Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Unión Alfandegueira Alemá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azul: membros fundadores.
Verde: adhesións ata 1866.
Amarelo:adhesións posteriores.
Liña forte: Confederación Xermánica en 1828.
Liña tenue:Confederación Xermánica en 1834.

A Unión Alfandegueira Alemá (en alemán: Deutscher Zollverein), tamén coñecida simplemente como Zollverein, é unha unión alfandegueira, comercial e monetaria establecida entre diversos estados alemáns, cuxa acta fundacional se asinou o 22 de marzo de 1833 e que entrou en vigor o 11 de xaneiro de 1834.[1]

Dominada polo Reino de Prusia, substituíu as anteriores unións alfandegueiras entre Prusia e Hesse e entre os estados alemáns do Sur, así como a Unión Comercial de Alemaña Central. Os membros fundadores foron, ademais de Prusia, o landgraviato de Hesse-Kassel, o Reino de Baviera, o Reino de Württemberg, o Reino de Saxonia e o conxunto de estados que constituían a Turinxia. Ata 1836, adheríronse á Unión os estados do Gran Ducado de Baden, o Ducado de Nassau e Frankfurt do Main; en 1842 fíxoo Luxemburgo, o Ducado de Braunschweig e o Principado de Lippe; e en 1854 o Reino de Hannover e o Gran Ducado de Oldemburgo. A Unión abranguía, xa que logo, xusto antes da fundación da Confederación Alemá do Norte (1867) unha superficie de aproximadamente 425.000 quilómetros cadrados.[2]

Os obxectivos da Zollverein eran a creación dun mercado interior único e a harmonización das normas fiscais e económicas. No plano político, Prusia situábase no centro do taboleiro alemán e levaba á adopción da coñecida como "solución da Pequena Alemaña" (Kleindeutsche Lösung) durante a Unificación Alemá. Logo da fundación do Imperio Alemán en 1871, as funcións da Unión Alfandegueira fóronlle transferidas a este. Malia non formar parte do novo Estado, o Gran Ducado de Luxemburgo, reducido desde 1839 á súa extensión actual, formou parte da Unión Alfandegueira Alemá desde 1842 ata despois da I Guerra Mundial. Así mesmo, Alsacia-Lorena adheriuse á Zollverein entre 1871 e 1918.[2]

Friedrich List, pintura de Caroline Hövemeyer (1839).

Durante o período do Sacro Imperio Romano Xermánico, os estados alemáns foron moi numerosos e os seus territorios moi espallados, ata o punto de que en 1790 as fronteiras con alfándegas superaban as 1.800. Só no Reino de Prusia había polo menos 67 tarifas de alfándegas diferentes a principios do século XIX. Por exemplo, entre Königsberg, na Prusia Oriental, e Colonia realizábanse 80 controis.[3]

O período napoleónico trouxo consigo algunhas modernizacións, especialmente na Confederación do Rin, dentro de cuxas fronteiras se estableceu un mercado único en 1800.[4] En Baviera, a lexislación vixente entre 1799 e 1808 unificou a totalidade do seu territorio baixo unha tarifa única, que era a máis liberal daquel momento.[5] E tal exemplo foi seguido en 1810 polo Reino de Württemberg e en 1811 polo Gran Ducado de Baden. Estas políticas tiñan como dobre obxectivo a integración socioeconómica dos novos territorios, logo da reorganización de Alemaña por parte de Napoleón, e sobre todo o aumento dos ingresos dos estados en cuestión. Sen un imposto sobre a renda, os ingresos estatais estaban compostos principalmente por impostos especiais ao consumo e taxas alfandegueiras. Xa que logo, resultaba imprescindible para os estados aseguraren estas últimas e, na medida do posible, incrementalas.[6][7] Algunhas voces (entre elas as de Joseph Görres e Heinrich Friedrich Karl vom Stein), xa reclamaban no seu momento o libre comercio dentro de Alemaña, asociado a unha barreira alfandegueira co exterior.[8]

En contra do previsto na Acta Confederal Alemá (Deutsche Bundesakte) de 1815, a Confederación Xermánica non unificou finalmente as cuestións alfandegueiras e as regras económicas nas súas fronteiras. O artigo 19 prevía unicamente que as cuestións de comercio e de liberdade de transporte debían ser tratadas posteriormente.[9][10] Esas negociacións para a unificación das zonas alfandegueiras chegaron a iniciarse en 1819 e 1820, aínda que ficaron frustradas.[11]

Os asuntos de alfándegas xa non se trataban a nivel da confederación senón directamente entre os estados. Aínda que as moitas barreiras tarifarias dificultaban o desenvolvemento industrial e o comercio, as presións para unha nova política alfandegueira proviñan do exterior. O final do "bloqueo continental" napoleónico fixo reaparecer de súpeto a competencia das industrias inglesas fronte á produción alemá, máis artesanal. Creouse entón unha asociación liderada polo economista Friedrich List (1789-1846) que abranguía o comercio artesán de toda Alemaña, para esixir a creación de barreiras alfandegueiras que limitasen as importacións inglesas, ante o temor de que a economía alemá quedase dominada pola economía inglesa.[12] Como escribiu Karl Friedrich Nebenius en 1819, List esixía a fin das barreiras alfandegueiras internas, que consideraba vergoñentas e penalizadoras para o comercio e para o transporte en Alemaña, e inviables para as persoas que vivían nas áreas fronteirizas.[13]

Friedrich List perseguía obxectivos económicos e políticos. Segundo el, un espazo alfandegueiro unificado debería levar á formación dun estado-nación, en lugar da Confederación Xermánica. A súa iniciativa tivo pouco éxito, aínda que alentou as opinións dos liberais e influíu indirectamente nas medidas estatais do sur de Alemaña e nas negociacións que se estaban a levar a cabo para o establecemento dunha unión alfandegueira.[14][15]

Modernización do sistema alfandegueiro

[editar | editar a fonte]

No proceso de modernización do sistema de alfándegas, Prusia xogou un papel fundamental, xa que herdou as reformas postas en marcha no Reino de Westfalia por Napoleón, incluída a ausencia de dereitos alfandegueiros no territorio. Aquela política serviu de modelo para o que máis tarde desenvolveu Prusia nos seus territorios. O que fora ministro de finanzas de Westfalia ata 1811, Hans von Bülow (1774-1825), pasou a ocuparse dese mesmo labor a partir de 1813, seguindo a mesma dirección. Ademais, da mesma maneira que nos estados do sur, facíase sentir especialmente a necesidade de integrar os territorios que se acababan de adherir, o que requiría a reforma do sistema alfandegueiro.[16]

Os pequenos e numerosos estados do sur e Prusia tiñan interese en acabar coas barreiras que existían nas súas alfándegas. No período inmediatamente posterior ao Congreso de Viena, marcábase particularmente o contraste entre os territorios prusianos occidentais moi desenvolvidos, Renania e Westfalia, e os orientais esencialmente agrarios. Cumpría reconducir esa lagoa administrativa e política, e a política alfandegueira era unha das pancas que podía facelo posible. Unha lei prusiana de 1818 aboliu as barreiras internas do reino e estableceu unha co exterior bastante moderada. Esta lei satisfacía os grandes propietarios, partidarios do comercio libre, e os artesáns, que querían protexerse da competencia exterior.[15][17]

Así as cousas, o sistema alfandegueiro prusiano serviu de modelo para os seguintes 50 anos, xa que se mantivo só con leves axustes ata a aparición do Imperio Alemán. En 1871, as tres cuartas partes dos ingresos procedían de bebidas, café e produtos coloniais, tabaco e artigos de luxo. Os aranceis alfandegueiros prusianos eran, polo xeral, superiores aos dos pequenos estados alemáns, aínda que máis baixos que os de Austria, Francia ou Rusia.[18][19][20]

Estas novas normas aumentan a presión alfandegueira sobre os pequenos estados veciños, que ás veces quedaban practicamente illados. As altas taxas de tránsito fixeron que considerasen a integración no sistema alfandegueiro prusiano. O primeiro en se integrar foi Schwarzburgo-Sondershausen e axiña foi imitado por outros. Os restantes estados protestaban contra esa competencia que consideraban desleal, xa que consideraban que a acción de Prusia ía dirixida contra eles e só servía aos seus propios intereses. Os estados do outro lado do río Main e do norte de Alemaña procuraron unir a súa política alfandegueira para se defenderen contra a política prusiana.[21]

Formación de diversas unións alfandegueiras

[editar | editar a fonte]
Johann Friedrich Cotta xogou un papel decisivo na formación da unión dos estados do sur de Alemaña e na posterior fusión coa constituída por Prusia e Hesse.

Xa en 1820, Württemberg prevía establecer unha unión alfandegueira constituída polos estados da chamada "terceira Alemaña" (Dritte Deutschland, é dicir, os da Confederación Xermánica agás Prusia e Austria. Mais esta iniciativa fallou por mor dos diferentes intereses dos seus membros. Dunha banda, Baden, coas súas longas fronteiras e unha boa infraestrutura adaptada ao tránsito de mercadorías, era partidario do libre comercio, en tanto que o goberno bávaro esixía unha barreira alfandegueira co exterior. O único resultado deste intento de unión foi un acordo comercial a curto prazo entre o Gran Ducado de Baden e Hesse-Darmstadt.

En 1825 tiveron lugar unhas novas negociacións en Stuttgart, que levaron á formación da Unión Alfandegueira do Sur de Alemaña, entre Baviera e Württemberg.

Como reacción a estas dúas unións (a de Prusia e a do sur), Hannover, Saxonia, Hesse-Kassel, Nassau, Bremen, Brunswick e Frankfurt formaron en 1828 a Unión Comercial de Alemaña Central, que contaba co apoio de potencias estranxeiras como Francia, Gran Bretaña, Austria e os Países Baixos. Tratábase dunha unión defensiva para a preservación do statu quo e, xa que logo, non era estritamente unha unión alfandegueira. Os seus membros non debían entrar na unión alfandegueira de Prusia.[22]

O goberno prusiano procuraba atraer novos membros á súa unión mediante presións e agasallos financeiros por parte do Ministerio de Finanzas, dirixidos tanto aos estados que aínda mantiñan a súa independencia neste ámbito como aos que xa formaban parte doutra unión. O seu primeiro éxito foi a entrada de Hesse-Darmstadt en 1828, tamén desexada pola unión dos estados do sur. Isto provocou en 1829 un colapso da Unión Comercial de Alemaña Central, coa marcha de Hesse-Kassel. Por razóns financeiras, os estados do sur e do oeste amosáronse menos reticentes a un achegamento ao sistema prusiano. A unión dos estados do sur non cumpriu os obxectivos que se lle fixaran, xa que máis do 40 % dos ingresos se dedicaban a gastos administrativos.[23] Deste xeito, en tanto que os aranceis alfandegueiros da unión prusiana supuñan 24 groschen per cápita, na unión do sur de Alemaña só representaban 9,5 groschen.[24]

En 1829 asinouse un acordo entre Prusia e os estados alemáns do sur impulsado por Johann Friedrich Cotta (1764-1832), que marcaba un achegamento entre as dúas unións alfandegueiras. Prevíase a exención do dereito de alfándega para o comercio interior. A revolución de xullo de 1830 aumentou a presión en torno á política alfandegueira en favor dun maior liberalismo. Naquel momento, o reino hanoveriano aínda intentaba evitar a supremacía prusiana ao levar as institucións da Confederación Xermánica ás negociacións. Ante a derrota das súas posturas, decidiu crear a súa propia unión: a "Unión de Taxas" (Steurverein).[25]

Establecemento da Zollverein

[editar | editar a fonte]

Durante ese período de negociacións, Prusia conseguiu atraer a maioría dos restantes estados da confederación e, finalmente, a unión alfandegueira dos estados do sur e a prusiana acordaron a súa fusión o 22 de marzo de 1833.[26]

Saxonia e os estados de Turinxia uníronse á nova unión o mesmo ano. A Zollverein entrou en funcionamento efectivo o 11 de xaneiro de 1834, e o seu tratado prevía unha renovación cada sete anos.[27]

Nos anos seguintes, Baden, Nassau, Oldemburgo, Frankfurt e Luxemburgo integráronse na nova unión.[27][28] Hanover e Brunswick que constituíran unha alianza propia, disolvérona para integrarse na década de 1850.[27]

O novo espazo de libre comercio no centro de Europa abranguía nos seus inicios 25 millóns habitantes, que xa chegaban a 30 millóns en 1842.[8][14][29][30]

Membros da Zollverein en 1854 [31]
Estado Ano de entrada Territorios
Prusia 1834 Anhalt-Bernburg, Anhalt-Dessau, Anhalt-Köthen, Waldeck, Lippe.
Hesse-Darmstadt 1834 -
Hesse-Kassel 1834 -
Baviera 1834 -
Wurtemberg 1834 Hohenzollern-Hechingen, Hohenzollern-Sigmaringen.
Saxonia 1834 -
Turinxia 1834 Saxonia-Weimar-Eisenach, Saxonia-Meiningen, Saxonia-Coburgo-Gotha, Saxonia-Altenburg, Schwarzburg-Rudolstadt, Schwarzburg-Sondershausen, Reuß-Greiz, Reuß-Schleiz, Reuß-Lobenstein und Ebersdorf.
Baden 1835 -
Nassau 1835 -
Frankfurt 1836 -
Brunswick 1841 -
Luxemburgo 1842 -
Hannover 1854 Schaumburg-Lippe.
Oldemburgo 1854 -

Entre os estados da Confederación Xermánica que quedaban fóra da unión estaban Austria, Liechtenstein, Holstein, Mecklenburg-Strelitz e Mecklenburg-Schwerin.[27] Estes dous últimos integráronse na Zollverein durante a Unificación Alemá. As cidades hanseáticas de Hamburgo, Bremen e Lübeck adheríronse á unión alfandegueira en 1888, sen entraren no dominio alfandegueiro alemán. A guerra austro-prusiana de 1866 achegou tamén á unión a nova provincia prusiana de Schleswig-Holstein. En 1871 tamén se incorporou Alsacia-Lorena.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]
Lei prusiana na que se fai público o tratado entre a Unión Hesse-Prusia e a Unión Alfandegueira do Sur de Alemaña, o 22 de marzo de 1833.

As negociacións sobre a administración da unión trataron de preservar a igualdade entre os estados membros, independentemente do seu tamaño. No comité executivo da unión, denominado "Conferencia da Unión Alfandegueira" (Zollvereinskonferenz) cumpría tomar todas as decisións por unanimidade, co que mesmo os estados máis pequenos tiñan dereito a veto. Este comité executivo reuníase anualmente e ía rotando o lugar de reunión. Os delegados enviados por cada estado tiñan a obriga de asistir. Cada Estado tiña, en principio, unha soa voz, aínda que a cidade de Frankfurt e os estados de Turinxia delegaban os seus votos noutros estados. Na práctica, a cidade libre dáballe a súa voz a Hesse-Nassau, e os estados de Turinxia agrupábanse na denominada "Asociación Alfandegueira e Comercial dos Estados de Turinxia" (Zoll- und Handelsverein der Thüringischen Staaten).

O acordo fundacional da unión concluía inicialmente logo dun período de oito anos, aínda que era renovable automaticamente. Durante a súa existencia, a unión non tiña unha administración centralizada: cada Estado administraba o seu propio territorio consonte as decisións da Zollverein. O único organismo centralizado era a "Oficina Central de Facturación" (Zentral-Rechnungsbüro), sita en Berlín, que se responsabilizaba de distribuír os ingresos entre os estados membros segundo a súa poboación e consonte as estatísticas da unión.

As decisións da reunión anual do comité executivo eran vinculantes para os membros e non precisaban ratificación posterior. A súa acción sobre impostos ao consumo, monopolios estatais e estandarización acadaba un éxito relativo. Canto aos impostos ao consumo, só unha parte dos estados se adhería ao sistema prusiano (por exemplo, Saxonia e os países de Turinxia), e esta disparidade levaba a problemas administrativos no seo da Zollverein. Para restablecer un certo equilibrio aprobábanse compensacións financeiras; posteriormente cobraríase unha taxa de tránsito unificada. Os estados tiñan o monopolio sobre os xogos de azar e sobre o sal, e prohibían a súa importación nas súas áreas, o que orixinaba que o contrabando de sal fose un dos problemas persistentes da unión. Estes monopolios supuñan unha excepción á libre circulación de mercadorías e requirían o establecemento de controis alfandegueiros dentro da unión. Para a estandarización dos pesos, a unión avogaba polo aliñamento dos demais estados co sistema prusiano ou bávaro.

A capacidade de asinar acordos comerciais con outros países resultaba crucial. Aínda que Baviera e Württemberg mantiveron a posibilidade de asinaren tales tratados por separado, poucas veces o exerceron. En xeral, as grandes liñas destes tratados discutíanse na conferencia anual do comité executivo e os detalles das negociacións deixábanselle a Prusia, que ás veces representaba outros estados membros. Este método dáballe moita importancia a Prusia, aínda que os tratados, en última instancia, tiñan que ser ratificados por todos os estados, o que ás veces levaba a importantes conflitos.[32]

A cuestión da natureza xurídica da unión alfandegueira foi obxecto de debate desde os seus inicios. Os xuristas do Estado mantiñan opinións diferentes: desde un simple tratado entre estados ata a formación dunha federación entre eles.[33] O único punto de acordo radicaba no mantemento da soberanía de cada estado, polo que a formación dun Estado federal quedaba excluída. Por mor dos seus órganos administrativos e da súa capacidade para asinar tratados internacionais no seu propio nome, a Zollverein non podía ser considerada como un simple tratado, pero o seu papel simplemente económico tamén impedía considerala unha federación.[34] Hoxe falaríase dunha organización internacional, aínda que este termo non existía naqueles momentos.

Conflitos de interese

[editar | editar a fonte]

Os intereses ás veces diverxentes de cada membro na política alfandegueira conducían a tensións dentro da unión. O dereito de veto de cada membro non simplificaba as negociacións que, ademais, ás veces estaban máis influídas polo contexto político que polo interese real nas decisións. A primeira prórroga do acordo, en 1842, xa supuxo un problema e, logo de longas negociacións, concluíuse unha prórroga de 12 anos.

En 1852, Prusia levou a cabo negociacións secretas co reino de Hannover para obter a súa adhesión á unión, o que provocaría automaticamente axustes nos acordos preexistentes, e os estados do sur, dirixidos por Austria, negáronse a dar o seu acordo. Pola contra, Austria trataba de provocar a disolución da unión propondo a constitución dunha Federación Alfandegueira da Europa Central. Pouco despois, a historia repetiuse cando Prusia tratou unilateralmente con Austria. E unha situación similar apareceu 10 anos despois, cando Prusia asinou con Francia un tratado asociado ao tratado franco-británico de 1860, cun novo axuste en 1862.[35]

Este acordo de libre comercio reducía 161 tarifas de alfándegas. Os estados do sur participaron nas negociacións e negáronse en principio, apoiados por Austria, a ratificar o contrato, aínda que tal bloqueo acabou por descomporse e o tratado comezou a aplicarse tres anos despois.[36] O desbloqueo veu causado polas ameazas do primeiro ministro prusiano Otto von Bismarck de abandonar a unión alfandegueira.

Ante todos estes conflitos, cómpre salientar a estabilidade da institución. Mesmo durante a guerra austro-prusiana de 1866, na que se enfrontaron membros dada unión, Baviera, Württemberg e Hannover continuaron cobrando taxas alfandegueiras e enviándoas a Berlín, e o goberno prusiano seguiu a redistribuílas. Esta estabilidade debíase, en gran medida, aos beneficios financeiros que xeraba.[37]

Resultados da Zollverein

[editar | editar a fonte]

Consecuencias económicas

[editar | editar a fonte]
Debuxo da época contra as barreiras alfandegueiras.

Industrialización

[editar | editar a fonte]

Segundo os seus contemporáneos, a Zollverein tivo sobre todo efectos positivos na economía alemá. Os historiadores discuten desde hai tempo se foi a nova demanda creada polo desenvolvemento industrial a que levou á formación da unión alfandegueira, tese esta defendida por Friedrich List.

