Copa menstrual
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A copa menstrual ou copa vaxinal é un recipiente que se insire na vaxina durante a menstruación para recoller o sangrado. O seu funcionamento consiste en xerar un selo que evita posíbeis filtracións. A diferenza doutros absorbentes internos, coma os tampóns, a copa non absorbe o fluído, senón que fica depositado até a súa extracción e baleirado.[1][2] Está fabricada principalmente en látex ou silicona médica. Para garantir un correcto uso, cómpre hixienizar as mans ao introducila e retirala, non deixala colocada máis de doce horas continuas, e desinfectala ao principio e final do ciclo menstrual.[3][4]
As primeiras patentes rexístranse dende 1867, mentres que os primeiros casos de comercialización déronse na década de 1930 nos Estados Unidos. Estes dispositivos comercializáronse de maneira intermitente durante o século XX até a década de 1980, co xurdimento da marca The Keeper. A copa menstrual pode adquirirse en máis de 99 países, malia que a taxa de uso segue sendo baixa.[5][6]
En termos sanitarios, a copa menstrual é considerada un dispositivo seguro e aceptábel para a hixiene menstrual.[7] Con todo, poden aparecer síntomas coma dor, irritación da canle vaxinal e lesións leves.[8] Non se probou unha relación co aumento de enfermidades ou patoloxías específicas, como a síndrome de shock tóxico ou a endometriose. Porén, si se observaron beneficios, como unha menor taxa de candidiase e vaxinose bacteriana.[6]
Polo seu carácter reutilizábel, a copa menstrual ten menor impacto ambiental cós produtos de hixiene descartábeis.[9] A nivel económico, ten unha vida útil de até dez anos, malia que a súa adquisición pode supoñer un obstáculo en determinados sectores socioeconómicos.[10] Existen trazos culturais que dificultan ou mesmo evitan o acceso a este dispositivo, especialmente en contornas que manteñen un tabú sobre a virxindade e a sexualidade feminina, ou onde a educación sexual, a xestión da menstruación ou as infraestruturas de saneamento son deficientes.[11]
Historia
[editar | editar a fonte]Século XIX
[editar | editar a fonte]O primeiro antecedente coñecido dun dispositivo afín á copa menstrual é o «saco catamenial», patentado en 1867 en Chicago, Estados Unidos, por S, L. Hockert. O invento consistía en cinco estruturas unidas de uso interno e externo. Dentro da vaxina colocábase unha especie de saco de goma e un anel que rodeaba o colo uterino e suxeitaba o saco, feito de goma ou outro material que Hockert consideraba apto. A este anel uniase un arame que percorría a canle vaxinal até saír ao exterior, curvábase cara a arriba e terminaba nunha almofada na parte baixa do abdome.
Todo o dispositivo sostíñase cun cinto atado sobre a cadeira. O saco podía ser o suficientemente longo para saír ao exterior polo orificio vaxinal, e dentro dela colocábanse esponxas para absorber o fluxo. Segundo a patente, o arame podía ser de prata ou «outro material adecuado», cunha lonxitude regulábel mediante un parafuso. A almofada era de prata, goma ou materiais similares.[12]
Durante o século XIX seguiron a rexistrarse patentes de recolectores internos. En 1876, George E. Johnston inventou unha copa unida a un saco exterior en que se recollía o sangue. O distintivo era o sistema de dúas recámaras internas. Unha acumulaba o ar, o que permitiría que a copa se expandise dentro do corpo, e a outra, en contacto co cérvix, recollía a menstruación. Baixo a copa situábanse dous condutos: un, sen saída, para o ar, e outro para redirixir o fluído cara a un saco externo. O saco debía de atarse de xeito que resultase cómodo.[13] En 1884, unha patente de Hiram G. Farr describía unha copa de metal, cun sistema de recámaras, unida a un apéndice oco e brando que levaría o fluxo cara a unha bolsa exterior.[14] Un anuncio deste modelo apareceu na revista estadounidense American Druggist co nome de «soporte de útero».[15]
En 1892, Julius J. Wernier rexistrou un colector menstrual regulábel mediante tubos telescópicos, o que permitía ser adaptado conforme a profundidade da vaxina. A copa e os tubos aos que estaba unida eran flexíbeis, e levaban o líquido a un receptáculo de goma ou tea impermeabilizada que se podía baleirar cando estiver cheo.[16] Tres anos despois, Philip W. Dautrich patentou un saco tubular de dobre entrada., Este, introducido na canle vaxinal, sostiña o cérvix cun extremo en forma de anel groso, o cal saía ao exterior. Para evitar que se derramase o fluxo menstrual, o outro extremo dispoñía dunha pinza que se podía abrir para evacuar o contido. O aparello estaba provisto dun sistema de cintos que percorrían a cadeira e a entreperna, e o saco podía situarse cara a adiante, atrás ou de lado.[17] En 1898, Seth Beach propuxo un dispositivo con forma de globo, cun colo alongado e cónico e un anel no extremo que rodeaba a entrada do útero. O interior tiña fendas que creaban cámaras para acumular o fluído.[18]
Século xx
[editar | editar a fonte]Nas primeiras décadas do século XX, a maioría dos deseños centráronse en mellorar a estrutura interna. En 1903, Lee H. Mallaleiu describiu unha copa cun anel, un corpo flexíbel en forma de túnel e unha válvula cunha esfera para evitar derramamentos.[19] En 1907 patentouse un pesario cun cabo firme como colector menstrual. Creado por Louise Nelson, describiuno como un tubo cunha capa externa de goma e unha interna de goma máis branda. No interior desta última coseríase unha esponxa para colleitar o sangue.[20] John Jorgenson propuxo en 1917 un modelo de metal con forma de cilindro oco e un extremo hemisférico pechado.[21] Un ano despois, Lester E. Norquist patentou un aparello catamenial con forma de copa alargada, con aberturas laterais, que terminaba nun apéndice en forma de anel plano. Tamén recomendaba o uso dun material absorbente no interior do aparello, preferentemente unha esponxa.[22] En 1928, Emil Spardel inscribiu unha copa encartábel unida a unha bolsa exterior mediante un cabo tubular.[23]
Lester J. Goddard rexistrou en 1932 un «receptáculo vaxinal». A diferenza dos seus antecesores, este deseño, sen orificios, estaba fabricado nunha soa peza de caucho sintético brando que non debería de entrar en contacto co cérvix.[24] Ese mesmo ano Charles F. Emery Jr. licenciou un modelo de aparello sanitario cunha embocadura, un corpo en forma de bolsa que colleitaba o fluxo e un remate de pinza dobrada para evitar fugas.[25]A patente de Arthur F. Hagedorn, de 1935, baseada no modelo de Goddard, incluía un patrón sobre a cara externa para facilitar a suxeición ás paredes vaxinais. Tamén tiña modificacións no deseño do aro co fin de mellorar a distribución da presión do ar na canle vaxinal.[26] Un modelo de copa con cabo en forma de botón foi rexistrado ese ano por John Robert Manegold.[27]
Primeiros modelos comerciais
[editar | editar a fonte]Durante a década de 1930 comezou a produción das primeiras marcas comerciais. Algunhas eran a Daintette Cup, fabricada por The Dainty Maid Inc. en Middlefield, Connecticut, e a Foldene Cup, por Foldene Inc. en Cleveland, Ohio. Ambas tiñan un molde moi similar, mais variaban en cor e tamaño.[28][29] En 1937, a inventora e actriz estadounidense Leona Chalmers patentou un modelo que, a diferenza dos anteriores, era de caucho vulcanizado e presentaba pequenas aberturas baixo o aro para liberar presión.[30] Lanzou o seu produto baixo a marca Tass-ette, mais durante a segunda guerra mundial a carencia de caucho como materia prima prexudicou a súa produción.[31]
A barreira cultural sobre a sexualidade feminina impedía incorporar métodos internos de xestión menstrual como as copas ou os tampóns, patentados e lanzados nesta década. Tamén existía preocupación sobre a seguridade destes dispositivos e a posibilidade de que «rompesen o hime, estimulasen sexualmente [á muller] e fomentasen a promiscuidade».[32]
En 1950, Chalmers documentou un segundo modelo con cambios na composición do material. Desta volta empregábase caucho brando, que permitía maior flexibilidade no encartado, e mais aditivos para que a copa volvese á súa forma orixinal unha vez inserida. Outro punto característico era o patrón de liñas entrecruzadas e en forma de espiral sobre o aro e corpo da copa, o que garantía unha mellor succión.[33] Outro modelo patentado na época foi o de Adele Gordon en 1952. Tratábase dunha «trampa catamenial», composta dunha copa de boca ampla e cónica que rodeaba o cérvix e o tramo superior da canle vaxinal. Deste xeito, recollía o fluxo menstrual nun saco.[34]
Nesta época, Chalmers traballou co empresario Robert Oreck, quen fundou a compañía Tassette Inc. para comercializar o seu modelo de copa co nome de Tassette.[35] A promoción do produto destacaba a sensación de «frescura» que brindaba e a súa forma «bonita». Publicitouse mediante anuncios na prensa, foi a primeira publicidade radiofónica dun produto menstrual nos EE. UU. con aval médico. Tamén se alugou un espazo en Times Square, co que se converteu no primeiro anuncio deste espazo neoiorquino dedicado a un artigo menstrual.[36][32] Aínda que a copa logrou entrar no mercado, houbo certa resistencia á idea de lavar e reutilizar un dispositivo xenital e optouse polo uso do tampón descartábel.[37] A revista especializada Obstetrics & Gynecology publicou unha serie de notas entre 1959 e 1963 que avaliaban o modelo de Chalmers e concluíu que «a copa probou ser segura, hixiénica e cómoda». Destacou os seus beneficios e a maior seguridade fronte a produtos como tampóns e compresas sanitarias.
En 1962, esta publicación realizou un estudo con 150 usuarias de copa menstrual. Incluíu exames pélvicos, uroanálises e hemogramas, con resultados favorábeis. Aconsellou, con todo, evitar utilizala en casos de prolapso uterino, útero retroverso ou en anteflexo con distancia curta de canle vaxinal,e avaliar o uso desta por persoas virxes. A revista recomendou nunha ocasión o sanitizado cunha solución débil de auga e cloro.[38][39][40] A finais de 1963, Tasette Inc presentou dificultades económicas e retirou a súa copa reutilizábel do mercado.[37]
En 1961, Warren E. Adams patentou un dispositivo catamenial descartábel con forma de saco fabricado en termoplástico flexíbel. O modelo, amais, incluía un aplicador en forma de tubo para facilitar a inserción.[41] Un ano despois fíxoo Maurice E. Bakunin cun recipiente tubular, dobre recámara interna e un sistema de inflado.[42] Entre os anos 1960 e 1970, o novo panorama social, relacionado coa revolución sexual e a aparición de anticonceptivos hormonais, forxou novos hábitos de consumo na xestión menstrual. Isto detectouse sobre todo na mocidade, que prefería os tampóns ás compresas.[32] Entre 1965 e 1971, Barbara M. Waldron patentou dous deseños de copas baseados no de Chalmers, coa adición de catro nervaduras radiais para mellorar a suxeición. O primeiro era descartábel e incluía un aplicador, mentres que o segundo era reutilizábel.[43][44] En 1974 patentouse un modelo que se podía empregar durante todo o período de xeito ininterrompido grazas ao seu sistema de válvula.[45]
En 1969 Oreck refundou a súa empresa baixo o nome de Tassaway Inc. e lanzou á venda a copa Tassaway, a cal, a diferenza da súa predecesora, era descartábel. Isto permitíalle, por unha banda, unha mellor acollida por un público reticente a reutilizar un dispositivo menstrual, ademais dunha maior influencia de vendas ao ser constantemente substituídas.[35] A nova estratexia comercial incluíu a aparición en revistas como Cosmopolitan ou Ms.Ebony, e o investimento en anuncios na televisión estadounidense. Deste xeito, converteuse nun dos primeiros produtos de hixiene menstrual en chegar á pantalla neste país. Tassaway Inc asinou un acordo de distribución nalgunhas cadeas de supermercados e farmacias, e mesmo chegou a Europa.
Con todo, de novo o produto probou non ser rendíbel, principalmente pola incomodidade de inserción e extracción da copa do corpo, que difería notablemente dos tampóns. Oreck, amais, afirmou non ter a experiencia necesaria en materia de produtos de hixiene menstrual para lograr situala fronte a competencia.[37] Malia o investimento de máis dun millón de dólares, a compañía só tiña activos por un valor de 225 000 dólares, e un xuíz confirmou que Oreck incumprira leis de seguridade e fraude.[32] Até o seu peche a principios de 1973, a marca vendera corenta millóns de copas no mercado estadounidense.[37]
Estabelecemento no mercado
[editar | editar a fonte]Na década de 1970 caeu a venda de tampóns nos Estados Unidos polo rexistro de casos de síndrome de shock tóxico, asociados ao seu uso. Isto propiciou a consolidación dun sector que buscaba alternativas, entre elas, a copa menstrual. Outros factores eran a difusión de ideas sobre ecoloxía e espiritualidade asociadas á menstruación.[46] En 1987, Lou Crawford comezou a fabricar a copa de látex The Keeper, en Cincinnati, Estados Unidos, que na actualidade segue no mercado.[32] A presentación orixinal incluía dous talles: un para usuarias nulíparas e outro, máis grande, para as que xa experimentaran partos vaxinais. A Administración de Medicamentos e Alimentos (FDA) requiriu advertir sobre unha posíbel alerxia ao látex.[47]
En 1989 a empresa australiana Chattan Australia Pty Ltd. desenvolveu Gynaeseal, un colector menstrual descartábel de látex con aplicador e colector de plástico chamado «tampón diafragma». O deseño era similar a un disco menstrual e estaba orientado a persoas que practicaban planificación familiar natural, o que permitía a penetración durante a menstruación.
O cambio do contexto social favoreceu a incorporación paulatina deste método de hixiene. Os factores principais foron o nacemento das redes sociais como espazos de debate, movementos como o body positivity, novos conceptos como xustiza ambiental e a demanda dun consumo de produtos máis «naturais».[32] En 2002 lanzouse ao mercado a primeira marca de copa menstrual reutilizábel de silicona médica hipoalerxénica, a británica Mooncup.[nota 1] Este material é unha alternativa con menor taxa de alerxia que o látex.[50] Existen arredor de 199 marcas en 99 países.[5]
Deseño e uso
[editar | editar a fonte]Descrición e talles
[editar | editar a fonte]Os materiais inclúen o látex (modelo The Keeper) ou a silicona hipoalergénica.[51] As dimensións medias son de 6 cm de longo e 4,2 cm de diámetro na súa parte máis ancha, cunha capacidade de almacenamento de entre 10 e 38 ml, aínda que tamén existen modelos de até 66 ml.[52][4] A vida útil do produto pode alcanzar os dez anos de uso.[11]
Para elixir o modelo de copa, cunha lonxitude e capacidade adecuadas, cómpre ter en conta diversos factores. Algúns deles son a idade, a fortaleza dos músculos do chan pélvico, a lonxitude da canle vaxinal até o cérvix e o volume medio de fluxo menstrual. A selección pódese facer de maneira conxunta nunha consulta médica.[53] Como regra xeral, os talles pequenos son para menores de trinta anos sen partos vaxinais, mentres que os grandes están indicados para maiores desta idade, con fluxo menstrual abundante ou que xa tiveron partos vaxinais.
As copas menstruais adoitan ter forma de campá e poden atoparse con moldes asimétricos, con forma de bulbo, con válvula para a drenaxe ou con sistema antiderrames e plegables.
Como utilizar a copa menstrual
[editar | editar a fonte]Para inserir a copa, debe encartarse sobre si mesma, coas mans limpas. Pódese facilitar a inserción mollándoa con auga ou cun lubrificante a base de auga. Xa dentro da vaxina, pode ser virada para despregala por completo e cree o baleiro que impedirá as filtracións, a uns centímetros do cérvix.[53] Se a copa está colocada correctamente, non se debe sentir.[53] Para extraela, coas mans limpas debe suxeitarse a copa desde a base, non desde o cabo. Cos dedos matapiollos e furabolos, apertarase para romper o baleiro e sacala da vaxina. O contido deposítase no inodoro ou no lavabo.[53]
Non se deben empregar os músculos do solo pelviano para facer descender a copa pola canle vaxinal debido ao risco de prolapso.[54] Para ser reutilizada debe limparse con auga potábel. Se se retirar nun baño público e non houber acceso a unha billa, pódese empregar papel hixiénico.[3] Como factor de seguridade, o uso continuo non debe superar as doce horas.[55][56]De maneira preventiva, pode ser introducida nun momento próximo á menstruación para evitar as perdas do primeiro día.[51] Pode ser colocada en crequenas, en pé ou cunha perna levantada.[3]
A desinfección pode facerse ao principio e ao final do sangrado,[57] en función do material e das instrucións do fabricante.[3] O método máis habitual é a ebulición entre tres e dez minutos en auga potábel. O obxectivo é a diminución da carga de microorganismos: bacterias, fungos e virus. Non se deben empregar lixivia ou auga osixenada porque poden resultar corrosivos para a copa, nin se deben utilizar xabóns con fragrancias, xeles antibacterianos ou alcol, para evitar posíbeis irritacións na vaxina. Así mesmo, débese gardar a copa preferibelmente nunha bolsa de tea transpirábel e non expola ao sol, á humidade ou a temperaturas extremas.[4][58]
A copa podería adquirir un ton avermellado ou amarelado pola acumulación de ferro no sangue. Pódese destinguir cunha solución rebaixada de auga oxigenada durante unhas oito horas
Condicións de uso
[editar | editar a fonte]Estímase que cómpren entre tres e seis ciclos menstruais para habituarse ao seu uso.[55][59] Malia que a súa inserción non debería causar dor, é posíbel experimentar algunha molestia ou incomodidade.[11] A copa ten similar porcentaxe de filtracións que outros métodos de xestión menstrual. Algúns factores que poden causar este problema son a necesidade dun talle maior, unha mala colocación ou un rebordo.[6]
A copa pode utilizarse durante a noite e tamén mentres se realiza exercicio físico.[60] O seu uso é seguro tamén na natación, xa que non absorbe a auga que poida entrar na vaxina.[61] Ao tratarse dun obxecto hixiénico de uso persoal, non debe ser compartida.[62]
Segundo a anatomía de cada persoa, tanto a copa coma os tampóns poden estirar o hime. Porén, isto non afecta en absoluto á virxindade, pois isto último está relacionado co primeiro coito e non con métodos de xestión menstrual. [62] Algunhas fontes estiman que o produto pode ser dificultoso para quen aínda non experimentasen penetración vaxinal ou non coñezan suficientemente a súa anatomía, xa que para colocala deben de manipularse os xenitais.[63]
Non se aconsella o uso da copa menstrual no caso de prolapso uterino, ou se a distancia da canle vaxinal é menor a cinco centímetros.[64] Tampouco pode ser utilizada por persoas que padecesen mutilación xenital feminina con infibulación .[65] Algunhas patoloxías poden afectar o uso da copa, coma o vaxinismo, o mioma uterino, a endometriose ou algunhas variacións da posición uterina. Nestes casos é aconsellábel solicitar unha consulta de xinecoloxía.[62][66]
É importante lembrar que a copa, como calquera outro artigo de hixiene feminina, non ten ningunha función anticonceptiva. Tampouco protexe de infeccións de transmisión sexual, mais pode utilizarse en conxunto con métodos de contracepción coma o anel vaginal ou o DIU.[67][68][69][70] A copa pode empregarse para a recolección de menstruación destinada a estudos in vitro e con outros propósitos clínicos, como o manexo da fístula vesicovaxinal e enterovaxinal.[71][72] Convén consultar cun ou cunha profesional da saúde se se quixer empregar para controlar o sangrado post parto ou post aborto,[73][74][75] mais a recomendación habitual é evitar o seu uso nestes casos.
O produto require certa manipulación sen contacto visual directo, polo que utilizalas pode resultar traballoso para persoas con discapacidade motriz. Existen alternativas para estes casos, como copas cun cabo flexíbel que rompe o baleiro cando se extrae do corpo. Robyn Steward, no seu libro The Autism Friendly Guide to Periods, revelou tras unha enquisa a cen persoas con autismo que estas prefiren xestionar o período mediante a copa, a roupa interior menstrual ou as compresas sanitarias de tea, especialmente en casos de hipersensibilidade sensorial.[76]
Seguridade
[editar | editar a fonte]Estándar, regulación e certificación
[editar | editar a fonte]Non existe un estándar internacional para a fabricación de copas menstruales nin testeos específicos de calidade. Con todo, si hai certo consenso sobre utilizar materiais de calidade, como a silicona médica.[54] Un aliñamento habitual sobre os dispositivos de silicona é que sexan biocompatibles e libres de axentes nocivos como látex, plástico, PVC, acrílico, acrilato, BPA, ftalato, elastómero e polietileno.[77] Os estándares aplicábeis da Organización Internacional de Normalización (ISO) inclúen o ISO 10993-5 (citotoxicidade), o ISO 10993-10 (irritación intracutánea), o ISO 10993- 11 (toxicidade sistémica aguda) ou os ISO 13485 e ISO 14024 de etiquetaxe ambiental.[77][78]
Algunhas empresas e organizacións que avaliaron copas menstruais son o Instituto Federal de Avaliación de Riscos (BfR) de Alemaña, Farmacopea dos Estados Unidos,[79][80] a Société Générale de Surveillance (SGS) en Suíza e as certificacións TÜV (Alemaña).[81][82] A Organización Mundial da Propiedade Intelectual clasifícaas como dispositivos de clase dez, xunto con outros utilizados para menstruación, partos e anticoncepción.[83]
A lexislación varía segundo o país ou a rexión. Os organismos reguladores nacionais poden catalogalas como produtos de uso médico, terapéutico, hixiénico ou produto de consumo, de acordo aos seus criterios.
Estudos
[editar | editar a fonte][[Ficheiro:Menstruationstasse_im_Roentgenbild_28W_-_CR_pa_-_001.jpg|miniatura|Copa menstrual visíbel nunha radiografía. A revista médica The Lancet publicou en 2019 unha revisión de bibliografía de 43 estudos da copa menstrual, e non atopou relación directa entre o seu uso e o desenvolvemento de enfermidades, infeccións ou alteracións da canle vaxinal e cérvix.[6]
Esa mesma revista advirte que a porcentaxe de candidiase e vaxinose bacteriana é similar ou menor ao dos demais métodos de xestión menstrual.[6]Crese que o baleiro que crea dentro do corpo xera un ambiente anaeróbico, co que limita o osíxeno e prevén o desenvolvemento de bacterias.[84]De feito, ao non perturbar a calidade da microbiota vaxinal, non debería interferir cos niveis de humidade ou pH estables da mucosa, xa que recolle o fluxo sen absorbelo.
Sobre a posibilidade de expulsión ou movemento accidental do DIU, a recomendación xeral a modo de prevención é a de asegurarse de romper o baleiro da copa antes de retirala do corpo.[85]
Non existen probas da relación entre o uso de copa menstrual e a enfermidade pélvica inflamatoria (EPI) ou a endometriose.[52]Porén, coma no caso dos tampóns, si se teñen dado casos illados de shock tóxico (SST).
Enfoque sociocultural
[editar | editar a fonte]Mercado, economía e demografía
[editar | editar a fonte]A copa menstrual experimentou un aumento na súa demanda, malia non supoñer unha opción habitual. De feito, hai quen non coñece o seu funcionamento ou mesmo que non sabe da súa existencia. Poden adquirirse en comercio en liña, en tendas especializadas, en supermercados e en farmacias.
O custo do investimento inicial ao poder resultar elevado, non é unha alternativa realista para certos sectores socioeconómicos. Nalgúns países, este artigo aínda non se coñece ou difunde.[10]
Contexto cultural e aceptación
[editar | editar a fonte]A barreira cultural sobre conceptos de virxindade e sexualidade pode dificultar o acceso e a aceptación deste dispositivo por crenzas persoais, relixiosas ou culturais.[nota 2] Nalgúns países do sur de Asia a copa é considerada «inapropiada» ou «inaceptábel» pola asociación da inserción desta coa penetración.[87]
O uso de copa menstrual non esta moi difundido en culturas en que a virxindade da muller é un requirimento para o matrimonio. Témese que poida «romper» o hime[11] ou causar «a perda da virxinidade».[88] Isto ten como consecuencia que a copa poida ser percibida como apta só para mulleres casadas.[89]
Outros preconceptos inclúen a posibilidade de non poder inserir o dispositivo, que este fique atoado na canle vaxinal, se perda ou se estrague dentro desta, ou mesmo poida afectar a fertilidade.[88]
Algunhas contornas culturais perciben de maneira negativa a exposición pública da menstruación, valoración que tamén se estende aos produtos de hixiene. Este tabú dificulta a escolla dun método de xestión menstrual. Neste aspecto, a copa presentou, coma vantaxe, unha maior comodidade e discreción fronte a compresas sanitarias de tea, que deben ser lavadas, secadas e gardadas en lugares comúns do fogar.[90][91] Porén, esta mesma convivencia pode desalentar o uso da copa por carecer de espazos privados para cambio, hixiene e desinfección.
Non existe consenso respecto ao uso da copa en lugares e rexións con dificultades para o acceso á auga potábel. Estímase que non é un método adecuado para quen non teñan acceso a un baño en condicións sanitarias, tanto para persoas que viven en refuxios temporais como que manteñan traballos pouco convencionais.[92]
A copa introduciuse en poboacións de persoas refuxiadas e, a nivel estrutural, reducen o gasto de auga para a hixiene, un recurso escaso nestes asentamentos. En lugares cunha taxa baixa de educación en xestión menstrual, atópanse preconceptos erróneos, como que se trata dun método anticonceptivo ou que pode «danar o hime», o que fai que se prohiba o seu uso dentro das familias.[93]
Impacto social
[editar | editar a fonte][[Ficheiro:Women_examining_Menstrual_Cups_(5926114037).jpg|miniatura|350x350px|Mulleres de Meru, Kenya, examinando unha copa menstrual.]] A copa menstrual utilizouse como parte de políticas públicas sobre saúde reprodutiva e sexual, e tamén para a prevención do absentismo escolar, particularmente en lugares en desenvolvemento. Tamén son artigos de interese de organizacións sociais dedicadas á promoción de saúde e benestar menstrual.[94][77]
As filtracións accidentais son unha preocupación especialmente en idade escolar, xa que se percibe a exposición pública destas manchas como algo «vergoñento». A copa menstrual forneceu unha maior seguridade ao evitar fugas. Así, manifestouse máis tranquilidade ao non ter que continuar mantendo certas precaucións para evitar o manchado. Á súa vez, deuse un aumento na comodidade e confianza,[95] debido a que a copa menstrual reduce a presenza de olores.
A copa ten especial interese en certas correntes do feminismo, especialmente no posfeminismo[96] e no ecofeminismo.[97] Este método de hixiene require coñecer a anatomía, o que se pode considerar como «unha forma de apoderamento». No ciberactivismo, as representacións gráficas de copas menstruales utilizáronse para promover mensaxes ecoloxistas e ecofeministas.[98]
Impacto ambiental
[editar | editar a fonte]O uso da copa menstrual adoita estar relacionado cunha perspectiva ecoloxista.[99] Penelope Phillips-Howard, autora líder do estudo publicado en The Lancet, sostén que «as copas menstruais contribuirán a reducir a contaminación por refugallos plásticos (procedentes) do uso de produtos sanitarios descartábeis».[5] Fronte a isto, valórase de maneira positiva a natureza reutilizábel da copa, xa que dita característica vólvea «ambientalmente sustentábel».[56]
Outros métodos reutilizábeis de xestión menstrual inclúen as compresas sanitarias de tea, a roupa interior menstrual e os tampóns de esponxa mariña.[100][101] Así mesmo, foi incluída en proxectos de leis de promoción de métodos de xestión menstrual respectuosos co medio ambiente e coa saúde.[102]
Sobre o fin da súa vida útil, aínda non se estudou a biodegradabilidade da copa. Respecto ao consumo de auga, unha copa require de media dous litros por ciclo para a súa hixiene, fronte aos quince necesarios para lavar as compresas de tea.[103] A diferenza das compresas sanitarias e os tampóns, a copa non afecta á corta de bosques para a súa fabricación.[99]
Tense rexistrada a práctica de utilizar o fluxo menstrual como fertilizante de plantas, de maneira análoga á fariña de sangue (produto comercial fabricado con restos da industria cárnica). Debido á presenza de nitróxeno, fósforo e potasio na composición do sangue, ten un efecto beneficioso para o solo. Con todo, posto que a menstruación posúe tamén restos de tecidos e secrecións vaxinais, así como cantidades variábeis de calcio, ferro e sodio, é difícil prever o impacto na xardinaría. Isto podería converterse nun potencial risco biolóxico polas bacterias propias da microbiota vaginal e pola posibilidade de albergar virus como o VIH e os das hepatites B ou C. Para evitar o aumento da salinidade no solo, o procedemento habitual é rebaixar previamente a menstruación en auga.[104][105]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Algunhas fontes mencionan 1998[48][49] pero sen referirse á empresa ou á marca, aínda que coinciden no lugar.
- ↑ Segundo a Organización Mundial da Saúde a virxinidade non é un concepto médico ou científico, e como é imposible demostrala, considera que se pode asociar a unha forma de discriminación por xénero.[86]
Lista de referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Menstrual cup". Segen's Medical Dictionary. (en inglés). Farlex, Inc. Consultado o 12 de marzo de 2021.
A reusable cup-shaped device made of latex, silicone or thermoplastic elastome, which is placed inside the vagina, held in place by suction and used to collect menstrual flow in lieu of absorbent pads.
- ↑ Lourdes Jiménez (24 de decembro de 2016). "Las 'piradas' que hablan de la menstruación". Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Galan , Nicole (2 de maio de 2019). "Menstrual cups: Everything you need to know" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Eveleth, Rose (11 de decembro de 2020). "The Best Menstrual Cup" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Turns, Anna (2 de outubro de 2019). "The women taking the plastic out of periods". The Guardian (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 van Eijk et al., p. 379
- ↑ van Eijk et al. 2019, p. 391
- ↑ van Eijk et al. 2019, p. 376
- ↑ Weir, Caitlyn (2015-04). In The Red: A private economic cost and qualitative analysis of environmental and health implications for five menstrual products (Tese) (en inglés). p. 53.
- ↑ 10,0 10,1 Doncel et al. 2020, p. 102
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Pontes Sempere, Lorena; Martínez-Sabater, Antonio; Casal Angulo, Carmen; Ballestar Tarín, M.Luisa. "Proyecto de investigación: conocimiento sobre el síndrome de shock tóxico en las estudiantes de grado de enfermería”" 11 (2). Biblioteca Lascasas: 8.
- ↑ Hockert, S, L. "Hockert — US70843A" (PDF) (en inglés). Consultado o 04 de marzo de 2021.
- ↑ Johnston, George E. "Improvement in catamenial sacks — US182024A" (PDF). Google Patents (en inglés). Consultado o 04 de marzo de 2021.
- ↑ Farr, Hiram G. "Menstrual receptacle — US300770A" (PDF) (en inglés). Consultado o 04 de marzo de 2021.
- ↑ Goldberg, Johanna (4 de marzo de 2016). "“Solving Woman’s Oldest Hygienic Problem in a New Way”: A History of Period Products" (en inglés). Academia de Medicina de Nova York. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Wernier, Julius J. "Gatamenial sack — US467963A" (PDF). Google Patents (en inglés). Consultado o 04 de marzo de 2021.
- ↑ Dautrich, Philip W. "Catamenial sack — US467963A" (PDF) (en inglés). Consultado o 04 de marzo de 2021.
- ↑ Beach, Seth. Google Patents, ed. "Catamenial sack and womb-supporter — US599955A" (PDF) (en inglés). Consultado o 04 de marzo de 2021.
- ↑ L Mallaleiu, Lee H. "Catamenial sack — US737258A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ Nelson, Louise. "Pessary — US854593A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ Jorgenson, John. "Catamenial device — US1113561A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ Norquist, Lester E. "Catamenial appliance — US1263797A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ Spardel, Emil. "Catamenial appliance — US1743733A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Goodard, Lestkr J. "Vaginal receptacle — US1891761A" (PDF) (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ Emery, Charles F. Jr. "Sanitary appliance — US2031638A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Hagedorn, Arthur F. "— US1996242A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Manegold, John Robert. "Catamenial receptacle — US2061384A" (PDF) (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ "Foldene (1930s-1940s?, U.S.A.)" (en inglés). Museum of Menstruation. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "Daintette, an early cup" (en inglés). Museum of Menstruation. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Chalmers, Leona. "Catamenial appliance — US2089113A" (PDF) (en inglés). Google Books. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ "Leona Chalmers possibly produces the first commercial menstrual cup, around 1937" (en inglés). Museum of Menstruation. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 32,5 Renault, Marion. "Menstrual cups were invented in 1867. What took them so long to gain popularity?". Popular Science (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2021.
- ↑ Chalmers, Leona W. "Menstrual cup — US2534900A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ Gordon, Adele. "Catamenial trap — US2616426A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ 35,0 35,1 "Women Tossed Away the Tassaway" (en inglés). Museum of Menstruation. Consultado o 10 de marzo de 2021.
- ↑ "Tassette rubber menstrual cup (catamenial receptor) prospectus,instructions, promotional leaflets for women, doctors & medical community (1950s-1960s, U.S.A.)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 37,3 O'Donnel, Kelly (4 de decembro de 2017). "The whole idea might seem a little strange to you: Selling the menstrual cup" (en inglés) 5 (4). The Society for the History of Technology. ISSN 2572-3413. doi:10.15763/jou.ts.2017.12.04.02.
- ↑ Liswood, Rebecca (maio de 1959). "Internal Menstrual Protection Use of a safe and sanitary menstrual cup" (PDF) (en inglés) 13 (5). The American College of Obstetricians and Gynecologists: 540 – 541.
- ↑ Peña, Eduardo (maio de 1962). "Menstrual Protection Advantages of the Menstrual Cup" (en inglés) 19 (5). The American College of Obstetricians and Gynecologists: 684.
- ↑ Karnaky, Karl Jhon (maio de 1962). "Internal Menstrual Protection with the Rubber Menstrual Cup" (PDF) (en inglés) 19 (5). The American College of Obstetricians and Gynecologists.
