Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Montana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o lugar da parroquia de Alcabre, véxase Montana, Alcabre, Vigo

Modelo:Xeografía políticaMontana
State of Montana (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMontana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Oro y plata» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialGrizzly bear (en) Traducir (Mamíferos)
Sturnella neglecta (pt) Traducir (aves)
Nymphalis antiopa (bolboreta)
Lewisia rediviva (pt) Traducir (flor)
Oncorhynchus clarki lewisi (pt) Traducir (peixe)
Pinus ponderosa (árbore) Editar o valor en Wikidata
AlcumeBig Sky Country e Treasure State Editar o valor en Wikidata
Epónimomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°N 110°O / 47, -110
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalHelena Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.084.225 (2020) Editar o valor en Wikidata (2,84 hab./km²)
Número de fogares436.048 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie381.154 km² Editar o valor en Wikidata
Auga1,02 % Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costasen valor Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Clark Fork (pt) Traducir, Flathead River (en) Traducir, Rio Jefferson (pt) Traducir, Río Missouri, Flathead Lake (en) Traducir, Fort Peck Lake (en) Traducir e Whitefish Lake (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude1.035 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Granite (pt) Traducir (3.904 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRio Kootenay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación8 de novembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Montana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataGreg Gianforte (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoMontana Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialMontana Supreme Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-MT Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS767982 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmt.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456679

Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores. A pesar disto, Montana é un dos Estados menos poboados do país, cunha poboación de 902 194 habitantes e unha densidade demográfica de 2,39 hab/km², respectivamente a sétima e a terceira menor do país (ano 2000).

Xeograficamente, o leste do Estado é dominado polas Grandes Planicies, en canto que o oeste do Estado está dominado polas Montañas Rochosas. O nome do Estado, provén da palabra castelá “montaña”, por causa da presenza das Montañas Rochosas na rexión. Ironicamente, as vastas planicies abertas de Montana dánlle o sobrenome de “The Big Sky Country” (O País dos Grandes Ceos). Outros sobrenomes son “Land of Shining Mountains” (Terra das Montañas Brillantes), ”Treasure State” (Estado Tesouro) ou the last best place (o último mellor lugar).

A economía baséase principalmente na agricultura e na extracción de madeira e minerais. O turismo é tamén un factor importante na súa economía, con millóns de visitantes por ano ao Parque Nacional dos Glaciares, ao lugar da batalla de Little Bighorn e ao Parque Nacional de Yellowstone.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Cunha superficie de 376.978 km², Montana é o cuarto estado maior dos Estados Unidos (despois de Alasca, Texas e California). Polo norte, Montana ten fronteira internacional co Canadá —877 km de fronteira, a fronteira máis extensa do mundo sen defensa— limitando coas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta e Saskatchewan, máis provincias que ningún outro estado estadounidense. Ademais, Montana limita cos estados de Dakota do Norte e parte de Dakota do Sur, polo leste; con Wyoming, polo sur; e con Idaho, polo oeste.

O relevo do estado é diverso, pero moi marcado pola divisoria continental das Américas, que corre polo estado en dirección diagonal atravesándoo do noroeste ao centro-sur, e dividíndoo en dúas zonas diferenciadas: as rexións do leste, e as rexións do oeste. Montana é coñecida pola súa montañosa parte oeste, a maioría da cal forma xeolóxica e xeograficamente parte das montañas Rochosas. Non obstante, arredor do 60% do estado é realmente prado, parte da zona norte das Grandes Chairas, e incluso ao leste da divisoria continental e da Fronte das Montañas Rochosas, existen numerosas zonas con microclima onde abundan as pradarías.

Rexión de Missouri Breaks en Montana central.
O lago de St. Mary's no Parque Nacional dos Glaciares.
Monumento Nacional o Piar de Pompeys.

A cordilleira de Bitterroot divide Montana, desde Idaho até o terzo oeste. As montañas entre Bitterroot e a cima da divisoria continental son: as montañas Cabinet (Cabinet Mountains), as montañas Missions (The Missions Mountains), as montañas Garnet (Garnet Mountains), as montañas Zafiro (Sapphire Mountains), as montañas do Flint Creek (Flint Creek Mountains) e a cordilleira Pintlar (Pintlar Range).

A sección norte da divisoria continental, onde as montañas dan paso rápido ás pradarías, é coñecida popularmente como a Fronte das Montañas Rochosas (Rocky Mountain Front), que tamén se coñece como a cordilleira Lewis (Lewis Range), localizada no Parque Nacional dos Glaciares. Debido á configuración de cordilleiras neste parque, a división do norte (que comeza na península de Seward, Alasca) cruza esta rexión e xira ao leste no pico Triplo División. Así, os ríos de Waterton, Belly e Saint Mary flúen cara ao norte, para Alberta (Canadá), desembocando no río Saskatchewan e, finalmente, desaugando na baía de Hudson.