O crecemento desenfreado da industria, da produción e da agricultura na década de 1830 apoia esta teoría. Cómpre salientar, no entanto, que o establecemento da unión alfandegueira foi só unha faceta da fonda transformación da sociedade e da economía alemás do século XIX. As últimas investigacións demostran que a introdución das novas barreiras non supuxo inmediatamente cambios no fluxo de mercadorías nin nos prezos das importacións e as exportacións. No campo da agricultura, foi menos a unión alfandegueira que os cambios estruturais lentos e profundos o que provocou realmente a engalaxe da produción.[38]

Organización económica

[editar | editar a fonte]
A política alfandegueira contribuíu moito ao desenvolvemento do ferrocarril e, xa que logo, ao da industria en Alemaña. Pintura da apertura da liña Bonn-Colonia en 1844 (anónima).

A medio prazo, a Zollverein}} influíu considerablemente no desenvolvemento industrial. En primeiro lugar, os ingresos que xerou permitiron a algúns estados investiren co fin de modernizaren e construíren infraestruturas. Deste xeito, Württemberg financiou na década de 1830 unha reforma agraria e plans de axuda á industria principalmente grazas aos ingresos procedentes da unión.[39]

A unión tamén puxo fin á división do espazo económico alemán, que era unha das causas do atraso económico, en particular respecto a Inglaterra. Tamén creou unha maior estabilidade nas relacións comerciais, grazas ao uso estendido nos estados membros do dereito mercantil prusiano. Esta práctica desenvolveuse logo do fracaso do parlamento de Frankfurt de 1848 no seu afán de promulgar unha normativa a nivel nacional.[40]

Non foi ata 1861 cando apareceu o Código de Comercio Xeral de Alemaña. O tratado comercial de 1862, concibido arredor do principio de "nación máis favorecida", garantíalles aos pequenos estados o dereito de teren relacións comerciais con outros países, europeos ou non, en casos como os Estados Unidos ou Xapón.

Este non era un motivo de controversia entre os estados. Os problemas do libre comercio eran, porén, máis complexos. Se Prusia era partidaria del, non o eran os estados do sur, que demandaban barreiras alfandegueiras para protexeren as súas industrias téxtiles. A Zollverein non aplicaba, na práctica, a mesma política a todos os produtos: en tanto que para algúns dominaba o libre comercio, para outros poderíase falar de proteccionismo, como é o caso da produción de azucre a partir de remolacha, ou a de algodón ou ferro.[41][42]

A unión permitiu cambiar as mentalidades aumentando a ambición duns empresarios que se preparaban agora para investir a nivel nacional. En 1837, por exemplo, o 87 % das importacións de produtos fabricados no sur de Alemaña procedían de Prusia e de Saxonia.[29]

Libro de Friedrich List sobre o desenvolvemento da rede ferroviaria en Alemaña e sobre a construción dunha liña entre Leipzig e Dresde en 1833.

A formación das primeiras unións alfandegueiras entre os estados alemáns previas á Zollverein xa supuxo un aumento do investimento en infraestruturas de transporte. A partir da década de 1830 acelerou o ritmo da construción de ferrocarrís, moi dependente da política alfandegueira. Este é tamén o caso das estradas e das vías navegables. O aumento do volume de intercambios que leva consigo o libre comercio fixo necesaria a construción de novos ferrocarrís. En 1835 abriuse a primeira liña alemá, cunha lonxitude de seis quilómetros, e en 1865 o conxunto da rede ferroviaria era xa de 14.690 quilómetros.[43]

Pola súa vez, isto acelerou o desenvolvemento da minaría, e das industrias siderúrxica e mecánica. Os custos do transporte baixaban drasticamente e a seguridade das subministracións tamén melloraba, o que permitía o transporte de produtos en grandes cantidades sen que iso supuxese un risco económico significativo. Todos estes elementos favoreceron o desenvolvemento de grandes empresas que investían cada vez máis, o que fixo que aparecese a industria moderna.

A unión alfandegueira e os ferrocarrís eran complementarios; Friedrich List xa os describira na década de 1830 como os "irmáns siameses" da modernización de Alemaña. O crecemento económico oculta as diferenzas rexionais e todos os estados membros se benefician del. Algúns dos estados do sur aínda temen a "colonización interna".[44][45]

A política alfandegueira tiña un efecto positivo no desenvolvemento industrial, polo menos na década de 1840. As barreiras moderadas nas alfándegas sobre o ferro e o téxtil non impedían as necesarias transferencias tecnolóxicas nin a importacións de produtos semielaborados ou acabados de Gran Bretaña, ao mesmo tempo que dirixían os consumidores alemáns cara a provedores pertencentes ao espazo económico.[44][46]

Isto tamén tivo efectos positivos no comercio exterior dos membros da Zollverein. As exportacións alemás aumentaron a partir da década de 1820 e a formación da unión alfandegueira amplificou este fenómeno. A balanza comercial beneficiouse na década de 1830, antes de diminuír de novo coa Revolución Industrial, dun aumento significativo das importacións de mercadorías doutros países industrializados.[47]

Harmonización monetaria e das unidades de medida

[editar | editar a fonte]
Kronentaler de Baden de 1836. No anverso amósanse os escudos dos estados membros da Zollverein (en sentido horario): Baviera, Württemberg, Hesse-Kassel, Turinxia, Frankfurt, Nassau, Hesse-Darmstadt, Baden, Saxonia e Prusia.
Vereinstaler austríaco de 1866.
Vereinstaler prusiano de 1866.

A unificación das taxas alfandegueiras no seo da unión, fixo necesaria a harmonización das unidades de medida e de moeda para a determinación das cantidades. Este proceso iniciouse en 1833, coa harmonización das unidades de peso entre os estados membros. A unidade elixida foi a libra (zollpfund) de 500 gramos e o quintal de Hesse e Baden colleu entón o valor de 50 quilogramos.

