Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Joselu Mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoselu Mato

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Joselu Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Luis Mato Sanmartín Editar o valor en Wikidata
27 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Stuttgart, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJoselu Editar o valor en Wikidata
Altura192 cm Editar o valor en Wikidata
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo El Álamo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   Celta Fortuna 21(3)
2009–2009   Celta de Vigo 2(0)
2009–2010 cesión   Celta de Vigo 24(4)
2009–2012   Real Madrid Castilla 72(40)
2011–2011   Real Madrid CF 1(1)
2012–2014 TSG 1899 Hoffenheim 25(5)
2013–2014 cesión Eintracht Frankfurt 24(9)
2014–2015 Hannover 96 30(8)
2015–2016 Stoke City F.C. 22(4)
2016–2017 cesión   Deportivo da Coruña 20(5)
2017–2019   Newcastle United 46(6)
2019–2022   Deportivo Alavés 110(36)
2022–2024   RCD Espanyol 34(16)
2023–2024 cesión   Real Madrid CF 34(10)
2024– Al-Gharafa Sports Club
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   España sub-19 11(3)
2009–2009   España sub-20 1(0)
2009–2010   España sub-21 4(1)
2016–   Galicia 1(0)
2023–   España 9(5)
Familia
ParentesDani Carvajal, concuñado Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm7773444 Twitter: joselumato9 UEFA: 250005193 Editar o valor en Wikidata

José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato,[1] nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no Al Gharafa de Qatar. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións. Xogou tamén tres anos na Bundesliga alemá (nas filas do Hoffenheim, o Eintracht Frankfurt e o Hannover 96) e outros tres na Premier League inglesa (vestindo as camisetas do Stoke City e o Newcastle). Na tempada 2022/23, militando no Espanyol, gañou o Trofeo Zarra.

Dende 2023 é internacional coa selección española, coa que conquistou a Liga das Nacións da UEFA de 2023 e a Eurocopa de 2024.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade alemá de Stuttgart, sendo fillo de emigrantes galegos, e estivo escolarizado alí ata os catro anos, cando a familia regresou a Silleda, de onde é súa nai, Elvira Mato. Esta casou por segunda vez con Xosé Ramón Vázquez Barcala, un dos principais defensores da cultura e do patrimonio de Silleda e en particular do mosteiro de Carboeiro.[2][3]

Joselu comezou a xogar ao fútbol a curta idade e axiña ingresou na canteira do CF Silleda, no que comezou a xogar con oito anos.[4][5][6] Militou no club dezao ata a idade cadete, aínda que xogaba xa con ficha de infantil de primeiro ano.[7]

Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]
Joselu co Celta de Vigo nos momentos previos á disputa do Trofeo Cidade de Pontevedra de 2009.

Aos 12 anos Javier Maté levouno para o Celta de Vigo, onde foi subindo polas diferentes categorías mentres vivía cunha tía, enfermeira en Vigo.[7]

En setembro de 2007, con 17 anos, debutou co primeiro equipo da man de Hristo Stoichkov, nun partido amigable diante do Porriño.[8] Na tempada 2008/09 comezou a xogar co equipo xuvenil na División de Honra, pero dous meses despois do comezo da tempada foi xa subido ao Celta B, da Segunda División B, co que disputou 21 partidos esa campaña, anotando tres goles.[7]

Esa mesma tempada debutou co primeiro equipo en partido oficial, fronte ao Las Palmas na xornada 36 da Segunda División en Balaídos, onde o adestrador Eusebio Sacristán lle deu entrada ao campo na segunda metade como substituto de Óscar Díaz.[9] Xogou tamén os minutos finais da penúltima xornada de liga, fronte ao Sevilla Atlético.

Prevendo unha prometedora carreira, o 31 de agosto de 2009 o Real Madrid fíxose coa fichaxe do xogador por 1,5 millóns de euros, deixándoo cedido durante un ano no Celta de Vigo.[10] Durante a tempada 2009/10 disputou un total de 28 partidos co club celeste, xogando habitualmente a carón de Iago Aspas, e anotou catro goles.

