Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO HÓRREO DE LAMAS DE ABADE Santiago de Compostela 2010 (A Coruña) Memoria da intervención Autor: Buceta Bruneti, G. TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 ÍNDICE. 1. FÍCHA TÉCNICA 2. INTRODUCIÓN E DESCRICIÓN 3. ANÁLISES E DESCRICIÓN DA ROCHA E RECEBO ORIXINAL 4. ESTADO DE CONSERVACIÓN 5. TRATAMENTOS REALIZADOS 5.1 Marcaxe de siglas, desmontaxe e catas de limpeza 5.2 Limpeza 5.3 Cimentos 5.4 Colocación de espigos e cosidos 5.5 Adhesión e reintegración 5.6 Montaxe 5.7 Tellado 5.8 Madeira 6. FOTOGRAFÍAS COMPARATIVAS E FINAIS 7. RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN 8. DOCUMENTACIÓN GRÁFICA 8.1 Localización inicial e final 8.2 Alzado e perfil. Nomenclatura das partes 8.3 Dimensións 8.4 Detalles tesoira e cuberta 2 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 1. FICHA TÉCNICA FICHA TÉCNICA Data inicio/Data fin: 3 de xuño ao 16 de xullo 2010 Obra: Conservación-restauración de hórreo por traslado Obxectivos: Conservación de elemento etnográfico Lugar: Lamas de Abade Concello: Santiago de Compostela Provincia: A Coruña Estudo técnico e conservación: Gonzalo Buceta Bruneti Fotografías: Fig. 1, inicial e Fig. 2, final do hórreo 3 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Resumo: o presente documento trata de describir e recoller os tratamentos efectuados no hórreo de Lamas de Abade. O motivo do traballo e o seu traslado débese ás obras do AVE na súa chegada a Santiago de Compostela. Os traballos desenvoltos consistiron nunha diagnose e avaliación do estado de conservación, limpeza e desmontaxe e remonte de todas as pezas conservadas. Tamén se renovaron os elementos danados. Abstract: this document seeks to describe and collect the treatments carried out in the barn of Lamas de Abade. The reason for the work and its transfer is due to the works of the AVE on its arrival in Santiago de Compostela. The work carried out consisted of a diagnosis and assessment of the state of conservation, cleaning and disassembly-reassembly of all the preserved parts. Damaged elements were also renewed. 2. INTRODUCIÓN E DESCRICIÓN A petición de D. Daniel de la Torre Carbajo, en representación da empresa Puentes Infraestructuras, S.L.U., executouse este proxecto de conservación e desmontaxe-remonte dun hórreo que xurde da actuación: “Proyecto de construcción de la plataforma del corredor Norte-Noroeste de alta velocidad, eje OurenseSantiago, tramo de acceso a la estación de Santiago de Compostela”. O hórreo atopábase moi deteriorado, con perdas importantes nos elementos constituíntes, sobre todo no tellado e doelas. Trátase dun hórreo rectangular apoiado sobre un muro de cachotes recuberto por un recebo de cemento. A soleira, de cantería, fai de tornarratos. Posúe dous claros pechados coas doelas, ou tablillas, que quedan separadas por dúas faixas de madeira. Sobre a porta de entrada sitúase o pinche e as sobrepenas. Non posuía adorno nos cumios e foron postos a posteriori dos traballos de conservación polos donos do mesmo, unha cruz máis outro remate en pináculo. Sobre o lintel superior aséntase o Tellado, a dúas augas, que se apoia na parte central sobre unha tesoira de madeira de carballo tallada para tal fin. Fig. 3 e 4: estado antes da actuación 4 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 5 e 6: detalles das dúas faixas coas doelas, ou tablillas, e detalle de apoio da tesoira nun pé dereito Fig. 7 e 8: tesoira central e estado de conservación inicial do tellado 5 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 3. ANÁLISES E DESCRICIÓN DA ROCHA E RECEBO ORIXINAL Nº MOSTRA: phsc-1 LUGAR DE RECOLLIDA: Lamas Abade (Santiago) CONDICIÓNS DO LABORATORIO: Tª LABORATORIO: 22ºC DATA: 2010 H.R. LABORATORIO: 70 % 1. MICROFOTOGRAFÍA Fig. 9: POROSIDAD FISURAL Fig. 10: BIOTITA Fig. 11: DESAGREGACIÓN 2. DESCRIPCIÓN ORGANOLÉPTICA BAIXO MICROSCOPIO: Granito de gran groso con abundante feldespato. Predominan as biotitas sobre as moscovitas. 