Nun principio, estas unidades da unión só se utilizaban para o tránsito entre estados. En 1858, algúns estados comezaron a usalos no comercio interior e esta tendencia comezou a estendéndose gradualmente. Só Baviera permanece aferrada ao seu antigo sistema de medida, cunha libra de 560 gramos, ata 1871. Non obstante, cómpre non sobrevalorar a influencia das unidades de Zollverein, xa que a diversidade de sistemas seguiu a ser moi considerable ata a formación da Confederación Alemá do Norte.[48][49]

No relativo á moeda na Confederación Xermánica predominaban dous sistemas monetarios: no sur o florín (gulden) e ao norte do río Main o tálero (kronentaler). As cidades hanseáticas utilizaban o marco. Na década de 1820, Prusia conseguiu harmonizar o seu sistema en torno ao tálero e a Zollverein animou a unha maior harmonización en favor do tálero prusiano, obxectivo que só se logrou parcialmente, aínda que os acordos de harmonización monetaria permitiron unha organización dos sistemas monetarios tendente á súa unificación.[50][51][52]

O tratado monetario de Múnic do 25 de agosto de 1837 intentou regular a desorde monetaria da época, fixando o valor de florín (co peso de 1/24,5 do marco de Colonia) en 4/7 do tálero de Prusia. Isto supuxo a harmonización do sistema monetario en Baviera, Württemberg, Baden, Nassau, Schwarzburg-Rudolstadt e outros estados máis pequenos. Esta decisión foi continuada coa retirada da circulación das moedas dun cuarto e de medio tálero, consideradas de valor demasiado baixo por mor de sucesivas desvalorizacións. Como moeda divisionaria estableceuse o kreuzer, cunha equivalencia de 60 kreucer por florín. O kronentaler mantíñase en circulación malia non ser un múltiplo do florín, e valía arredor de 162 kreuzer.[52][53]

Co tratado monetario de Dresde do 30 de xullo de 1838 logrouse o establecemento dunha equivalencia entre os sistemas do sur e o do norte, coa cuñaxe dun dobre tálero do norte que correspondía a 3,5 floríns do sur (e a 3 floríns austrohúngaros). Esta decisión foi de aplicación en todos os estados membros o 11 de xaneiro de 1841, aínda que non evitou que numerosas moedas do século XVIII se mantivesen aínda en circulación.[40][52][53][54]

Co acordo monetario de Viena do 24 de xaneiro de 1857, Austria uniuse tamén á unión monetaria, do mesmo modo que a práctica totalidade dos estados da Zollverein. Introduciuse entón no sistema o vereinstaler como moeda principal, cunha versión simple e outra dobre.[40][52][55][56][57]

En Prusia e outros estados xermanos do norte, o vereinstaler dividiuse en 30 groschen de prata (silbergroschen), e cada un destes en 12 pfennig, do mesmo xeito que en Saxonia, coa diferenza de que o seu groschen (chamado alí neugroschen) estaba dividido en 10 pfennig. Aínda que outros estados do norte, como Hannover, usaron tamén o groschen como moeda divisionaria, outros, como Mecklenburgo ou Hesse-Kassel usaron outras divisións diferentes.[57]

No sur de Alemaña, estados como Baviera usaron o florín como unidade padrón de conta, coa equivalencia de ​1 34 floríns por cada vereinstaler. O florín estaba dividido en 60 kreuzer, e cada un destes en 4 pfennig ou 8 heller.[57]

No Imperio Austríaco (e máis tarde no Imperio Austrohúngaro), a unidade de conta era un florín diferente, dividido en 100 kreuzer, de xeito que ​1 12 floríns equivalían a un vereinstaler.[40]

Non obstante, os acordos con Austria non durarían moito, por mor da relaxación deste país na loita contra a inflación, situación que aínda se agravou cando comezou a emitir papel moeda.[40]

Autores como o historiador da economía norteamericano Richard Hugh Tilly argumentan que a Zollverein acelerou significativamente a integración monetaria alemá.[58][59]

Impacto sobre a fiscalidade

[editar | editar a fonte]

As consecuencias da Zollverein sobre a fiscalidade foron, xeralmente, positivas. Os ingresos aumentaron, principalmente debido aos impostos sobre produtos coloniais que, en 1835, representaban o 55 % dos ingresos da unión.[58] Os ingresos por dereitos de alfándega pasaron de 14,5 millóns de táleros en 1834 a 27 millóns en 1844, un crecemento significativamente maior que o da poboación nese mesmo período.[60]

Estado por estado, cómpre matizar estas afirmacións. Prusia perdeu saíu desfavorecida primeira vez co novo sistema, xa que os seus recursos diminuíron un 25 %, aínda que o crecemento posterior lle permitiu, en 1838, a volta ao nivel anterior. Non obstante, o caso de Prsusia foi unha excepción, xa que os demais estados se beneficiaron do aumento dos ingresos desde o primeiro momento. Baviera, por exemplo, duplicou os seus ingresos no primeiro ano, o que representou 22 millóns de floríns de beneficio na primeira década. Para os pequenos estados de Turinxia, o incremento foi de catro millóns de floríns no mesmo período. Prusia renunciou en varias ocasións a unha parte dos seus ingresos en beneficio dos outros Estados membros, o que contribuíu a fortalecer o seu poder político.[60][61]

Consecuencias políticas

[editar | editar a fonte]

As taxas alfandegueiras non son só unha cuestión de índole económica, senón que xa desde as primeiras negociacións interestatais o aspecto político xogou un papel preponderante.

Na reunión de Heppenheim, os liberais discutiron a Zollverein como base para a unidade alemá. A imaxe reflicte o albergue Zum halben Monde, onde tivo lugar a conferencia.

Tras a formación do Imperio Alemán en 1871, historiadores como Heinrich von Treitschke viron a unión alfandegueira como o motor da unificación. É probable que durante a formación desa unión os líderes prusianos e alemáns en xeral non o previran en absoluto. A idea de empregar a unión como elemento básico para a unión vén dos nacionais-liberais alemáns. Así, a partir de 1840, Hoffmann von Fallersleben fixo unha comparación entre os efectos económicos da unión alfandegueira e a Confederación Xermánica, todo isto cun ton irónico. Na canción Der Deutsche Zollverein, Hoffmann von Fallersleben escribiu que os bens intercambiados na Zollverein supuxeron unha importante contribución ao espírito patriótico alemán.[62]

O comerciante e banqueiro David Hansemann reclamou ante o parlamento prusiano da provincia do Rin a creación dunha representación nacional sobre as bases dos congresos da Zollverein. En 1847, nunha reunión mantida en Heppenheim, Hansemann e outros elaboraron un programa político que procuraba empregar a unidade económica e os vínculos políticos formados pola unión alfandegueira co fin de crear un parlamento e un poder executivo da unión alfandegueira, para evitar as institucións da Confederación Xermánica e crear a base para un poder constitucional para toda a Alemaña.[63][64][65]

Entre os contemporáneos, moitos eran conscientes da dimensión política da unión alfandegueira desde o principio, entre eles o ministro de finanzas prusiano, un dos principais promotores da unión. En 1829, indicaba que a Zollverein podía ser a ferramenta para impor a formación dunha pequena Alemaña baixo a dominación prusa:[66]

Se a ciencia política non se equivoca, ao declarar que as barreiras alfandegueiras son as consecuencias das diverxencias políticas entre estados, debe ser, xa que logo, igualmente certo que a formación dunha unión alfandegueira e comercial conduce tamén á unificación nun mesmo sistema político.

