Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cruz celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía, en Auvernia e en Lemosín principalmente) ou Galicia.

As súas orixes son precristiás e cando o cristianismo se introduciu en Escocia, Gales, Irlanda, Cornualla o símbolo adaptouse á cruz latina e recargouse con gravados de tradición celta. As máis coñecidas son as representadas coma cruces monumentais semellantes aos cruceiros galegos, chamados cruces maiores (high crosses), como as de Kells (condado de Meath) e a de Monasterboice (condado de Louth). A cruz celta é un símbolo do cristianismo occidental. A partir de 1949, cando Jeune Nation a elixiu como símbolo tamén a utilizan algúns grupos de extrema-dereita, primeiro en Francia e logo noutros países europeos.

En Galicia atopamos un tipo de cruces con anel, semellantes ás británicas, coroando hórreos[1] Tamén aparecen en igrexas e cemiterios, porén non son comúns as cruces celtas en cruceiros (que sería a forma máis común nas Illas británicas, nas súas high crosses). Cómpre salientar que existe un estilo de cruz celta especificamente galega da época románica[2] que combinan unha cruz celta cun nó celta simple. Unha cruz semellante é a cruz de San Mauro na Abadía de Glanfeuil, en Maine e Loira (Francia)[3][4] labrada entre o séculos IX e XI.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Mariño Ferro, Xosé Ramón (2010). Dicionario de etnografia e antropoloxía de Galiza (1 ed.). Vigo: Nigra Trea. p. 212. ISBN 978-84-95364-84-5. 
  2. ""Hai cruces antefixas de moitos tipos pero son as entrelazadas as máis chamativas e características de todas as que podemos atopar polo país. Están formadas na maior parte dos casos por unha cruz cristiá xeralmente de brazos iguais, do tipo da cruz de paté ou grega, e un círculo que a rodea; xunto con isto está ornamentada cun entrelazado da máis pura arte celta primitiva") Romero, Bieito (2009). Xeometrías máxicas de Galicia. Vigo: Ir Indo. pp. 122–176. ISBN 978-84-7680-639-5. 
  3. "The meaning of the St Maur cross (French)". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2015. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]