3. ANÁLISES DOS SALES (cualitativo): TIPO SAL - CLORUROS X SULFATOS X NITRITOS X NITRATOS X CARBONATOS X OXALATOS X + ++ +++ ++++ 4. PARÁMETROS FÍSICOS DA MOSTRA: C Ws % POROS DENSIDADE REAL 99,20% 0,33% 0,80 2446,98 Kg/m3 Lenda: C- compacidade// Ws-auga saturación. 5. OUTROS PARÁMETROS: Tª DA DISOLUCIÓN pH CONDUCTIVIDADE 18,30º 7,79 32,30 µS 6 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Nº MOSTRA: mhsc-2 LUGAR DE RECOLLIDA: Lamas Abade (Santiago) CONDICIÓNS DO LABORATORIO: Tª LABORATORIO: 22ºC DATA: 2010 H.R. LABORATORIO: 70 % 1. MICROFOTOGRAFÍA Fig. 13: ALGAS EN SUPERFICIE Fig. 12: DETALLE DO CAL Fig. 14: GRAN DE AREA DE CUARZO 2. DESCRIPCIÓN ORGANOLÉPTICA BAIXO MICROSCOPIO: Morteiro de cal aéreo con area silícea de gran medio-fino. 3. ANÁLISES DOS SALES (cualitativo): TIPO SAL - CLORUROS X SULFATOS X NITRITOS X NITRATOS X CARBONATOS X OXALATOS X + ++ +++ ++++ 4. PARÁMETROS FÍSICOS DA MOSTRA: C Ws % POROS DENSIDADE REAL 67,74% 19,08% 32,26 2496,46 Kg/m3 Lenda: C- compacidade// Ws-auga saturación. 5. OUTROS PARÁMETROS: Tª DA DISOLUCIÓN pH CONDUCTIVIDADE 18,30º 8,71 81,10 µS 7 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 4. ESTADO DE CONSERVACIÓN A valoración que se facía do estado de conservación do hórreo era mala. A pedra, granito, parece presentar un estado de conservación óptimo. Trátase dun granito alcalino con abundante microcline, cuarzo e filosilicatos (moscovita e biotita). Pequenas oxidacións puntuais dos minerais ferruxinosos. Algunha das pezas de granito que o forman estaba fisurada e fracturada e outras con grampas metálicas oxidadas que favorecían a aparición das formas de alteración anteriores. O cemento, que se deu nas xuntas de unión e no muro que fai de cepa, eliminouse e reemplazouse por morteiro de cal hidráulico. O cemento aporta sales, é impermeable e posúe un aspecto estético non beneficioso para o conxunto. A súa dilatación e contracción é maior que o da rocha, polo que remata por soltarse ou ben exercer presión sobre as popias pezas de granito aumentando a presión. Os axentes biolóxicos limitábanse ao asentamento de briófitas e liques, crustáceos e foliáceos. Elimináronse na meirande parte os segundos non así os primeiros xa que a súa eliminación implicaba unha abrasión da rocha en superficie. En realidade protexen máis que degradan. Ademais:  as doelas estaban podrecidas e tomadas con cemento na súa base. A tesoira, ou cercha, presentaba pequenos buratos procedentes da couza,  o tellado estaba a piques de se derrubar coas tellas soltas e con rochas que polo peso, mantiñan ás anteriores na súa posición, e  tampouco conservaba a porta, presentándose o interior do hórreo cunha gran cantidade de lixo. Fig. 15 e 16: detalle do asento de liques e briófitas e detalle do recebo con restos de pintura plástica 8 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 17 e 18: detalles da parte dianteira do hórreo e a traseira, coas bufardas para a correcta aireación Fig. 19 e 20: detalles do teito 9 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 21 e 22: detalles do cemento aplicado para tomar ás doelas e separación de partes constituíntes por acción do cemento Fig. 23 e 24: muro soporte, cepa, solto e sen argamasa no interior e aplicación de cemento en xamba ou pé dereito 10 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 5. TRATAMENTOS REALIZADOS 5.1 MARCAXE DE SIGLAS, DESMONTAXE E CATAS DE LIMPEZA En primeiro termo, antes da desmontaxe das pezas, procedeuse coa marcaxe das siglas e coa realización dun croquis onde quedaron localizadas tódalas anteriores, a orientación, as medidas e máis os axentes de alteración. Antes de proceder coa desmontaxe eliminouse a meirande parte do cemento entre xuntas. A retirada fíxose de xeito manual empregando ciceis e punteiros. Antes de proceder coa limpeza en si realizáronse unhas catas para determinar o grao da mesma e para garantir que se mantería a pátina natural das rochas. Fig. 25, 26, 27 e 28: eliminación de cemento, marcaxe de siglas e desmontaxe-traslado 11 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 29 e 30: tras a limpeza aínda son visibles os liques crustáceos (protectores) A desmontaxe fíxose coa axuda dun camión pluma, cunha tesoira que ía protexida con gomas para non danar as pezas. Noutros casos a retirada facíase con eslingas de diferente resistencia. Todas as pezas foron almacenadas de xeito que quedaran na súa posición orixinal para favorecer o remonte das mesmas. 5.2 LIMPEZA A limpeza realizouse coa axuda de cepillos de sedas naturais de diferente dureza e con paus de madeira de laranxo. Á auga de lavado engadíuselle unha cantidade, ao 0.5 %, de cloruro de benzalconio. O cloruro de benzalconio é un sal de amonio cuaternario que responde á fórmula xeral C6H5CH2N(CH2)RCl, na cal R vai desde C8H17 ata C18H87 (alquildimetilbenzilamoniocloruro). Logo da súa aplicación era neutralizado. As manchas de óxido que aparecían nas áreas en contacto con metais tratáronse de forma química co emprego de papetas de ácedo oxálico, diluído ao 5% en auga desionizada, efectuando a súa posterior neutralización con auga. Fig. 31 e 32: detalles da limpeza 12 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 5.3 CIMENTOS Xa que se descoñecía a estabilidade do novo terreo onde se ía asentar o hórreo realizouse un cimento que sobresaía 25 cm do perímetro marcado pola base do mesmo. A altura da mesa tamén foi de 25 cm. Fíxose por embaixo da rasante actual e empregouse formigón HA25 con dous mallazos de sección 8mm e cuadrícula de 15. 5.4 COLOCACIÓN DE ESPIGOS E COSIDOS En primeiro termo elimináronse as grampas metálicas e seguidamente se procedeu coa colocación de de espigos de fibra de vidro, adheridos con resina epoxi Araldit M, que permitían a unión entre as partes fragmentadas. Fig. 33, 34, 35 e 36: eliminación das grampas metálicas e sustitución por espigos de fibra de vidro no interior 13 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 37 e 38: introdución de espigo e resina epoxi Fig. 39 e 40. traballo de cosido nunha sobrepena fracturada Nas columnas, ou pés dereitos dos claros, tamén se colocaron uns espigos xa que non asentaban correctamente. O encaixe deixado polo canteiro orixinal, estaba moi desgastado e non asentaban ben. No inicio presentábase tomada con cemento, feito que impedía a súa caída. Noutras pezas, as grampas metálicas foron sustituídas tamén por espigos de fibra de vidro, pero desta volta facendo cosidos. 14 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 41 e 42: espigo que se engadiu para a estabilidade dos pés dereitos Incluíronse, tamén, algúns espigos para evitar a separación das partes (por mor dos esforzos mecánicos) como xa ocurrira no orixinal. Fig. 43 e 44: espigos para evitar separación entres as partes Un caso especial de colocación de espigos deuse no muro traseiro do hórreo no que se comprobou na desmontaxe o mal estado de conservación das rochas. Moitas de elas estaban tomadas con cemento e non cadraban os ocos de aireación (bufardas). A pouca sección deste muro e os empuxes lóxicos que se producirían na colocación da cuberta recomendaban unha suxección maior entres as partes. 15 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 45 e 46: espigos para evitar separación entres as partes no muro traseiro 5.5 ADHESIÓN E REINTEGRACIÓN A adhesión e montaxe da partes fracturadas realizouse adherindo as pezas cunha boa unión, mediante emprego dunha capa reversible de Paraloid B-72 ao 30% en acetona, e aplicación de resina epoxídica Araldit 2012. A adhesión limotouse prácticamente ás partes da moldura que xa estaban soltas e adheridas de antigo con cemento sen carga estrutural. Na reintegración das lagoas ou perdas volumétricas empregouse area e cal (NHL 6 MPa) mesturados con pigmentos. Tamén foron tapados así os ocos deixados polos espigos. Fig. 47 e 48: detalle de fragmento adherido 16 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 5.6 MONTAXE Para a execución da cepa realizouse un encofrado, coa altura orixinal e coa chumbada axeitada. Empregouse “pedra de Santiago”, procedente do orixinal, tomada con morteiro de cal hidráulico NHL 5 Mpa en dosificación 1:5. Toda a cepa foi recebada cun morteiro de cal, igual ao anterior, ao que se lle engadiu siena natural e negro mineral. A dosificación foi:  1.5 kg de area e 0.3 Kg de cal, 50 ml de siena natural e 5 ml de negro mineral. Esta cor, que imita á terra, “mata” a excesiva cor blanca que deixa o cal mesturado coa area. Coa axuda dun camión pluma efectuouse a montaxe das partes que definen o esqueleto do hórreo. O traballo rematou co selado das xuntas, co mesmo morteiro anterior, engadindo unha augada de siena natural e negro mineral para entonar. O mesmo morteiro empregouse para encher certas lagoas e perdas nas rochas. Fig. 49, 50, 51 e 52: diferentes fases da montaxe da cepa e soleira e estudo de cores para recebo e selado 17 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 53, 54, 55, 56, 57 e 58: fases da montaxe O recebo fíxose en dúas capas, unha primeira de zarpeado e outra segunda de remate con esparavel. 18 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 59, 60, 61, 62, 63 e 64: detalles da execución do recebo e cor final escollida 5.7 TELLADO Os cangos, ou pares, atopábanse orixinariamente colocados coas aristas apoiadas sobre os linteis (en rombo) polo que dita disposición foi respectada. 19 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 65 e 66: cvolocación dos cangos no orixinal e na reconstrución O tellado estaba realizado de xeito tradicional, con tellas país soltas, e con pedras por enriba para evitar o seu levantamento polo vento. Para non deixalo solto tomáronse as tellas, con poliuretano de montaxe especial para este tipo de material, evitándose en todo momento que se vira polo exterior e o mínimo polo interior. O traballo rematou coa colocación de rochas contra o vento, imitando o orixinal. As tellas do cumio foron tomadas con morteiro de cal hidráulico. Fig. 67 e 68: fotografía de entrada e saída do tellado polo interior Fig. 69 e 70: comparativas entre o Tellado, orixinariamente, e na reconstrución 20 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 71 e 72: teito coas tellas soltas e con rochas para mantelas en posición fronte ao vento Como un dos propietarios ofreceuse a que empregásemos unhas tellas que tiña baixo unha árbore decidiuse que erá o máis óptimo xa que moitas delas amosaban pátinas biolóxicas que evitarían a sensación de tellado novo. Isto favorecía a tentativa de evitar que non quedase un Tellado, excesivamente moderno, e que se mantera o carácter de antigo (e tradicional) do hórreo. Ademais colocáronse de xeito premeditado algunhas tellas diferentes. Se quedaba no aleiro algunha un pouco alta se lle introducía un recorte por embaixo, tal e como se pode ollar no lugar noutras construcións tradicionais. Fig. 73 e 74: fases da execución do tellado (1) 21 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 75 e 76: fases da execución do tellado (2) Fig. 77 e 78: detalles 5.8 MADEIRA A madeira vella, non recuperable, foi substituída por outra de castaño á que se lle deu unha lasura (berniz) de poro aberto (Kunos da marca Livos). O tono foi o de “palisandro”, pois se asemellaba aos restos de cor que se puideron atopar na tesoira. Déronse dúas mans. O proceso iníciase coa aplicación dunha man a brocha e nos restos non absorbidos pola madeira retirábanse cun pano aos 20 minutos. 22 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 79, 80, 81 e 82: aplicación das dúas mans da lasura e traballos na madeira A porta foi necesaria facela de novo e necesitouse encargar a un ferreiro un dos gonzos. A tesoira foi desinsectada para evitar a acción da couza. Fig. 83 e 84: comparativa na porta Fig. 85 e 86: a tesoira antes e despois do tratamento e conservación 23 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 87 e 88: finais despois dos tratamentos e colocación Fig. 89 e 90: segundo a luz que lle de ás madeiras a tonalidade cambia 24 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 91 e 92: detalles finais da madeira de castaño e lasura nas doelas e cangos Fig. 93 e 94: detalles finais da porta e interior do hórreo 25 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 6. FOTOGRAFÍAS COMPARATIVAS E FINAIS Fig. 95 e 95: fotografía de entrada e saída Fig. 97 e 98: fotografía comparativa da cepa, soleira e doelas polo exterior. Detalle da limpeza non exhaustiva Fig. 99 e 100: fotografía comparativa do recebo 26 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 101, 102, 103 e 104: fotografías comparativas, porta e claros coas faixas e doelas 27 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 105, 106, 107 e 108: fotografías comparativas na parte superior e detalles da madeira co acabado cepillado (máis antigo) e lasura que permite ollar as vetas 28 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 109 e 110: detalle da tesoira no aleiro do tellado e detalle de bisagra (gonzo) Fig. 111 e 112: finais 29 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 113 e 114: finais 30 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 Fig. 115 e 116: finais 31 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 7. RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN Como é lóxico pensar non se poden dar valores absolutos ou rangos para a temperatura, humidade relativa e exposición á luz pois son elementos que deben estar expostos á intemperie. A única recomendación que se fai é a do mantemento da madeira con aplicación cada catro ou cinco anos de lasura, únicamente en áreas con certo envellecemento. Esta é unha das vantaxes desta lasura xa que permite un mantemento doado e sinxelo. En Pontevedra, a 9 de septembro de 2010. Asdo.: Gonzalo Buceta Bruneti. Grao en Conservación de Bens Culturais. 32 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 8. DOCUMENTACIÓN GRÁFICA 8.2 LOCALIZACIÓN INICIAL E FINAL LOCALIZACIÓN INICIAL LOCALIZACIÓN FINAL 33 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 8.3 ALZADO E PERFIL. NOMENCLATURA DAS PARTES 8.4 DIMENSIÓNS TIJERA O CERCHA DINTEL DE MADERA CUMIO PINCHE SOBREPENAS PENAL PORTA DOELAS O TABILLAS FAJA SOBREPENAS SOLEIRA: TORNARRATOS CELEIRO 34 TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN HÓRREO DE LAMAS DE ABADE E REHABILITACIÓN REALIZADOS NO SANTIAGO DE COMPOSTE LA (A CORUÑA ), 2010 8.5 DETALLES TESOIRA E CUBERTA 35