Paavo Nurmi
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fi) Paavo Johannes Nurmi 13 de xuño de 1897 Turku, Finlandia | ||||||||||||||||
Morte | 2 de outubro de 1973 (76 anos) Helsinqui, Finlandia | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Turku Cemetery (en) | ||||||||||||||||
Outros nomes | El Finlandès volador | ||||||||||||||||
Residencia | Turku | ||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||
Peso | 65 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | fondista, maratoniano, atleta | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1914 - | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||
Deporte | atletismo | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | Maratón | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | ||||||||||||||||
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 | ||||||||||||||||
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Atletismo masculino | ||
Ouro | 1920 | 10.000m |
Ouro | 1920 | 8.000m cross country |
Ouro | 1920 | 8.000m cross country por equipos |
Ouro | 1924 | 1.500m |
Ouro | 1924 | 5.000m |
Ouro | 1924 | 5.000m cross country |
Ouro | 1924 | 5.000m cross country por equipos |
Ouro | 1924 | 3.000m por equipos |
Ouro | 1928 | 10.000m |
Prata | 1920 | 5.000m |
Prata | 1928 | 5.000m |
Prata | 1928 | 3.000m valos |
Paavo Nurmi, nado en Turku o 13 de xuño de 1897 e finado en Helsinqui o 2 de outubro de 1973, foi un atleta finés. Durante a década dos anos vinte, Nurmi foi considerado como o mellor fondista e mediofondista do mundo, establecendo marcas mundiais en distancias que ían entre os 1500 m e os 20 km.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nurmi obtivo un total de nove medallas de ouro en Xogos Olímpicos entre 1920 e 1928. En 1932 non puido competir, xa que recibía cartos por correr, polo que foi considerado como profesional. Nos XX.OO. de 1920, Nurmi obtivo tres preseas douradas: os 10.000 metros, o cross country e o cross country por equipos. Finalizou segundo na carreira polos 5.000.
En 1924 ganou 5 medallas de ouro, nos 1.500 metros, os 5.000 (con 26 minutos de diferenza entre ambas carreiras), os 3.000 metros por equipos, e novamente ambos cross country. Foi a derradeira vez que aqueles se disputaron, xa que a calor ocasionaba que a maior parte dos corredores abandonaran a carreira e incluso algúns deberon ser levados ó hospital.
Os derradeiros xogos de Nurmi foron os de 1928, onde obtivo ouro nos 10.000 metros e prata nos 5.000 e nos 3.000 metros valos. Continuou correndo despois dos xogos de Ámsterdam, pero foille impedido participar nos Ánxeles 1932 por ter recibido cartos por correr. Considerado un heroe nacional polos seus compatriotas, Nurmi foi o encargado de acender a chama olímpica nos xogos de Helsinqui '52. Despois do seu retiro do atletismo, abriu unha tenda na capital finesa. Finou en 1973 e se lle deu un funeral de estado. Cun total de 9 medallas de ouro e 3 de prata, Nurmi é o atleta olímpico máis exitoso até hoxe.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paavo Nurmi |
- Nados en 1897
- Nados en Turku
- Mediofondistas
- Fondistas
- Atletas olímpicos de Finlandia
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Medallistas olímpicos de ouro por Finlandia
- Medallistas olímpicos de prata por Finlandia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1928