Golfo de Fonseca
Tipo | baía | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Pacífico | |||
| ||||
Composto por | Bahía de La Unión (en) Isla Martín Pérez (en) Isla Zacate Grande (en) Q25280813 Q5921522 Meanguera del Golfo (pt) Isla Zacatillo (en) Q25268915 Islotes de Cosigüina (en) | |||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Atravesa | Honduras, Nicaragua e O Salvador | |||
Superficie | 3.200 km² | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 21 de setembro de 1992 | |||
Identificador | 206 | |||
O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.
Un dos mellores portos naturais do mundo[1], cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.
Historia
[editar | editar a fonte]O conquistador español Gil González Dávila encontrouno mentres procuraba unha rota marítima que comunicara o Atlántico co Pacífico. Un tratado asinado no 1916 concedeulle aos EUA a opción de construír unha canle interoceánica e unha base naval na zona do golfo.
En 1849, Ephraim Squier negociou un tratado cos Estados Unidos para construír un canal a través de Honduras, para que atravesar dende o mar Caribe ao golfo. Frederick Chatfield, británico comandante en América Central, atemorizado por que a presenza norteamericana en Honduras desestabilizase aos británicos, envía a súa frota para ocupar a Illa do Tigre, na entrado do golfo.
Os tres países -Honduras, O Salvador e Nicaragua- coa liña de costa ao longo do golfo rematan nun conflito sobre os dereito do golfo e das illas localizadas dentro del. En 1992, unha resolución do Tribunal Internacional de Xustiza (ICJ) decidía sobre a terra, as illas e o conflito marítimo nas fronteiras; facía unha partición. O ICJ determina que O Salvador, Honduras e Nicaragua compartan o control do golfo de Fonseca, posuíndo O Salvador as illas de Meanguera e de Meanguerita, e Honduras, a illa do Tigre.
Illas
[editar | editar a fonte]Entre as illas máis importantes destacan: Meanguera do Golfo e Zacatillo (O Salvador); Zacate Grande e O Tigre (Honduras), e os Illotes de Consiguina (pertencentes a Nicaragua).
O Tigre, a pesar do seu pequeno tamaño, ten un quilómetro aproximado de diámetro, consta dunha elevación central que supera aos 780 msnm.
Ríos
[editar | editar a fonte]Ao golfo de Fonseca desembocan varios ríos, entre os máis importantes están o río Amatillo, na bocana coñecida como Bocana El Pecho, que entra na Baía La Unión, a máis occidental das baías nas que se divide o golfo; o río Goascorán, que serve de límite entre O Salvador e Honduras tamén desemboca na Baía A Unión; o río Nacaome desemboca na Baía de Chismuyo; o río Choluteca, que pasa próximo á cidade do mesmo nome; e, o río Sumpile, tamén. A terceira baía, dende occidente, é a de San Lourenzo, ao fondo da cal atópase o porto El Henecan, pertencente a Honduras.
Zona húmida de importancia internacional
[editar | editar a fonte]O 10 de xullo de 1999, un complexo de sete áreas costeiras con aproximadamente 69,700 ha de superficie, entra a formar parte do Convención de Ramsar, elixido pola UNESCO, ao longo da porción hondureña do chamado Corredor Biolóxico Mesoamericano do Pacífico.
Estas sete zonas húmidas son: Baía de Chismuyo, Baía de San Lorenzo, Los Delgaditos, Las Iguanas e Punta Condega; Jicarito, San Bernardo e La Berbería.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía baséase na pesca, no traballo portuario e no turismo local e rexional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xestión integrada dos ecosistemas do Golfo de Fonseca". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Fonseca |