Borja Iglesias
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1993 (31 anos) Santiago de Compostela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,87 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis. Co equipo andaluz conquistou a Copa do Rei 2021/22, sendo o máximo goleador do torneo e marcando o único gol do seu equipo na final. Xogou catro tempadas e media no equipo andaluz e a continuación foi cedido primeiro ao Bayer Leverkusen, co que gañou a Bundesliga e a Copa de Alemaña, e logo ao Celta de Vigo.
Foi internacional coa selección española en 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Tras despuntar nas categorías inferiores do Santiago de Compostela CF e da selección de Galicia, fichou en 2007 polo Valencia CF, onde seguiu formándose durante tres anos no fútbol base.[1] No club valenciano adoitaba xogar de extremo, con Paco Alcácer como dianteiro centro.[2] En 2010 incorporouse á canteira do Villareal CF, xogando a súa primeira campaña no CD Roda, equipo vencellado ao Villarreal no que marcou 15 goles, contribuíndo á sexta posición na División de Honra Xuvenil.[3] Na tempada 2011/12 xogou no equipo xuvenil do Villarreal e ao ano seguinte debutou co Villarreal C na Terceira División, anotando 11 goles.[4]
Celta de Vigo B
[editar | editar a fonte]En xullo de 2013 fichou polo Celta de Vigo B, que militaba na Segunda División B.[5] No segundo equipo do club galego foi afianzándose no once inicial ata debutar co primeiro equipo o 3 de xaneiro de 2015, nun partido da Primeira División contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán, saltando ao terreo en substitución de Santi Mina.[6]
A súa explosión futbolística definitiva tivo lugar na tempada 2016/17 na Segunda División B, na que pese a ter ficha co primeiro equipo xogou co filial, co obxectivo de ascender á categoría de prata. Ese ano proclamouse o máximo anotador da categoría, con 34 tantos, e converteuse tamén no máximo goleador da historia do filial celeste, con 75 goles, superando a Goran Marić.[7][8][9] A pesar destes números non contou con sitio no primeiro equipo por causa da forte competencia, polo que en 2017 saíu cedido ao Real Zaragoza, na Segunda División.[10]
Real Zaragoza
[editar | editar a fonte]Marcou o seu primeiro gol co Zaragoza na segunda xornada, contra o Granada,[11] e no seguinte partido anotou dous goles máis fronte ao Córdoba.[12] No mes de outubro marcou catro goles máis e foi elixido mellor xogador do mes en Segunda.[13] Na penúltima xornada de liga, logrou o seu primeiro triplete como profesional, marcándolle tres goles a Jordi Masip, gardameta do Valladolid, e asegurando a clasificación do equipo aragonés para a promoción de ascenso.[14] Rematou a tempada con 22 goles en liga, só superado polos 33 de Jaime Mata e os 24 de Raúl de Tomás.[15]
RCD Espanyol
[editar | editar a fonte]En xullo de 2018 o Espanyol adestrado por Rubi conseguiu a súa fichaxe, despois de pagar ao Celta de Vigo os 10 millóns de euros da súa cláusula de rescisión.[16][17] Disputou 37 dos 38 partidos da tempada 2018/19 da Primeira División, marcando o seu primeiro gol na categoría na xornada 2, fronte ao Valencia no RCDE Stadium,[18] e rematando como o sétimo máximo anotador da liga, con 17 goles.[19] Ademais, na xornada 26 contra o Real Valladolid, marcou o gol máis rápido da tempada, batendo ao lucense Diego López cando transcorreran só 18 segundos dende o inicio.[20]
Fixo a pretempada de 2019 co Espanyol, xogando tres partidos da previa da Europa League e marcando tres goles, os tres na primeira eliminatoria contra o Stjarnan islandés.[21]
Real Betis
[editar | editar a fonte]En agosto de 2019 foi traspasado ao Real Betis, despois de que o club andaluz pagase os 28 millóns de euros da cláusula de rescisión. En Sevilla reencontrouse co adestrador Rubi, que o mantivo no equipo titular durante a meirande parte da tempada 2019/20 a pesar dos seus baixos números goleadores (3 tantos en 37 partidos). A situación cambiou a mediados da tempada 2020/21 con Pellegrini no banco.[22] A pesar de ter que esperar ata a xornada 12 para marcar o seu primeiro gol, acabou con 13 tantos e contribuíu de xeito importante á clasificación do equipo para a Europa League.[23][24] Na tempada 2021/22 aumentou a súa cifra goleadora e foi un dos principais artífices do terceiro título da Copa do Rei na historia do club. Foi, con 5 goles, o máximo goleador do torneo, e foi elixido mellor xogador da final, na que anotou o único gol bético, antes de que o encontro se decidise na quenda de penaltis.[25]
Na tempada 2022/23 marcou 15 goles en liga, conseguindo así o cuarto mellor rexistro da competición, superado só por Lewandowski (23), Benzema (19) e o tamén galego Joselu (16).[26] O seu rendemento baixou na primeira metade da tempada 2023/24, na que non conseguiu ningún gol en liga, sumando só un na Copa do Rei e outro na Europa League. Así, no mercado invernal aceptou ser cedido ao Bayer Leverkusen para tentar recuperar o seu olfacto goleador.[27]
Cesión ao Bayer Leverkusen
[editar | editar a fonte]Debutou na Bundesliga o 3 de febreiro de 2024, xogando como titular no partido da 20ª xornada ante o Darmstadt, que acabou con vitoria do Leverkusen por 0-2.[28] Converteuse así no quinto futbolista galego en xogar na Bundesliga, despois de Rubén González, Joselu, Pablo Insua e Hugo Novoa. Contou con poucos minutos no equipo de Xabi Alonso, co que disputou un total de 10 partidos nunha histórica tempada que culminou co primeiro título de liga da historia do club (rematando con 11 anos de dominio absoluto do Bayern),[29] coa conquista da Copa de Alemaña e co subcampionato da Copa da UEFA.[30][31]
Cesión ao Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2024/25, o Betis cedeuno ao Celta de Vigo, regresando así o xogador ao club vigués sete anos despois.[32]
Selección española
[editar | editar a fonte]O 24 de setembro de 2022 debutou coa selección española, despois de ser convocado polo seleccionador Luis Enrique para a Liga de Nacións da UEFA. A súa estrea produciuse no estadio de La Romareda ante a selección de Suíza, nun partido que acabou en derrota por 1-2.[33]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Betis
- Copa do Rei (1): 2021/22.