O ministro austríaco de Asuntos Exteriores, Klemens Wenzel von Metternich, recoñeceu axiña o perigo para a monarquía austríaca da Zollverein:[67]

Unha pequena confederación á parte, que pouco a pouco vai comezar a perseguir os seus propios obxectivos e polos seus propios medios.

A ameaza que supuña para o status quo na Confederación Xermánica, que supostamente estaba baixo o dominio austríaco, fixo que Metternich dixese en 1833 que a unión estaba:[68]

na maior desvantaxe e era unha entidade nova que non promete nada bo.

Para relaxar a situación, intentou achegar a Austria á unión. No entanto, o estadista austríaco, malia o apoio do seu ministro de comercio e industria, non logrou convencer a Austria, tradicionalmente moi proteccionista, desa necesidade.[69][70] E isto a pesar de que moitos contemporáneos entendían que a formación da Zollverein reforzaba politicamente a Prusia.[71]

Non obstante, cómpre matizar a visión simplista da Zollverein só como un medio para marcar o dominio de Prusia sobre Alemaña.[72] A entrada dos demais estados membros estaba motivada principalmente por razóns fiscais e económicas. A unión permitía aos pequenos estados, na súa maior parte endebedados, comerciar nun territorio moito máis amplo. Isto, engadido á redución dos custos administrativos e ao aumento dos ingresos, sobre os que os soberanos non teñen que render contas, convénceos definitivamente.

A unión alfandegueira ten como efecto secundario a redución da influencia dos parlamentos existentes, que, como a segunda cámara do Gran Ducado de Baden ou a cámara de representantes bávara, tiñan o poder de controlar impostos, pero non os ingresos das alfándegas.[73]

A medio prazo, a Zollverein compensaba ante a opinión pública a perda de unidade nacional e servía, xa que logo, como instrumento de integración nacional. Os intereses económicos da época coincidían perfectamente cos da coroa prusiana. Non obstante, ás veces había desexos de estender a unión a Austria, como o de List, que concibía unha Grande Alemaña (roßdeutschland) ou Georg Waitz, que no parlamento de Frankfurt vía na unión alfandegueira con Austria as bases de dominación sobre Europa.[74] No caso dos liberais, despois do escepticismo inicial, especialmente no sur de Alemaña por mor do dominio prusiano que implicaba, a unión percibíase globalmente como algo positiva.

En contraste coa Confederación Xermana, que estaba asociada á Restauración e á represión, a Zollverein era vista como un elemento dinámico e construtivo no proceso de cambio social.

Na década de 1850, coa entrada de Hannover e Brunswick na unión, xunto coa sinatura dun acordo comercial con Austria, a solución da Grande Alemaña aínda parecía viable tanto economicamente como politicamente. O ano 1864 viu retroceder esta solución, coas ameazas de Prusia de abandonar a unión se esta non tomaba unha dirección máis liberal. Durante estas novas negociacións, o goberno prusiano usou os desacordos en apoio das súas opinións hexemónicas sobre Alemaña. En 1865, Austria pasou a ser de novo, desde o punto de vista alfandegueiro, un país completamente alleo a Alemaña.[75]

A Zollverein entre 1866 e 1871

[editar | editar a fonte]
Palacio Hardenberg de Berlín, sede da Cámara de Representantes de Prusia, do Parlamento da Confederación Alemá do Norte e do Zollparlament.

A creación da Confederación Alemá do Norte trouxo moitas consecuencias para a Unión Alfandegueira Alemá. En primeiro lugar, pola súa constitución só constituía un membro dentro da unión. Este simple feito impuña unha reorganización, que tivo lugar en xuño de 1867 na conferencia anual da unión. O novo acordo asinouse o 8 de xullo de 1867 e entrou en funcionamento o 1 de xaneiro de 1868.[76]

Este acordo anticipaba o funcionamento dunha política alfandegueira e comercial no seu dun Estado federal. En primeiro lugar, tiña unha institución de carácter federal, que despois lle sería transmitida ao Imperio Alemán. Estaba constituído un Parlamento da Unión Alfandegueira, que tiña dúas salas: o Zoll-Bundesrat e o Zollparlament. O proceso de toma de decisións deixara de ser por unanimidade para ser nese momento por maioría; o dereito de veto desaparecera e as decisións alí tomadas eran vinculantes para os estados membros. O líder da unión denominábase Zollpräsidium, e esta función encomendábaselle ao rei de Prusia. O seu papel era preparar os tratados comerciais e vixiar a aplicación das decisións tomadas.

A estrutura adoptada amosa ata que punto se entrelazaban a Unión Alfandegueira Alemá e a Confederación Xermánica. O Zollbundesrat, que representaba os estados membros, non era máis que o Bundesrat da Confederación ao que se engadían os representantes dos estados do sur de Alemaña. O Zollpaarlement era elixido, do mesmo xeito que o da Confederación, por sufraxio universal directo. Seguindo o mesmo principio que o Bundesrat, o primeiro parlamento da Unión estaba composto polo parlamento da Confederación Alemá do Norte mais os membros electos dos estados do sur.

O parlamento da Unión reuniuse tres veces entre 1868 e 1870 para sentar as bases dunha unidade económica, o que posteriormente sería retomado polo Imperio Alemán.[77] Esta nova organización, coñecida como a "segunda Zollverein", foi completada polos últimos territorios adheridos de Schleswig-Holstein, Mecklenburg-Schwerin e Mecklenburg-Strelitz.[78]

Durante este período completouse a harmonización dos dereitos alfandegueiros; en 1867 canceláronse as excepcións que constituían os monopolios sobre o sal e en 1868 as relativas ás barreiras alfandegueiras nas marxes do Rin.[58]

Mapa de 1926, que amosa a Unión Alfandegueira Alemá como un factor clave na Unificación Alemá.[79]

Da unión alfandegueira ao dominio alfandegueiro

[editar | editar a fonte]

A Constitución do Imperio Alemán de 1871 prevía que o novo Estado tivese un único dominio alfandegueiro e comercial, a pesar de que Hamburgo e Bremen mantiveron o seu porto libre ata 1888, polo que quedaron fóra do dominio imperial.

Os acordos asinados na época da Zollverein seguían vixentes, pero a súa aplicación era agora responsabilidade do Imperio, que debía tamén cobrar os dereitos de alfándega nas fronteiras. Inicialmente a política económica estaba liderada pola Chancelaría e máis tarde creouse un novo ministerio. As funcións lexislativas foron asumidas polo Reichstag. Nesta situación, a Zollverein pasou a ser unha institución superflua.[58]

Unha das súas derradeiras funcións foi o tratado que ampliaba a Luxemburgo o dominio alfandegueiro alemán, que non foi abolido ata o Tratado de Versalles en 1919.[80]

Perspectiva historiográfica

[editar | editar a fonte]
Heinrich von Treitschke.

Logo da unificación, a Zollverein foi descrita como un agasallo de Prusia para o ben de Alemaña. Treitschke retomou así o argumento favorable á Unión característico da oposición liberal da década de 1840, pero esta vez para defender o conservadorismo. A Zollverein e a Confederación Xermánica, segundo el, forman:[81]

dúas institucións comúns aos alemáns: unha, radicada en Frankfurt, era a das pretensións; a outra, con base en Berlín, era a do verdadeiro traballo.

Gustav Schmoller tamén rendeu homenaxe a Prusia pola formación da Unión Alfandegueira Alemá, aínda que el focalizou as vantaxes nos aspectos industriais, máis que no da unidade nacional.[82]

Esta visión da Zollverein sería a dominante ata a década de 1970. Así, Wilhelm Treue considera que a política económica prusiana foi o factor determinante da industrialización alemá. Coincidindo con outros autores, como Schmollet e Wilhelm Roscher, ve a Unión Alfandegueira Alemá como un elemento necesario para esta transformación da economía, e considera a súa creación como:[83][84]

o acontecemento máis importante na historia alemá entre 1815 e 1866.

A historiografía alemá estivo moi influída polas teses da Escola Historicista Alemá e tardaron moito en imporse novos métodos chegados desde o exterior. Un pioneiro foi William Otto Henderson, quen escribiu un innovador ensaio en 1939 no que dá un paso atrás con respecto aos acontecementos e trata de equilibrar mellor as cousas.[82][85][86]

Selo conmemorativo dos 150 anos da Zollverein en 1983.

Por razóns ideolóxicas, as novas investigacións realizadas na Alemaña Oriental poñen en cuestión as ideas establecidas acerca da Zollverein. Neste sentido, Karl Obermann consideraba na década de 1980 que a Unión Alfandegueira Alemá foi unha concesión económica da nobreza reaccionaria á burguesía para fortalecer o seu propio poder.[87]

O proceso de integración europea fixo revivir o debate político entre os partidarios da Comunidade Económica Europea e os da Asociación Europea de Libre Comercio. Ambas trataban de lexitimar as súas posicións referíndose á Unión Afandegueira Alemá. Os defensores da CEE defendían que a Zollverein contribuíra á unificación política alemá, pero os partidarios do libre comercio resaltaban o feito de que o liberalismo económico da Zollverein lle permitira a Alemaña integrarse na economía mundial.[88]

Wolfram Fischer participou no debate vendo a Unión Algandegueira Alemá como o modelo histórico da CEE. As súas investigacións demostran a importancia da política fiscal na unión, o que contradí as teses de Treitschke. Na súa opinión, a unión é máis ben un sistema construído para satisfacer as necesidades máis urxentes, en tanto que Treitschke tiña unha visión máis a longo prazo.[89]

Reverso dunha moeda alemá de 5 marcos de 1984 conmemorativa do 150 aniversario da Zollverein.

Desde entón, estudouse a complexidade dos procesos económicos na Unión Alfandegueira e, particularmente, as súas interaccións. Pódense citar os estudos de Hans-Werner Hahn ou de Rolf H. Dumke.[90] Estes autores coinciden no punto en que a Zollverein perseguía simultaneamente obxectivos diferentes. A opinión predominante é a de que a creación da zona parece deberse menos ao desexo de continuar cunha política favorable ao desenvolvemento da industria que aos beneficios fiscais e de enerxía que debería xerar. Isto non contradí o feito de que a unión contribuíu ao desenvolvemento da industria. Nesta perspectiva, a Zollverein percíbese agora como un dos factores, pero quizais non o máis importante, que lle permitiu a Alemaña pórse ao día no desenvolvemento en relación con Gran Bretaña.[91]

