt sich und tötet, 2003.
  • Die blassen Herren mit den Mokkatassen, 2005.
  • Este sau nu este Ion, 2005.
  • Randea do alento, 2009 (Atemschaukel, traducido ao galego por Marga do Val en 2010).
  1. "Hertha Müller gaña o Nobel de Literatura" Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine., artigo en Galiciaé, 8 de outubro de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]