Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pelicano

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os pelicanos[1] son aves de gran tamaño pertencentes ao xénero Pelecanus, único actual da familia dos pelecánidos[2] (Pelecanidae). O máis característico dos pelicanos é o seu longo peteiro e a súa gran bolsa gular, que utilizan para capturar as presas das que se alimentan e drenar a auga do contido alimenticio que apañaron antes de tragalo. Teñen predominantemente unha plumaxe clara, coa excepción das especies P. occidentalis e P. thagus, que a teñen máis escura. As bolsas gulares e a pel espida facial de todas as especies adquire brillantes cores durante a estación de apareamento. As oito especies vivas de pelicanos teñen unha distribución global dispersa, que en latitude vai desde os trópicos ás zonas temperadas, aínda que están ausentes no interior de Suramérica e nas rexións polares e o mar aberto. Na Península Ibérica as únicas especies de pelicanos que se puideron ver en ocasións son o pelicano branco (P. onocrotalus) e o pelicano crespo (P. crispus). O rexistro fósil de pelicanos remóntase a hai polo menos 30 millóns de anos, no Oligoceno, época da que datan os restos dun peteiro moi similar ao das modernas especies atopado en Francia.

Creuse durante moito tempo que os pelicanos estaban relacionados coas fragatas, corvos mariños, faetóntidos e mascatos, pero agora crese que están moito máis relacionados con Balaeniceps rex e Scopus umbretta, e clasifícanse na orde Pelecaniformes. Os ibis, cullereiros e garzas son parentes máis distantes, e están tamén clasificados na mesma orde. Os pelicanos viven fundamentalmente nas áreas de augas costeiras e interiores, xa que se alimentan principalmente de peixes, que capturan na superficie ou preto da superficie da auga. Son aves gregarias, que a miúdo pescan cooperativamente e crían formando colonias. Catro das especies de plumaxe branca adoitan aniñar no chan, e as catro especies máis grises ou pardas aniñan principalmente nas árbores.

A relación entre os pelicanos e os humanos non sempre foi pacífica. Os pelicanos foron perseguidos nalgúns países porque se consideraba que competían coa pesca comercial e recreativa. Sufriron tamén pola destrución do seu hábitat, molestados polas actividades humanas ou pola polución, e a conservación de tres especies está en perigo. Tamén tiveron unha importancia cultural na mitoloxía, e na iconografía cristiá e heráldica.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Pelecanus foi descrito formalmente por Linnaeus en 1758, na 10ª edición do seu Systema Naturae, onde describiu que as súas características distintivas eran un peteiro recto e ganchudo na punta, aberturas nasais lineares, cara espida, e pés palmados. Nesta definición inicial, xunto cos pelicanos, poderían incluírse as fragatas, corvos mariños, e mascatos.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome procede etimoloxicamente do grego antigo πελεκάν (pelekán),[4] que á súa vez deriva da palabra πέλεκυς (pelekys), que significa "machado".[5] Nos tempos da Grecia clásica a palabra aplicábase tanto aos pelicanos coma aos petos.[6]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Os pelicanos déronlle o seu nome á orde dos pelecaniformes, unha orde que ten unha historia taxonómica moi movida. Os faetóntidos, Anhinga, corvos mariños, mascatos, e fragatas, que tradicionalmente eran todos membros desta orde, foron despois reclasificados: os Phaethon colocáronse na súa orde propia, a dos faetontiformes, e o resto na orde dos suliformes. O seu lugar foi ocupado polas garzas, ibis, cullereiros, Scopus umbretta e Balaeniceps rex, que son agora considerados pelecaniformes.[7] As evidencias moleculares suxiren que Scopus e Balaeniceps forman un grupo irmán dos pelicanos,[8] aínda que hai algunhas dúbidas sobre as relacións exactas entre estas tres liñaxes.[9]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Cladograma baseado en Hackett et al. (2008).[7]

Suliformes

Pelecaniformes

Garzas (Ardeidae)

Ibis e cullereiros (Threskiornithidae)

Scopus umbretta

Balaeniceps rex

Pelicanos (Pelecanus)

Cabeza dun Scopus umbretta con forma que lembra un martelo (polo que se chama "cabeza de martelo" nalgúns idiomas), un dos parentes próximos dos Pelecanus.
Cabeza de Balaeniceps rex co seu característico peteiro con forma de zapato ("peteiro zapato" é o nome que ten en varios idiomas), outro dos parentes próximos dos Pelecanus.

Rexistro fósil

[editar | editar a fonte]

O rexistro fósil mostra que a liñaxe dos pelicanos leva existindo desde polo menos hai 30 millóns de anos; o fósil máis antigo de pelicano atopouse en estratos de comezos do Oligoceno en Luberon no sueste de Francia e é moi similar ás formas modernas.[10] O seu peteiro é case completo e é morfoloxicamente idéntico ao dos pelicanos actuais, o que indica que este avanzado aparato de alimentación existía xa naquel tempo.[10] Un fósil de comezos do Mioceno recibiu o nome de Miopelecanus gracilis baseándose en certas características que inicialmente se consideraron únicas, pero despois viuse que esas peculiaridades entraban dentro do rango de variación interespecífica do xénero Pelecanus.[10] O fósil de final do Eoceno Protopelicanus pode ser un pelecaniforme ou un suliforme (ou mesmo unha ave acuática similar a un pelagornítido).[11] O suposto pelicano do Mioceno Liptornis atopado na Patagonia é un nomen dubium (nome de dubidosa validez taxonómica), que foi descrito baseándose só en fragmentos que non fornecen evidencias dabondo como para apoiar unha descrición válida.[12]

Europa ten un mellor rexistro fósil destas aves que Norteamérica.[13] Describíronse varias especies de Pelecanus a partir de material fósil, entre as que están:[14]

Especies vivas

[editar | editar a fonte]

En total existen oito especies, das cales só puideron ser vistas (raramente) en Galicia dúas: P. onocrotalus e P. crispus. As oito especies poden agruparse en dous grupos, un que contén as catro especies que aniñan no chan de plumaxe adulta principalmente branca (P. conspicillatus, P. crispus, P. onocrotalus, e P. erythrorhynchos), e outro que contén as catro especies de plumaxe parda ou cincenta, que aniñan preferentemente nas árbores (P. rufescens, P. philippensis e P. occidentalis), ou en rochas da costa (P. thagus). Os pelicanos principalmente mariños pardos (P. occidentalis) e do Perú (P. thagus), antes considerados conespecíficos (da mesma especie),[19] son ás veces separados dos outros colocándoos no subxénero Leptopelicanus,[20] pero, en realidade, parece que, aínda que hai dúas liñaxes evolutivas principais, hai especies con ambos os tipos de aparencia e comportamento á hora de aniñar en ambos os grupos; P. onocrotalus parece ser a especie máis distinta, o que indica unha orixe do xénero no Vello Mundo. Así, Leptopelicanus (se é válido) incluiría tamén a P. erythrorhynchos. Por outra parte, P. crispus foi considerado antes unha subespecie de P. philippensis, aínda que difire tanto en hábitos de aniñar coma en morfoloxía; e hoxe en día considérase como unha especie separada.[21]