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

A continuación marchou a Madrid para xogar no filial do equipo branco, o Real Madrid Castilla, na Segunda División B. Na súa primeira tempada, a 2010/11, foi o máximo goleador do equipo xunto a Álvaro Morata, con 14 goles cada un. Esa mesma tempada debutou co primeiro equipo do Real Madrid, que adestraba Jonyoé Mourinho. Foi o 21 de maio de 2011, na derradeira xornada da Primeira División, ante o Almería no Santiago Bernabéu. Entrou ao campo no minuto 85 polo dianteiro Karim Benzema e marcou o oitavo gol do cadro merengue apenas un par de minutos despois (8-1).[11]

Na tempada 2011/12 proclamouse máximo goleador do Grupo I da Segunda B, empatado a 19 goles co tamén galego Rubén Rivera, dianteiro do Montañeros. Os seus tantos contribuíron de xeito significativo a que o equipo dirixido por Toril rematase como campión de grupo con 14 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Tenerife. Na promoción de ascenso o club madrileño enfrontouse a Cádiz e Mirandés en dúas eliminatorias nas que Joselu marcou un total de sete goles, certificando así o regreso do filial branco á Segunda División.

O 20 de decembro de 2011 disputou o seu segundo partido oficial co Real Madrid, na Copa do Rei contra a Ponferradina. Entrou no campo no minuto 76 de xogo, co dorsal 29, en substitución novamente de Benzema, e marcou o cuarto gol do seu equipo a pase de José Callejón. Finalmente os brancos gañaron o partido (5–1).

Hoffenheim

[editar | editar a fonte]

No verán de 2012 regresou á súa Alemaña natal, tras ser traspasado ao Hoffenheim por 6 millóns de euros.[12] O Real Madrid reservou unha opción de recompra válida por dous anos. Debutou na Bundesliga na terceira xornada da tempada, nunha derrota por 5-3 ante o Freiburg no Dreisamstadion de Friburgo, converténdose no segundo futbolista galego en xogar na Bundesliga, só despois de Rubén González. Dez días despois marcou o seu primeiro gol co equipo de Markus Babbel, na vitoria por 0-3 sobre o Stuttgart no Mercedes-Benz Arena.

Na primeira metade da tempada encadeou ata 10 xornadas consecutivas como titular e marcou por primeira vez dous goles nun mesmo partido da Bundesliga, ante o Greuther Fürth. Trala marcha de Babbel e o cambio de adestrador alternou titularidades con suplencias, rematando a tempada con 25 partidos e 5 goles. O equipo conseguiu saír dos postos de descenso directo na derradeira xornada.

Eintracht Frankfurt

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2013/14 foi cedido ao Eintracht Frankfurt, equipo que adestraba Armin Veh.[13] O 4 de agosto de 2013 debutou ante o FV Illertissen, na que foi tamén a súa estrea na Copa de Alemaña, e marcou o primeiro dos dous goles do seu equipo (0-2).[14] Esa mesma tempada debutou na Europa League e marcou un gol nos oitavos de final ante o Porto no estadio do Dragão. Pechou o seu paso por Frankfurt con 31 partidos oficiais e un total de 14 goles.

Hannover 96

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2014 foi traspasado por uns 6 millóns de euros ao Hannover 96, co que asinou un contrato de catro anos.[15] Na súa única tempada alí disputou 32 partidos, marcando 10 goles e repartindo 4 asistencias.[16] Cumpriu só ese ano de contrato, pois en xuño de 2015 foi traspasado ao Stoke City inglés, que pagou por el preto de 8 millóns de euros.[17]

Stoke City

[editar | editar a fonte]

Debutou na Premier League o 15 de agosto de 2015, na segunda xornada, ante o Tottenham Hotspur, entrando ao campo no minuto 59 como substituto de Jonathan Walters e uns minutos despois recibiu un penalti que Marko Arnautović converteu no primeiro gol do Stoke no encontro.[18] O seu primeiro gol na liga inglesa chegou na xornada 19, contra o Everton en Goodison Park, nun partido que o Stoke City gañou por 3-4.[19]

Xogou 27 partidos co Stoke na tempada 2015/16, marcando catro goles. O equipo dixido por Mark Hughes, que contaba con xogadores como Afellay, Xherdan Shaqiri ou Bojan Krkić, rematou o campionato de liga na novena posición.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

No verán de 2016 foi cedido ao Deportivo da Coruña por unha tempada. A súa incorporación realizouse o 31 de agosto, último día do mercado de fichaxes, despois de que o club galego traspasase a Lucas Pérez e non conseguise contratar a Álvaro Vázquez, e completouse só uns minutos antes da medianoite.[20] O día do seu debut como branquiazul sufriu unha escordadura de xeonllo logo dunha dura entrada do xogador do Athletic Club Raúl García, que o mantivo de baixa durante máis de dous meses.[21] Reapareceu nun partido da Copa do Rei ante o Betis e contou con minutos nos seguintes encontros.

