Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Monte Pedroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Pedroso
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaSantiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°53′54″N 8°33′54″O / 42.8982, -8.565
CordilleiraMacizo Galaico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude461 m Editar o valor en Wikidata

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Situación

[editar | editar a fonte]

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes próximos como o de Fontecova.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio. Na zona consérvase unha ponte medieval.

Está protexido desde hai anos da construción para que ningún edificio poida competir nunca en altura nin en visibilidade coa catedral de Santiago.[1]

No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión.

Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Monte Pedroso". www.santiagoturismo.com; Web oficial de Turismo de Santiago de Compostela e os seus arredores. Consultado o 2023-10-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.