Especies vivas do xénero Pelecanus
Nomes binomiais e comúns[22] Imaxe Descrición Rango e status
Pelecanus occidentalis
Linnaeus, 1766
pelicano pardo
Lonxitude de ata 1,4 m, envergadura de ás de 2–2,3 m, peso de 3,6–4,5 kg.[23] É o pelicano máis pequeno; distínguese pola súa plumaxe parda, aliméntase mergullándose en picado.[24] Cinco subespecies. Distribúese polas costas de case toda América, desde Norteamérica e o Caribe á parte norte de Suramérica e as Illas Galápagos.[25] Status: Pouco preocupante.[26]
Pelecanus thagus
Molina, 1782
pelicano do Perú
Lonxitude ata 1,52 m, envergadura de ás 2,48 m,[27] peso medio 7 kg.[28] Escuro cunha faixa branca desde a coroa aos lados do pescozo. Monotípico. Vive na costa do Pacífico de Suramérica desde o Ecuador e o Perú ata o sur de Chile.[25] Status: Case ameazado.[29]
Pelecanus philippensis
Gmelin, 1789
pelicano gris
Lonxitude 1,27–1,52 m, envergadura de ás 2,5 m, peso aproximado 5 kg.[30] Principalmente de cor cincenta clara, cunha crista gris na parte de atrás do pescozo durante a estación de apareamento, parte traseira rosada e bolsa do peteiro cun punteado de manchas escuras.[30] Monotípico. Vive no sur de Asia desde o sur de Paquistán pasando por India e ata Indonesia,[25] pero está extinguido en Filipinas e posiblemente no leste da China.[30] Status: Case ameazado.[31]
Pelecanus rufescens
Gmelin, 1789
pelicano rosado
Lonxitude 1,25–1,32 m, envergadura de ás 2,65–2,9 m,[32] peso 3,9–7 kg.[33] Plumaxe cincenta e branca, ocasionalmente rosa nas costas, cunha mandíbula superior amarela e unha bolsa gular gris.[32] Monotípico. Vive en África, Seychelles e suroeste de Arabia;[25] extinto en Madagascar.[34] Status: Pouco preocupante.[35]

Pelecanus erythrorhynchos
Gmelin, 1789
pelicano branco americano
Lonxitude 1,3–1,8 m, envergadura de ás 2,44–2,9 m, peso 5–9 kg.[36] De plumaxe case enteiramente branca, agás nas plumas rémixes primarias e secundarias, que son negras, que só se ven cando está voando. Monotípico. Vive no interior en Norteamérica e inverna en México.[25] Status: Pouco preocupante.[37]

Pelecanus onocrotalus
Linnaeus, 1758
pelicano branco
Lonxitude 1,40–1,75 m, envergadura de ás 2,45–2,95 m, peso 10–11 kg.[38][39] Plumaxe branca, con manchas faciais rosas e patas rosas. Monotípico. Distribución dispersa desde o Mediterráneo ao leste de Indochina e Península malaia, e sur de África.[25] Status: Pouco preocupante.[40]

Pelecanus crispus
Bruch, 1832
pelicano crespo
Lonxitude 1,60–1,80 m, envergadura de ás 2,70–3,20 m, peso 10–12 kg.[38][39] O pelicano máis grande; diferénciase de P. onocrotalus por ter plumas rizadas na caluga, patas grises e plumaxe branca cinsenta.[32] Monotípico. Desde o sur de Europa á India e a China.[25] Status: Vulnerable.[41]
Pelecanus conspicillatus
Temminck, 1824
pelicano australiano
Lonxitude 1,60–1,90 m, envergadura de ás 2,5–3,4 m, peso 4–8,2 kg.[42] Predominantemente branco con cor negra nas plumas primarias, e un peteiro claro e moi longo. Monotípico. De Australia e Nova Guinea; pode chegar ata Nova Zelandia, illas Salomón, arquipélago de Bismarck, Fidxi e a rexión de Wallacea do arquipélago indonesio.[25] Status: Pouco preocupante.[43]

Características

[editar | editar a fonte]
Un pelicano pardo coa boca aberta e o saco aéreo inflado, mostrando a lingua e parte da anatomía interna do peteiro.
Pelicano branco americano cunha protuberancia no peteiro, que se lle forma durante a estación reprodutora.
Pelicano pardo adulto cun polo no niño. Esta especie aniña no chan se non dispón de árbores axeitadas.[44]

Os pelicanos son aves de gran tamaño con peteiros moi longos caracterizados por ter na punta da mandíbula superior unha curvatura cara a abaixo, e ter unida á mandíbula inferior unha bolsa gular que vén desde a gorxa. A delgada rama mandibular da mandíbula inferior e os flexibles músculos da lingua forman unha bolsa con forma de cesta para apañar peixes ou, ás veces, auga doce da choiva,[20] aínda que, para facilitar que se traguen as presas, a lingua é diminuta.[45] Teñen un longo pescozo e patas curtas e rexas con pés grandes e completamente palmados. Aínda que están entre as aves máis pesadas,[46] son relativamente lixeiras en relación co seu volume aparente, porque teñen sacos de aire no seu esqueleto e debaixo da pel, que lles permiten flotar moi ben na auga.[20] A cola é curta e cadrada. As ás son longas e largas, coa feitura axeitada para un voo planeado, e teñen un número infrecuentemente grande de plumas, con de 30 a 35 plumas de voo secundarias.[47]

Os machos son xeralmente máis grandes que as femias e teñen peteiros máis longos.[20] A especie máis pequena é P. occidentalis, a cal pode ter só uns 2,75 kg de peso e 1,06 m de longo, cunha envergadura de ás de só 1,83 m. O máis grande é P. crispus, que chega a 15 kg e 1,83 m de lonxitude, cunha envergadura de ás de 3 m. O peteiro do pelicano australiano pode medrar ata os 0,5 m nos machos grandes,[48] o que o fai o peteiro máis grande de todas as aves.[19]

Os pelicanos teñen principalmente plumaxes de cores claras, as excepcións son P. occidentalis e P. thagus, que son máis escuros.[49] A cara está espida, pero teñen plumas no resto da cabeza. Os peteiros, bolsas da gorxa e a pel facial espida de todas as especies fanse máis brillantes na época reprodutora.[50] A bolsa da gorxa da subespecie californiana de P. occidentalis ponse vermella brillante ao inicio da estación reprodutora, e vai cambiando a amarela despois de que poñen os ovos. A bolsa gular de P. thagus vólvese azul. A P. occidentalis crécelle unha prominente protuberancia no peteiro que cae unha vez que a femia pon os ovos.[51] A plumaxe dos pelicanos inmaturos é máis escura que a dos adultos.[49] Os polos que acaban de saír do cascavello están espidos e son rosas, vanse escurecendo a gris e negro nuns 4 a 14 días, e despois forman unha cuberta de penuxe branca ou gris.[52]

Sacos aéreos

[editar | editar a fonte]

As diseccións anatómicas de dous pelicanos pardos realizadas en 1939 mostraron que tiñan unha rede de sacos aéreos subcutáneos baixo a pel situados na superficie ventral incluíndo a gorxa, peito e partes inferiores das ás, e ademais teñen sacos aéreos nos seus ósos como outras aves.[53] Os sacos aéreos están conectados ás vías aéreas do sistema respiratorio, e o pelicano pode manter inflados os seus sacos ao pechar a súa glote, pero non está claro como fan para inflar os sacos.[53] Os sacos aéreos serven para facer que o pelicano aboie moi ben na auga[54] e pode tamén amortecer o impacto do corpo do pelicano contra a tona da auga cando se mergullan na auga desde o aire para pescar.[53] Os sacos de aire superficiais poden tamén contribuír a arredondar o contorno do corpo (especialmente no abdome, onde poden orixinarse superficies protuberantes por cambios de posición ou tamaño das vísceras) para permitir que as plumas formen un illamento máis efectivo da calor e tamén permiten que as plumas se manteñan na súa posición para ter unha boa aerodinámica.[53]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Os pelicanos modernos encóntranse en todos os continentes agás a Antártida. Habitan principalmente rexións cálidas, aínda que a súa zona de reprodución se estende ata latitudes como os 45° sur (para o pelicano australiano en Tasmania) e 60° norte (para o pelicano branco americano no Canadá occidental).[19] As aves viven en zonas de augas costeiras e de terra dentro, e están ausentes das rexións polares, o mar aberto, as illas oceánicas (menos as illas Galápagos), e as terras interiores de Suramérica, e das costas atlánticas de Suramérica desde a desembocadura do río Amazonas cara ao sur.[20] Atopáronse ósos de subfósiles en lugares tan ao sur como a illa Sur de Nova Zelandia,[55] aínda que a súa escaseza e illamento suxire que estes restos poden ser de pelicanos errantes que chegaron desde Australia (cousa que aínda ocorre hoxe en día).[56]

Comportamento e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Un pelicano australiano planando coas súas grandes ás estendidas.

