Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mar de Arafura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar de Arafura
Imaxe
Tipomar interior Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIndonesia Editar o valor en Wikidata
División administrativaIndonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 9°30′S 135°00′L / -9.5, 135
Comparte fronteira conPapúa Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Características
Profundidade3.680 m Editar o valor en Wikidata
Superficie650.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar de Arafura é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O mar de Arafura está arrodeado, ao leste, polo estreito de Torres e a través del comunícase co mar de Coral; ao sur, polo golfo de Carpentaria; ao oeste, polo mar de Timor; e, ao noroeste, polo mar de Banda e o mar de Ceram. Cunha superficie duns 700.000 km2, ten unha lonxitude duns 1290 km e un ancho de 560 km e unha profundidade entre 50 e 80 m, aumentando cara ao oeste. Ao ser un mar tropical pouco profundo, as súas augas son propicias para a formación de ciclóns tropicais.

O mar atópase sobre a plataforma mariña de Arafura, parte da plataforma de Sahul. Durante a última era glacial ao ser moi baixo o nivel do mar, a plataforma de Arafura, o golfo de Carpentaria e o estreito de Torres formaban unha gran ponte de terra que conectaba Australia e Nova Guinea, facilitando a migración dos humanos desde Asia cara a Australia. Estas masas de terra combinadas reciben o nome de continente de Sahul.

É potencialmente un sitio adecuado para a pesca de demersais, animais que viven no fondo mariño. Posto que posúe un gran ecosistema mariño, no 2002, creouse o Foro experto dos mares de Arafura e Timor (polas súas siglas en inglés: ATSEF) para promover unha xestión sostible dos mesmos tanto desde un punto de vista económico como en canto do coidado do medio ambiente.

Delimitación da IHO

[editar | editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Arafura como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asínalle o número de identificación 48h e defíneo do seguinte xeito:

No Norte.
O límite sueste do mar de Ceram (48 f) e o límite oriental do mar de Banda (48 g).
No Leste.
A costa sur de Nova Guinea desde Karoefa (133°27'L) á entrante do río Bensbak (141°O1'L), e desde alí unha liña até o extremo noroeste da península de York, Australia (11°05'S, 142°03'L).
No Sur.
Pola costa norte de Australia desde o extremo noroeste da península de York até o cabo Don (11°19'S, 131°46'L).
No Oeste.
Unha liña desde o cabo Don até Tanjong Aro Oesoe, o punto meridional de Selaroe (illas Tanimbar).
[O límite sueste do mar de Ceram (48 f). Unha liña de Karoefa, Nova Guinea, ao extremo sueste da illa de Adi, e desde alí a Tg. Borang, o punto setentrional de Noehoe Tjoet (5°17'S, 133°09'L).]
[O límite oriental do mar de Banda (48 g). De Tg Borang, o punto setentrional de Noehoe Tjoet, a través desta illa até a súa punta sur, e desde alí unha liña á punta nordeste de Fordata, a través desta illa e cruzando a punta nordeste de Larat, illas Tanimbar (7°06'S, 131°55'L), baixando a costa oriental de Jamdena até a súa punta meridional, a través de Anggarmasa, a punta norte de Selaroe, e a través desta illa até Tg. Aro Oesoe, a súa punta meridional (8°21'S, 130°45'E)].
Limits of oceans and seas, páx. 28.[1]
  1. «On the North.
    The Southeastern limit of the Ceram Sea (48 f) and the Eastern limit of the Banda Sea (48 g).
    On the East.
    The Southwest coast of New Guinea from Karoefa (133°27'E) to the entrante to the Bensbak Rivet (141°O1' E), and thence a line to the Northwest extreme of York Peninsula, Australia (11°05' S, 142°03' E).
    On the South.
    By the North coast of Australia from the Northwest extreme of York Peninsula to Cape Don (11°19' S, 131 °46' E).
    On the West.
    A line from Cape Don to Tanjong Aro Oesoe, the Southern point of Selaroe (Tanimbar Islands)».[Southeastern limit of the Ceram Sea. «A line from Karoefa, New Guinea, to the Southeastern extreme of Adi Island, thence to Tg. Borang, the Northern point of Noehoe Tjoet (5°17' S, 133°09' E)»].
    [Eastern limit of the Banda Sea. «From Tg Borang, the Northern point of Noehoe Tjoet, through this island to its Southern point, thence a line to the Northeast point of Fordata, through this island and across to the Northeast point of Larat, Tanimbar Islands (7°06' S, 131°55' E), down the East coast of Jamdena Island to its Southern point, thence through Anggarmasa to the North point of Selaroe and through this island to Tg Aro Oesoe its Southern point (8°21' S, 130°45' E).»] A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf Arquivado 08 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 1 de abril de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]