- Bayer Leverkusen
- Bundesliga (1): 2023/24.
- Copa de Alemaña (1): 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Borja Iglesias: "Me gusta que digan que soy un tío normal. No cambiaré"" (en castelán). 7 de decembro de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "El gol que emigró de Paterna" (en castelán). 27 de novembro de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias, un currante al servicio del gol" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias debuta con el Real Celta" (en castelán). 26 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias ficha por el Celta B de Segunda B" (en castelán). 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2023. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias debutó con el primer equipo del Celta en Sevilla". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "El Celta puede ceder un delantero al Barça B" (en castelán). 28 de xuño de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias, homenajeado por parte del club" (en castelán). 23 de decembro de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias, el delantero que tritura récords de goles". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ Christian Ortiz (4 de xullo de 2017). "Borja Iglesias elige al Zaragoza". Marca (en castelán).
- ↑ "El Granada resiste a un gran Zaragoza". Marca (en castelán). 27 de agosto de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ G. C., Lorena (5 de setembro de 2013). "Un ídolo llamado Borja Iglesias". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ Ferrer, Pedro Luis (22 de novembro de 2017). "Borja Iglesias, mejor jugador del mes de octubre en Segunda". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Un impresionante Borja asegura los 'playoffs' para el Zaragoza". Marca (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Jaime Mata acaba Pichichi de la fase regular de la Liga123" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias, nuevo delantero del Espanyol" (en castelán). 9 de xullo de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "El Espanyol pagará la cláusula de Borja Iglesias". Marca (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Fogado, Salva (26 de agosto de 2018). "El Espanyol sorprende al Valencia". El País (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Vázquez, Nino (19 de maio de 2019). "Así ha quedado el Pichichi de la Liga Santander 2018/2019". Diario Sport (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias marca el gol más rápido de LaLiga". Diario Sport (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias sigue marcando con el Espanyol en Europa". ABC (en castelán). 2 de agosto de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Morán, Miguel Ángel (19 de maio de 2021). "Borja Iglesias, un 'killer' para Europa". Marca (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Lagos, Daniel (10 de marzo de 2021). "El renacer de Borja Iglesias dispara la ilusión en Heliópolis". As (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias catapulta al Betis hacia Europa". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de maio de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Borja Iglesias, MVP de la final de la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ "Así queda la clasificación final del Pichichi de la Liga". Mundo Deportivo (en castelán). 5 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023.
- ↑ "Borja Iglesias se marcha cedido al Bayer Leverkusen". La Vanguardia (en castelán). 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "Borja Iglesias tras su debut: “Estoy muy feliz”" (en castelán). 3 de febreiro de 2024. Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "Escaso protagonismo de Borja Iglesias en el título liguero del Bayer Leverkusen" (en castelán). 14 de abril de 2024. Consultado o 23 de agosto de 2024.
- ↑ "El Bayer Leverkusen se levanta y gana la Copa alemana". La Vanguardia (en castelán). 25 de maio de 2024. Consultado o 23 de agosto de 2024.
- ↑ Gabilondo, Aritz (22 de maio de 2024). "‘Atalantazo’ a Xabi Alonso". As (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2024.
- ↑ "El Celta hace oficial el fichaje de Borja Iglesias: "Soltad al panda porque me he escapado"" (en castelán). 19 de xullo de 2024. Consultado o 23 de agosto de 2024.
- ↑ "Borja Iglesias debuta con la selección española" (en castelán). 24 de setembro de 2022. Consultado o 5 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Betis (en castelán).
- Nados en 1993
- Nados en Santiago de Compostela
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas de Santiago de Compostela
- Xogadores do Villarreal CF C
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do Bayer Leverkusen
- Xogadores da selección de fútbol de España