Os pelicanos nadan ben coas súas fortes patas e pés palmados. Fretan as súas cabezas contra as súas glándulas uropixiais para recoller unha secreción oleosa producida por esa glándula, que despois estenden polas plumas e que serve de impermeabilizante que repele a auga.[19] Mantendo as ás pouco apertadas contra os seus corpos, os pelicanos teñen unha gran flotabilidade e manteñen só unha pequena parte do corpo por debaixo da superficie da auga.[32] Disipan o exceso de calor por medio da vibración gular, é dicir, facendo ondear a pel da gorxa e bolsa co peteiro aberto para facilitar o refrescamento por evaporación de auga.[20] Establécense e descansan en praias, bancos de area e augas pouco profundas.[20]

Teñen unha capa fibrosa profunda nos músculos pectorais que mantén as ás rixidamente horizontais para efectuar o voo planeado. Utilizan as correntes térmicas ascendentes para ascender a alturas de 3 000 m ou máis,[57] o que combinan co voo planado ou co voo con aleteo en formación de V, para cubriren distancias de ata 150 km e chegaren ás áreas onde se alimentan.[19] Os pelicanos tamén voan baixo sobre as extensións de auga, utilizando un fenómeno chamado efecto solo para reducir a resistencia inducida e incrementar a forza de sustentación. A medida que o aire flúe entre as ás e a superficie da auga, este comprímese e adquire unha maior densidade e exerce unha maior forza ascendente sobre a ave que está enriba.[58] Deste modo, afórrase moita enerxía durante o voo.[59]

Para comunicarse, os pelicanos adultos utilizan sinais visuais ou de comportamento,[60] especialmente utilizando as súas ás e peteiros. O comportamento agonístico dos pelicanos consiste en picar e golpear aos seus opoñentes co peteiro, ou erguer e mover as ás de modo ameazador.[61] Os pelicanos adultos gruñen cando están nas colonias, pero son xeralmente silenciosos no resto dos lugares ou fóra da estación reprodutora.[32][62][63][64] Polo contrario, as colonias son moi ruidosas, xa que os polos vocalizan decote.[60]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

A dieta dos pelicanos consiste xeralmente en peixes, que poden ser de ata 30 cm de longo,[50] pero tamén comen anfibios, tartarugas, crustáceos e ocasionalmente aves.[65][66] Capturan as presas acuáticas normalmente na superficie ou preto da superficie da auga.[49] En augas profundas os pelicanos brancos xeralmente pescan en solitario, pero máis preto da costa, poden voar varios pelicanos xuntos arredor de bancos de pequenos peixes ou forman unha liña que os dirixa a augas pouco profundas, batendo as súas ás sobre a auga e collen unha pada de auga para capturaren as súas presas .[67] Capturan moitos peixes pequenos ao expandiren a súa bolsa da gorxa, que despois deben drenar por encima da superficie da auga para desfacerse da auga e tragar despois o peixe que queda dentro. Esta operación lévalles un minuto, e durante ela outras aves mariñas poden aproveitar para roubarlles o peixe (cleptoparasitismo).

P. occidentalis mergullándose no mar para capturar peixe en Xamaica.

Os peixes grandes captúranos coa punta do peteiro, despois lánzanos ao aire e recóllenos na bolsa. Ás veces algunha gaivota sitúase na cabeza do pelicano e pícao para distraelo, coa intención de collerlle o peixe do seu peteiro aberto.[68] Os pelicanos á súa vez en ocasións capturan e comen a outras aves mariñas.[19]

Os P. occidentalis xeralmente mergúllanse en picado para capturaren as súas presas, especialmente anchoas[69] e clupeidos.[67] O pelicano australiano, aínda que é principalmente un comedor de peixe, é tamén un comedor de prea e un carnívoro ecléctico e oportunista, que se alimenta en vertedoiros de lixo[70] e de "calquera [animal] desde insectos e pequenos crustáceos a patos e pequenos cans".[70] O alimento non se almacena na bolsa da gorxa dos pelicanos, que só usan como cesta de captura antes de tragar.[50]

O consumo doutras aves polos pelicanos é rara, aínda que exemplares de P. onocrotalus que vivían en semicatividade en contornas semiurbanas foron observados comendo pombas.[66] Pero en Suráfrica na rexión de Cabo Occidental (Western Cape) observouse a mesma especie en estado salvaxe comendo polos de mascatos do Cabo (Morus capensis) na illa Malgas[71] e corvos mariños, gaivotas, carráns e pingüíns na Illa Dassen e outros lugares.[72] O P. occidentalis foi visto capturando polos de arao dos cons en California e ovos e polos de ardeidas en Baixa California, México.[73]

Reprodución e lonxevidade

[editar | editar a fonte]
Unha colonia de P. philippensis na India. Esta especie constrúe os seus niños nas árbores.
Un P. philippensis alimentando a unha cría na India.
Unha colonia de P. conspicillatus en Nova Gales do Sur, Australia. Esta especie aniña no chan.

Os pelicanos son gregarios e coloniais á hora de aniñar. As parellas son monógamas durante unha soa tempada, pero os vínculos entre a parella mantéñense só na área de aniñamento; os membros da parella son independentes lonxe do niño. As especies que aniñan no chan (xeralmente as de plumaxe branca) fan un complexo cortexo comunal no que intervén un grupo de machos que perseguen unha soa femia no aire, en terra ou na auga, mentres a sinalan, abrindo os peteiros, e batendo os seus peteiros un contra outro. Poden finalizar este proceso nun día. As especies que aniñan nas árbores realizan un proceso máis simple no cal os machos empoleirados nas pólas se anuncian ás femias.[19] A localización da colonia reprodutora está determinada pola dispoñibilidade dunha ampla subministración de peixe para alimentarse, aínda que os pelicanos poden utilizar as correntes térmicas ascendentes para planear e voar a centos de quilómetros de distancia diariamente para ir comer.[50]

O pelicano australiano (P. conspicillatus) ten dúas estratexias reprodutoras dependendo da predicibilidade ambiental que teña o lugar. Forman colonias de decenas ou centos ou raramente miles de aves, que se reproducen regularmente en pequenas illas da costa nas que a comida está dispoñible durante unha estación ou permanentemente. Pero nas terras áridas interiores de Australia, especialmente nos lagos endorreicos como a cunca do lago Eyre, os pelicanos forman en determinados anos colonias reprodutoras oportunistas, nas que se xuntan en grandes cantidades que chegan ás 50 000 parellas, cando se producen inundacións irregulares, que poden estar espazadas moitos anos, que enchen de auga a cunca formando lagos salgados efémeros, que secan ao final da tempada, pero que conteñen unha gran cantidade de alimento.[57]

En todas as especies a copulación ten lugar onde está o niño; empeza pouco despois de que se emparellan e continúa durante 3–10 días antes de poñer os ovos. Nas especies que aniñan no chan, as cales poden non construír un niño, o macho trae o material para facer o niño ás veces na bolsa da gorxa, e nas especies que aniñan nas árbores tráeno prendido polo peteiro. A femia entón amontoa o material para formar unha estrutura simple.[19]

Os ovos son ovais, brancos e de textura áspera.[20] Todas as especies normalmente poñen polo menos dous ovos; o tamaño da posta normal é dun a tres ovos, e só en casos raros pode chegar a seis.[20] Ambos os dous sexos chocan os ovos colocándoos sobre os pés ou debaixo dos pés. A incubación dura 30–36 días;[20] o éxito da incubación pode ser do 95 % en parellas que non foron molestadas, pero, debido á competición entre irmáns no niño ou fratricidio, nos ambientes naturais normalmente nas primeiras semanas xa só sobrevive unha das crías (algunhas crías máis sobreviven máis tempo nas especies P. rufescens e P. philippensis). Ambos os proxenitores alimentan as crías regurxitando o alimento; unha semana despois de eclosionar poden xa meter a súa cabeza dentro da bolsa da gorxa dos seus pais e coller o alimento por si mesmos.[52] Despois de seren alimentados ou ás veces antes, as crías parecen ter unha especie de convulsións que os deixa inconscientes, cuxa razón se descoñece.[19]

