Lingua tongva
Tongva eyooshiraaw | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Gabrielino / Gabrieleño | |
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Sur de California | |
Extinción: | ca. 1900 | |
Familia: | Uto-azteca Uto-azteca do norte Tákica Cupana Tongva | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xgf
| |
Mapa | ||
A lingua tongva (sinalada en laranxa). | ||
Status | ||
A lingua tongva (tamén coñecida como gabrielino ou gabrieleño) é unha lingua morta[2][3] da familia uto-azteca, falada outrora polo pobo tongva, un pobo indíxena que habitou arredor da actual cidade dos Ánxeles, en California. Non é unha lingua de fala cotiá dende os anos corenta. O pobo tongva agora fala inglés, mais algúns están tentando revivir a súa lingua usándoa en conversacións cotiás e contextos cerimoniais. No presente, a lingua tamén se está a utilizar en clases de dinamización lingüística e nalgún debate público sobre cuestións relixiosas e ambientais.[4] O tongva está estreitamente relacionado coa lingua serrano.[5] Os nomes de varias cidades e barrios do sur de California son de orixe tongva, incluíndo Pacoima, Tujunga, Topanga, Azusa, Cahuenga no paso de Cahuenga e Cucamonga no Rancho Cucamonga.
Os derradeiros falantes nativos de tongva viviron a comezos do século XX. A lingua está documentada principalmente nas notas de campo inéditas de John Peabody Harrington feitas durante esa época. O "Proxecto J.P. Harrington", desenvolvido por The Smithsonian a través da Universidade de California, Davis, codificou para a súa documentación aproximadamente 6.000 páxinas das súas notas sobre a lingua tongva, traballo realizado por un membro tongva durante tres anos. Non se comprobou se uns supostos falantes nativos de tongva faleceron na década de 1970.
O planetoide 50000 Quaoar recibiu o nome do deus creador tongva.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Glottolog 4.4 – Tongva
- ↑ Gabrielino-Fernandeño –- MultiTree
- ↑ Fortier, Jana (decembro de 2008). Native American Consultation And Ethnographic Study, Ventura County, California (Informe). La Jolla, California: California Department of Transportation. pp. 13–14. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ Golla, Victor (2011). California Indian Languages (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-26667-4.
- ↑ Byrd, Deborah (19 de febreiro de 2013). "Quaoar, a rocky world orbiting beyond Neptune". EarthSky. Consultado o 31 de agosto de 2014.
- ↑ Lepowsky, M. (2004). "Indian revolts and cargo cults: Ritual violence and revitalization in California and New Guinea". En Harkin, M. E. Reassessing revitalization movements: Perspectives from North America and the Pacific Island. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. pp. 1–61. ISBN 9780803224063. Consultado o 19 de agosto de 2013.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |