Lingua cupeña
Cupeño Kupangaxwicham Pe'me̲melki | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Sur de California | |
Extinción: | 1987, coa morte de Roscinda Nolasquez | |
Familia: | Uto-azteca Uto-azteca do norte Tákica Cupana Cupeño | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | cup
| |
Mapa | ||
A lingua cupeña (sinalada en gris no sur). | ||
Status | ||
O cupeño é unha lingua morta da familia uto-azteca, a cal foi falada anteriormente polo pobo cupeño do sur de California. Roscinda Nolasquez (finada en 1987) foi a derradeira falante nativa de cupeño.[2] O pobo cupeño fala exclusivamente inglés. O nome nativo da lingua, kupangaxwicham, quere dicir 'xente do lugar para durmir' referíndose á súa terra natal tradicional, anterior a 1902, de Ktipa (na base de Warner's Hot Springs).[3][4] Unha aldea máis pequena estaba situada ao sur de Ktipa, chamada Wildkalpa.
Ao longo da década de 1890 debateuse sobre se se debería ou non permitir que os cupeños seguisen vivindo no territorio tradicional cupeño.[3] Despois de moitos anos de protestas públicas, a Corte Suprema de California decidiu trasladar o pobo cupeño á reserva de Pala.[3][4]
O cupeño ten influencia lingüística tanto das linguas que o precederon como das yumanas faladas polos ipai, que comparten a súa fronteira sur.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Hill, Jane H. (2005-10-18). A Grammar of Cupeño. UC Publications in Linguistics 136. University of California Press.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Sturtevant, William C. (1978). Handbook of North American Indians 8. California: Smithsonian Institution.
- ↑ 4,0 4,1 "Did you know Cupeño is awakening?". Endangered Languages (en inglés). Consultado o 2022-07-11.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |