Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Eduardo Blanco Amor

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons

Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897 - Vigo 1979), foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.


  • [A miña nenez foi] triste, moi triste. Era un neno triste nun pobo triste: Ourense. Era un neno sempre doente, con trastornos dixestivos, con quenturas e dores, cicáis un pouco asulagado tamén no amor da miña nai que vía en min un rapaz fráxil e fuxidío e enchíame de atencións e agasallos por enriba dos demáis nenos e dos meus irmáns. Sempre había mulleres por aquela casa e eu andaba tristeiro e como amolado no meio de todos. Esa é a lembranza que teño daqueles anos.
  • Blanco Amor: en Freixanes, Víctor F. (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. pp. 91–94. ISBN 84-7154-248-X. 
  • Calquera que se pona a pescudar no xa "bailado" da súa vida, atoparáse con que o pasado e a súa prolongación ou penetración no soñado, componen un tecido indiscriminábel no que as esperencias e as figuracións valen por igual no total resultado subxetivo do esistir; e si é escritor de novelas ou de poemas, na súa proieción conxunta no cerne da obra e as veces na forma.
  • Eduardo Blanco-Amor, Ourense: no "Prólogo útil" de Xente ao lonxe, publicado tamén na revista Grial.[1]
  • [Sobre A esmorga] ... O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba...
  • Blanco Amor: en Freixanes, Víctor F. (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. pp. 91–94. ISBN 84-7154-248-X. 
  • Tamén trairéi de Madrid unha copia do "Proceso en Jacobusland" e deixareicha. A película sigue ben. A min no me acaba de encher, mais algún día farémola na Galiza autónoma, con cartos nosos e autores feitos por nós e no noso idioma, cuios direitos me reservei.
  • Blanco Amor, 19/4/1978.[2]


Notas

[editar]
  1. Blanco-Amor, Eduardo (1972). "Prólogo útil". Grial (35): 39–51. ISSN 0017-4181. 
  2. Carta a Carlos Laíño falando da Parranda (filme de 1977). Faro de Vigo, 28/11/2014, p. 41.