Os proxenitores das especies que aniñan no chan ás veces arrastran os polos máis vellos pola cabeza bruscamente antes de alimentalos. Desde que teñen 25 días,[20] os polos destas especies xúntanse en "mandas" ou "garderías" de ata 100 exemplares, nas cales os proxenitores recoñecen e alimentan só os seus propios descendentes. Ás 6–8 semanas xa vagan pola colonia, nadan ocasionalmente, e poden alimentarse comunalmente.[19] Os individuos novos de todas as especies empluman ás 10–12 semanas despois da eclosión. Poden permanecer cos seus parentes despois, pero a partir de entón xa non son alimentados ou moi raramente. Maduran aos tres ou catro anos de idade.[20] O éxito reprodutor é moi variable.[19] Os pelicanos viven de 15 a 25 anos na natureza, pero en catividade hai un caso rexistrado que chegou a vivir 54 anos.[50]

Status e conservación

[editar | editar a fonte]

Poboacións

[editar | editar a fonte]

Globalmente, as poboacións de pelicanos foron afectadas negativamente por catro factores principais: declive das poboacións de peixes por sobrepesca ou polución das augas, destrución do hábitat, efectos directos da actividade humana como molestar as colonias reprodutoras, caza e matanzas, capturas en redes de pesca, liñas e amocelos, e ultimamente pola presenza de polucionantes como o DDT e a endrina. As poboacións da maioría das especies son máis ou menos estables, aínda que tres delas están clasificadas pola IUCN como en risco. Todas as especies se reproducen doadamente en zoos, o cal podería ser útil nas estratexias de conservación.[74]

P. onocrotalus en Kenya.

O pelicano branco (P. onocrotalus) distribúese por unha ampla área de África e o sur de Asia. A tendencia que seguen as poboacións non está clara, xa que hai datos variados segundo as zonas, con poboacións que están aumentando, outras declinando, outras estables ou en estado descoñecido, pero non hai evidencias dun declive rápido global e o status da especie estímase como pouco preocupante. As ameazas que os afectan son a drenaxe de zonas húmidas, persecución e caza deportiva, molestias ás colonias reprodutoras, e contaminación por pesticidas e metais pesados.[75]

O pelicano crespo (P. crispus) é a especie máis escasa, cunha poboación estimada que está só entre 10 000 e 20 000, que sufriu un forte declive nos séculos XIX e XX. As principais ameazas que ten que encarar estas especie son a caza, especialmente no leste de Asia, molestias ás colonias, desenvolvemento das costas, choques contra liñas eléctricas de alta tensión e sobreexplotación dos bancos pesqueiros.[76] Está considerada como vulnerable na Lista Vermella de Especies Ameazadas da IUCN xa que a tendencia da poboación é a diminuír, especialmente en Mongolia, onde case está extinta. Porén, varias colonias están aumentando e a colonia grega do lago Prespa pequeno consta case de mil parellas.[41]

A poboación conxunta de P. occidentalis e P. thagus[77] estímase en 650 000 aves, das cales arredor de 250 000 están nos Estados Unidos e no Caribe, e 400 000 no Perú. A National Audubon Society dos Estados Unidos estima que a poboación global de P. occidentalis é de 300 000 exemplares.[78] O número de exemplares de P. occidentalis caeu en picado nas décadas de 1950 e 1960, fundamentalmente a causa da polución ambiental por DDT, e a especie foi considerada en perigo nos Estados Unidos en 1970, pero as restricións ao uso do DDT desde 1972 permitiron que as poboacións se recuperasen e a especie deixou de considerarse en perigo en 2009.[77][79]

A especie P. thagus está considerado como case ameazado porque, aínda que a poboación estimada pola BirdLife International é de máis de 500 000 individuos maduros, e é posible que se estea incrementando, esta era moito máis alta no pasado. As cifras caeron drasticamente durante o fenómeno climatolóxico de El Niño de 1998 e poderían experimentar similares oscilacións no futuro. Entre as necesidades de conservación para esta especie están a monitorización regular para determinar as tendencias da poboación, especialmente despois dos anos de El Niño, restrinxir o acceso humano ás colonias reprodutoras importantes, e estimar as interaccións coa actividade pesqueira.[80]

A especie P. philippensis ten unha poboación estimada de entre 13 000 e 18 000 e considérase que está case ameazada na Lista Vermella de Especies Ameazadas da IUCN. As cifras declinaron substancialmente durante o século XX, principalmente pola erradicación da importante colonia reprodutora do val do río Sittaung en Birmania debido á deforestación e perda das zonas de alimentación.[81] As principais ameazas para esta especie son a perda de hábitat e as perturbacións humanas, pero as poboacións están bastante estabilizadas despois de que se aumentara a súa protección na India e Camboxa.[31]

A especie P. rufescens ten unha gran poboación que vive en gran parte da África subsahariana. Como non hai ameazas substanciais ou evidencias de declive na súa área de distribución, o seu status de conservación é pouco preocupante. As ameazas rexionais inclúen a drenaxe de zonas húmidas e o incremento de molestias ás colonias no sur de África. A especie é susceptible á bioacumulación de toxinas e á destrución das árbores onde fan os niños.[82]

A especie P. erythrorhynchos está incrementando as súas poboacións,[51] que se estimaban en 157 000 aves en 2005, e son máis numerosos no leste do continente norteamericano mentres que declina no oeste.[83] Non está claro se o seu número se viu afectado polos pesticidas, pero foron afectados pola perda de hábitats pola drenaxe de zonas húmidas e a competencia co uso recreativo de lagos e ríos.[51]

Finalmente, o pelicano australiano P. conspicillatus está distribuído por toda Australia e áreas próximas[51] e a súa poboación estímase xeralmente entre 300 000 e 500 000 individuos.[84] O número total de exemplares da poboación flutúa moito e erraticamente segundo as condicións das zonas húmidas e o éxito reprodutivo ao longo do continente. O estado da especie estímase como pouco preocupante.[85]

Matanza selectiva e perturbación

[editar | editar a fonte]

Os pelicanos foron perseguidos polos humanos porque se consideraba que competían polos recursos pesqueiros, a pesar do feito de que a súa dieta se solapa pouco co conxunto de especies de peixes pescadas polos humanos.[51] En 1880 empezou a perseguirse os pelicanos brancos americanos (P. erythrorhynchos), que se mataba a pancadas ou a tiros, e os seus ovos e crías eran destruídos a mantenta, e ademais os seus lugares de alimentación e aniño foron degradados polos plans de uso das augas e a drenaxe das zonas húmidas.[51] Mesmo no século XXI, un incremento na poboación destes pelicanos en Idaho era vista como unha ameaza para a pesca recreativa de troitas Oncorhynchus clarkii, o que levou a intentos das autoridades de reducir o número de pelicanos por medio do acoso sistemático e matanzas selectivas.[86]

Os P. onocrotalus da illa Dyer en Suráfrica, foron matados durante o século XIX porque se pensaba que a súa predación nos ovos e polos das aves mariñas que producían o valioso guano podían ameazar as fontes de ingresos dos recolledores de guano.[72] Máis recentemente, dita predación nas colonias de aves mariñas surafricanas causou un impacto na conservación de poboacións de aves mariñas ameazadas, especialmente dos corvos mariños das especies Microcarbo coronatus, Phalacrocorax capensis e Phalacrocorax neglectus. Isto fixo que se suxerise que o número de pelicanos debería ser controlado en colonias vulnerables.[72]

Ademais da destrución do hábitat e a persecución deliberada, os pelicanos son vulnerables ás perturbacións nas súas colonias de aniño orixinadas por observadores das aves, fotógrafos e outros visitantes curiosos. A soa presenza humana pode causar que as aves accidentalmente movan de sitio ou rompan os seus ovos, ou deixen as crías acabadas de saír do ovo expostas aos predadores ou a tempo climatolóxico adverso, ou mesmo abandonen as súas colonias por completo.[87][88][89]

Envelenamento e polución

[editar | editar a fonte]
Grupo de pelicanos da especie P. occidentalis cubertos de petróleo durante a vertedura de petróleo de 2010 no golfo de México.
Limpeza dun pelicano "petroleado" nun centro de rescate en 2010.

