Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Antón Losada Diéguez

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Antón Losada Diéguez
Antón Losada Diéguez
Antón Losada Diéguez
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons
Textos en Galifontes

Antón Losada Diéguez (Boborás 1884 - Pontevedra 1929) foi un escritor e político galego, integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e correspondente da RAG. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.


  • (...) que xa non hai omes como aquil forte petrucio Froitor d'Ulloa d'a novela d'o insine e inmorrente D. Antonio López Ferreiro, pra volver po-la nosa fala e po-la nosa cultura enxebres, qu'é a úneca maneira de trionfare d'a morte qu'está sobre nos.
    • "Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego", 18/7/1918.[1]
  • Lembradevos ben, con todo, agrarios galegos, que sodes fillos de Galicia, qu'a nosa vida d'o campo, os nosos cultivos, os edios, monte y-augas nosas son d'a terra nosa e teñen un carauter seu que non se pode confundire, nin se deben estudiar sinón como tales asuntos galegos caraiterísticos y-enxebres.
    • "Os camiños d'o agrarismo galego", 5/8/1919, publicado en A Nosa Terra nº 96.
  • ¿Hay algún que teña o medeo de abranguer d'outro xeito un trunfo galeguista enxebre? Qu'o española.
    • "Propostas para a IV asamblea nacionalista"[2]
  • Un negocio de mais grande intrés pr-a vida galega n-o seu aspecto espirtual e sobre todo relixioso preséntase n-estes día y-aparesce como esquecido. Unha temerosidade enxebremente galega nubra a espresión do que debía sere un gran degaro en todo espirto amante da nosa terra.
    • "Nota verbo do nomeamento do Arcebispo de Santiago" (Manuel Lago González), 4/1/1923.[3]
  • Escadasi a fala galega dempois da súa vida poética e do lume cultural do século XII debería ter unha axeitada prosa enxebre (...) O feito indiscutibel eo qu'a fala galega é enxebremente labrega, y-as mais das parolas nosas son de labranza e de todo o que n-as aldeas ahi, e n-os eidos, n-as touzas, n-as fragas ou n-os montes (...) A calquer parola por ben labrega e ben enxebre qu'ela sexa podeselle dar un outo sinificado e levada d-aldea â cidade, d-unha corredoira â biloxía, d-unha ruada â filosofía.
    • "Encol da prosa galega",[4] discurso de ingreso no SEG o 12 de maio de 1924.
  • Y-âs veces tremo, e sinto a dôr na y-alma diant'os homes que lixan a Natureza y-esborrallan o feitizo das cousas.
    • Pensamento dunha vella cega. A Domeadora, 1929.[5]
  • (Os retornados) pensan sobre todo no anticlericalismo e con el fan unha mistura de socialismo hespañol, comunismo ruso e masonismo americán.
    • "No día", Céltiga, 25/7/1929.[6]
  • O nacionalismo galego, diante dos problemas de Galiza proclama a persoalidade geográfica, histórica, espiritual da nosa Terra, e sinifica pra ela autonomía en tolo-os órdenes, sinifica a nosa espirtualidade engebre manifestándose na sua peculiaridade na vida hespañola e na vida mundial.
    • Nós 75, 15/3/1930.[7]
  • Pasan os homes e a terra queda,
e na terra o rastro dos traballos,
das bagoas.., das ledicias
dos que viviron antes ca nós.

