Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Auditorio de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auditorio de Galicia
Edificio
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°53′22″N 8°32′40″O / 42.889555, -8.544446
editar datos en Wikidata ]
Auditorio de Galicia pola noite.
Logo.

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

O Auditorio de Galicia conta con catro salas:

  • Sala Ángel Brage
É a sala principal do auditorio. Trátase dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores[1] acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos.
  • Sala Mozart
É unha pequena sala con capacidade para 260 espectadores[1] destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas.
  • Sala Isaac Díaz Pardo
Este é un espazo de 1.000 [1] de forma irregular destinado ás exposicións.
  • Sala Circular
É a máis pequena das salas. Ten capacidade para 50 persoas[1], está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Concellaría de Cultura. Concello de Santiago de Compostela, ed. (2005). "Auditorio de Galicia: Salas" (en galego). Consultado o 27 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]