Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Castriño de Conxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castriño de Conxo
ParroquiaConxo
ConcelloSantiago de Compostela
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15078041
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónNon escavado
Estado actualAbandono, petróglifos visitables
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Os petróglifos

[editar | editar a fonte]

Nunha rocha pouco elevada sobre o terreo (como é común nos petróglifos galegos) situada no parapeto superior do asentamento castrexo atopamos uns petróglifos gravados na súa superficie que posúen unha especial relevancia en canto as representacións de armas, vinculadas aos modelos británicos datables ao redor do III-II milenio a.C. Tamén se aprecian deseños triangulares (algún raiado) que algúns autores interpretan como ídolos antropomorfos, outros como machados de dobre anel ou escudos triangulares.

Pódense observar claramente figuras como un puñal con dobre nervadura, dúas espadas enfrontadas pola empuñadura e unha terceira máis á dereita; tamén ata catro posibles, simplificadas, alabardas (de representación moi pouco usual nas nosas terras), arma de orixe centroeuropea, e outros trazos diversos moi erosionados, posibles restos doutras armas representadas.

As armas representadas son os obxectos que permiten dar a posible cronoloxía exposta con anterioridade. De especial relevancia é que non se representan machados ou outros apeiros agrícolas ou de carácter utilitario, só armas, cuxa posesión é interpretada como símbolo de poder e prestixio dunha sociedade que camiña dende unha situación de igualdade cara a unha sociedade estratificada e fortemente xerarquizada.

Vista de varias gravuras

Pese a non ser tido obxecto de estudo, realizáronse diversas prospeccións arqueolóxicas que percibiron un recinto ovalado moi irregular. Nel atopáronse muíños de man e diversos anacos de cerámicas castrexas. Só un muro foi visible, de 5 metros de lonxitude por medio metro de altura.

Atópase en completo estado de abandono, polo que non é fácil a súa visita, xa que se atopa cuberto de vexetación e arboredo. Está dividido por un aramado que o divide quedando gran parte do sitio en propiedade privada. Por riba disto, en maio de 2019 sufriu unha salvaxe vandalización cando o rascaron remarcando con pedra os sucos do petróglifo.[1][2][3][4][5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]