A polución do medio ambiente por DDT afecta moito os ovos dos pelicanos. Por exemplo, en Norteamérica esa polución foi unha importante causa do declive das poboacións de P. occidentalis nas décadas de 1950 e 1960. O contaminante entrou na cadea trófica mariña, bioacumulándose en varias especies, entre elas os peixes que eran a fonte primaria de alimentación dos pelicanos, como as anchoas. O metabolito formado a partir do DDT diclorodifenildicloroetileno ou DDE é un tóxico reprodutivo para os pelicanos e moitas outras aves, que fai que a casca dos ovos sexa máis fina e feble, polo que aumenta o fracaso reprodutivo por rotura accidental dos ovos por parte das aves que os están a incubar. Desde que se puxo en vigor unha prohibición efectiva do uso do DDT nos Estados Unidos en 1972, a casca dos ovos volveu facerse máis grosa e as poboacións deses pelicanos recuperáronse moito.[69][90]

A finais da década de 1960, despois do declive do P. occidentalis en Luisiana causado polo DDT, importáronse 500 pelicanos de Florida para aumentar e restablecer as poboacións, pero uns 300 acabaron morrendo en 1975 envelenados polo pesticida organoclorado endrina.[91] Uns 14 000 pelicanos, entre os que estaban 7 500 pelicanos brancos americanos (P. erythrorhynchos), morreron por botulismo despois de comer peixes do lago salino endorreico californiano Salton Sea en 1990.[51] En 1991 morreron cantidades superiores ás normais de P. occidentalis e do corvo mariño Phalacrocorax penicillatus en Santa Cruz, California, por comeren anchoas contaminadas con ácido domoico neurotóxico, producido pola diatomea Pseudo-nitzschia.[92]

Como os pelicanos se alimentan no mar de peixes, son moi susceptibles ás verteduras de petróleo, tanto de forma directa por lixarse as plumas con petróleo coma de forma indirecta polo impacto que a vertedura causa nas súas fontes de alimentación. Un informe de 2007 da Comisión de Caza e Pesca de California estimou que, durante os 20 anos anteriores a 2007, foran afectados por verteduras de petróleo entre 500 e 1 000 P. occidentalis en California.[89] Un informe do Centro para a Diversidade Biolóxica dos Estados Unidos do ano 2011 (un ano despois da gran vertedura de 2010 no golfo de México), sinalaba que se recolleran 932 P. occidentalis afectados polo petróleo, e estímase que o total dos afectados que non chegaron a ser recollidos fora dez veces maior.[93]

Nos lugares onde os pelicanos interaccionan cos pescadores, porque comparten as mesmas augas ou van comer os peixes que os pescadores desbotan, estas aves son especialmente vulnerables porque poden quedar enganchadas ou enredadas en amocelos ou liñas de pesca activas ou perdidas. Os pelicanos tragan os amocelos ou estes préndense na pel da súa bolsa ou membranas interdixitais dos pés, e as fortes liñas de pesca poden enredarse arredor dos peteiros, ás ou patas, deixándoos eivados, ou incapaces de alimentarse, ata que finalmente morren. As organizacións locais de voluntariado para o rescate de animais atenden todos os anos moitos animais afectados.[94][95][96]

Parasitos e doenzas

[editar | editar a fonte]

Igual que noutras familias de aves, os pelicanos son susceptibles a varios parasitos. Nas bolsas de todas as especies de pelicanos poden encontrarse piollos das plumas do xénero Piagetella, que só se atopan ademais nalgúns corvos mariños do Novo Mundo e da Antártida. Os mosquitos Culex pipiens portan o parasito da malaria das aves, e unha gran densidade destes mosquitos nunha zona pode obrigar aos pelicanos a abandonar as colonias. As samesugas poden adherirse á cloaca ou ás veces ao interior da bolsa dos pelicanos.[97] Un estudo sobre os parasitos que tiñan os P. erithrorhynchos atopou 75 especies dos mesmos, entre os que había cestodos, trematodos, moscas, pulgas, ácaros e nematodos. Moitos destes parasitos causan escasos danos nas aves, pero as moscas poden estar implicadas na morte das crías, especialmente se estas están febles ou enfermas, e a carracha Ornithodoros capensis ás veces fai que os adultos abandonen os niños. Moitos parasitos dos pelicanos están presentes tamén noutras aves, pero varios piollos son moi específicos dos pelicanos.[98]

Os pelicanos que teñen boa saúde poden xeralmente soportar a infestación por piollos, pero as aves doentes poden portar centos de piollos, que aceleran a súa morte. O piollo da bolsa Piagetiella peralis, que aparece na bolsa e, por tanto, non pode ser retirado de alí co peteiro, xeralmente non representa un problema serio, mesmo se está presente en grandes cantidades cubrindo todo o interior da bolsa, pero ás veces a inflamación e a hemorraxia poden afectar ao hóspede.[98] O P. occidentalis ten un conxunto de parasitos tamén amplo. Os nematodos Contracaecum multipapillatum e C. mexicanum e o trematodo Ribeiroia ondatrae causaron enfermidade e mortalidade nas poboacións de Porto Rico, e posiblemente puxeron en perigo a pervivencia do pelicano nesa illa.[99] En 2012, centos de pelicanos do Perú morreron no Perú por unha combinación de fame e infestación de nematodos.[100]

[editar | editar a fonte]
Detalle en relevo dun pelicano nun templo de Abu Gorab do Antigo Exipto (5ª dinastía).

No Antigo Exipto o pelicano (Henet en exipcio antigo) estaba asociado coa morte e a vida no máis alá. Representouse artisticamente en muros de tumbas e templos, e aparece nos textos funerarios, como un símbolo protector contra as cobras. Tamén se fai referencia a Henet nos Textos das Pirámides como a "nai do rei" e dese modo era considerado unha deusa. As referencias a el en papiros funerarios que non eran da realeza indican que se cría que o pelicano posuía a capacidade de agoirar un paso seguro polo inframundo aos mortos.[101]

Un mito das orixes do pobo aborixe murri de Queensland, Australia, citado por Andrew Lang, describe como o pelicano australiano adquiriu a súa plumaxe branca e negra. O pelicano, que anteriormente era unha ave negra, fixo unha canoa durante unha inundación para salvar persoas que estaban afogando. Namorouse dunha muller que salvou, pero ela e os seus irmáns enganárono e escaparon. O pelicano entón preparouse para ir á guerra contra eles e pintouse con arxila branca como pintura de guerra. Pero, antes de que tivese acabado, outro pelicano, ao ver aquela estraña criatura, matouno co seu peteiro, e desde aquela todos os pelicanos australianos son brancos e negros.[102]

A cultura moche do antigo Perú adoraba a natureza.[103] Na súa arte aparecen moitos animais e frecuentemente pelicanos.[104]

Cristianismo

[editar | editar a fonte]

A imaxe do pelicano foi importante na simboloxía e iconografía cristiá. Na Europa medieval, críase que o pelicano era especialmente atento no coidado das súas crías, ata o punto de darlle de comer o seu propio sangue, feríndose no seu peito, cando non dispoñía doutro alimento. Como resultado, o pelicano acabou simbolizando a Paixón de Cristo e a Eucaristía,[105] e en boa medida substituíu a imaxe do cordeiro e a bandeira.[106]

Unha referencia á súa característica mítica faise, por exemplo, no himno de San Tomé de Aquino, Adoro te devote, onde no penúltimo verso se describe a Cristo como o "pelicano divino amoroso, capaz de dar alimento do seu peito".[107] Isabel I de Inglaterra adoptou o símbolo, facéndose retratar como a "nai da Igrexa de Inglaterra" no retrato de Nicholas Hilliard de 1573.[108] Un pelicano alimentando os seus fillos aparece nun panel oval na parte inferior da páxina do título da primeira edición (de 1611) da Biblia do Rei Xacobo.[106] Hai exemplos medievais anteriores deste motivo.[109]

Retrato de Isabel I, de Hilliard, no que a raíña leva o símbolo do pelicano no seu peito.

O aspecto autosacrificial do pelicano reforzouse cos moi lidos bestiarios medievais. En heráldica utilizouse a divisa de "un pelicano na súa piedade" ou "un pelicano feríndose". Unha versión máis antiga do mito é que o pelicano adoitaba matar as súas crías e despois resucitábaas co seu sangue, onde de novo se ve a analoxía co sacrificio de Xesús. Hai un conto folclórico da India similar.[19]

As lendas das feridas autoinflixidas e da alimentación das crías con sangue puideron terse orixinado porque ás veces dá a impresión de que os pelicanos se pinchan co seu peteiro. En realidade, a miúdo premen o peteiro contra o peito para baleirar completamente a bolsa. Outra posible orixe é a tendencia desta ave a descansar co seu peteiro sobre o peito. O P. crispus ten unha bolsa de cor vermella-sangue ao comezo da estación reprodutora e isto puido contribuír tamén ao mito.[19]

Heráldica

[editar | editar a fonte]
Escudo de Barbados no que aparece un pelicano.

Os pelicanos aparecen con gran frecuencia na heráldica, xeralmente utilizando o simbolismo cristián do pelicano como pai agarimoso e sacrificado. A imaxe está ligada á festa do Corpus Christi de tempos medievais. Os Corpus Christi Colleges das universidades de Oxford e Cambridge teñen como emblema dos seus escudos o pelicano.[106][110][111] Tamén as facultades de medicina da Universidade Charles de Praga teñen o pelicano como emblema.[112] Igualmente, é o símbolo do Servizo de Transfusión de Sangue Irlandés.[113]

Uso moderno

[editar | editar a fonte]

O gran pelicano branco (P. onocrotalus) é a ave nacional de Romanía.[114] O pelicano pardo (P. occidentalis) é a ave nacional de tres países caribeños: Saint Kitts e Nevis, Barbados e Sint Maarten, e aparece nos seus escudos.[115][116][117] Tamén é a ave do estado de Luisiana (EEUU), que se coñece como o Estado Pelicano, e aparece na súa bandeira e selo.[6] Nas moedas albanesas de 1 lek de 1996 aparece un pelicano.[118] Tamén se utilizou como símbolo de diversas institucións, equipos deportivos e empresas.[6][119][120][121]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pelicano.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pelecánidos.
  3. Linnaeus, C. (1758). Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis. Tomus I. Editio Decima, Reformata (en latín). Holmiae: Laurentii Salvii. pp. 132–34. Rostrum edentulum, rectum: apice adunco, unguiculato. Nares lineares. Facies nuda. Pedes digitís omnibus palmatis. 
  4. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm Publishers Ltd. p. 296. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Partridge, Eric (1983). Origins: a Short Etymological Dictionary of Modern English. Nova York: Greenwich House. p. 479. ISBN 0-517-414252. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Simpson, J.; Weiner, E., ed. (1989). "Pelican". Oxford English Dictionary (2nd ed.). Oxford, Reino Unido: Clarendon Press. p. 1299. ISBN 0-19-861186-2.
  7. 7,0 7,1 Hackett, S.J.; Kimball, R.T.; Reddy, S.; Bowie, R.C.K.; Braun, E.L.; Braun, M.J.; Chojnowski, J.L.; Cox, W.A.; Han, K.-L.; Harshman, J.; Huddleston, C.J.; Marks, B.D.; Miglia, K.J.; Moore, W.A.; Sheldon, F.H.; Steadman, D.W.; Witt, C.C.; Yuri, T. (2008). "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History". Science 320 (5884): 1763–68. PMID 18583609. doi:10.1126/science.1157704. 
  8. Smith, N.D. (2010). Desalle, Robert, ed. "Phylogenetic Analysis of Pelecaniformes (Aves) Based on Osteological Data: Implications for Waterbird Phylogeny and Fossil Calibration Studies". PLoS ONE 5 (10): e13354. PMC 2954798. PMID 20976229. doi:10.1371/journal.pone.0013354. 
  9. Mayr, G. (2007). "Avian higher-level phylogeny: Well-supported clades and what we can learn from a phylogenetic analysis of 2954 morphological characters". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 46: 63–72. doi:10.1111/j.1439-0469.2007.00433.x. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Louchart, Antoine; Tourment, Nicolas; Carrier, Julie (2011). "The Earliest Known Pelican Reveals 30 Million Years of Evolutionary Stasis in Beak Morphology". Journal of Ornithology 150 (1): 15–20. doi:10.1007/s10336-010-0537-5. 
  11. Mlikovsky, Jiri (1995). "Nomenclatural and Taxonomic Status of Fossil Birds Described by H. G. L. Reichenbach in 1852" (PDF). Courier Forschungsinstitut Senckenberg 181: 311–16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de outubro de 2013. Consultado o 05 de outubro de 2013. 
  12. Olson, Storrs L. (1985). "Faunal Turnover in South American Fossil Avifaunas: the Insufficiencies of the Fossil Record". Evolution 39 (5): 1174–77. doi:10.2307/2408747. 
  13. 13,0 13,1 Olson, Storrs L. (1999). "A New Species of Pelican (Aves: Pelecanidae) from the Lower Pliocene of North Carolina and Florida" (PDF). Proceedings of the Biological Society of Washington 112 (3): 503–09. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2012. Consultado o 05 de outubro de 2013. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Lydekker, Richard (1891). Catalogue of the Fossil Birds in the British Museum (Natural History). Londres: British Museum. pp. 37–45. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  15. Rich, P.V.; van Tets, J. (1981). "The Fossil Pelicans of Australia". Records of the South Australian Museum (Adelaide) 18 (12): 235–64. 
  16. Wetmore, A. (1933). "Pliocene Bird Remains from Idaho". Smithsonian Miscellaneous Collections 87 (20): 1–12. 
  17. Widhalm, J. (1886). "Die Fossilen Vogel-Knochen der Odessaer-Steppen-Kalk-Steinbrüche an der Neuen Slobodka bei Odessa". Schriften der Neurussische Gesellschaft der Naturforscher zu Odessa (en alemán) 10: 3–9. 
  18. Miller, A.H. (1966). "The Fossil Pelicans of Australia". Memoirs of the Queensland Museum 14: 181–90. 
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 Nelson, J. Bryan; Schreiber, Elizabeth Anne; Schreiber, Ralph W. (2003). "Pelicans". En Perrins, Christopher. Firefly Encyclopedia of Birds. Richmond Hill, Ontario: Firefly Books. pp. 78–81. ISBN 1-55297-777-3. 
  20. 20,00 20,01 20,02 20,03 20,04 20,05 20,06 20,07 20,08 20,09 20,10 20,11 Marchant & Higgins 1990, pp. 737–38
  21. "Dalmatian Pelican". Internet Bird Collection. Lynx Editions. Consultado o 19 de maio de 2012. 
  22. "Zoological Nomenclature Resource: Pelecaniformes (versión 2.003)". www.zoonomen.net. 14 de decembro de 2011. Consultado o 21 de maio 2012. 
  23. "Brown Pelican" (PDF). Endangered Species Program information sheet. US Fish & Wildlife Service. Novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xuño de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2012. 
  24. Ridgely, Robert S.; Gwynne, John A. (1992). A Guide to the Birds of Panama: With Costa Rica, Nicaragua, and Honduras. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. p. 63. ISBN 0691025126. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 25,5 25,6 25,7 Sibley, Charles Gald; Monroe, Burt Leavelle (1990). Distribution and Taxonomy of Birds of the World. Yale University Press. pp. 314–15. ISBN 0300049692. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  26. "Pelecanus occidentalis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  27. Chester, Sharon R. (2008). A Wildlife Guide to Chile: Continental Chile, Chilean Antarctica, Easter Island, Juan Fernández Archipelago. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. pp. 174–75. ISBN 0691129762. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  28. Austermühle, Stefan (17 de outubro de 2010). "Peruvian Pelican". Mundo Azul. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2012. 
  29. "Pelecanus thagus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  30. 30,0 30,1 30,2 Brazil, Mark (2009). Birds of East Asia. Londres: A&C Black. p. 110. ISBN 0713670401. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  31. 31,0 31,1 "Pelecanus philippensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 Beaman, Mark; Madge, Steve (2010). The Handbook of Bird Identification: For Europe and the Western Palearctic. Londres: A&C Black. pp. 83–85. ISBN 1408134942. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  33. Elliott 1992, pp. 290–311
  34. Langrand, Olivier (1990). Guide to the Birds of Madagascar. New Haven, Connecticut: Yale University Press. p. 96. ISBN 0300043104. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  35. "Pelecanus rufescens". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  36. Nellis, David W. (2001). Common Coastal Birds of Florida & the Caribbean. Sarasota, Florida: Pineapple Press. p. 11. ISBN 1-56164-191-X. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  37. "Pelecanus erythrorhynchos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  38. 38,0 38,1 The Birds of the Western Palearctic concise edition (2 volumes). Oxford, Reino Unido: Oxford University Press. Snow, David; Perrins, Christopher M. 1998. pp. 93–98. ISBN 0-19-854099-X. 
  39. 39,0 39,1 Mullarney, Killian; Svensson, Lars; Zetterstrom, Dan; Grant, Peter (1999). Collins Bird Guide. Collins. p. 76. ISBN 0-00-219728-6. 
  40. "Pelecanus onocrotalus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  41. 41,0 41,1 "Pelecanus crispus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  42. "Australian Pelican". Unique Australian Animals. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2012. 
  43. "Pelecanus conspicillatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2015. 
  44. "Brown Pelican breeding and nesting habits". Florida Wildlife Viewing. M. Timothy O’Keefe. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  45. Beebe, C. William (1965). The Bird, its Form and Function. Nova York: Dover Publications. 
  46. Elliott 1992, p. 290
  47. Perrins, Christopher M. (2009). The Princeton Encyclopedia of Birds. Princeton University. p. 78. ISBN 0691140707. 
  48. Marchant & Higgins 1990, p. 746
  49. 49,0 49,1 49,2 Steele, John H.; Thorpe, Steve A.; Turekian, Karl K. (2010). Marine Biology: A Derivative of the Encyclopedia of Ocean Sciences. London, United Kingdom: Academic Press. pp. 524–30. ISBN 0-08-096480-X. 
  50. 50,0 50,1 50,2 50,3 50,4 Perrins, Christopher M.; Middleton, Alex L.A, ed. (1998) [1985]. Encyclopedia of Birds. Nova York: Facts on File. pp. 53–54. ISBN 0-8160-1150-8. 
  51. 51,0 51,1 51,2 51,3 51,4 51,5 51,6 Keith, James O. (2005). "An Overview of the American White Pelican". Waterbirds: the International Journal of Waterbird Biology 28 (Special Publication 1: The Biology and Conservation of the American White Pelican): 9–17. JSTOR 4132643. 
  52. 52,0 52,1 Campbell, Bruce; & Lack, Elizabeth. (Eds). (1985). A Dictionary of Birds. Calton, United Kingdom: Poyser. p. 443. ISBN 0-85661-039-9. 
  53. 53,0 53,1 53,2 53,3 Richardson, Frank (1939). "Functional Aspects of the Pneumatic System of the California Brown Pelican" (PDF). The Condor 41 (1): 13–17. doi:10.2307/1364267. 
  54. Bumstead, Pat (2001). Canadian Feathers : a Loon-atics Guide to Anting, Mimicry and Dump-nesting. Calgary, Alberta: Simply Wild Publications. p. 129. ISBN 0968927807. 
  55. Gill, Brian James (1991). New Zealand's Extinct Birds. London, United Kingdom: Random Century. p. 46. ISBN 1869411250. 
  56. Gill, B.J.; Tennyson, A.J.D. (2002). "New fossil records of pelicans (Aves: Pelecanidae) from New Zealand" (PDF). Tuhinga: Records of the Museum of New Zealand Te PapaTongarewa 13: 39–44. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2013. Consultado o 05 de outubro de 2013. 
  57. 57,0 57,1 Reid, Julian (28 de abril de 2010). "Mysteries of the Australian pelican". Australian Geographic. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  58. Thomas, Bob (2 de xuño de 2011). "Bird Flight Over Water". College of Social Sciences Intranet. New Orleans, Louisiana: Center for Environmental Communication, Loyola University. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2012. 
  59. Hainsworth, F. Reed (1988). "Induced Drag Savings From Ground Effect and Formation Flight in Brown Pelicans". Journal of Experimental Biology 135: 431–44. 
  60. 60,0 60,1 Khanna, D.R. (2005). Biology Of Birds. New Delhi, India: Discovery Publishing House. pp. 315–16. ISBN 817141933X. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  61. Terrill, Ceiridwen (2007). Unnatural Landscapes: Tracking Invasive Species. Tucson, Arizona: University of Arizona Press. p. 36. ISBN 0816525234. 