Sobre el

[editar]
  • A carón dos meus pais, el foi un dos meus mellores mestres.
    • Filgueira Valverde, Xosé: "A miña lembranza de Losada Diéguez", p. 66 en Beramendi, Justo, ed. (1985). Obra completa. Xerais. ISBN 84-7507-181-3. [8]
  • Falábase dunha cousa que se chamaban as Irmandades da Fala, na Cruña primeiro, e logo noutras cidades galegas. En 1846 fora o levantamento de Solís, que a xente lembraba. Eu xa lera a Rosalía, a Curros, a Pondal... Falábase moito dos traballos de Villar Ponte, por exemplo, pero eran cousas que estaban alí e nas que non se paraba, até que un día coñecín a Antón Lousada Diéguez. A el lle debo eu os meus primeiros achádegos, el foi quen venceu teimudamente o meu escepticismo, o meu diletantismo de leitor de Chateaubriand, a filosofía moderna e a historia de España, a miña casca de home culto.
    • Otero Pedrayo, Ramón, La Región, 16 de decembro de 1917.[9]
  • Caeu o loitador esgrevio como n´outrora caeu Porteiro, almas xemelas ambas no ideal que as guiaba cuias voces soaron unísoas cando o despertar arelante do sentimento galeguista.
    • Necrolóxica de Antón Losada Diéguez en El Emigrado, 31/10/1929.[10]
  • Lousada era un señorito de pazo, moi relixioso, moi tradicional, culto, carlista, cunha sensibilidade e un gosto especial polas cousas da Edade Media e, sobor de todo, da cultura italiá: Dante e Leopardi estaban pra el moi por enriba dos alemáns tan de moda por aqueles anos vinte. Era catedrático de filosofía, e o que máis me ten chamado sempre da súa personalidade foi a súa capacidade pra despertar vocacións. Eso foi o que máis influíu en nós. Lémbrome que chegóu eiquí moi impresionado por unha estancia no país vasco: alí descobrira o amor e o interés dos intelectuais e as xentes sabidas daquela terra pola súa cultura e o seu idioma, e foi a quem primeiro lle escoitéi decir que Galicia era unha idea, algo que estaba agardando tamén a voz que a guiara polo seu camiño. Un bó día chamóume e díxome: Otero, xa tes trinta anos, xa está ben, xa vai sendo hora de tomar unha postura e porse a traballar.
    • Otero Pedrayo, Ramón en Freixanes, Víctor F. (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. p. 24. 
  • Foi na casa de Losada Diéguez, na praza de Teucro: asistían Sánchez Cantón, Castelao, Iglesias Vilarelle, Octavio Pintos (Tabucho), entre outros. Losada foi un profesor de Filosofía que resultou admirable para Filgueira e para moita xente do tempo del e cóntao no Quinto Adral (89, 349-360). Paga a pena lelo, porque alí tanto se falaba de filosofía, ou de música, como se organizaba fútbol, remo, polifonía ou a galeguización da actividade relixiosa (con versións multicopiadas) ou se deseñaba unha mellor organización da actividade cultural. Naquelas tertulias que chamaban Xuntanza de Estudos Galegos fraguouse a conversión da Sociedad Arqueológica en Museo Provincial de Pontevedra; alí ideouse a Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra; alí, a revista Logos. Alí tíñase coñecemento directo dos métodos que estaba introducindo en España a Institución Libre de Enseñanza (estudo experimental, in situ, interdisciplinar e en equipo) e alí xurdiu a primeira idea dun Seminario de Estudos Galegos (SEG).
    • Ferro Ruibal, Xesús (2015): "Xosé Filgueira Valverde".[11]

Notas

[editar]
  1. Tarrío Varela, Anxo. "Do enxebre ó bravú" in Revista Galega do Ensino 21, novembro de 1998.
  2. Datable cara a principios de 1922. En Obra Completa, p. 297, Xerais, 1985.
  3. Obra Completa, p. 304, Xerais, 1985.
  4. "Encol da prosa galega", Nós 73, 15/1/1930 en Galiciana.
  5. Escolma do Día das Letras Galegas (1963-2006). p. 56. Secretaría Xeral de Política Lingüística. ISBN 84-453-4230-4.
  6. Núñez Seixas, Xosé M.: Las patrias ausentes: Estudio sobre historia y memoria de las migraciones ibéricas (1830-1960), p. 288.
  7. "A significación profunda do galeguismo", Nós 75, 15/3/1930
  8. Imaxe da portada da Obra Completa.
  9. Casares, Carlos (2004). Conciencia de Galicia: Risco, Otero, Curros, tres biografías. Galaxia. ISBN 84-8288-687-8. 
  10. Xoán Carlos Garrido Couceiro: "Días de Losada na Estrada" estudo introdutorio en A domeadora, Fervenza, 2005.
  11. "Biografía de Xosé Filgueira Valverde", Consello da Cultura Galega.