Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Luis Alvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Walter Álvarez»)
Modelo:BiografíaLuis Alvarez

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Luis Walter Alvarez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Profesor universitario
Presidente Sociedade Estadounidense de Física
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Chicago
San Francisco Polytechnic High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseArthur Compton Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, científico nuclear, inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoLawrence H. Johnston (en) Traducir e Richard A. Muller Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeraldine Smithwick
Janet L. Landis Editar o valor en Wikidata
FillosWalter Alvarez
 () Geraldine Smithwick Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Альварес Луис)
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.190-191)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.12) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1698745 WikiTree: Alvarez-1581 Find a Grave: 6426730 Editar o valor en Wikidata

Luis Walter Alvarez, nado en San Francisco en 1911 e finado o 11 de setembro de 1988 en Berkeley, California en 1988, foi un físico e profesor universitario norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1968.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 13 de xuño de 1911 na cidade de San Francisco, en California neto do médico asturiano Luís F. Álvarez. Licenciouse en física pola Universidade de Chicago e conseguiu o doutoramento en 1936.

Aínda que foi profesor da Universidade de Berkeley durante toda a súa carreira traballou tamén no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts entre os anos 1940 e 1943, así como no laboratorio de Metalurxia da Universidade de Chicago entre 1943 e 1944, e colaborou con Robert Oppenheimer no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Dirixiu a construción do primeiro acelerador de partículas lineal de protóns entre 1946 e 1947 e inventou a cámara de burbullas de hidróxeno líquido, coa cal identificou moitos estados de resonancia de partículas xa coñecidas. Ao longo da súa carreira tocou un amplo abanico de temas físicos, como os raios cósmicos (é o codescobridor do efecto Leste-Oeste), física nuclear, tema en que estudou a captura de electróns K, a produción de neutróns lentos e descubriu a radioactividade do tricio e varios temas de física de altas enerxías.

En 1968 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas contribucións na clasificación de partículas elementais grazas ao acelerador de partículas lineal.

Xunto ao seu fillo, o xeólogo Walter Alvarez, propuxo a teoría da extinción dos dinosauros por efecto da caída dun gran meteorito na península do Iucatán, México. No campo da arqueoloxía tamén se fixo famoso polo seu sistema para observar o interior das pirámides de Exipto a través dos raios X.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No seu nome bautizouse o asteroide (3581) Alvarez descuberto o 25 de abril de 1985 por Carolyn S. Shoemaker.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]