- ↑ Adams, Warren E. "Catamenial device — US3102541A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Bakunin, Maurice E. "Catamenial receptacle — US3157180A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Waldron, Barbara M. "Vaginal cup and means for inserting same — US3404682A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Waldron, Barbara M. "Vaginal cup having radially arranged internal supporting ribs — US3626942A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Kazimierz, Zalucki. "Menses collector — US3841333A" (PDF) (en inglés). Google Patents. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Felitti 2017, p. 40
- ↑ Wysock (1 de novembro de 1997). "New Options in Menstrual Protection". nurse-practitioners-and-physician-assistants.advanceweb.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de agosto de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ Caballero, Alexandra (novembro de 2016). "La copa menstrual: un nuevo método de higiene femenina". Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ Stevens, Jenny (24 de outubro de 2019). "‘People were revolted’: how Mooncup bust period taboos and built a big success". The Guardian (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2021.
- ↑ 51,0 51,1 Dorfner, Susan (24 de marzo de 2016). "Menstrual Cups vs. Tampons: Things You Might Not Know". Mayo Clinic (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ 52,0 52,1 Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ 53,0 53,1 53,2 53,3 Scaccia, Annamarya (9 de abril de 2019). "Everything You Need to Know About Using Menstrual Cups" (en inglés).
- ↑ 54,0 54,1 Adams, Anna (11 de marzo de 2020). "Menstrual cup misuse 'can cause pelvic organ prolapse'". BBC (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ 55,0 55,1 Doncel et al. 2020, p. 102
- ↑ 56,0 56,1 Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ "Investigadores comprueban la eficacia de la copa menstrual". Milenio. 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de marzo de 2021.
- ↑ Osuna, Isabel (16 de setembro de 2020). "Cómo usar bien la copa menstrual: 5 datos que debes saber". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ Cornforth, Tracee (7 de abril de 2020). "Why Swimming During Your Period Is Both Safe and Recommended". Verywell (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2021.
If you are comfortable using a menstrual cup, this is an excellent option for swimming because it does not absorb any water that may enter your vagina.
- ↑ 62,0 62,1 62,2 Villines, Zawn (12 de novembro de 2020). "Are there dangers to using menstrual cups?" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ Adib Shihata, Alfred; Brody, Steven (23 de outubro de 2019). "Five Year Study of a Unique, Eco-friendly, Menstrual Cup,That Enhances the Quality of Women’s Lives During Menstruation" (en inglés) 7 (6): 161–165. doi:10.11648/j.jgo.20190706.12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2021. Consultado o 11 de marzo de 2021.
Women are clearly precautioned that they should never use a menstrual cup if they have any stage of cervical prolapse or if the distance between the vaginal opening and the cervix is less than 2 inches during menstruation.
- ↑ "Menstrual Cups: Life-Cycle Assessment". Gendered Innovations (en inglés). Stanford University. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Nall, Rachel (27 de marzo de 2019). "Are Menstrual Cups Dangerous? 17 Things to Know About Safe Use" (en inglés). HealthLine. Consultado o 2 de abril de 2021.
- ↑ Existen posturas contrapuestas sobre el uso combinado con DIU, véase sección Estudios
- ↑ "Vaginal (Nuva) Ring" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2021.
Can you use a tampon or menstrual cup with a ring inserted? Yes, the two products can be used at the same time.
- ↑ "¿Cómo debo usar el NuvaRing?". Planned Parenthood. Consultado o 17 de marzo de 2021.
Puedes usar tampones, copas menstruales o toallas sanitarias sin problema mientras usas el NuvaRing (solo ten cuidado de que el anillo no se salga cuando te quites los tampones o la copa menstrual).
- ↑ Santos-Longhurst, Adrienne (10 de febreiro de 2020). "Are Menstrual Discs the Period Product We’ve Been Waiting For?" (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Chisholm, Andrea (13 de febreiro de 2021). "Tips for Having Sex During Your Period". Verywell (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2021.
Your partner shouldn’t feel the cup, and there shouldn’t be any leaks during intercourse. However, some women may feel discomfort using this sort of device during sex; the vagina may feel crowded and/or there may be pain.(...)The menstrual cup does not protect against pregnancy.(..)The menstrual cup and the sponge will not protect you against STIs.
- ↑ Arenas-Gallo et al. 2020
- ↑ "Menstrual Cup" (en inglés). 20 de novembro de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2021.
- ↑ "Medical Abortion, Counseling Guide for Health Care Providers" (en inglés). DKT Etiopía. novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 25 de xullo de 2013. - ↑ "Preparing for a Surgical Abortion Procedure" (PDF) (en inglés). Míchigan University]]. Departamento de Obstetricia y ginecología. p. 7. Consultado o 16 de marzo de 2021.
- ↑ Weckesser, Annalise; Williams, Gemma; Hewett, Angela; Randhawa, Amie. "Inclusivity & Diversity – UK Expert Views" (PDF) (en inglés). Birmingham City University: 5.
Steward found that those with sensory sensitivities may prefer cloth pads, period pants or menstrual cups, but such options are often not discussed with those with autism
- ↑ 77,0 77,1 77,2 "Gaceta: LXIII/1SPO-132/62263". Gaceta del Senado. Senado de México. 26 de abril de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ "Standars for Menstrual Cups (Menstrual Health Standards Webinar Series)" (PDF) (en inglés). Reproductive Health Supplies Coalition.
- ↑ "Menstrual Cup Companies Struggle to Go Mainstream in India" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2021.
- ↑ North, Barbara; Oldham, Michael (Febreiro de 2011). "Preclinical, Clinical, and Over-the-Counter Postmarketing Experience with a New Vaginal Cup: Menstrual Collection" (en inglés) 20 (1): 304. doi:10.1089/jwh.2009.1929.
- ↑ "Lo que debes saber al escoger tu copa menstrual". Milenio. 16 de xullo de 2019. Consultado o 17 de marzo de 2021.
- ↑ "US (California) - Ingredient Disclosure Requirements for Menstrual Products" (en inglés). TÜV Rheinland. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2021. Consultado o 19 de marzo de 2021.
- ↑ "Class 10" (en inglés). Organización Mundial da Propiedade Intelectual. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ Weir, Caitlyn (2015-04). In The Red: A private economic cost and qualitative analysis of environmental and health implications for five menstrual products (Tese) (en inglés). p. 54.
