Ute
Ute núu-'apaghapi núuchi | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Utah e Colorado | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Uto-azteca Uto-azteca do norte Númica Númica meridional Paiute do sur Ute | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Área onde se fala o dialecto ute.[1] | ||
Status | ||
O ute (/ˈjuːt/)[3] é un dialecto da lingua númica do río Colorado, falado tradicionalmente polo pobo ute. Os falantes viven principalmente en tres reservas: Uintah-Ouray (ou ute setentrional) no nordeste de Utah, Ute meridional no suroeste de Colorado, e ute das montañas no suroeste de Colorado e no sueste de Utah.[4] O ute forma parte da rama númica da familia de linguas uto-aztecas. Outros dialectos desta continuo dialectal son o chemehuevi e o paiute do sur. A partir de 2010, había 1.640 falantes combinados dos tres dialectos da lingua númica do río Colorado. A lingua irmá do ute, o númico do río Colorado, está clasificada como unha lingua ameazada, aínda que existen programas de dinamización lingüística patrocinados polas tribos.
O termo "ute" foi usado polos exploradores españois, sendo un derivado do termo quasuatas, usado polos españois da época para referirse a todas as tribos ao norte do pobo pueblo e ata os shoshone.[5] O pobo ute refírese á súa propia lingua como núu-'apaghapi ou núuchi, que significa "a fala do pobo" e "do pobo" respectivamente.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campbell, L. American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Oxford University Press, 1997, p. 359.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Givón, T. Ute Reference Grammar. John Benjamins Publishing Company, 2011
- ↑ 4,0 4,1 Givón, Talmy (2011). Ute reference grammar. Amsterdam: John Benjamins Pub. Co. ISBN 978-9027202857. OCLC 733750317.
- ↑ "What is a Ute?". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 2012-01-24.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ute |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |