Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Xoán Vicente Viqueira

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Xoán Vicente Viqueira
Xoán Vicente Viqueira
Xoán Vicente Viqueira
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons
Textos en Galifontes

Xoán Vicente Viqueira (Madrid 1886 - Bergondo 1924), foi un filósofo, psicólogo e pegagogo galego, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1974.


  • Galegos, amade a vosa língua, porque ela é un rico tesouro oculto! Amádea, faládea, cultuvádea; desenterrade o tesouro que garda o gigante alarbio da tiranía. Fonte da fraternidade universal, únenos cos pobos de raza afín, co'os que teñen os mesmos verbes e a mesma historia, co'os que se espallaron pol-os mares en línda coroa.[1]
  • Vimos no anteriormente exposto como é preciso un estudio da realidade, como si se ha de facer algo de proveito pol-a educación na Galicia ten que partir o impulso d'unha iniciativa que nasza aquí mesmo e non en remotas e alleas vilas. Todo isto exige que se creen entre nós organismos encarregados de estudar os problemas educativos da nosa terra; organismos que comenzando pol-a iniciativa individual rematen por ser oficiaes. Lembrémonos sempre do carácter esperimental que n'un comenzo deben ter taes instituciós. ¡Cánto de novo e d'interesante surgirá o día en que iste noso proyeito se realice e se estuden as realidades pedagógicas do noso pobo e sobr'elas se eleven un cúmulo de eficaces reformas!
    • Fragmento de Nosos problemas educativos. Conferencia pronunciada na Coruña o 2 de marzo de 1918.[2]
  • Nós, galegos futuristas, temos de expresarnos indiferentemente en hespañol, galego, portugués e inglés. Estas catro línguas han-se d'ensinar na escola primaria. ¿Estravagancia? ¡Non! Fáise en Bélgica, en Suiza e outros países!
    • "Da renascencia lingüistica", 6 de xaneiro de 1919. Publicado en A Nosta Terra.
  • Galegos, amade, cultivade o rico tesouro da nosa lingua. Só falándoa seredes libres, xa que o home sen raza é unha abstracción. ¡Orgullo de raza eu vos pido! Ser libres e sel-o como homes, como raza e como indivíduo. E lembrádevos que dí Goethe: "Só aquele que soubo conquerir cada día a sua liberdade é dino de ser libre".
  • Palabra, tí que tés as áas coor de iris no ceo, vai d'alma en alma, petando á porta e dicindo: "espertade galegos, os tempos son chegados".
    • Fragmentos de Veiga do Campo, Luis [pseu. de Piñeiro, Ramón] (1969). Xohan Vicente Viqueira: vida, personalidade, pensamento. Buenos Aires. p. 32
  • ¡Lembrémonos! De Navia para acó fálase galego,os que moran n'aquelas terras son galegos.¡E grande parte do Bierzo é tamen noso! A Galicia histórica é máis extensa do que a Galicia actual!
    • Fragmentos de Veiga do Campo, Luis [pseu. de Piñeiro, Ramón] (1969). Xohan Vicente Viqueira: vida, personalidade, pensamento. Buenos Aires. p. 33
  • Vede eiquí o que debe ser o noso programa inmediato:
    1. Autonomía integral para Galicia (sustituíndo as actuaes Diputaciós por un parlamento galego).
    2. Autonomia municipal (condiciós as duas para o qeu sigue).
    3. Leis sociaes (liberación dos labregos, leis para os obreiros e labregos, retiros da vellez, seguro contra o paro forzoso, enfermedade, etc.).
    4. Reforma do insino (ampliación d'escolas, reforma do bacharelato, ampliacion e renovación da universidade, creación das escolas técnicas).
    5. Fomento da riqueza (proteición á agricultura, aumento das industrias pesqueiras, fundación de liñas mercantes e perfeicionamento dos portos, construción de ferrocarrís, pol-o menos o da costa e o de Santiago á Cruña, estabelecimento de privilexios aduaneiros, no senso librecambista, para Galicia).Isto é un esquema. Baixo os epígrafes anteriores debe de ir toda unha ampliación que farán os especialistas.
    • Fragmentos de Veiga do Campo, Luis [pseu. de Piñeiro, Ramón] (1969). Xohan Vicente Viqueira: vida, personalidade, pensamento. Buenos Aires. pp. 33-34
  • ¡Canto máis lonxe da terra máis galego son, máis sinto a miña raza! ¿Non foi en París, en Berlín, en Londres, onde máis chorei a nosa decadencia? Era que alí sentía o que podíamos valer. ¡Os nosos chamados cosmopolitas teñen que deprender a ollar para o mundo! Daquela faranse galeguistas.
  • ¡Son hespañol! ¡Mais hespañol d'unha Hespaña grande e verdadeira que teña por suprema lei a libertade, onde todas as modalidades e individualidades (naciós, cidades, indivíduos) poidan chegaren á sua máixma expansión! -Non d'unha Hespaña podre e decadente. -¡Eu entrevexo no horizonte o nascer da miña Hespaña!.
    • Fragmentos de Veiga do Campo, Luis [pseu. de Piñeiro, Ramón] (1969). Xohan Vicente Viqueira: vida, personalidade, pensamento. Buenos Aires. p. 34
  • Eis dous termos que non se poden contrapôr: nacionalismo, socialismo. E máis: o segundo é probablemente un aspeito do primeiro. Nacionalismo é irmandade na patria, e sentimento de counidade ideial, é vontade de vida unánime traballando nun momento da humanidade.
  • O fondo de todos os socialismos dí: que a ninguén lle falte pan dabondo, que todos teñan un fogar sob a garimosa teitume, que a escola sexa igual para todos, que non haxa fame nin tiranía. No que non se entende os socialismo é nas fórmulas, nos planos para arranxar a sociedade de maneira que aquele estado xusto realícese.
  • Mais ¡cómo sentindo a ideal comunidade de patria, pode se tolerar que haxa cidadáns de duas clases, os probes e esfameados e os ricos e privilexiados? ¿Como non sentir noxo, en que para os uns sexan todos os ben da vida e para outros nada? O nacionalismo non ve mñais que irmans na patria, e le quere que todo o ben común pártase entre irmáns. ¡O nacionalismo é o santo calor, pai do socialismo!
  • ¡Os pobos en que unha loita civil (de probes e ricos) separe aos cidadáns, cedo ou serodiamente morrerán; mais os que se senten en irmandade santa (onde as diferencias sociaes son pouco notábeis ou non existentes) non teñan medo á eternidade!
    • Fragmentos de Veiga do Campo, Luis [pseu. de Piñeiro, Ramón] (1969). Xohan Vicente Viqueira: vida, personalidade, pensamento. Buenos Aires. p. 35

Notas

[editar]