Mar das Molucas
Tipo | mar | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Pacífico | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Indonesia | ||||
División administrativa | Indonesia | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Modisi | ||||
O mar das Molucas (en indonesio, Laut Maluku) é un mar que se atopa no océano Pacífico occidental, e cuxas augas pertencen a Indonesia, especificamente bordeado polas illas indonesias de Célebes ao oeste, Halmahera ao leste e as illas Sula ao sur. A rexión é rica en corais e goza de moitos sitios para a practica do mergullo deportivo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Este mar está situado na parte centroriental do arquipélago das Indias Orientais e os seus límites son os seguintes:
- ao noroeste, a costa da illa de Célebes e o mar de Célebes;
- ao norte, as illas Talaud, e o mar de Filipinas;
- ao leste, a costa occidental da illa de Halmahera, as illas Bacan e as illas Obi e o propio mar de Halmahera;
- ao sur, o mar de Ceram, as illas de Taliabu, illas Banggai e Peleng e o mar de Banda;
- ao oeste, o golfo de Tomini.
Terremotos
[editar | editar a fonte]O mar é unha zona sísmica moi activa debido á placa do mar das Molucas. As illas Talaud, ao norte, son o límite xeralmente aceptado deste mar, aínda que a plataforma mariña esténdese máis ao norte.
Historia
[editar | editar a fonte]Os imperios portugués, holandés, británico e español loitaron entre si polo control das illas das Especias (Molucas) as que só se pode acceder a través do mar das Molucas.
Delimitación da IHO
[editar | editar a fonte]A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Molucas como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48c, dentro do arquipélago das Indias Orientais e defíneo da forma seguinte:
No norte.
Desde unha liña desde o extremo nordés de Célebes a través das illas Siau á punta sur de Sangi (3°21'N, 125°37'E) e desde alí ata o extremo sur do grupo das Talaud, a través destas illas ao seu extremo nordeste (4°29'N, 126°52'E) e desde alí unha liña a Tanjong Sopi, a punta norte da illa de Morotai.
No leste.
Pola costa oeste de Morotai desde Tanjong Sopi ata ao sur a Wajaboela (2°17'N, 128°12'E), e desde alí unha liña ata o extremo norte de Halmahera e pola súa costa oeste ata Tanjong Libolo, o seu extremo sur.
No sur.
Unha liña desde o extremo sur de Halmahera á punta norte da illa Bisa (Setile) e desde alí ata o extremo norte de Obi Maior, a través desta illa ata Tanjong Ake Lamo, o seu extremo suroeste, e desde alí a Tanjong Dehekolano, no extremo oriental das illas Soela, ao longo das súas costas do norte de Tanjong Marikasoe, o extremo occidental, e desde alí unha liña ata o punto suroeste da illa de Banggai (1°43'S, 123°36'E).
No oeste.
As costas orientais das illas de Banggai e Peleng ata Bangkalan Norte (1º10'S, 123°18'E) e desde alí unha liña a Tg. Botok (Célebes) (1°04'S, 123°19'E) ao redor da costa a Tg. Pasir Pandjang (0°39'S, 123°25'E) e na Tg. Tombalilatoe (123°21'E) na costa oposta, e desde alí ata a costa oriental de Tg. Pisan, o extremo nordés de Célebes.On the North. By a line from the Northeast extreme of Celebes through the Siau Islands to the South point of Sangi (3°21'N, 125°37' E) thence to the Southern extreme of the Talaud Group, through these islands to their Northeastern extreme (4°29' N, 126°52' E) and thence a line to Tanjong Sopi, the Northern point of Morotai Island.
On the East. By the West coast of Morotai from Tanjong Sopi as far South as Wajaboela (2°17' N, 128°12' E), thence a line to the Northern point of Halmahera and down its West coast to Tanjong Libolo, its Southern extreme.
On the South. A line from the Southern extreme of Halmahera to the North point of Bisa (Setile) Island, thence to the Northern extreme of Obi Major, through this island to Tanjong Ake Lamo, its Southwestern point, thence to Tanjong Dehekolano, the Eastern extremity of the Soela Islands, along their Northern coasts to Tanjong Marikasoe, the Western extreme, thence a line to the Southeast point of Banggai Island (1°43' S, 123°36' E).
On the West. The East coasts of Banggai and Peleng Islands to North Bangkalan (1º10' S, 123°18' E) thence a line to Tg. Botok (Celebes) (1°04' S, 123°19' E) round the coast to Tg. Pasir Pandjang (0°39' S, 123°25' E) and across to Tg. Tombalilatoe (123°21' E) on the opposite coast, thence up the East coast to Tg. Pisan, the Northeastern extreme of Celebes.».Limits of oceans and seas, páx. 25[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ International Hydrographic Organization, ed. (1953). "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). p. 25. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Molucca sea Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)