Ao leste da divisoria, áchanse varias montañas, na metade meridional do estado, como son: as montañas Gravelly (Gravelly Range), as montañas Tobacco Root (Tobacco Root Mountains), a cordilleira Madison (Madison Range), a cordilleira Gallatin (Gallatin Range), as montañas do Cinto Grande (Big Belt Mountains), as montañas Bridger (Bridger Mountains), a cordilleira Absaroka (Absaroka Range) e as montañas Beartooth (Beartooth Mountains). A meseta de Beartooth é a masa de terra máis grande por encima dos 3.000 m dos 48 estados, e contén o punto máis alto deste estado, o pico Granito (Granite Peak), con 3.901 m de altitude.

Entre as cordilleiras hai numerosos vales, ricos en recursos agrícolas e ríos, como poden ser os vales de Flathead, Bitterroot, Big Hole e Gallatin.

O leste e norte desta zona de transición é coñecida normalmente como as Chairas Setentrionais, con pradarías e mesetas, con algunha montaña e con terras baldías, que se estende polas Dakotas, Alberta, Saskatchewan e Wyoming. As pequenas e escasas montañas que se organizan ao leste da divisoria continental son: as montañas Crazy (Crazy Mountains), as montañas do Cinto Pequeno (Little Belt Mountains), as montañas Nevadas (Snowy Mountains), os montes da Doce Herba (Sweet Grass Hills), as montañas Bull (Bull Mountains) e, na esquina sueste do estado, preto de Ekalaka, os Long Pines.

A área leste desta zona, na zona centro norte do estado, é coñecida como Missouri Breaks. Aquí, preto de Great Falls, pódense encontrar tres buttes («colo volcánico», un outeiro con paredes verticais), ademais de impresionantes precipicios. Estes tres, Square, Crown e Shaw, están constituídos por rocha magmática, moi densa, e que leva resistindo a erosión durante moito tempo. A superficie fundamental está composta de xisto. Moitas zonas arredor destes buttes están cubertas por arxila. Estas terras son derivadas da formación Colorado. No leste, áreas como o parque estatal de Makoshika, preto de Glendive, e o parque estatal das Rochas Medicinais (Medicine Rocks), preto de Ekalaka, son tamén destacadas terras baldías en Montana.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]
Principais ríos de Montana
Lonxitude (km)
Nome Total Montana
01 Río Missouri 4.130
02 Río Yellowstone 1.080
03 Río Milk 1 1.173
04 Río Musselshell 470 470
05 Río Jefferson 2 362 362
06 Río Marías 338 338
Río Powder 604
Río Tongue 426
Río Madison 295
Río Teton 241 241
Río Judith 200 200
Río Bitterroot 121 121
Río Blackfoot 120 120
Río Bighorn 742
Río Gallatin 193
Río Kootenay1 728
Río Flathead1 386
1. Discorre parte no Canadá, na Columbia Británica.
2. Inclúe o río Beaverhead.

Montana posúe moitos ríos, moitos deles dentro da coñecida como a "fita azul", que son idóneos para a pesca da troita, ademais de servir de abastecemento á maioría dos residentes, así como de producir enerxía hidráulica. Montana é o único estado que ten ríos que desembocan nas tres grandes vertentes estadounidenses: o océano Pacífico, o golfo de México e a baía de Hudson, que están divididas polo Pico Triplo División, no Parque Nacional Glacier.

Ao leste da división, o río Missouri, formado pola confluencia dos ríos Jefferson, Madison e Gallatin, cruza a parte central do estado, flúe a través de Missouri breaks e entra en Dakota do Norte. O río Yellowstone nace no Parque Nacional de Yellowstone, Wyoming, flúe cara ao norte até Livingston en Montana, onde xira para o leste e atravesa o estado até desembocar no río Missouri, poucos quilómetros ao leste da fronteira con Dakota do Norte. Outros importantes afluentes do río Missouri que flúen por Montana son o río Milk (Leite), o río Marías, o río Tongue (Lingua) e o río Musselshell. Todos estes ríos chegan ao final ao río Mississippi, e logo, ao golfo de México.

A auga ten unha importancia vital para este estado, tanto para a agricultura como para a enerxía hidráulica. Ademais dos ríos, este estado é lar do lago Flathead, o lago de auga doce natural máis grande ao oeste dos Grandes Lagos. Construíronse multitude de encoros, sendo o máis grande o Fort Peck, construído no río Missouri.

Familia assiniboine, Montana, 1890-91.

Os nativos americanos foron os primeiros dos numerosos habitantes que se asentaron no estado de Montana. Houbo moitos grupos, como poden ser os crow, na zona centro-sur; os cheyennes, no sueste; os pés negros, assiniboine e atsina no centro e norte; e os kutenai e os salish no oeste. As pequenas tribos dos pend oreille e kalispel establecéronse arredor do lago Flathead e das montañas do oeste respectivamente.