- ↑ D'Ambrosio, Amanda (24 de abril de 2020). "Menstrual Cup Users at Increased Risk of IUD Displacement". MedPage Today (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2021.
- ↑ "Los test de virginidad: una prueba inútil y humillante". News.un.org/es/ Noticias ONU. 17 de outubro de 2018. Consultado o 9 de marzo de 2021.
La virginidad, de hecho, no es un término médico o científico, sino un concepto social, cultural y religioso, que “refleja la discriminación de género”, indica la OMS.
- ↑ Keatman, Tracey; Cavill, Sue; Mahon, Thérèse. "Menstrual hygiene management in schools in South Asia" (PDF). washmatters.wateraid.org (en inglés). Water Aid. UNICEF. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de marzo de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
Cups are deemed inappropriate or unacceptable in several other countries in the region, where myths about infertility and concerns about the association with penetration/virginity reportedly exist.
- ↑ 88,0 88,1 Pokhrel, Diksha; Bhattarai, Sabina; Emgård, Malin; Von Schickfus, Michael; C. Forsberg, Birger; Biermann, Olivia (25 de xaneiro de 2021). "Acceptability and feasibility of using vaginal menstrual cups among schoolgirls in rural Nepal: a qualitative pilot study" (en inglés) 18 (20): 5,6. doi:10.1186/s12978-020-01036-0.
- ↑ Calderwood, Imogen (3 de maio de 2018). "Freedom Cups Founder’s Driving Mission Is to End Period Poverty" (en inglés).
- ↑ "Guide to menstrual hygiene materials" (PDF) (en inglés). UNICEF. maio de 2019. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ Oster,, Emily; Thornton,, Rebecca (19 de marzo de 2009). "Determinants Of Technology Adoption: Peer Effects In Menstrual Cup Take‐Up" (PDF) (en inglés) 10 (6): 1, 8, 25–26. ISSN 1542-4774. doi:10.1111/j.1542-4774.2012.01090.x.
- ↑ Crawford, Bridget J.; Johnson, Margaret E; Karin, Marcy L.; Strausfeld, Laura; Gold Waldman, Emily. "The Ground on Which We All Stand: A Conversation About Menstrual Equity Law and Activism" (PDF) (en inglés) 26 (2): 379. ISSN 2688-5565. doi:10.36641/mjgl.26.2.plight.
But menstrual cups are not yet realistic alternatives for people living in shelters or working in non-traditional jobs due to a lack of access to needed water, sanitary storage, and disposal options. Nor is it realistic for menstruators that have not received education about insertion, use, or cleaning.
- ↑ "Ruby Cups: Girls in Imvepi Refugee Settlement Taking Control" (PDF). 1 de decembro de 2018.
- ↑ van Eijk et al. 2019, p. 377
- ↑ "Policy Brief: Use of menstrual cup by adolescent girls and women: Potential benefits and key challenges" (PDF) (en inglés) (21). African Population and Health Research Center. novembro de 2010.
- ↑ Felitti 2017, p. 46
- ↑ Parker, Alison (17 de abril de 2012). "Fertile Ground: Bloody Ecofeminism". Bitch (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Ramírez Morales, María del Rosario (2019-09-01). "Menstrual cyber-activism, feminism in social networks". PAAKAT: Revista de Tecnología y Sociedad. doi:10.32870/Pk.a9n17.438.
- ↑ 99,0 99,1 Felitti 2017, p. 37
- ↑ Felitti 2017, p. 39
- ↑ "Written evidence we received during the investigation into single‐use plastics: Unflushables." (PDF) (en inglés). Londres: Asemblea de Londres. Comité ambiental. Agosto de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ "Proyecto de ley. Promoción de productos de gestión menstrual respetuosos del medio ambiente." (PDF). Cámara de Diputados de la Nación Argentina. 2020. p. 5. Consultado o 30 de marzo de 2021.
- ↑ Womena, ed. (6 de marzo de 2019). "What is the environmental impact of menstrual products?" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Warren, Chloe (20 de xullo de 2018). Australian Broadcasting Corporation, ed. "Period blood as plant fertiliser: Repurposed resource … or a biohazard?" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ "Copas menstruales: sus ventajas y desventajas y la verdad sobre su poder fertilizante". Infobae. 15 de novembro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arenas-Gallo, Camilo; Ramírez-Rocha, Gabriela; González-Hakspiel, Laura Constanza; Merlano-Alcendra, Catalina; Palomino-Suárez, Daniela; Rueda-Espinel, Santiago (2020-05-20). "Aceptabilidad y seguridad de la copa menstrual: revisión sistemática de la literatura". Revista Colombiana de Obstetricia y Ginecología 71 (2). ISSN 2463-0225. doi:10.18597/rcog.3425.
- Prado-Galarza, Magdely; Doncel C, William Andrés; Mosquera B, Oscar Olmedo; Guarnizo-Tole, Mildred (2020-02). "La copa menstrual, una alternativa de higiene femenina. Revisión de la literatura". Revista chilena de obstetricia y ginecología (en inglés) 85 (1): 99–109. ISSN 0717-7526. doi:10.4067/S0717-75262020000100099.
- Felitti, Karina Alejandra (2017-09). "Cíclica y la copa menstrual argentina : historia, propuestas y desafíos del movimiento Maggacup". ISSN 2250-5555.
- van Eijk, Anna Maria; Zulaika, Garazi; Lenchner, Madeline; Mason, Linda; Sivakami, Muthusamy; Nyothach, Elizabeth; Unger, Holger; Laserson, Kayla; Phillips-Howard, Penelope A (2019-08). "Menstrual cup use, leakage, acceptability, safety, and availability: a systematic review and meta-analysis". The Lancet Public Health 4 (8): e376–e393. ISSN 2468-2667. PMC 6669309. PMID 31324419. doi:10.1016/s2468-2667(19)30111-2. (require subscrición (?)).