O 10 de decembro disputou contra o Real Madrid o seu cuarto partido co Deportivo, na xornada 15 de liga. Saltou ao céspede do Santiago Bernabéu a falta de media hora para o final, substituíndo ao turco Emre Çolak cando o Deportivo perdía por 1-0, e en só oito minutos conseguiu darlle a volta ao marcador con dous goles a Keylor Navas. Con todo, o Real Madrid acabou por remontar de novo e gañou o encontro por 3-2.[22] Durante o resto da tempada alternou titularidades e suplencias, mostrando un rendemento por debaixo do esperado, e acabou enfrontado aos seareiros do club.[23][24] Participou nun total de 26 partidos, nos que marcou 6 goles, entre eles un ao FC Barcelona e un terceiro ao Real Madrid.

Newcastle

[editar | editar a fonte]

O 16 de agosto de 2017 fichou polo Newcastle United, da Premier League. Debutou catro días despois, substituíndo a Dwight Gayle na segunda parte dun partido ante o Huddersfield Town,[25] e marcou o seu primeiro gol o día 26, na vitoria por 3-0 contra o West Ham United en St James' Park.[26] O seu rendemento foi irregular ao longo da tempada, do mesmo xeito que o dos seus compañeiros na dianteira, e acabou a tempada como o terceiro máximo goleador do equipo con catro goles, por detrás de Gayle e Ayoze Pérez.

Comezou a tempada 2018/19 marcando dous goles nos tres primeiros partidos de liga, pero co paso das xornadas acabou sendo o cuarto dianteiro do equipo de Rafa Benítez, por detrás de Ayoze Pérez, Salomón Rondón e Yoshinori Muto. Non disputou ningún minuto a partir de marzo e acabou a campaña con 19 partidos e 3 goles.

En xullo de 2019 foi traspasado ao Deportivo Alavés, asinando un contrato de tres tempadas.[27] Titular indiscutible, recuperou as cifras anotadoras de anos pasados e foi o máximo goleador do equipo en cada unha das tres campañas. Na última delas (2021/22) foi o sétimo máximo goleador da liga, con 14 dianas, pero o seu equipo acabou descendendo á Segunda División. Rematado o seu contrato deixou Vitoria, sendo, con 36 goles, o máximo goleador da historia do club vasco en Primeira División, superando os 29 goles de Javi Moreno.[28]

O 27 de xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Espanyol, co que asinou contrato por tres anos.[29] Ás ordes do tamén galego Diego Martínez, debutou cun gol ante o Celta de Vigo en Balaídos e ao longo da tempada conseguiu as mellores cifras goleadoras da súa carreira nunha primeira división, acabando como o terceiro máximo goleador da liga con 16 goles, só por detrás de Lewandowski (23) e Benzema (19).[30] Os seus rexistros, que lle valeron para gañar o Trofeo Zarra,[30] non foron suficientes, con todo, para acadar a salvación do Espanyol, que acabou descendendo a Segunda xa con Luis García no banco.

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2023 anunciouse a súa cesión ao Real Madrid, regresando así ao club branco 11 anos despois da súa saída.[31] Participou nun total de 49 partidos e aínda que na maioría deles saíu dende o banco de suplentes, conseguiu un total de 18 goles, unha das mellores cifras da súa carreira. En setembro de 2023 debutou na Liga de Campións e en xaneiro de 2024 gañou o primeiro título da súa carreira, a Supercopa de España, marcando un gol nas semifinais ante o Atlético de Madrid. Conquistou tamén o título de liga, contribuíndo con 10 goles na competición.