O leste de Montana fixo parte da Compra de Luisiana en 1803. Seguidamente veu a expedición de Lewis e Clark e o descubrimento de ouro no estado, na época dos anos 1850. Montana converteuse no Territorio de Montana o 26 de maio de 1864 e no estado 41º o 8 de novembro de 1889.

Fort Shaw (Territorio de Montana) foi establecido na primavera de 1867. Está situado ao oeste de Great Falls no val do río Sol, e foi un dos tres postos autorizados polo Congreso en 1865. Os outros dous postos no territorio de Montana foron Camp Cooke e Fort C.F. Smith, na ruta de Bozeman, no centro-sur do territorio de Montana. Fort Shaw, que foi despois rebautizado Colonel Robert Gould Shaw, quen dirixira a unidade 54º Massachusetts, un dos primeiro exércitos afroamericanos durante a Guerra de Secesión, foi construído de madeira e adobe pola 13º Infantaría. O forte tiña unha praza de armas que ocupaba 120 m², e consistía nun hospital e nun mercado e podía albergar até 450 soldados. Completado en 1868, foi usado por militares até 1891.

Despois do peche do posto militar, o goberno estableceu Fort Shaw como unha escola para instruír os nativos americanos sobre o funcionamento industrial. A escola industrial india de Fort Shaw foi aberta o 30 de abril de 1892. A escola tiña 17 facultativos, 11 asistentes indios e 300 estudantes. A escola utilizou máis de 20 dos edificios construídos polo Exército.

A revisada Homestead Act, lei estadounidense de principios do século XX, afectou positivamente ao desenvolvemento de Montana. Esta acta expandía o terreo que lle fora concedido a cada persoa de 65 a 130 ha. Tamén reduciu o prazo de reclamación dun terreo de 5 a 3 anos.

En 1908 o Plan de Irrigación do río Sol, ao oeste de Great Falls, foi aberto para o abastecemento de fogares. Baixo esta acta de Reclamación, unha persoa podía obter 16 ha. A maioría da xente que se foi vivir a este sitio eran parellas de mozos que querían vivir preto das montañas onde a pesca e a caza era moi boa. Moitos destes proviñan do medio-oeste e de Minnesota.

Montana foi o escenario onde os indios americanos fixeron o seu último esforzo por manter a súa terra, loitaron contra o exército dos Estados Unidos, ao mando de George Armstrong Custer, que se saldou coa vitoria indíxena.

O estado foi o primeiro estado en escoller unha muller como membro do congreso, Jeannette Rankin.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Crecemento demográfico de Montana
Ano Habitantes
1870 20.595
1880 39.159
1890 142.924
1900 243.329
1910 376.053
1920 548.889
1930 537.606
1940 559.456
1950 591.024
1960 674.767
1970 694.409
1980 786.690
1990 799.065
2000 902.195
Pirámide de poboación de Montana.

No 2005, Montana tiña unha poboación estimada de 935.670, o que supón un incremento de 8.750 habitantes, ou un 0,9% con respecto ao ano anterior, consistente nunha subida de 33.475 habitantes e un 3,7% desde o ano 2000. Isto inclúe un incremento natural desde o último censo de 13.674 (58.001 nacementos menos 44.327 mortes) e outro debido á inmigración de 21.074 persoas a este estado. A inmigración desde fóra dos Estados Unidos proporcionou unha subida de 2.141 habitantes, e a inmigración desde o mesmo país até este estado é de 18.933 persoas. 16.500 dos habitantes deste estado naceron no estranxeiro, contando cun 1,8% da poboación total.

Segundo o Censo dos Estados Unidos do 2000, o 1,52% da poboación maior de 5 anos fala español na casa, mentres que un 1,11% fala alemán.

O centro de poboación de Montana atópase no condado de Meagher, na localidade de White Sulphur Springs.

Mentres que a ascendencia alemá é a máis numerosa entre os grupos euroamericanos, os residentes de ascendencia escandinava predominan nas zonas onde hai granxas, no norte e no leste, nas pradarías. Tamén hai varios condados onde predominan os amerindios, maioritariamente arredor de cada unha das sete reservas indias. Historicamente, a minería orientou as comunidades do oeste de Montana como Butte a ter unha maior gama de grupos étnicos, particularmente xente de Europa Oriental e irlandeses estadounidenses, así como emigrantes de rexións mineiras inglesas, como Cornualla. Montana é o segundo estado dos Estados Unidos (só superado por Dakota do Sur) de huteritas, con varias colonias repartidas por todo o territorio. A poboación hispana de Montana sitúase sobre todo arredor da zona de Billings, e no condado de Beaverhead, na zona centro-sur e sur-oeste do estado. A maior densidade de afroamericanos localízase en Great Falls.