  62. Dunne, Pete (2006). Pete Dunne's Essential Field Guide Companion. Nova York: Houghton Mifflin Harcourt. pp. 118–19. ISBN 0-618-23648-1. 
  63. Davidson, Ian; Sinclair, Ian (2006). Southern African Birds: A Photographic Guide (2ª ed.). Cidade do Cabo: Struik. p. 22. ISBN 1770072446. 
  64. Vestjens, W. J. M. (1977). "Breeding Behaviour and Ecology of the Australian Pelican, Pelecanus Conspicillatus, in New South Wales". Wildlife Research 4: 37–58. doi:10.1071/WR9770037. [1]
  65. "Pelican Swallows Pigeon in Park". BBC News. 25 de outubro de 2006. Consultado o 25 de outubro de 2006. 
  66. 66,0 66,1 Clarke, James (30 de outubro de 2006). "Pelican's Pigeon Meal not so Rare". BBC News. Consultado o 5 de xullo de 2007. 
  67. 67,0 67,1 "Pelican Pelecanus". Factsheet. National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2012. 
  68. Freeman, Shanna. "Does a Pelican's Bill Hold More Than its Belly Can?". HowStuffWorks, Inc. Consultado o 29 de abril de 2012. 
  69. 69,0 69,1 Anon (1980). National accomplishments in pollution control, 1970–1980: some case histories. U.S. Environmental Protection Agency, Office of Planning and Evaluation. pp. 183–184. ISBN 1236274539. 
  70. 70,0 70,1 Marchant & Higgins 1990, p. 742
  71. Walker, Matt (5 de novembro de 2009). "Pelicans Filmed Gobbling Gannets". BBC. Consultado o 5 de novembro de 2009. 
  72. 72,0 72,1 72,2 Mwema, Martin M.; de Ponte Machado, Marta; Ryan, Peter G. (2010). "Breeding Seabirds at Dassen Island, South Africa: Chances of Surviving Great White Pelican Predation" (PDF). Endangered Species Research 9: 125–31. doi:10.3354/esr00243. 
  73. Mora, Miguel A. (1989). "Predation by a Brown Pelican at a Mixed Species Heronry" (PDF). The Condor 91 (3): 742–43. doi:10.2307/1368134. 
  74. Crivelli, Alain J.; Schreiber, Ralph W. ((1984)). ""Status of the Pelecanidae". Biological Conservation" 30 ((2)). ScienDirect: 147–56. doi:10.1016/0006-3207(84)90063-6. Consultado o 8/11/2913. 
  75. Birdlife International. "Great White Pelican". BirdLife species factsheet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  76. "Dalmatian Pelican". Species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2012. 
  77. 77,0 77,1 Fish and Wildlife Service, Department of the Interior (17 de novembro de 2009). "Endangered and Threatened Wildlife and Plants; Removal of the Brown Pelican (Pelecanus occidentalis) From the Federal List of Endangered and Threatened Wildlife" (PDF). Federal Register 74 (220): 59444–72.  Nota: As autoridades de EEUU non aceptan separar as dúas poboacións en dúas especies distintas.
  78. "Brown Pelican". Species profile. National Audubon Society. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2012. 
  79. Cappiello, Dina (12 de novembro de 2009). "Brown pelicans off endangered species list". San Francisco Chronicle. Consultado o 13 de xuño de 2012. 
  80. "Peruvian Pelican". BirdLife species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  81. "Spot-billed Pelican". Species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2012. 
  82. "Pink-backed Pelican". BirdLife species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  83. King, D. Tommy; Anderson, Daniel W (2005). "Recent Population Status of the American White Pelican: A Continental Perspective". USDA National Wildlife Research Center – Staff Publications. (Paper 40): 48–54. 
  84. Robin, Libby; Joseph, Leo; Heinsohn, Robert (2009). Boom & Bust: Bird Stories for a Dry Country. Collingwood, Victoria: CSIRO Publishing. p. 97. ISBN 064309606X. 
  85. "Australian Pelican". BirdLife species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  86. Wackenhut, M. (17 de agosto de 2009). Management of American White Pelicans in Idaho. A Five-year Plan (2009–2013) to Balance American White Pelican and Native Cutthroat Trout Conservation Needs and Manage Impacts to Recreational Fisheries in Southeast Idaho (PDF). Idaho Fish & Game. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2010. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  87. "Code Of Practice for the Protection of the Dalmatian Pelican:" (PDF). Information leaflet. Life Natura Program. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  88. Gunderson, Dan (16 de maio de 2012). "Loving 'em to death". Minnesota Today. Minnesota Public Radio. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  89. 89,0 89,1 Burkett, Esther; Logsdon, Randi J.; Fien, Kristi M. (2007). Status Review of California Brown Pelican (PDF). California Fish and Game Commission Reports. U.S. Environmental Protection Agency, Office of Planning and Evaluation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2013. 
  90. Ehrlich, Paul R.; Dobkin, David S.; Wheye, Darryl (1988). "DDT and Birds". Stanford University. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  91. Ermis, Julius (29 de abril de 1982). "Bird species regroup with residue decline". The Victoria Advocate: Julius Ermis’ Outdoors. Google News. Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  92. Work, Thierry M.; Barr, Bradd; Beale, Allison M.; Fritz, Lawrence; Quilliam, Michael A.; Wright, Jeffrey L.C. (1993). "Epidemiology of domoic acid poisoning in Brown Pelicans (Pelecanus occidentalis) and Brandt's Cormorants (Phalacrocorax penicillatus) in California". Journal of Zoo and Wildlife Medicine 24 (1): 54–62. JSTOR 20460314. 
  93. "A Deadly Toll" (PDF). Report. Center for Biological Diversity. Abril de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  94. "The Brown Pelican Crisis". News and Events. Santa Barbara Wildlife Care Network. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  95. "Quick Reference for Rescuing Hooked Pelicans" (PDF). University of Florida. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  96. Ferris, Lance; Ferris, Rochelle (2004). The Impact of Recreational Fishing on Estuarine Birdlife on the Far North Coast of New South Wales. Ballina, New South Wales: Australian Seabird Rescue. 
  97. Rothschild, Miriam; Clay, Theresa (1953). Fleas, Flukes and Cuckoos. A Study of Bird Parasites. London: Collins. pp. 32, 121, 147, 215. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  98. 98,0 98,1 Overstreet, Robin M.; Curran, Stephen S. (2005). "Parasites of the American White Pelican" (PDF). Gulf and Caribbean Research 17: 31–48. 
  99. Dyer, William G.; Williams, Ernest H. Jr; Mignucci-Giannoni, Antonio A.; Jimenez-Marrero, Nilda M.; Bunkley-Williams, Lucy; Moore, Debra P.; Pence, Danny B. (2002). "Helminth and Arthropod Parasites of the Brown Pelican, Pelecanus occidentalis, in Puerto Rico, with a Compilation of all Metazoan Parasites Reported from this Host in the Western Hemisphere" (PDF). Avian Pathology 31 (5): 441 –48. doi:10.1080/0307945021000005815. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2013. Consultado o 05 de outubro de 2013. 
  100. "Pelícanos en La Libertad murieron por desnutrición y parasitosis" (en castelán). Peru.com, 4 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  101. Hart, George (2005). The Routledge Dictionary Of Egyptian Gods And Goddesses. Routledge Dictionaries. Abingdon, United Kingdom: Routledge. p. 125. ISBN 978-0-415-34495-1. 
  102. Lang, Andrew (1887 (reprinted 2005)). Myth, Ritual & Religion, Volume 1. Nova York: Cosimo Inc. pp. 140–41. ISBN 978-1-59605-204-8. 
  103. Benson, Elizabeth (1972). The Mochica: A Culture of Peru. Nova York: Praeger Press. 
  104. Berrin, Katherine; Larco Museum (1997). The Spirit of Ancient Peru:Treasures from the Larco Museum. Nova York: Thames and Hudson. ISBN 0500018022. 
  105. Gauding, Madonna (2009). The Signs and Symbols Bible: The Definitive Guide to Mysterious Markings. Nova York: Sterling Publishing Company. p. 263. ISBN 1402770049. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  106. 106,0 106,1 106,2 McGrath, Alister E. (2012) [2002]. In the beginning: the story of the King James Bible and how it changed a nation, a language and a culture. Nova York: Anchor Books, a Division of Random House, Inc. ISBN 1444745263. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  107. Joy, Mara. "Adore Te Devote". Consultado o 1 de marzo de 2012. 
  108. "'Queen Elizabeth I: The Pelican Portrait', called Nicholas Hilliard (about 1573)". Walker Art Gallery. Liverpool, United Kingdom: National Museums Liverpool. 1998. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  109. "The Pelican in its Piety at Painted Churches onlne catalog. Anne Marschall". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2013. 
  110. "College Crest". Cambridge, United Kingdom: Corpus Christi College, Cambridge University. 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012. 
  111. "Corpus Christi". Corpus Christi College, Oxford. Consultado o 2 de maio de 2012. 
  112. "First Faculty of Medicine". Prague, Czech Republic: Charles University in Prague. 2012. Consultado o 2 de maio de 2012. 
  113. "Irish Blood Transfusion Service". IBTS. Consultado o 13 de xuño de 2012. 
  114. "National Birds". List of national birds and flowers or plants of European countries. Eupedia. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  115. "Pelican Craft Centre: Overview". Barbados Investment and Development Corporation. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  116. "National Symbols: The Coat of Arms". Historic Heritage. St Christopher National Trust. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  117. "Coat of Arms". St Maarten Museum website. Sint Maarten National Heritage Foundation. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  118. "Albanian coins in issue in 1995, 1996 and 2000". Bank of Albania. 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009. Consultado o 23 de marzo de 2009. 
  119. "Benson Family Unveils New Orleans Pelicans Colors and Logos". New Orleans Pelicans. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  120. Montepio. "Montepio institutional". Montepio Bank website (en portugués). Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  121. "Middle School Handbook". packer.edu. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Elliott, Andrew (1992). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi, eds. Family Pelecanidae (Pelicans). Handbook of the Birds of the World, Volume 1: Ostrich to Ducks (en inglés) (Barcelona: Lynx). ISBN 978-84-87334-10-8. 
  • Marchant, S.; Higgins, P.J. (1990). Handbook of Australian, New Zealand and Antarctic Birds. Volume 1, Ratites to Ducks (en inglés). Melbourne: Oxford University Press. ISBN 0-19-553068-3. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]