En maio foi o gran protagonista no partido de volta das semifinais da Liga de Campións ante o Bayern de Múnic no Santiago Bernabéu, encontro no que Carlo Ancelotti lle deu entrada no minuto 81, con 0-1 no marcador e co equipo español virtualmente eliminado. Nos minutos finais Joselu logrou facerlle dous goles a Manuel Neuer e darlle a volta á eliminatoria, clasificando así ao Real Madrid para unha nova final da Champions.[32][33] Na final disputada en Wembley xogou os últimos minutos tras substituír a Jude Bellingham e proclamouse campión xunto ao seu equipo (2-0).[32]

Al Gharafa

[editar | editar a fonte]

No verán de 2024, o Real Madrid exerceu a opción de compra que mantiña sobre o xogador, pagándolle ao Espanyol 1,5 millóns de euros, para a continuación traspasalo ao Al Gharafa de Qatar.[34]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española dende que estaba no Celta de Vigo, marcando tres goles coa sub-19 e un coa sub-21. Posuidor de dobre nacionalidade española e alemá, ao longo da súa carreira amosou preferencia pola selección española, aínda que declarou que tampouco lle importaría xogar coa alemá se non o chamasen da española.[35]

O 17 de marzo de 2023 foi convocado por Luis de la Fuente para disputar coa selección española absoluta os partidos de clasificación para a Eurocopa 2024 ante Noruega e Escocia, 13 anos despois do seu último partido coa selección sub-21.[36] O 25 de marzo debutou ante Noruega, entrando como substituto de Morata no minuto 81 e marcando dous goles en tres minutos.[37] Deste xeito converteuse no terceiro futbolista máis veterano na historia da selección española en marcar dous goles nun mesmo partido, superado só en lonxevidade por Sergio Ramos e Di Stéfano.[38]

No seu terceiro partido como internacional marcou contra Italia o gol que meteu á selección española na final da Liga das Nacións da UEFA, despois de ingresar ao campo a falta de seis minutos.[39] No encontro final, disputado contra Croacia no De Kuip de Rotterdam, entrou ao terreo de xogo tamén na segunda parte e anotou o primeiro dos lanzamentos na quenda de penaltis que decantou o título a favor do equipo español.[40]

Ao ano seguinte foi un dos 26 xogadores seleccionados por De la Fuente para a disputa da Eurocopa de 2024 en Alemaña.[41] Participou en dous partidos do torneo, sendo o primeiro deles o terceiro encontro da fase de grupos, no que España derrotou pola mínima a Albania e onde xogou como titular.[42] Disputou tamén parte da prórroga dos cuartos de final contra a anfitrioa, Alemaña, partido celebrado na súa cidade natal, Stuttgart, e no que ingresou ao campo como substituto de Fabián.[43] A selección española acabou proclamándose campioa de Europa por cuarta vez na súa historia, tras vencer na final a Inglaterra.[44] Joselu converteuse deste xeito no quinto futbolista galego en conquistar a Eurocopa e no primeiro en 60 anos, dende o triunfo na Eurocopa de 1964 de Luis Suárez, Amancio, Marcelino e Reija.[45]

Selección galega

[editar | editar a fonte]

O 20 de maio de 2016 xogou un amigable coa selección galega ante Venezuela ​​no estadio de Riazor. Saltou ao campo na segunda parte substituíndo a Jota Peleteiro, nun encontro que rematou con empate a un.[46]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2023 foi homenaxeado polo concello de Silleda, nun acto no que ademais se fixo oficial o cambio de nome do campo de fútbol do Outeiriño, que pasou a denominarse Campo de Fútbol Outeiriño-Joselu Mato”.[47][48]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 2016 coa mallorquina Melanie Cañizares, coa que tivo dous fillos: Leo e Lucas.[49] É concuñado do tamén futbolista Dani Carvajal, pois as súas respectivas esposas son irmás xemelgas.[49]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Actualizado ao último partido disputado o 1 de xuño de 2024 .