  1. Price, A. H. (1949). Páxinas 9-10.
  2. 2,0 2,1 "German Zollverein Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En Ackermann, M. et al. (2008). Encyclopedia of World History. Vol. I. Facts On File. ISBN 9780816063864. Páxinas 155-156.
  3. Seidel, F. (1971). "Das Armutsproblem im deutschen Vormärz bei Friedrich List ". En Kölner Vorträge zur Sozial- und Wirtschaftsgeschichte. Colonia. Nº 13. Páxina 4.
  4. Berding, H. (1980). Páxinas 523-537.
  5. Wehler. H-U. (1989). Páxina 380.
  6. Fischer, W. (1972). Páxina 111.
  7. Wehler, H-U. (1989). Páxina 126.
  8. 8,0 8,1 Renz, R; Taddey, G. (1983). Páxina 257.
  9. Texto orixinal do Bundesakte. 8 de xuño de 1815.
  10. Hahn, H-W. (1984). Páxina 15.
  11. Burg, P. (1984). Páxina 128.
  12. Wehler, H-U. (1989). Páxina 133.
  13. Görtenmaker, M. (1994). Páxina 166.
  14. 14,0 14,1 Fischer, W. (1972). Páxina 113.
  15. 15,0 15,1 Nipperdey, P. (1998). Páxina 358.
  16. Berding, H. (1980). Páxina 535.
  17. Burg, P. (1984). Páxina 126.
  18. Fischer, W. (1972). Páxina 119.
  19. Tilly, R-H. (1990). Páxina 39.
  20. Villaume, A. (1844). Handbuch der Preußischen Steuer- und Zoll-Gesetzgebung mit besonderer Berücksichtigung auf den Gebrauch bei den Gerichten. Berlín. Reimer.
  21. Tilly, R-H. (1990). Páxina 40.
  22. Angelow, J. (2003). Páxina 63.
  23. Wallschmitt, F. (1904). Der Eintritt Badens in den deutschen Zollverein. Tese da Universidade de Hanau. Páxina 29.
  24. Fischer, W. (1972). Páxina 120.
  25. "Rapport du Ministere des Finances sur le Traité de Réciprocité avec les États Unis..."". Quebec. 1862. Páxina 63.
  26. "Zollvereinigungsvertrag vom 22. März 1833". Texto orixinal do tratado entre a unión do sur de Alemaña e a de Prusia.
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 Burg, P. (1984). Páxina 136.
  28. "Vertrag über den Anschluß des Großherzogthums Luxemburg an den deutschen Zoll- und Handelsverein". Texto orixinal do tratado de entrada de Luxembuirgo na Zollverein.
  29. 29,0 29,1 Wehler, H-U. (1989). Páxina 134.
  30. Angelow, J. (2003). Páxina 64.
  31. Angelow, J. (2003). Páxina 61.
  32. Fischer, W. (1972). Páxinas 115-123.
  33. Huber, E. R. (1988). Páxina 26.
  34. Huber fala dunha "quasi-federación". Huber, E. R. (1988). Páxina 26.
  35. Aegidi, L. K.; Klauhold, A. (1862).
  36. Vertrag zwischen dem Norddeutschen Bunde, Bayern, Württemberg, Baden und Hessen, die Fortdauer des Zoll- und Handelsvereins betreffend. Texto orixinal do "Tratado entre a Confederación Alemá do Norte, Baviera, Württemberg, Baden e Hesse sobre a continuación da Asociación de Alfándegas e Comercio".
  37. Fischer, W. (1972). Páxinas 114-118, 121-123.
  38. Tilly, R. H. (1990). Páxinas 42-44.
  39. Boelcke, W. A. (1989). Sozialgeschichte Baden-Württembergs 1800–1989. Stuttgart. Kohlhammer. Páxina 38.
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 Fischer, W. (1972). Páxina 125.
  41. Fischer, W. (1972). Páxina 124.
  42. Tilly, R. H. (1990). Páxina 45.
  43. Stolper, G. (1966). Deutsche Wirtschaft seit 1870. Tübingen. Páxina 45.
  44. 44,0 44,1 Wehler, H-U. (1989). Páxina 135.
  45. Tilly, R. H. Páxina 48.
  46. Hahn, H-W. (1005). Páxinas 22 e 80.
  47. Wehler, H-U. (1989). Páxina 139.
  48. Kellenbenz, H. (1976). "Zahlungsmittel, Maße und Gewichte seit 1800". En Handbuch der deutschen Wirtschafts- und Sozialgeschichte. T. 2. Stuttgart. Klett. Páxinas 954-958.
  49. Aldefeld, C. L. (1838). Die Maaße und Gewichte der deutschen Zoll-Vereins-Staaten und vieler anderer Länder und Handelsplätze in ihren gegenseitigen Verhältnissen. Cotta. Stuttgart.
  50. Wehler, H-U. (1989). Páxina 136.
  51. Fischer, W. (1972). Páxina 118.
  52. 52,0 52,1 52,2 52,3 Holtferich C. L. (1990). "Monetary conditions before the creation of the Zollverein (1834)". Páxinas 217-220.
  53. 53,0 53,1 Jansen, A. E. (1911). Les conventions monétaires. Université de Louvain.
  54. Texto resumo dos diferentes acordos monetarios.
  55. Holtferich C. L. (1990). "Towards a unification of the coinage systems, 1837-1867". Páxinas 220-226.
  56. "Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  57. 57,0 57,1 57,2 Parker Willis, H. (1896).
  58. 58,0 58,1 58,2 58,3 Zorn, W.; Aubin, H. (1976). Páxina 150.
  59. Tilly, R. H. (1990). Páxina 47.
  60. 60,0 60,1 Wehler, H-U. (1989). Páxina 132.
  61. Fischer, W. (1972). Páxina 123.
  62. Von Fallersleben, A. H. H. (1840). Unpolitische Lieder. Hamburgo, Hoffmann und Camp. Páxina 46.
  63. Mathy, K. (1847). "Versammlung von Kammermitgliedern aus verschiedenen deutschen Staaten". En Deutsche Zeitung. Heidelberg. Nº 17. 15 de outubro. Páxina 1.
  64. Hoede, R. (1997). "Die Heppenheimer Versammlung vom 10. Oktober 1847". En Die Heppenheimer Versammlung vom 10. Oktober 1847. Frankfurt. W. Kramer. ISBN 3-7829-0471-0. Páxina 100.
  65. Mommsen, W. J. (1998). 1848. Die ungewollte Revolution. Die revolutionären Bewegungen in Europa 1830-1849. Frankfurt. ISBN 3-10-050606-5. Páxina 75.
  66. Nipperdey, T. (1998). Páxina 359: enn es staatswissenschaftliche Wahrheit ist, dass Zölle nur die Folge politischer Trennung verschiedener Staaten sind, so muss die Wahrheit auch sein, dass Einigung dieser Staaten zu einem Zoll- und Handelsverband zugleich auch Einigung zu ein und demselben politischen System mit sich führt.
  67. Wehler, H-U. (1989). Páxina 131: kleine[n] Nebenbund, […] welcher nur zu bald sich daran gewöhnen wird, seine Zwecke mit seinen Mitteln in erster Linie zu verfolgen.
  68. Wehler, H-U. (1989). Páxina 131: höchst nachteilige unheildrohende Erscheinung.
  69. Botzenhart, M. (1985). Reform, Restauration, Krise. Deutschland 1789-1847. Frankfurt. Páxinas 95-104.
  70. Siemann, W. (1995). Vom Staatenbund zum Nationalstaat. Múnic. Páxinas 337-342.
  71. Wehler, H-U. (1989). Páxina 131.
  72. Wehler, H-U. (1989). Páxina 125
  73. Wehler, H-U. (1989). Páxina 372
  74. Mommsen, W. J. (2004). "Mitteleuropaidee und Mitteleuropaplanungen". En Der Erste Weltkrieg. Anfang vom Ende des bürgerlichen Zeitalters. Bonn. Páxina 96.
  75. Angelow, J. (2003). Páxina 67.
  76. "Vertrag zwischen dem Norddeutschen Bunde, Bayern, Württemberg, Baden und Hessen, die Fortdauer des Zoll- und Handelsvereins betreffend". Texto orixinal do novo tratado da Zollverein en 1867.
  77. Siemann, W. (1990). Gesellschaft im Aufbruch. Deutschland 1848-1871. Frankfurt. Páxinas 289-291.
  78. Fischer, W. (1972). Páxina 114.
  79. Shepherd, W. R. (1926). The Historical Atlas.
  80. Tratado de Versalles. Artigo 40.
  81. Von Treitschke, H. (1913). Páxina 126: zwei Gemeinwesen [bestanden]: ein Deutschland des Scheines, das in Frankfurt, ein Deutschland der ehrlichen Arbeit, das in Berlin seinen Mittelpunkt fand.
  82. 82,0 82,1 Langewiesche, D. (1994). Páxina 126.
  83. Wilhelm Treue & Gebhardt. (1970). "Gesellschaft, Wirtschaft und Technik Deutschlands im 19. Jahrhundert". En Handbuch der deutschen Geschichte. T. 3. Stuttgart. Páxinas 377-541.
  84. Hahn, H-W. (2005). Páxina 76.
  85. Henderson, H. O. (1939).
  86. Hahn, H-W. (2005). Páxina 80.
  87. Obermann, K. (1983). Deutschland von 1815 bis 1849. Berlín (Leste). Citado en Langewiesche (1994). Páxina 127.
  88. Fischer, W. (1972). Páxina 129.
  89. Fischer, W. (1972). Páxina 128.
  90. Dumke, R. H. (1981). "Die wirtschaftlichen Folgen des Zollvereins". En Werner Abelshauser et Dietmar Petzina, Deutsche Wirtschaftsgeschichte im Industriezeitalter. Königsstein. Páxinas 241-273.
  91. Tilly, R. H. (1990). Páxina 189.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]