Club Tempada Liga Copa Internacional Outros[a 1] Total Media
goleadora
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
Celta de Vigo B
España España
2008/09 21 3 21 3 0.14
Celta de Vigo
España España
2008/09 2 2 0 0
2009/10 24 4 4 0 28 4 0.14
Total 26 4 4 0 0 0 30 4 0.13
Real Madrid Castilla
España España
2010/11 34 14 2 0 36 14 0.39
2011/12 33 19 4 7 37 26 0.7
Total 67 33 0 0 6 7 73 40 0.55
Real Madrid
España España
2010/11 1 1 1 1 1
2011/12 1 1 1 1 1
Total 1 1 1 1 0 0 2 2 1
Hoffenheim
Alemaña Alemaña
2012/13 25 5 25 5 0.2
Eintracht Frankfurt
Alemaña Alemaña
2013/14 24 9 2 4 7 1 33 14 0.42
Hannover 96
Alemaña Alemaña
2014/15 30 8 2 2 32 10 0.31
Stoke City
Inglaterra Inglaterra
2015/16 22 4 5 0 27 4 0.15
Deportivo da Coruña
España España
2016/17 20 5 4 1 24 6 0.25
Newcastle United
Inglaterra Inglaterra
2017/18 30 4 2 0 32 4 0.13
2018/19 16 2 4 1 20 3 0.15
Total 46 6 6 1 0 0 52 7 0.13
Deportivo Alavés
España España
2019/20 36 11 1 0 37 11 0.3
2020/21 37 11 1 0 38 11 0.29
2021/22 37 14 1 0 38 14 0.37
Total 110 36 3 0 0 0 113 36 0.32
Espanyol
España España
2022/23 34 16 4 1 38 17 0.45
Real Madrid
España España
2023/24 34 10 2 2 11 5 2 1 49 18 0.37
Total 35 11 3 3 11 5 2 1 50 20 0.4
Total carreira 460 140 33 12 18 6 8 8 519 166 0.32
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda e Supercopa de España

Seleccións

[editar | editar a fonte]
Selección Tempada Europeo[b 1] Mundial[b 2] Liga das Nacións Amigables Total Media
goleadora
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
España sub-19
España España
2008/09 7 3 4 11 3 0.27
España sub-20
España España
2009/10 1 0 1 0 0
2010/11 1 0 1 0 0
Total 0 0 0 0 2 0 2 0 0
España sub-21
España España
2011/12 4 1 4 1 0.25
España
España España
2022/23 2 2 2 1 4 3 0.75
2023/24 5 2 1 0 6 2 0.33
Total 7 4 2 1 1 0 10 5 0.5
Galicia
Galicia Galicia
2016 0 0 1 0 1 0 0
Total carreira 18 8 2 1 8 0 28 9 0.32
  1. Inclúe partidos das fases de clasificación
  2. Inclúe partidos das fases de clasificación
Goles internacionais
# Data Lugar Rival Gol Resultado Competición
1 25 de marzo de 2023 Estadio La Rosaleda, Málaga, España Noruega 2-0 3-0 Clasificación para a Eurocopa de 2024
2 3-0
3 15 de xuño de 2023 De Grolsch Veste, Enschede, Países Baixos Italia 2-1 2-1 Liga das Nacións da UEFA
4 12 de setembro de 2023 Nuevo Los Cármenes, Granada, España Chipre 3-0 6-0 Clasificación para a Eurocopa de 2024
5 16 de novembro de 2023 Limassol Arena, Limasol, Chipre Chipre 0-0 1-3

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Real Madrid Castilla
Real Madrid
Selección española
Individual
  1. "Ficha jugador, Joselu.". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  2. "Carboeiro pierde a uno de sus más firmes defensores". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  3. "Fallece Ramón Vázquez Barcala, impulsor y recuperador del patrimonio trasdezano". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  4. "Joselu hace historia: primer dezano en enfundarse la Roja". Faro de Vigo (en castelán). 25 de marzo de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  5. "Real Madrid CF Web Oficial del Real Madrid CF". Real Madrid C.F. - Web Oficial (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  6. "Torneo juvenil y partido entre el Silleda 2006 frente al del 2013, el sábado 28". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-12-26. Consultado o 2023-03-26. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Giovio, Eleonora (27 de maio de 2012). "El niño de pueblo autodidacta". El País (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  8. "O RC Celta venceu cómodamente hoxe ao Porriño Industrial no campo do Lourambal.". 24 de setembro de 2007. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  9. "Debut soñado, pero no el deseado". Faro de Vigo (en castelán). 10 de maio de 2009. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  10. "El Real Madrid ficha y cede a Joselu al Celta de Vigo". El País (en castelán). 31 de agosto de 2009. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  11. "Le Normand, Rodrigo Moreno y Canales, las grandes novedades". As (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  12. "Ficha". as.com. 
  13. "Joselu se va cedido al Eintracht". Marca (en castelán). 2 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  14. "Joselu se estrena con el Eintracht de Frankfurt". Marca (en castelán). 6 de agosto de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  15. Zárate, Óscar (9 de xuño de 2014). "El delantero Joselu ficha por el Hannover 96 alemán". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  16. "Joselu-Transfer - Hannover 96". web.archive.org (en alemán). 2015-06-26. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2014. Consultado o 2023-03-26. 
  17. "Joselu llega al Stoke City procedente del Hannover". As (en castelán). 16 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  18. Abraham, Timothy (15 de agosto de 2015). "Tottenham 2–2 Stoke". BBC (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  19. Smith, Pete (16 de agosto de 2015). "Tottenham 2, Stoke City 2: Jinking Joselu delighted with good first impression". Stoke Sentinel (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  20. Silveira, Xane (3 de xullo de 2022). "La rocambolesca historia del fichaje de Joselu al Deportivo desde un cíber: "Fue una locura"" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  21. "Joselu sufre un esguince de rodilla: entre seis y ocho semanas de baja". Marca (en castelán). 12 de setembro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  22. Trigo, María (10 de decembro de 2016). "Ramos le estropea la noche a Joselu" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  23. Antelo, Pablo (27 de maio de 2017). "Valoración de los fichajes de esta temporada" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  24. Santamarina, Carlos (29 de maio de 2017). "Uno por uno: Deportivo 2016-2017" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  25. Chowdhury, Saj (20 de agosto de 2017). "Huddersfield Town 1–0 Newcastle United". BBC (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  26. "Newcastle United 3–0 West Ham United". BBC (en inglés). 26 de agosto de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  27. "El Alavés ficha a Joselu hasta junio de 2022" (en castelán). 15 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  28. "Joselu ya es el máximo goleador histórico del Alavés en Primera" (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  29. "Joselu, nuevo fichaje del Espanyol". Sport (en castelán). 27 de xuño de 2022. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  30. 30,0 30,1 "Lewandowski, Pichichi de la Liga con 23 goles" (en castelán). 5 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  31. "Joselu, nuevo jugador del Real Madrid". Marca (en castelán). 19 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2024. 
  32. 32,0 32,1 "A pegada galega dunha nova Liga de Campións". Televisión de Galicia. 2 de xuño de 2024. Consultado o 2 de xuño de 2024. 
  33. Echeverría, Guillermo; Vicente, David (9 de maio de 2024). "Joselu, el héroe inesperado que llegó de un equipo de Segunda y metió al Real Madrid en la final de la Champions League". El Español (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2024. 
  34. "El Real Madrid hace oficial la marcha de Joselu al Al-Gharafa tras ejercer la cláusula de compra". Marca (en castelán). 28 de xuño de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  35. "Joselu: "Pude seguir en el Madrid pero quiero triunfar" - MARCA.com". www.marca.com. Consultado o 2023-03-26. 
  36. Lara, Miguel Ángel (26 de marzo de 2023). "Joselu entra en la historia de los dobletes de la selección". Marca (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  37. Puertas, Pablo Prados (2023-03-25). "Joselu brilla, golea y sentencia en el debut de Luis de la Fuente como seleccionador nacional". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  38. "Joselu, tercer autor de un doblete más veterano en la historia de la Selección" (en castelán). 26 de marzo de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  39. Martínez, Ferran (16 de xuño de 2023). "Joselu mete a España en la final de la Nations League". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 
  40. Iglesias, Denís (18 de xuño de 2023). "Así fue la tanda de penaltis de la final de la Nations League entre Croacia y España" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 
  41. "Vivian y Joselu, en la lista definitiva de España para la Eurocopa de Alemania". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2024. Consultado o 15 de xullo de 2024. 
  42. "España 1-0 Albania". 24 de xuño de 2024. Consultado o 15 de xullo de 2024. 
  43. "La fe lleva a España a semifinales de la Eurocopa tras apear a Alemania en la prórroga (2-1)". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xullo de 2024. Consultado o 15 de xullo de 2024. 
  44. "O fútbol español volve mandar en Europa". 14 de xullo de 2024. Consultado o 15 de xullo de 2024. 
  45. "Galicia también reinó en Berlín". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2024. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  46. Sport (2016-05-21). "Galicia cedió un empate ante Venezuela en el descuento". sport (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  47. Salgueiro, Xan (28 de xuño de 2023). "Joselu ya es eterno en Silleda". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  48. "Joselu recibirá este martes un homenaje en Silleda". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  49. 49,0 49,1 Castellanos, Sara (22 de xuño de 2023). "¿Quién es quién y cómo han cambiado? Las gemelas Daphne y Melanie Cañizares, mujeres de los futbolistas Joselu y Carvajal" (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]